Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Ámbito de coñecemento
Farmacia.
Centro(s)
Facultade de Farmacia
Avenida de Vigo, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881814993 (Conserxaría)
881814906 (Decanato)
farmacia.decanato@usc.es
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Mariana Landin Perez
Contacto
m.landin@usc.es

Os medicamentos do futuro deséñanse hoxe

Benvido ao Máster en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos, onde a innovación e a ciencia atópanse para formar aos líderes do mañá no ámbito farmacéutico. O noso programa está deseñado para proporcionarche as habilidades e coñecementos necesarios para avanzar na creación de terapias que transformen vidas.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4311777
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 23

    Decano/a ou director/a do centro:
    María de los Reyes Laguna Francia
    mdelosreyes.laguna@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Mariana Landin Perez
    m.landin@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego, Inglés

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 434/2009 do 3 de decembro (DOG 15/12/2009)

    Data de publicación no BOE:
    24/08/2010

    Data da última acreditación:
    08/07/2015

    Nuestro programa está diseñado para proporcionarte las habilidades y conocimientos necesarios para avanzar en la creación de terapias que transformen vidas.

  • Créditos ECTS que debe realizar o alumno para obter o título:
    Materias obrigatorias 21 ECTS;
    Materias optativas 15 ECTS;
    Traballo fin de Máster 24 ECTS;
    Créditos totais 60 ECTS.

    Este Máster foi deseñado con dous itinerarios, de Farmacología ou de Tecnoloxía Farmacéutica.

    Para levar a cabo un itinerario concreto o alumno deberá cursar as materias optativas do itinerario correspondente.

    Alternativamente, o alumno pode cursar, á súa elección, asignaturas de ambos os itinerarios

  • O Máster en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos ofrece unha experiencia dinámica e enriquecedora, deseñada para prepararche para os desafíos da investigación farmacéutica.

    Materias Obrigatorias Fundamentais: Consta de 4 materias obrigatorias que cobren os aspectos esenciais da investigación de medicamentos, permitindo a estudantes de titulacións diversas adquirir unha base sólida no campo.

    Itinerarios Especializados: Os estudantes teñen a opción de elixir entre dous itinerarios: farmacoloxía ou tecnoloxía farmacéutica. Cada itinerario consta de 15 créditos ECTS distribuídos en cinco materias optativas. Poden cursarse materias de ambos os itinerarios. Para iso recoméndase aos estudantes revisar o calendario do curso antes de seleccionar as materias para evitar solapamientos.

    Formación práctica: Unha parte fundamental do programa é a realización do Traballo de Fin de Máster, que representa 24 créditos ECTS e permite aos estudantes mergullarse en proxectos de investigación reais, dirixidos por grupos de excelencia en investigación asociados ao máster. Esta experiencia práctica proporciona unha oportunidade única para aplicar e ampliar os coñecementos adquiridos durante o programa, preparándoche para a túa carreira profesional no campo da investigación de medicamentos.

     

     

  • Está dirixido a titulados en Farmacia, Medicamento, Veterinaria, Bioloxía, Química, Bioquímica, Biotecnoloxía, e outras titulacións relacionadas coas Ciencias da Saúde. ¡Si a tua non é ningunha de estas, contáctanos!

  • O Máster Oficial en I D de Medicamentos de perfil investigador, ten como obxectivo xeral proporcionar ao alumnado a formación necesaria de carácter interdisciplinar, teórica e práctica, para desenvolver traballos de investigación, no ámbito da farmacología ou no do deseño e desenvolvemento de sistemas de liberación de medicamentos.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Non se contemplan

  • O TFM ten como obxectivo iniciar ao alumno en investigación e desenvolvemento de medicamentos. Consiste na elaboración, presentación e defensa dun traballo de investigación nas áreas de Farmacoloxía ou Tecnoloxía Farmacéutica, dirixido a iniciación do alumnado en tarefas investigadoras, e que permita ao estudante acreditar a adquisición dos coñecementos capacidades, competencias e habilidades asociados ao título. Conta con 24 créditos ECTS de carácter obrigatorio.

    Cada TFM realizase baixo a tutela dun titor/a e pode haber un co-titor. Os titores dos TFM son profesores das areas que imparten docencia no Máster de I+D de Medicamentos da USC.

    O titor/a programa sesións de traballo cos estudante, nas que se establece a programación das tarefas a realizar. É responsable de definir co alumno as características do traballo, de orientalo no seu desenvolvemento, de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados, realizar o seu seguimento e emitir un informe final ara autorizar a defensa do traballo.

    Cada estudante pode personalizar, na medida do posible, o seu horario de traballo e adaptalo as súas necesidades. No momento da defensa o alumno debe ter superados todos os demais créditos do título.

  • O noso profesorado, pertence principalmente á Universidade de Santiago de Compostela, integrado na Facultade de Farmacia e nos prestixiosos institutos de investigación CIMUS (Centro Singular de Investigación en Medicamento Molecular e Enfermidades Crónicas), iMATUS (Instituto de Materiais) ou IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago). Persoal do CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiales Moleculares) e de empresas biotecnológicas ou farmacéuticas colaboran habitualmente na docencia do máster.

    O equipo combina unha sólida experiencia docente cunha destacada traxectoria en investigación. Inclúe tanto profesores senior con moitos anos de ensino universitario como mozos investigadores recentemente incorporados, que completaron a súa formación postdoctoral en universidades de prestixio internacional en investigación de medicamentos. Recoñecidos polas súas significativas contribucións científicas, os nosos profesores están comprometidos a inspirarche e guiarche no teu camiño para converterche en líder na investigación e desenvolvemento de medicamentos. Podes consultar as súas contribucións científicas a través do   portal da investigación  da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.07.2025.