Xornadas de reflexión sobre a situación da lingua galega en diversos aspectos das matemáticas e a terminoloxía matemática.
Programa
Día 28 de novembro
17:00 Materiais didácticos de matemáticas en galego, Alberto Cabada (USC) e Sandra Sambade (IES).
17:50 Premios á calidade lingüística (presentación), por Fernando Castro Prado (grao en Matemáticas), gañador en 2017 na modalidade de TFG, e Ana Belén Buíde Carballosa (Mestrado en Técnicas Estatísticas), na de TFM.
18:00 Descanso
18:30 Evolución e fixación do léxico matemático en galego, Xusto Rodríguez Río (SNL-USC), Carlos Luis Iglesias Patiño (Instituto Galego de Estatística) e Xosé María Masa Vázquez (Fac. Matemáticas)
20:00 Remate
Día 29 de novembro
17:00 A lexislación actual no ensino das matemáticas en galego, Valentina Formoso (IES Rianxo) e Cibrán Arxibai (IES da Estrada)
18:30 Descanso
19:00 Presentación: Explícoche Matemáticas 2.0
19:10 A estatística como ferramenta lingüística, Laura Díaz Calaza e Soraya Suárez Quintas (Instituto da Lingua Galega da USC).
20:00 Clausura
28-29 de novembro de 2017.
Inscrición
O prazo de inscrición, que é de balde, está aberto dende o día 13 ata o 26 de novembro de 2017 a través deste enderezo da Secretaría Virtual.