Xornada de difusión da carreira investigadora na Facultade de Bioloxía
O martes 1 de outubro ás 16 h no corredor da planta soto da Facultade de Bioloxía (ao lado da Aula Magna) vaise celebrar unha nova edición dunha xornada en que se tratarán as experiencias de novas investigadoras da Facultade de Bioloxía.
Nela, tres investigadoras intentarán responder cuestións relativas á investigación no ámbito da Bioloxía.
Relatoras:
María Josefa Martínez Conchas
(investigadora predoutoral)
Teresa Boquete Seoane
(investigadora postdoutoral Ramón e Cajal)
Pilar Díaz Tapia
(Profesora Axundante Doutora)
Ofreceremos bebidas quentes! Para non xerarmos refugallos ímovos pedir que traiades a cunha e a culler.
Venres 27 de outubro a Aula Magna da Facultade de Bioloxía.
Podes inscribirte aquí como asistente antes do 26 de outubro e terás dereito a un diploma que acredite a túa participación.
O venres 27 de outubro a Aula Magna da Facultade de Bioloxía vai acoller a edición de 2023 deste evento de difusión da carreira investigadora.
Nel, tres investigadoras intentarán responder a cuestións como "Como é traballar en investigación?", "Que fago para traballar en investigación?", "É posible gañar a vida investigando?".
Para iso, falarán tanto dos seus proxectos de investigación como das particularidades extracientíficas que rodean a carreira investigadora: procura de financiamento, selección dun grupo de investigación, perspectivas da carreira investigadora a medio e longo prazo...
A asistencia é libre, ata encher a capacidade da Aula Magna. Pero se te inscribes aquí como asistente antes do 26 de outubro terás dereito a un diploma que acredite a túa participación.
Programa
12 a 13 h
- "Luces e sombras dun camiño apaixonante", por María do Carme Pacín Salvador, investigadora predoutoral no Departamento de Bioloxía Funcional
- “Unha cousa é ser solidaria, e outra é selo a cambio de nada”, por Victoria Formoso Freire, investigadora predoutoral no Departamento de Zooloxía
- “Na busca da plasticidade cerebral adulta: unha necesidade para sobrevivir na carreira investigadora”, por Alba Vieites Prado, investigadora Ramón y Cajal no grupo de investigación Brain Plastiticy, CIMUS. Investigadora Ramón e Cajal. Bióloga (comezou a súa traxectoria no Departamento de Bioloxía Funcional
13 a 14 h
Coloquio: Os inicios da carreira investigadora
Programa
16:00-17:00 h
- Alba Vázquez Barca. O Doutoramento: dez cousas que debes saber antes de comezar. Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía. Instituto de Acuicultura
- Laura López Suárez. CrossFit ou Doutoramento? Motivación, Disciplina e Resistencia! Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía. Instituto de Acuicultura
- Sara Vázquez Mera. A Suecia por vía aérea. Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular. CIBUS, Facultade de Bioloxía
17:00-18:00 h
- Coloquio: Os inicios da carreira investigadora
Programa
18:00-19:00 h
- Alba Vázquez Barca. A curiosidade científica como motor de arranque: o doutoramento. Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía. Instituto de Acuicultura
- Laura López Suárez. Investigación: si ou non? Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía. Instituto de Acuicultura
- Sara Vázquez Mera. Nova normalidade: cultivo in vitro e máscaras. Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular. CIBUS, Facultade de Bioloxía
19:00-20:00 h
- Coloquio: Os inicios da carreira investigadora
13 Novembro
13:00-14:00h
Alba Vazquez Barca. O doutoramento: como e por que. Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía. Instituto de Acuicultura.
Laura López Suárez. O diaño viste de bata. Inquedanzas do biólogo investigador. Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía. Instituto de Acuicultura.
14:00-14:30 h
Coloquio: Os inicios da carreira investigadora.
20 Novembro
13:00-14:00h
Noemi Álvarez Fernández. Unha tese tóxica? Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola. Facultade de Bioloxía.
Sara Vázquez Mera. Asma: axudas para a supervivencia no mundo académico. Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular. CIBUS, Facultade de Bioloxía.
14:00-14:30 h
Coloquio: Os inicios da carreira investigadora.
24 de outubro
13:00-14:00 h
Óscar Freire Agulleiro. Aquí cheguei, aquí me quedo. Dpto. de Fisioloxía. CIMUS.
Rocío Martínez Regueiro. O comezo da carreira investigadora: un mundo de rarezas. Dpto. de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía. CIMUS.
Francisco Fontenla Iglesias. Ciencia de outono. Dpto. de Bioloxía Funcional. CIBUS.
14:00-14:30 h
Coloquio: Os inicios da carreira investigadora.
16:00-17:00 h
Miriam Álvarez Barona. Incerteza e ilusión: parella perfecta. Dpto. de Oncoxenética. Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.
Samuel Suárez Suárez. Estudos de doutoramento e consumo intensivo de alcol, póñame outra!. Dpto. de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía. Facultade de Psicoloxía.
Ánxela María Estévez Salguero. Luces e sombras da ciencia. Dpto. de Fisioloxía. CIMUS.
17:00-17:30 h
Coloquio: Os inicios da carreira investigadora.
https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/coloquios-novos-investigadores-facultade-bioloxia