Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Farmacia

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Facultade de Farmacia
Avenida de Vigo, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881814993 (Conserxaría)
881814906 (Decanato)
farmacia.decanato@usc.es
Campus
Santiago de Compostela
estudante de farmacia

O Grao en Farmacia busca formar expertos en todos os aspectos relacionados cos fármacos e os medicamentos, en conformidade coa Directiva europea referente á Titulación de Farmacia, incluíndo as actividades de farmacia clínica e atención farmacéutica. O Grao proporciona a adquisición de coñecementos e habilidades necesarias para o exercicio profesional.

  • Duración: 5 anos académicos
    Código RUCT: 2502220
    Número prazas: 195

    Decano/a ou director/a do centro:
    Mª de los Reyes Laguna Francia

    Coordinador-a do título:
    María Paz García Martínez
    paz.garcia@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 3

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 150/2010 do 16 de setembro (DOG 23/09/10)

    Data de publicación no BOE:
    3 de marzo de 2011

    Data da última acreditación:
    11/07/2017

    Habilitación profesional:
    Este título habilita en España para o exercicio da profesión regulada de Farmacéutico.

    O Grao en Farmacia busca formar expertos en todos os aspectos relacionados cos fármacos e os medicamentos, en conformidade coa Directiva europea aprobada referente á Titulación de Farmacia, incluíndo as actividades de farmacia clínica e atención farmacéutica. O Grao proporciona a adquisición de coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para as diversas modalidades do exercicio profesional.

  • Non se contempla

  • Non se contemplan

  • A Facultade de Farmacia conta con 10 aulas de propósito xeral, con diversa capacidade. Dispón tamén de 9 aulas de seminario, cunha capacidade aproximada de 40 persoas, así mesmo, conta con uns 20 laboratorios, cunha capacidade mínima de 20 postos. Ademais conta con dúas aulas de informática para a docencia.

    Existen tamén espazos habilitados para o alumnado:

    • Unha aula de informática de acceso libre que está dotada con ordenadores.
    • Dúas salas de estudo.

    O centro dispón dunha Biblioteca, que consta dunha sala de lectura con máis de 200 postos.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

  • 1. Formar expertos en todos os aspectos relacionados cos fármacos e os medicamentos, en conformidade coa Directiva europea aprobada referente á Titulación de Farmacia, incluíndo as actividades de farmacia clínica e atención farmacéutica.
    2. Proporcionar a adquisición de coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para as diversas modalidades do exercicio profesional.
    3. Equilibrar adecuadamente, segundo indicacións da OMS (1993, 2000) os contidos referentes a: ciencias básicas, ciencias farmacéuticas, ciencias biomédicas e clínicas, ciencias socioeconómicas, experimentación, técnicas de comunicación e prácticas tuteladas.
    4. Establecer as bases para o posterior acceso do alumnado á especialización farmacéutica, investigación científica, actividades de desenvolvemento tecnolóxico e docencia.
    5. Estimular a aprendizaxe autónoma, incentivar o estudo individual e colectivo e reducir as formas pasivas de ensino a fin de motivar ao estudante cara á formación continuada.
    6. Formar profesionais capaces de integrarse na industria químico-farmacéutica.
    7. Estimular no estudante a capacidade para realizar deseños experimentais sobre a base do método científico e a interpretación de traballos científicos no campo de ciencias da saúde.
    8. Formar profesionais capaces de integrarse no sistema de atención da saúde e de contribuír a optimizalo.
    9. .Promover a análise crítica na avaliación de problemas, toma de decisións e espírito de liderado e formar profesionais na cultura da calidade total con capacidade de xestión e dirección.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Prácticas Tuteladas
    Os requisitos que debe cumprir o alumno para cursar a materia son ter superados 243 créditos, dos que polo menos 237 teñen que corresponder a materias de formación básica e obligatorias.
    Prácticas Externas Optativas
    Ao amparo do art. 12.6 do R.D. 1393/2007, os estudantes de Farmacia poderán obter o recoñecemento académico dun máximo de 18 créditos optativos pola realización de prácticas externas relacionadas co título. As prácticas externas non forman parte da oferta académica permanente da Facultade, aínda que esta colaborará cos órganos responsables da Universidade na organización das mesmas como oferta académica complementaria na formación dos seus estudantes. Contémplase a posibilidade de realizar prácticas en centros dependentes da Universidade.

  • No traballo fin de grao os estudantes deberán demostrar a adquisición de competencias asociadas ao título. Poderá levarse a cabo nun departamento da Facultade ou nun organismo público ou privado (oficina de farmacia, hospital, centro de atención primaria, etc). Os traballos de Fin de Grao deberán ser titorizados por un profesor da facultade e por un titor na entidade que acolla ao alumno. Para solicitar a asignación de titores será necesario estar cursando 4º ou 5º curso.
    O traballo realizarase de xeito autónomo polo alumno e culminará coa realización dunha Memoria escrita e unha presentación e defensa pública da mesma. Para a defensa do Traballo de Fin de Grao o alumno terá que superar todas as materias do Plan de Estudos; presentar a edición impresa e electrónica do Traballo e informes favorables dos Titores asignados para o Traballo. Para non atrasar a gradación dos estudantes que reúnan os requisitos, a Facultade ofertará traballos de Fin de Grao para a súa realización en ambos os cuadrimestres.

  • Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2024.