Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Traballos presentados

Entre a gloria e a duda: A Copa Intertoto do RC Celta e a súa oficialidade
Autoría
C.M.G.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
13.02.2025 09:00
Resumo
No verán do ano 2000, o Real Club Celta de Vigo xogou unha competición europea clasificatoria para a Copa da UEFA: A Copa Intertoto, un torneo que xa desapareceu. Nese mesmo verán, o clube vigués proclamouse campión ao vencer na final ao Zenit de Sanpetersburgo. Mais non foi campión en solitario, xa que o formato do torneo permitia varios gañadores. Ademais do Celta, o VfB Stuttgart da Alemania e mais o Udinese Calcio da Italia tamén obtiveron o título, isto levou a controversia arredor da oficialidade e prestixio do mesmo. Nesta reportaxe de investigación, imos explorar a historia desta singular competición e analizaremos cal foi o estatus e importancia que se lle deu no seu momento. Tamén faremos unha reflexión sobre como evolucionou a percepción do mesmo co paso do tempo. Por outra banda, faremos un repaso dos anos dorados do Real Club Celta de Vigo, para logo comparalo con estado actual do clube, desta maneira entenderáse mellor a importancia e relevancia do logro. Como obxectivo final debemos responder as seguintes cuestións: ¿Ten o Celta un título oficial? E, se fora o caso, ¿Tratase do único clube de fútbol masculino que o logrou en toda Galicia?
Dirección
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ GARCIA, XOSE (Presidente/a)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Secretario/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Vogal)
Polas Pegadas da Estrela
Autoría
V.M.A.R.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
19.02.2025 17:00
Resumo
Neste traballo preséntase Polas Pegadas da Estrela, a reportaxe multimedia sobre unha ruta de peregrinación do Camiño de Santiago que percorre a Ría de Muros e Noia, ou tamén coñecida como a Ría da Estrela. A través deste proxecto, preténdese non só visibilizar e outorgarlle o recoñecemento merecido a esta xoia patrimonial esquecida, incluso para os propios veciños da zona, senón tamén promover a súa relevancia como recurso cultural, paisaxístico e turístico. O traballo estrutúrase arredor dunha plataforma multimedia que combina vídeos, fotografías, entrevistas e elementos interactivos para ofrecer unha experiencia inmersiva e enriquecer a conexión entre o público e o patrimonio desta ruta. Ademais, empregáronse redes sociais como Instagram e TikTok como canles difusoras e altofalantes do proxecto, reflexando o papel fundamental que estas plataformas xogan no sistema informativo actual.
Dirección
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Vogal)
Elaboración dun produto multimedia sobre a importancia do Camiño de Santiago pola ruta da Ría de Muros e Noia
Autoría
L.G.L.