Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Comunicación Audiovisual (3ª edición)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Periodismo, comunicación, publicidad y relaciones públicas.
Centro(s)
Facultade de Ciencias da Comunicación
Avda de Castelao, s/n. Campus norte, 15782
Santiago de Compostela
881816500 (Conserxaría)
881816555 (Decanato)
cc.comunicacion.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela

A titulación de grao en Comunicación Audiovisual atende á formación universitaria inicial dun ámbito de coñecemento científico e académico e dun campo de exercicio profesional consolidado e amplamente extendido, tanto no Estado español como noutros países de referencia, europeos e americanos.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2501107
    Número de ECTS: 240
    Número prazas: 50

    Decano/a ou director/a do centro:
    ANA ISABEL RODRIGUEZ VAZQUEZ
    anaisabel.rodriguez.vazquez@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Enrique Castello Mayo
    enrique.castello@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)

    Data de publicación no BOE:
    17/12/2024

    Data da última acreditación:
    17/12/2019

  • O título presenta un plan de estudos de 240 ECTS en catro cursos de 60 ECTS. As materias, organizadas en módulos, son de 6 ECTS cada unha fóra das prácticas externas (12 ECTS) e o traballo de fin de grao (12 ECTS).
    • Formación básica: 60
    • Obrigatorias: 132
    • Optativas: 36
    • Traballo fin de Grao: 12
    o Total: 240

  • As materias do grao distribúense nos seguintes módulos:
    • Análise dos discursos audiovisuais e dos seus efectos sociais
    • Escritura e expresión oral: adecuación do seu uso aos medios de comunicación sonoros e audiovisuais
    • Estrutura e políticas de comunicación audiovisual
    • Industrias culturais e movementos estéticos contemporáneos
    • Organización e produción audiovisual e multimedia
    • Prácticas en empresas audiovisuais
    • Procesos de ideación e narrativa audiovisual
    • Técnicas e procesos creativos de produción, realización e postprodución
    • Tecnoloxías dos medios audiovisuais e multimedia
    • Teoría e historia dos medios audiovisuais e multimedia
    • Traballo de fin de grao
    Ofrécense dúas mencións a modo de itinerario específico en dúas liñas:
    • Mención en Estratexia, Análise e Xestión Audiovisuais
    • Mención en Ideación e Creación de Contidos Audiovisuais
    Cada unha con 6 materias optativas e un traballo fin de grao específico. Para obter a mención, débese completar o itinerario optativo correspondente no terceiro e cuarto curso.
    Non é obrigatorio cursar unha mención, polo que o alumnado pode matricularse das materias optativas libremente entre as ofertadas no título.

  • Os principais obxectivos formativos do Grao en Comunicación Audiovisual apuntan a unha capacitación ampla e exhaustiva nas distintas rutinas profesionais relativas á preprodución, produción, postprodución e difusión da obra audiovisual, incentivando o potencial creativo e estratéxico do alumnado, así como unha capacitación no estudo, crítica e análise do feito audiovisual, xerando así perfís especializados e susceptibles de imbricarse en calquera nivel ou etapa da cadea de valor e análise da obra audiovisual.
    Obxectivos formativos das mencións
    Mención en Estratexia, Análise e Xestión Audiovisuais:
    Os obxectivos formativos da mención apuntan a unha especialización na teoría, crítica e análises audiovisuais, así como naqueles aspectos da representación audiovisual vinculados coas políticas de comunicación, a autoría ou a perspectiva de xénero, incidindo así mesmo nos aspectos máis estratéxicos da promoción e xestión dos eventos audiovisuais.
    Mención en Ideación e Creación de Contidos Audiovisuais:
    Os obxectivos formativos da mención apuntan a unha especialización na ideación e creación de contidos sonoros e audiovisuais nos ámbitos da animación, a gamificación e os novos formatos multimedia, documentais e obras de non-ficción, incidindo nos seus aspectos máis creativos, expresivos, tecnolóxicos, produtivos e de dirección e posta en escena.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
    https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional

    Prácticas

    A Facultade organiza anualmente dúas convocatorias públicas de prácticas en empresas para os alumnos de grao, distribuíndose ao longo do curso académico en dous períodos: de novembro a marzo e de abril a agosto.
    O programa de prácticas da Facultade oferta unicamente prácticas remuneradas, tanto curriculares como extracurriculares.
    A listaxe de convenios vixentes na Facultade pódese consultar no espazo de Prácticas do sitio web:
    https://www.usc.gal/es/centro/facultad-ciencias-comunicacion/practicas
    Finalizado o proceso de selección, envíase a relación do alumnado seleccionado á Unidade de Xestión Académica, con indicación do prazo establecido para a matrícula das prácticas.
    A cada estudante asígnaselle un/a titor/a académico/a, e cun/a titor/a externo/a na entidade colaboradora onde realiza as prácticas.
    Terán unha duración de 300 horas ou máis e figurarán como créditos extracurriculares no Suplemento Europeo ao Título, de acordo coa seguinte equivalencia: 1 crédito = 25 horas (máximo 30 créditos).
    Os créditos obtidos por esta vía non contabilizan para a obtención do título académico oficial. Polo demais, a xestión destas prácticas realízase de modo idéntico á xestión das prácticas curriculares. Así, as dúas convocatorias anuais de prácticas que realiza o centro levan a cabo conxuntamente para ambos tipos de prácticas.

  • O Centro organiza e xestiona os Traballos de Fin de Grao (12 ECTS) do alumnado garantindo a súa calidade, recoñecemento académico e aproveitamento.
    Os TFG teñen, así mesmo, un/a titor/a que asiste ao estudantado na realización do traballo e que forma parte do PDI das áreas que imparten docencia na titulación. A asignación dos titores aos estudantes, a liña temática do traballo e a avaliación farase conforme ao que establece o regulamento do TFG da USC. A defensa pública do traballo require o informe previo e preceptivo do/a titor/a e o alumnado depositará o TFG no Centro, de acordo coa normativa xeral e coa guía docente da materia. A cualificación é pública e trasládase, unha vez é definitiva, ao expediente do alumnado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.07.2024.