Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Localización

Laboratorio de Radiofísica
Estrada de San Lourenzo, 1, 15782
Santiago de Compostela
Email
diego.gonzalez@usc.es
  • Equipo operativo
Irradiador gamma
  • O feixe de radiación gamma do Laboratorio de Radiofísica está xerado por unha fonte de cobalto 60 instalada nunha unidade de terapia AECL Theratron 780.

    A unidade ten capacidade de xiro isocéntrico de xeito que o feixe pódese disparar en todas as direccións contidas nun plano.

    O Theratron 780 pode colimar a sección transversal do feixe en formas cadradas ou rectangulares. A taxa de dose que pode subministrar esta fonte radioactiva a un punto nun volume dun medio depende da actividade da fonte, da composición do medio, da localización do punto dentro do volume, da localización do volume respecto da fonte e da área da sección do feixe. A fonte de cobalto 60 tiña unha actividade de 5414 Ci en Decembro de 2012.

    Os tamaños mínimo e máximo da sección do feixe (área de irradiación) pódense axustar entre 1 cm x 1 cm e 240 cm x 240 cm en función da distancia á fonte.

  • Laboratorio de Radiofísica

    Laboratorio de Radiofísica
    • Estrada de San Lourenzo, 1, 15782
      Santiago de Compostela