Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Familiarizar o alumno coas características da civilización helénica, a súa peculiar visión do mundo e os seus logros artísticos, facendo especial fincapé na necesidade de coñecer o pensamento grego, o mito e a relixión da polis para comprender a produción artística.
A) A materia consiste nunha exposición das principais manifestacións artísticas e culturais da Grecia antiga, partindo do mundo prehelénico e prestando especial atención aos períodos arcaico e clásico, tratando de ofrecer unha visión de conxunto mediante o estudo da arquitectura , a escultura e o valioso testemuño da pintura vascular. A este respecto unha parte importante do desenvolvemento temático céntrase no estudo dos mecanismos da figuración, en especial no estudo da preocupación pola figura humana, e a narración visual do mito. A exposición teórica compleméntase cunha serie de lecturas para discusión sobre aspectos da arte e a experiencia estética na Grecia arcaica e clásica.
B) Programa:
0. Introdución á arte da Antigüidade clásica: fontes, enfoques e métodos.
1. A arte grega: tempos, espazos e contextos
2. A arte de Grecia e a arte dos primeiros gregos.
3. A arte grega arcaica.
4. A arte do momento clásico I.
5. A arte do momento clásico II.
6. Construcións e imaxes do helenismo.
C) Contidos interactivos:
As clases interactivas consistirán nunha serie de seminarios sobre diversos aspectos da arte grega, para os que será necesario facer lecturas previas e participar de maneira activa, desenvolvendo tarefas de identificación de obxectos e imaxes.
Os contidos dos seminarios serán os seguintes:
- Un seminario sobre conceptos, formas e técnicas da cerámica grega
- Un seminario de práctica iconográfica para aprendizaxe de lectura da imaxe grega.
- Un seminario sobre escultura no que será necesario realizar una pequena exposición sobre una pieza proposta polo profesor.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA Y DE REFERENCIA:
BLANCO FREIJEIRO, A., Arte griego. CSIC. Madrid, 2011 (ed. revisada por Pilar León; ed. original 1956)
ELVIRA BARBA, M.A., Manual de arte griego. Obras y artistas de la Antigua Grecia, Madrid, 2013.
RAMÍREZ, J.J. (dir), Historia del arte. Arte antiguo. Alianza Editorial. Madrid, 1989
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
BERARD, C., BRON C., DURAND, J. L., FRONTISI-DUCROIX, F., LISSARRAGUE F., SCHNAPP A. Y VERNANT, J. P., A City Of Images, Princeton, Princeton University Press, 1961.
BOARDMAN, J., Athenian Black Figure Vases. Londres 1974.
BOARDMAN, J., Athenian Red Figure Vases: The Classical Period. Londres 1989.
BOARDMAN, J., El arte griego, Barcelona, 1991.
BOARDMAN, J., Escultura Griega. El período Clásico. Barcelona, Destino, 1999
CARPENTER, T., Arte y Mito en la Grecia antigua, Destino, Madrid, 2001
ELVIRA BARBA, M. A., Arte clásico, Historia 16, Madrid, 1996.
ELVIRA, M.A., El arte griego (III). Historia 16. Madrid, 1990
HURWIT, J., The Art and Culture of Early Greece, 1100-480. BC., Ítaca y Londres,1987.
LEÓN ALONSO, P., El arte griego (II). Historia 16. Madrid, 1990.
OLMOS ROMERA, R., El Arte griego en España, Madrid, Historia 16, 1992
ONIANS, J., Arte y pensamiento en la época helenística, Alianza, Madrid, 1996.
OSBORNE, R Archaic and Classical Greek Art, Oxford, 1998.
POLLITT, J.J., Arte y experiencia en la Grecia clásica, Bilbao, 1984RASMUSSEN T. y SPIVEY, N. (Eds.) Looking at Greek Vases. Cambridge, Cambridge University Press 1991.
RHODES R.F. Architecture and meaning on the Athenian Acropolis. Cambridge, 1995.
SPIVEY, N. Understanding Greek Sculpture: Ancient Meanings, Modern Readings. Londres, Thames and Hudson 1996
STEWART, A. Greek Sculpture: An exploration. New Haven And London, Yale University Press 1990.
O alumno adquirirá competencia no recoñecemento das caracteristicas específicas da produción artística do mundo grego antigo, podendo relacionar os acontecementos históricos, sociais e literarios co fenómeno da arte que na Grecia antiga ten uns trazos especiais definitorios e básicos para comprender o desenvolvemento posterior de gran parte da produción artística de Occidente.
1) O desenvolvemento metodolóxico da materia baséase na exposición dos contidos en clase en forma de clases teóricas que contemplan a produción artística do mundo grego desde o terceiro milenio antes de Cristo ata época helenística.
2)Estas clases teóricas compleméntanse con clases de seminario e actividades academicamente dirixidas, nos que se tratan temas específicos da historia da arte grego que se consideran problemas de investigación. Para estas actividades os alumnos deberán realizar lecturas e traballos escritos para mostrar os seus intereses e a súa capacidade de expor enfoques dos distintos problemas.As clases prácticas pretenden que os alumnos se enfronten persoalmente ao coñecemento e investigación sobre a produción artística helénica. Concretamente, realizarase un seminario de escultura coas exposicións que prepararán os alumnos sobre pezas escultóricas que será proposta previamente polo profesor.
3) Como complemento, os alumnos deberán elaborar un traballo non presencial de aplicación da lectura da imaxe mitológica desde o punto de vista iconográfico e co auxilio das fontes literarias gregas.De maneira concreta, o traballo consistirá en analizar e argumentar a representación dunha historia mitolóxica nun vaso pintado grego.
O traballo terá unha extensión mínima de 3000 e máxima de 5000 palabras, e deberá levar unha portada co título, a materia e o nome do alumno e a data; debe incluír referencias ás fontes literarias, notas ao pé de páxina, bibliografía e un anexo de seis (6) imaxes como mínimo e dez (10) como máximo.
O traballo enviarase ao profesor por vía telemática.
Práctica de campo
Realizarase unha saída de campo a Madrid para visitar o Museo do Prado (colección de escultura) e o Museo Arqueolóxico (salas de Grecia). O devandito seminario de escultura coas exposicións dos alumnos realizarase in situ no Museo do Prado. Realízanse as dúas visitas no mesmo día, pero é necesario dormir polo menos unha noite no destino para encaixar o horario dos museos.
1) Asistencia ás clases teóricas
2) Participación nos seminarios.
3) Realización do traballo
A asistencia ás clases teóricas e seminarios é OBRIGATORIA e será controlada.
A realización do traballo ten así mesmo carácter OBRIGATORIO e é condición "sine qua non" para ser avaliado.
O sistema de avaliación rexerase de acordo ás seguintes porcentaxes:
-Asistencia: 10%
-Participación e realización das tarefas interactivas dos seminarios: 40%
-Traballo non presencial: 50%
A evaluación na segunda convocatoria será igual que na primeira.
En caso de dispensa oficial, o alumno será examinado cos mesmos criterios que os aplicados na docencia presencial.
Sistema de calificación: expresado mediante calificación final numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (Real Decreto 1125/2003 de 5 de septiembre; BOE 18 de septiembre).
El art. 16 de la Normativa de evaluación del rendemiento académico de los estudiantes (DOG 21 de xullo de 2011) establece lo siguiente: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”. En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
O alumno deberá dedicar de catro a seis horas semanais ao estudo persoal da materia e aos exercicios prácticos e o traballo encomendado.
A asistencia ás clases teóricas e seminarios é OBRIGATORIA así como a realización das prácticas.
Unha recomendación importante é a lectura reflexiva dos textos propostos para discusión e comentario nos seminarios.
É recomendable a capacidade de ler nalgunhas linguas modernas estranxeiras, moi especialmente en inglés, italiano e francés.
Recoméndase unha asimilación paulatina dos contidos, dedicándolle tempo á lectura e á análise dos textos e das imaxes obxecto de estudo.
In the case of academic fraud, as defined in Article 42 of the Regulations establishing the rules of coexistence of the University of Santiago de Compostela, and in accordance with the provisions of Article 11. g) of the University Coexistence Law, the sanctions provided by the regulations will be applied. Among the premeditated behaviors aimed at falsifying the results of an exam or assignment are plagiarism and the unauthorized use of Artificial Intelligence tools.
Maria De Fatima Diez Platas
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812546
- Correo electrónico
- fatima.diez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 15 |
10.06.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
03.07.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |