Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Periodismo, comunicación, publicidad y relaciones públicas.
Centro(s)
Facultade de Ciencias da Comunicación
Avda de Castelao, s/n. Campus norte, 15782
Santiago de Compostela
881816500 (Conserxaría)
881816555 (Decanato)
cc.comunicacion.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Berta Garcia Orosa
Contacto
berta.garcia@usc.es

Desde a súa orixe, o mestrado présentase coa finalidade de complementar ou ampliar a formación dos estudantes que realizaron o grao en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual, ou algún grao da rama de Ciencias Sociais e que desexan especializarse en Xornalismo ou en Comunicación, cunha dobre orientación: académica-investigadora e profesional.
Os contidos do mestrado cobren moitas das carencias formativas que existen actualmente como consecuencia da necesidade de incorporar a comunicación, a información e o coñecemento a todos os sectores da sociedade.
As materias que se propoñen correspóndense coas tendencias profesionais e con demandas académicas que existen nestes momentos para mellorar a formación, tanto no ámbito do xornalismo como da comunicación.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 3500264
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 30

    Decano/a ou director/a do centro:
    ANA ISABEL RODRIGUEZ VAZQUEZ
    anaisabel.rodriguez.vazquez@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Berta Garcia Orosa
    berta.garcia@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    15/07/2024

    Data de publicación no BOE:
    27/12/2024

    Data da última acreditación:
    17/12/2019

  • O título presenta un plan de estudos dun curso de 60 ECTS. Combínanse materias de 3 e 6 ECTS, salvo as prácticas en empresa (12 ECTS) e o traballo de fin de máster (12 ECTS); organízanse en módulos segundo o tipo de materia (obrigatorias, propias de especialidade, prácticas en empresa e traballo de fin de máster).
     Obrigatorias: 33
     Optativas: 15
     Prácticas externas OB: 0
     Traballo fin de máster: 12
    o Total: 60

    O título ofrece dúas especialidades: "Especialidade en Análise e Estratexias do Xornalismo e a Comunicación Multimedia" e "Especialidade en Deseño de Proxectos e Emprendemento Xornalístico na Contorna Multimedia", cada unha delas con cinco materias optativas (15 ECTS en total). Para obter a especialidade, débese completar o itinerario optativo correspondente.
    Non é obrigatorio cursar unha especialidade, polo que o/a estudante pode optar por titularse sen mención.

    O primeiro semestre conta con 33 ECTS de carácter obrigatorio, mentres que no segundo semestre cúrsanse 15 optativos e 12 de traballo de fin de máster. Esta distribución considérase óptima para que o alumnado curse as materias obrigatorias durante o primeiro semestre e comeza o seu itinerario de especialización no segundo semestre, período no que ademais se intensifica o tempo dedicado ao traballo de fin de máster e, opcionalmente, realizan prácticas en empresa.

  • • Formar aos estudantes nas últimas innovacións da práctica profesional en xornalismo e comunicación multimedia.
    • Coñecer e aplicar os recursos e as ferramentas innovadoras do ecosistema comunicativo.
    • Capacitar na elaboración e xestión de produtos, estratexias e proxectos xornalísticos na contorna multimedia.
    Obxectivos formativos dás especialidades:
    Especialidade en Análise e Estratexias do Xornalismo e a Comunicación Multimedia:
    Capacitar para a análise, o estudo e a xestión estratéxica da comunicación e o xornalismo nunha contorna multimedia.
    Especialidade en Deseño de Proxectos e Emprendemento Xornalístico na Contorna Multimedia:
    Formar para a ideación, desenvolvemento, xestión e avaliación de proxectos multimedia.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
    https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional
    O Master non contempla a participación, de xeito xeral, en programas de mobilidade, xa que so ten duración de un ano (60 ECTS).

    Prácticas

    No Máster é unha materia optativa de 12 ECTS. A selección dos estudantes admitidos, cando corresponde ao centro, realízase mediante convocatoria pública. As prácticas de máster prográmanse ao longo do segundo semestre e ata o final do curso académico. A dedicación máxima no lugar de destino de formación limítase a un máximo de 35 horas semanais. O programa de prácticas da Facultade oferta unicamente prácticas remuneradas, tanto curriculares como extracurriculares.
    Ofrécense prazas en empresas do sector do xornalismo e a comunicación: medios de comunicación en diferentes soportes (prensa, radio, televisión, multimedia), produtoras, axencias de comunicación e institucións. A listaxe de convenios vixentes na Facultade pódese consultar no espazo de Prácticas do sitio web: https://www.usc.gal/es/centro/facultad-ciencias-comunicacion/practicas.

  • No Máster en Xornalismo e Comunicación Multimedia contémplase un Traballo de Fin de Máster de 12 ECTS, que pode ser de dous tipos: estudio teórico e proxecto práctico, que se definen na correspondente guía docente.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.07.2024.