Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionar ao alumno a capacidade de empregar as funcionalidades básicas dos sistemas de información xeográfica para resolver problemas de planificación territorial. O alumno terá nocións básicas da estrutura e funcionamento dos sistemas de información xeográfica e adquirirá a capacidade de aprender por si mesmo para aplicar diferentes técnicas de análise.
A memoria verificada do título contempla os seguintes contidos: Deseño de xeodatabases. Análise de redes. Análise de custos. Modelado cartográfico. Técnicas de xeodeseño. SIX para a participación pública (PPGIS). Resolución de problemas de análise espacial e territorial con SIX.
Estes contidos desenvolveranse do seguinte xeito:
SESIÓNS EXPOSITIVAS:
T01.- Introdución aos SIX (1,5 HP + 4,3 HTA)
T02.- Como funciona o SIX (1,5 HP + 4,3 HTA)
T03.- Operacións fundamentais con SIX (1,5 HP + 4,3 HTA)
T04.- Análise espacial (1,5 HP + 4,3 HTA)
T05.- Análise de proximidade (1 HP + 2,9 HTA)
T06.- Análise de superficie (0,5 HP + 1,4 HTA)
T07.- Infraestruturas de datos espaciais (1,5 HP + 4,3 HTA)
SESIÓNS INTERACTIVAS:
S01.- Deseño de bases de datos (1,5 HP + 4,3 HTA)
S02.- Construcción dun sistema: modelo ER (1,5 HP + 4,3 HTA)
S03.- Construcción dun sistema: diagrama relacional (1,5 HP + 4,3 HTA)
S04.- Construcción dun sistema: deseño físico (1,5 HP + 4,3 HTA)
P01.- Introducción a QGIS (1,5 HP + 4,3 HTA)
P02.- Descarga e edición de cartografía (1 HP + 2,9 HTA)
P03.- Procesado de imáxes multiespectrais: operacións ráster (2 HP + 5,7 HTA)
P04.- Xeración de mapas (1,5 HP + 4,3 HTA)
HP = Horas Presenciais
HTA = Horas de Traballo Autónomo
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
(1) Bosque, J., Moreno, A. (2012). Sistemas de Información Geográfica y Localización Óptima de Instalaciones y Equipamientos. Madrid: Ra-ma.
(2) Gómez Delgado, M., Barredo Cano, J. I. (2005). Sistemas de información geográfica y evaluación multicriterio en la ordenación del territorio. Madrid: Ed. Ra-ma.
(3) Olaya, V. (2012). Sistemas de Información Geográfica. http://www.bubok.es/libros/191920/Sistemas-de-
Informacion-Geografica
(4) Bettinger, P., Wing, M. G. (2004). Geographic Information Systems. Applications in Forestry and Natural Resources Management. New York: McGraw-Hill.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
(1) Craig, W.J. et al. (ed.) (2002) Community Participation and Geographic Information Systems. New York: Taylor & Francis.
(2) Geneletti, D., Abdullah, A. (2009). Spatial Decision Support for Urban and Environmental Planning. A Collection of Case Studies. Malaysia: Arah Publications
Competencias básicas e xerais:
CB2, CB3, CB5, CG1, CG2, CG3, CG4
Competencias transversais:
CT1, CT2, CT4, CT5
Competencias específicas:
CE4, CE5, CE8
DESCRICIÓN DAS COMPETENCIAS:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco definidos dentro de contextos de carácter multidisciplinar tanto investigador como profesional.
CB3 - Que os estudantes posúan as capacidades para a aprendizaxe autónoma, adquirindo un enfoque proactivo no plantexamento e resolución de problemas.
CB5 - Que os estudantes aprendan a traballar de forma autónoma, a tomar decisións, a priorizar e desenvolver unha capacidade de adaptación a entornos cambiantes.
CG1 - Adquisición de coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para cubrir as expectativas investigadoras e profesionais do estudante e da sociedade no relativo ao estudo da Ordenación, Planificación e Xestión do Territorio ou algún dos seus ámbitos máis destacados.
CG2 - Posta a punto e manexo de conceptos, métodos e ferramentas propias da investigación na análise xeográfico e territorial para fins específicos.
CG3 - Capacitación nas principais técnicas de recompilación de información espacial e xeorreferenciada e posterior tratamento en bases de datos xeoespaciais.
CG4 - Capacitación en diversas técnicas de análise e investigación transversais caracterizadas pola súa versatilidade dentro do paradigma interdisciplinar dos estudos e análises territoriais.
CT1 - Capacidade de búsqueda e selección de información.
CT2 - Capacidade analítica e de síntese.
CT4 - Coñecemento das principais fontes cartográficas e de información territorial.
CT5 - Manexo dos principais programas de software de Sistemas de Información Xeográfica.
CE4 - Capacidade para levar a cabo procesos de análise, avaliación e diagnose do territorio, do medio ambiente, do urbanismo, dos usos do solo e da propiedade da terra desde un punto de vista económico, social e ambiental.
CE5 - Formación para extraer, analizar e presentar a información necesaria para a toma de decisións na planificación e xestión territorial e ambiental.
CE8 - Coñecer as técnicas, ferramentas e tecnoloxías que permiten realizar unha planificación e xestión territorial eficiente e a diferentes escalas (rexional, urbano, etc.).
COMPETENCIAS: CE04, CE05, CE08
- Clase maxistral.
- Prácticas en aulas de informática.
- Traballos de materia (traballos de curto alcance).
- Titorías individuais e en grupo.
- Uso da aula virtual.
- Uso de plataformas para docencia presencial a distancia (videoconferencia colectiva).
COMPETENCIAS: CT01, CT02, CT04, CT05
- Prácticas en aulas de informática.
- Traballos de materia (traballos de curto alcance).
- Uso da aula virtual.
- Uso de plataformas para docencia presencial a distancia (videoconferencia colectiva).
COMPETENCIAS: CB02, CB03, CB05, CG01, CG02, CG03, CG04
- Uso da aula virtual.
1) ALUMNOS MATRICULADOS POR PRIMEIRA VEZ NA MATERIA:
[EC] Avaliación da participación na clase (10%)
O alumno terá cuestionarios que terá que facer de cada tema na aula virtual, así como actividades prácticas para a aplicación dos coñecementos adquiridos, obtendo unha nota sobre un máximo de 10 puntos.
COMPETENCIAS: CE4, CE5, CE8, CT1, CT2, CT4, CT5, CB2, CB3, CB5, CG1, CG2, CG3, CG4
[EX] Probas de avaliación de coñecementos e competencias (60%)
O exame consistirá en preguntas teóricas e prácticas puntuando a nota dun total sobre 10 puntos.
COMPETENCIAS: CE4, CE5, CE8
[PR] Realización de traballos e memorias de prácticas (30%)
O alumno debe entregar as actividades prácticas que se van realizando, puntuando cunha nota de 10 puntos. No caso de realizarse unha viaxe de prácticas, a asistencia será obrigatoria. A avaliación desta actividade computarase baixo este epígrafe.
COMPETENCIAS: CT1, CT2, CT4, CT5, CE4, CE5, CE8
2) ALUMNOS QUE NON SUPERARON A MATERIA EN ANOS ANTERIORES:
Terán que facer o exame e as actividades de avaliación cos mesmos criterios que os alumnos matriculados por primeira vez.
IMPORTANTE:
- A avaliación da primeira e segunda oportunidades realizarase utilizando os mesmos criterios.
- En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión de cualificacións.
Os tempos de estudo establecidos nesta materia son:
- Clases teóricas expositivas: 9 horas
- Clases interactivas (prácticas/seminarios): 12 horas
- Titorías en grupo: 3 horas
- Estudo individual, lectura e terminación de traballos prácticos: 60 horas
- Consulta diaria do campus virtual.
- Consulta diaria del campus virtual.
- Asistencia a titorías grupais para discutir, aclarar ou resolver dúbidas.
DISPENSA DE ASISTENCIA:
Os estudantes aos que se lles conceda esta exención deben seguir a materia a través do Campus Virtual, realizando todas as entregas necesarias para obter unha nota positiva en EC, PR e EX respectivamente.
IMPORTANTE:
É obrigatorio dispor dos medios necesarios (cámara, micrófono, etc.) para demostrar a presenza nas clases cando a participación sexa remota. A participación en Microsoft Teams sen a disponibilidade de ditos medios suporá a expulsión da sesión.
Inés Santé Riveira
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade