Acceso
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Admisión
Modalidade:criterios específicos
Titulacións de Acceso:
Preferencia 1: Titulacións no ámbito de Ciencias da Comunicación (Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas)
Preferencia 2: outras titulacións da Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas ou Humanidades.
Os alumnos que proveñan de graos das ramas de Humanidades e Ciencias Sociais diferentes a Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Publicidade terán que cursar complementos de formación.
Criterios de admisión:
-Expediente académico: 70%
-Currículo investigador / profesional (30%) (traballos académicos ou científicos publicados relacionados cos contidos do máster e a experiencia profesional dentro do ámbito do xornalismo e da comunicación).
É recomendábel, aínda que non obrigatorio, ter coñecementos mínimos de inglés para, polo menos, entender correctamente bibliografía e produtos audiovisuais elaborados nese idioma, conforme ao nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula