Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar ao estudante os coñecementos básicos necesarios acerca dos sistemas de xestión da calidade na industria e nos servizos, a súa evolución até a situación actual, dándolle unha visión integrada das diferentes ferramentas e enfoques actuais na cuestión, así como do papel dos departamentos de calidade na moderna empresa.
Desenvolver no estudante a súa capacidade para abordar problemas no mundo industrial, o seu criterio para seleccionar as opcións e proporcionar as ferramentas de xestión máis apropiadas a cada situación.
Programa de clases expositivas:
Tema 1. Introducción á calidade. Conceptos básicos e evolución histórica.
Tema 2. Sistemas de xestión da calidade. Enfoques da calidade: inspección (INS), control estadístico da calidade (CEC), control da calidade total (CCT), enfoque xaponés (CWQC) e xestión da calidade total (XCT).
Tema 3: Referencias normativas dos sistemas de calidade. A familia ISO 9000. Outras normas de xestión.
Tema 4: Avaliación e coste da calidade (función de perda de Taguchi). Xestión de riscos.
Tema 5: Xestión de equipos. Aseguramento da comparabilidade e da trazabilidade.
Tema 6. Ferramentas clásicas e actuais para a xestión da calidade (diagrama Pareto, causa-efecto, cartas de control, etc). Técnicas de planificación, control e mellora continua (Benchmarking, deseño de experimentos, AMFE, 6 sigma, Poka-yoke, etc.).
Básica
1. J.R. Evans, W.M. Lindsay, Administración e control da calidade, 7ª edición, Thomson, Méjico, 2008 (https://www.academia.edu/10999715/Administracion_y_Control_de_Calidad_-…, version pdf)
2. M. Sanguesa, R. Mateo, L. Ilzarbe, Teoría e práctica da calidade, Thomson, Madrid, 2006
Complementaria
1. C. Camisón, S. Cruz, T. González, Xestión da calidade: conceptos, enfoques, modelos e sistemas, Pearson-Prentice Hall, Madrid 2007
2. M. Casadesús, I. Heras, J. Merino, Calidade práctica: unha guía para non perderse no mundo da calidade, FT-Prentice Hall, Madrid, 2005
3. D.H. Besterfield, Control de calidade, 8ª edición, Pearson-Prentice Hall, Méjico, 2009.
Todos os esquemas e presentacións a utilizar nas clases expositivas serán postos a disposición dos estudantes desde o inicio do curso a través da aula virtual da USC. De modo análogo, utilizarase este medio para fornecer aos estudantes calquera outro tipo de material que deba ser utilizado nos seminarios da materia.
Xerais
CG. 6.- Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
CG.8.- Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
CG.11.- Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio de l profesión de Enxeñeiro Químico.
Específicas
Capacidade para deseñar, xestionar e operar procedementos de control da calidade de procesos
Capacidade para interpretar e implementar normas internacionais relativas á xestión da calidade e os procesos de produción e servizos.
Transversais
CT.2. Capacidade de organizar e planificar
CT.5. Capacidade de xestión da información
CT.11. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
CT.15. Motivación pola calidade
CT.18. Liderado.
Clases expositivas
Baseadas na utilización de presentacións que previamente estarán a disposición dos estudantes a través da aula virtual, enfocaranse basicamente á discusión conceptual, o desenvolvemento de esquemas e a orientación acerca das fontes e recursos relativos ao tema discutido. Utilizaranse igualmente proxeccións de vídeo, aplicacións informáticas tanto comerciais como preparadas especificamente para a materia como medio para facilitar a comprensión dos conceptos.
Clase interactivas de seminarios
Trátase de sesións de ilustración práctica e debate da teoría, sobre a base de materiais fornecidos ou suxeridos con anterioridade ao estudante, de modo que, por unha banda sexa posible abordar aspectos máis detallados ou especializados das cuestións contempladas nas clases expositivas e por outra, sexa posible avaliar o grao de comprensión e aceptación dos contidos das mesmas por parte do estudante. É posible a utilización de vídeos ou aplicacións informáticas para facilitar a introdución dos tópicos a discusión e tamén a presentación de traballos por parte dos estudantes. A participación nos seminarios considérase un elemento de avaliación continua da materia.
Sesións de titoría
A sesións de titoría utilizaranse para a discusión o consulta de calquera aspecto relativo a asignatura y para informar respecto ao exame.
Todas estas actividades contribúen directamente na adquisición das competencias indicadas no epígrafe anterior. De modo particular, as sesións de clases interactivas relaciónanse directamente coas competencias xerais e específicas, mentres que as competencias transversais foméntanse de maneira esencial nas sesións de seminario, exposicións individuais e grupais e nas titorías.
A avaliación da aprendizaxe do estudante realizarase mediante a acumulación da cualificación obtida na avaliación continua (grao de cumprimento e rendemento nas actividades programadas en seminarios e titorías, así como a súa participación interactiva nas clases expositivas), que computará até un 30% da cualificación final e a nota alcanzada nun exame final da materia que suporá o 70% restante.
A no-participación nunha proporción superior ao 60% das actividades propostas suporá a eliminación da nota correspondente á avaliación continua, aínda que non imposibilidade ao estudante para realizar o exame final e no seu caso, superar a materia. Os estudantes que non obtivesen avaliación continua e non se presenten ao exame final serán rexistrados na acta como “non presentados”. Ás cualificacións dos tráballos, actividades e titorías comunicaránselle ao alumno antes do exame final.
A nota obtida na avaliación continua, tanto se é favorable coma se non, consérvase nas oportunidades do mesmo ano. Os estudantes repetidores da materia non conservan ningunha das compoñentes da nota obtidas no curso anterior.
As distintas probas periódicas , traballos en grupo , presentacións públicas e discusión foron deseñadas para comprobar a realización das competencias establecidas como obxectivo do curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As competencias xerais e transversais se avalían esencialmente na avaliación continua (CG6 -20%, CG8 - 10%, CG11 -15%; CT2 -5%, CT3 -5%, CT11 5%, CT15 -35%, CT18 -5%), mentres que as competencias específicas valóranse directamente no exame.
De acordo co plan de organización docente vixente, as horas presenciais e horas de traballo non presenciais do alumno para esta signatura son as seguintes:
Clases expositivas…. 28 ... Horas de traballo do estudante….. 34.....Total ...62
Seminarios…………….. 9….Horas de traballo do estudante…... 11 …..Total... 20
Tutorías de grupo….. 2... Horas de traballo do estudante….. 6….. Total… 8
Exame e revisión…….. 5 . Horas de traballo do estudante…. 17.5.. Total.. 22.5
Totais …………………….. 44…………………………………………………….. 68.5 ………. 112.5
Asúmese que o estudante cursando esta materia superou os cursos previos de matemáticas e estatística.
A asistencia ás clases expositivas, seminarios e titorías considérase necesaria aínda que non obrigatoria.
O material e presentacións utilizadas polo profesor nas clases expositivas teñen como obxectivo facilitar e guiar a aprendizaxe, pero non substitúen a consulta e estudo dos textos de referencia recomendados nin constitúen en se mesmos un manual de referencia ou un texto para a preparación do exame. O alumno deberá demostrar no mesmo que realizou un esforzo persoal de aprendizaxe máis aló dos esquemas ou guións proporcionados polo profesor nas clases expositivas.
As clases da materia serán impartidas en español
Rosa Maria Montes Goyanes
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Correo electrónico
- rosamaria.montes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A3 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
15.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Traballo |
15.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula Traballo |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
09.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
09.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |