Revisa a lista dos glosarios e vocabularios que fomos elaborando ao longo dos anos.
Seguro que atopas algún que che interesa. E case seguro que has poder descargalo... e senón, consúltao en bUSCatermos.
Desde o ano 1993 vimos elaborando, coordinando e editando distintos vocabularios e glosarios especializados, ata o punto de convertérmonos nun dos principais produtores deste tipo de materiais no ámbito galego.
O obxectivo deste labor é ofrecerlles aos distintos colectivos da comunidade universitaria materiais de apoio que faciliten a utilización do galego nas relacións de ensino-aprendizaxe, na difusión da investigación e nas actividades administrativas. Na lapela Lista de traballos poden consultarse e descargar aquel ou aqueles que interesen.
Os distintos volumes editados organízanse en tres coleccións:
- Vocabularios
Son traballos que abranguen grandes áreas de especialidade (normalmente o ámbito dunha titulación) e que compilan e presentan un número relativamente alto de conceptos (entre 4000 e 5000, normalmente) - Léxicos
Son traballos que se centran en áreas de especialidade máis restrinxidas e que compilan un número de de conceptos menor ca os vocabularios (entre 1000 e 3000, normalmente). - Termos esenciais
Son traballos pensados especificamente para o alumnado, tanto no seu deseño e formato como no seu contido: recollen terminoloxía básica de áreas de especialidade relevantes nos plans de estudo de diferentes titulacións.
Todos estes materiais difúndense a través de soportes diversos:
- Ata o ano 2018, distribuíanse de balde en formato impreso entre os membros da comunidade universitaria, ben a través do propio SNL ou das comisións de normalización lingüística dos diferentes centros da USC, que podían optar ademais, por formatos alternativos, como os cartafoles terminolóxicos.
- En formato electrónico distribúense libremente desde esta páxina, en diferentes formatos. Ademais, desde maio de 2013, difúndense baixo a licenza Recoñecemento-Compartir Igual 3.0 de Creative Commons, o que permite copialos, facer obras derivadas ou un uso comercial deles sempre que se recoñeza a autoría e se compartan baixo a mesma licenza.
- Ademais, intégranse en bUSCatermos, de tal xeito que os membros da comunidade universitaria da USC poden facer unha busca puntual en todos eles -e noutras moitas fontes- de xeito simultáneo.
- Délégation générale à la langue française et aux langues de France (2024): Vocabulaire panlatin du trampoline
Consulta en formato .pdf ou descarga os datos en formato .xlsx. - Délégation générale à la langue française et aux langues de France (2024): Vocabulaire panlatin du volleyball de plage
Consulta en formato .pdf ou descarga os datos en formato .xlsx. - Délégation générale à la langue française et aux langues de France (2023): Vocabulaire panlatin du rugby – langues romanes et basque
Consulta en formato .pdf (0,6 Mb). - Alonso Salgado, C.; A. Rodríguez Álvarez; X. A. Rodríguez Río (2023): Termos esenciais de dereito procesual: (galego-español)
Consulta en formato .PDF (1,46 Mb). [Traballo difundido baixo a licenza Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional de Creative Commons] - Callegari, E. (coord.) (2022): Vocabulaire panlatin du numérique : feux et pare-feux (francés-catalán-español-galego-italiano-portugués-romanés-inglés)
Consulta en liña - Rodríguez Río, X. A.; M. Maneiro Mayo (2022): Termos esenciais de xestión universitaria (galego-español-inglés-catalán)
Consulta en formato .PDF (840 Kb). [Traballo difundido baixo a licenza Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional de Creative Commons] - Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2021): Termos esenciais de vacinas
Consulta en liña - Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2020): Termos esenciais da COVID-19
Consulta en liña - Codesido García, A. I.; X. A. Rodríguez Río (2019): Termos esenciais de logopedia e audioloxía: (galego-español-inglés)
Consulta en formato .PDF (1,15 Mb). [Traballo difundido baixo a licenza Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional de Creative Commons] - TERMCAT, Centre de Terminologia; Realiter (2019): Terminologia de gestió de la qualitat. 2ª ed.
