Pasar al contenido principal

A experiencia de Caramuxo Teatro

Conferencia 'O teatro para a primeira infancia'

22/04/2024 - 16 h

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Formación do Profesorado da USC promove esta actividade para destacar a importancia do feito teatral durante a primeira infancia

Facultade de Formación do Profesorado
Facultade de Formación do Profesorado

Pode un bebé que aínda non se dá posto de pé gozar cunha obra de teatro? 

A experiencia de compañías como Caramuxo Teatro demostra que si, que é posible deseñar e interpretar espectáculos teatrais que capturen a atención e o interese das nenas e nenos desde a primeirísima infancia. E os vídeos son a proba.

Para achegarse ás particularidades do feito teatral dirixido a estas idades, e para afondar nas súas potencialidades como ferramenta educativa, a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Formación do Profesorado promove esta conferencia de Laura Sarasola, directora e actriz en Caramuxo Teatro.

Esta compañía está especializada en teatro infantil e familiar, así como en espectáculos para bebés. Baixo a dirección da propia Laura e de Juan Rodríguez desenvolve unha proposta onde se combinan diferentes técnicas interpretativas para construír espectáculos de gran potencia visual e poética. Nos seus máis de 20 anos de traxectoria, Caramuxo vén cultivando de forma activa a dimensión didáctica nas súas pezas, moitas delas representadas con éxito en contornas educativas.

Cartel anunciador da conferencia 'O teatro para a primeira infancia'
Cartel anunciador da conferencia
Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.04.2024.