Consulta en liña - Zanola, M. T. (coord.) (2018): Léxico panlatino da enerxía xeotérmica (italiano-catalán-español-francés-galego-portugués-romanés-inglés)
Consulta en liña - Grimaldi, C.; Romagnoli, E. (coord.) (2018): Léxico panlatino da cidade intelixente (italiano-catalán-español-francés-galego-portugués-romanés-inglés)
Consulta en liña - Villalba Sánchez, A.; X. A. Rodríguez Río (2018): Termos esenciais de dereito do traballo e da seguridade social: (galego-español-inglés)
Consulta en formato .PDF (1,17 Mb). [Traballo difundido baixo a licenza Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional de Creative Commons] - Rodríguez Río, X. A. (2017): Glosario básico de acceso aberto (galego-inglés)
Consulta en formato .PDF (144 Kb). [Traballo difundido baixo a licenza Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional de Creative Commons] - Guinarte Cabada, G.; X. A. Rodríguez Río; F. Vázquez-Portomeñe Seijas (coord). (2015): Vocabulario de criminoloxía (galego-español-inglés)
Consulta en formato .PDF (1,3 Mb). [Traballo difundido baixo a licenza Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 de Creative Commons] - Martínez Pérez, M.; X. A. Rodríguez Río (2014): Termos esenciais de dereito mercantil: (galego-español)
Consulta en formato .PDF (368 Kb). [Traballo difundido baixo a licenza Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 de Creative Commons] - Martínez García, P.; X. A. Rodríguez Río (coord.) (2014): Termos esenciais de administración electrónica (galego-español-francés-inglés-catalán)
Consulta en formato .PDF (319 Kb). [Traballo difundido baixo a licenza Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 de Creative Commons] - Grané, M. (coord.) (2014): Vocabulario panlatino das redes sociais (catalán-español-francés-galego-italiano-portugués-romanés-inglés)
Consulta en liña - Nogueira López, A.; X. A. Rodríguez Río (coord.) (2014): Termos esenciais de dereito administrativo: (galego-español)
Consulta en formato .PDF (650 Kb). [Traballo difundido baixo a licenza Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 de Creative Commons] - Nieto Alonso, A.; X. A. Rodríguez Río (coord.) (2013): Termos esenciais de dereito civil: (galego-español)
Consulta en formato .PDF (447 Kb). [Traballo difundido baixo a licenza Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 de Creative Commons] - Antelo Suárez, E.; X. A. Rodríguez Río (2012): Termos esenciais de arquitectura de computadores: (galego-español-inglés)
Consulta en formato .PDF (358 Kb) ou en formato .TBX (648 Kb) - Maseda Rodríguez, J,; C. Teijo García; X. A. Rodríguez Río (2012): Termos esenciais de dereito internacional: (galego-español-inglés)
Consulta en formato .PDF (621 Kb) - Rodríguez Río, X. A. (coord.) (2012): Vocabulario forestal: (galego-español-inglés)
Consulta en formato .PDF (1.518 Kb) - Abel Souto, M; X. A. Rodríguez Río (2011): Termos esenciais de dereito penal (galego-castelán)
Consulta en formato .PDF (312 Kb) - López Portas, B; X. A. Rodríguez Río (2011): Termos esenciais de dereito constitucional (galego-castelán)
Consulta en formato .PDF (341 Kb) - Célestin, T. (coord.) (2010): Vocabulario panlatino de material de oficina (francés-catalán-español-galego-italiano-portugués-romanés-inglés)
Consulta en formato .PDF (1.380 Kb) - Célestin, T. (coord.) (2010): Vocabulario panlatino da difusión e da distribución do libro (francés-catalán-español-galego-italiano-portugués-romanés-inglés)
Consulta en formato .PDF (4.350 Kb) - Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2009). Termos esenciais de matemáticas para a economía e a empresa: (galego-español-inglés)
Consulta en formato .PDF (106 Kb) ou como cartafol terminolóxico (documento .PDF de 505 Kb). - Célestin, T. (coord.) (2009): Vocabulario panlatino da gripe aviaria (francés-catalán-español-galego-italiano-portugués-romanés-inglés)
Consulta en formato .PDF (1.640 Kb) - Rodríguez Río, X. A. (coord.) (2008). Vocabulario de medicina: (galego-español-inglés-portugués)
Consulta en formato .PDF (8.206 Kb) - Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2008). Termos esenciais de contabilidade: (galego-español-inglés)
Consulta en formato .PDF (147 Kb) ou como cartafol terminolóxico (documento .PDF de 3.157 Kb). - Rodríguez Río, X. A. (coord.) (2008). Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria: (galego-español-inglés)
Consulta en formato .PDF (3.870 Kb) - Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2007). Termos esenciais de nova economía: (galego-español-inglés)
Consulta en formato .PDF (252 Kb) ou como cartafol terminolóxico (documento .PDF de 2.610 Kb). - Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2006). Termos esenciais de recursos humanos: (galego-español-inglés-catalán)
Consulta en formato .PDF (353 Kb) - VV. AA. (2006). Vocabulario panlatino de hemodinámica (italiano-catalán-francés-galego-portugués-romanés-castelán-inglés)
Consulta en liña - Rodríguez Río, X. A. (coord.) (2004). Termos esenciais de botánica: (galego-español-inglés)
Consulta en formato .PDF (1069 Kb) - Guitián Rivera, Xoán (coord.) (2002). Vocabulario de química: (galego-español-inglés)
Consulta en formato .PDF (801 Kb). Contén táboas. - Rubal Rodríguez (coord.) (2002). Léxico de métodos de investigación e diagnóstico en educación: (galego - español)
Consulta en formato .PDF (1765 Kb) - Unión Latina-Realiter-Bureau de la traduction du Canada (2001). Léxico panlatino de Internet: (catalán-español-francés-galego-italiano-portugués-romanés)
Consulta da obra completa en formato .PDF (6.571 Kb)
Consulta da versión ordenada a partir das entradas en galego, formato .PDF (463 Kb)
Consulta ordenada a partir das entradas en inglés, formato .PDF (564 Kb) - Asociación Internacional para a Orientación Escolar e Profesional (2000). Glosario de orientación escolar e profesional: (galego-español-inglés- francés-alemán)
Consulta en formato .PDF (420 Kb) - Caballo Villar, Belén et alii (1996). 131 conceptos clave de educación social: (castelán-galego)
Consulta en formato .PDF (539 Kb) - CNL da Facultade de Xeografía e Historia (1996). Léxico de xeografía: (castelán-galego)
Descarga en formato .DOC comprimido (27 Kb) - CNL da Facultade de Xeografía e Historia (1996): Léxico de arqueoloxía: (castelán-galego)
Descarga en formato .DOC comprimido (44 Kb) - Masa Vázquez, Xosé M. (1995): Vocabulario de matemáticas: (galego-castelán-inglés- portugués)
Descarga en formato .DOC comprimido (108 Kb) - Colectivo "A Corrente" (1994): Léxico básico das ciencias naturais: (castelán-galego)
Descarga en formato .DOC comprimido (16 Kb) - Candocia Pita, P. et alii (1994): Vocabulario de historia: (castelán-galego)
Descarga en formato .DOC comprimido (80 Kb) - Blanco Valdés, X. L. (1993): Léxico editorial: (castelán-galego)
Descarga en formato .DOC comprimido (23 Kb)
En 2013 o Servizo de Normalización Lingüística da USC acordou protexer a súa produción de glosarios coa licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual (CC-BY-SA 4.0). Isto deixa sen efecto todas as mencións que neses traballos se poidan atopar referidas á protección dos seus contidos a través da figura do copyright (©).
Este cambio de licenza non se aplica aos traballos elaborados no marco da Rede Panlatina de Terminoloxía (Realiter), pois neles o SNL ten unicamente dereitos sobre os contidos referidos á lingua galega, e non sobre a publicación íntegra.