Créditos ECTS Créditos ECTS: 24
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 570 Horas de Titorías: 30 Clase Interactiva: 6 Total: 606
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O Traballo Fin de Grao é obrigatorio para obter o título de Grao en Enxeñaría Química segundo aparece recollido no Plano de Estudos.
O obxectivo final do mesmo consiste na elaboración dun proxecto no que se integren as competencias básicas, comúns e específicas incluídas na memoria do Grao de Enxeñería Química.
O traballo poderá facerse de forma individual ou en grupo cun máximo de tres persoas, baixo a titorización do profesor que lle fora asignado pola Comisión de TFG-GrEQ, segundo a Normativa do Traballo Fin de Grao.
Os seus contidos poderán axustarse en función das seguintes categorías:
-Deseño dunha instalación industrial, dunha sección ou dunha unidade da mesma. Pódese contemplar a nivel de proxecto básico ou de execución, en función da extensión e do nivel de concreción.
-Deseño dunha instalación a escala piloto, cando a importancia e/ou novidade do proceso a abordar o xustifiquen.
En calquera caso e de forma xeral incluirá:
-Obxecto do proxecto. Estudo de alternativas
-Balances de materia e enerxía
-Deseño de unidades e o seu deseño mecánico
-Control e instrumentación
-Planos
-Estudo de seguridade da instalación
-Estudo ambiental
-Orzamento global e estudio de viabilidade económica (se procede)
Dado o carácter desta materia que cubre varios aspectos diferentes dun proxecto, non se destaca unha única obra bibliográfica. Suxírense os seguintes títulos:
-BACKHURST, R., J.H. HARKER, Process plant design, Ed. Heinemann Educational Books (1973), ISBN: 0-435-72563-7. SINATURA ETSE: 142 17
- PERRY, R. H., GREEN, D. W., MALONEY, J. O. Manual del Ingeniero Químico. Ed. McGraw-Hill (2001), ISBN 84-481-3008-1 (O.C.); 84-481-3342-0 (v.1); 84-481-3343-9 (v.2); 84-481-3344-7 (v.3); 84-481-3345-5 (v.4). SINATURA ETSE: 100 3 H 1, 100 3 H 2, 100 3 H 3 y 100 3 H 4)
- PETERS, M. S., TIMMERHAUS, K. D., WEST, R. E. Plant Design and Economics for Chemical Engineers. 5th ed. Ed. McGraw Hill (2004), ISBN 9780071240444. SINATURA ETSE: 140 17
- SEIDER, W.D., SEADER, J.D. E LEWIN, D.R. Product and Process Design Principles - Synthesis, Analysis and Evaluation, 3ª ed. EE.UU: John Wiley and Sons, (2010), ISBN 978-0470-04895-5. SINATURA ETSE: A150 10 C
- SINNOT, R., TOWLER, G. Chemical Engineering Design. Coulson & Richardson’s Chemical Engineering Volume 6, 6th Ed., Elsevier/Butterworth-Heinemann (2020), ISBN 9780081025994 e tamén como Recurso electrónico ISBN 9780081026007
- VIÁN, A. El pronóstico económico en química industrial, 4ª ed., Publicación Madrid: Eudema (1991), ISBN: 84-7754-082-9. SINATURA ETSE: A146 4 H
- KIRK-OTHMER. Concise encyclopedia of chemical technology, 5th ed., Hoboken: Wiley-Interscience (2007). ISBN: 0-471-51700-3.
-Encyclopedia of chemical processing and design, ed. John J. Mcketta, Ed. Marcel Dekker, (1999). SINATURA USC: 139 4 1-10
-Ullmann's encyclopedia of industrial chemistry, 5th ed., Weinheim: VCH, cop. 1985-1996 e tamén como Ullmann's encyclopedia of industrial chemistry [Recurso electrónico], Weinheim [etc.]: Wiley, (2000). ISBN: 9783527306732
Competencias xerais
CG.1. Capacidade para a redacción, firma e desenvolvemento de proxectos no ámbito da enxeñaría química industrial que teñan por obxecto, a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais e procesos de fabricación e automatización.
CG.2. Capacidade para a dirección, das actividades obxecto dos proxectos de enxeñaría descritos no epígrafe anterior.
CG3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG.4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría química industrial.
CG.5. Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
CG.6. Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
CG.7. Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
CG8. Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
CG9. Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións.
CG10. Capacidade de traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar.
CG11. Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial
CG.12. Integración das competencias básicas, comúns e específicas da rama industrial a través do traballo fin de grao.
Competencias transversais
CT.1. Capacidade de análise e síntese
CT.2. Capacidade de organizar e planificar
CT.3. Comunicación oral e escrita en linguas propias e algunha estranxeira
CT.4. Habilidades para o uso e desenvolvemento de de aplicacións informáticas
CT.5. Capacidade de xestión da información
CT.6. Resolución de problemas
CT.7. Toma de decisións
CT.8. Traballo en equipo
CT.9. Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar
CT.10. Habilidades nas relacións interpersonais
CT.11. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
CT.12. Razoamento crítico e compromiso ético
CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
CT.14. Adaptación a novas situacións
CT.15. Motivación pola calidade
CT.16. Sensibilidade cara a temas ambientais
CT.17. Creatividade
CT.18. Liderado
CT.19. Aprendizaxe autónoma
CT.20. Iniciativa e espírito emprendedor
Aínda que os/as alumnos/as son os responsables últimos do Traballo de Fin de Grao, o/a titor/a deberá programar co alumnado un número de titorías preferentemente presenciais, como se indica na Normativa e no apartado de Titorización (Titorización P02-TFG-GrEQ), si ben poderanse realizar de forma virtual por MS Teams ou vía correo electrónico, se así o acordan o/a titor/a e os/as alumnos/as.
O papel do/a Titor/a queda definido na normativa segundo o seguinte:
• Facilitar a información básica da estrutura do TFG
• Recomendar aquela bibliografía xeral necesaria para a realización do TFG
• Guiar no seu desenvolvemento
• Asesorar na presentación da memoria
• Emitir o informe de avaliación conforme ao apartado de competencias (Apartado B)
Nos procedementos, existe un formulario para o seguimento das titorías (F04-TFG-GrEQ_Seguimento Titorías) onde se deixará constancia da súa realización por parte dos titores e as/os alumnas/os.
O TFG pode realizarse de forma individual ou en grupo, cun número máximo de 3 alumnos/as. O/a titor/a encargarase de definir as tarefas indicadas na Normativa.
Coas tarefas desenvolvidas para a elaboración do proxecto e ata a entrega do mesmo para a súa defensa o alumnado integrará e/ou adquirirá as competencias xerais e transversais sinaladas anteriormente: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CG6, CG7, CG8, CG9, CG10, CG11 e CG12; CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT10, CT11, CT12, CT13, CT14, CT15, CT16, CT17, CT19, CT20; CT8, CT9 e CT18 nos traballos en equipo.
Tendo en conta a Normativa de Traballo fin de grao (RegulamentoTFGGREQ_aprobadoCGoberno.pdf) os/as estudantes presentarán unha memoria do seu traballo que defenderán, presencialmente, ante un tribunal composto por tres profesores/as da Titulación. Tamén efectuarase un seguimento da aprendizaxe dos/as estudantes nas titorías e que será avaliado polo/a titor(a).
A cualificación individualizada dos/as alumnos/as do TFG terá en conta os seguintes ítems: Avaliación dos contidos e Defensa do Traballo avaliados polo Tribunal, e o Grao de alcance das competencias transversais avaliado polo titor.
Dispónse do informe de Avaliación na páxina web da ETSE: P03-TFG-GrEQ - Informe Avaliación, que ten que cubrirse por cada membro do tribunal e o/a titor/a. Para avaliar os contidos do aplicarase a Rúbrica que está no apartado de Procedementos como P05-TFG-GrEQ e P05bis-TFG-GrEQ.
As notas de cada apartado son un valor promedio, que logo ponderarase tendo en conta as porcentaxes que están definidas. Se non atinxen os requisitos mínimos esixidos, segundo a Normativa, no Bloque A (Avaliación de contidos), a cualificación será de Suspenso. Nos TFG grupais, os estudantes serán cualificados de xeito individual, atendendo ao que se indica no Artigo 6 da Normativa e segundo se recolle no procedemento P03-TFG-GrEQ.
Como consta na normativa da USC, o alumnado que, unha vez feita a entrega do traballo e verificadas as condicións para a súa defensa, non se presente á defensa do TFG na data asignada, terá a cualificación de suspenso nesa oportunidade.
No informe de avaliación queda tamén reflectido que se valoran as competencias seguintes nos tres apartados:
A. AVALIACIÓN DOS CONTIDOS DO TFG (polo tribunal): CG1, CG2, CG5, CG6, CG7, CG12, CT16
B. GRAO DE ALCANCE DAS COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (polo titor): CG2, CG4, CT1, CT2, CT4, CT5, CT6, CT7, CT12, CT13, CT14, CT17, CT18, CT19, CT20
C. DEFENSA DO TFG (polo tribunal): CG4, CT3, CT4, CT15
Unha vez comunicada a cualificación provisional os estudantes disporán de dous días de revisión nas datas publicadas pola ETSE para cada convocatoria de presentación e defensa do curso académico. As indicacións sobre Cualificación e Revisión están recollidas nos Procedementos no P04-TFG-GrEQ - Cualificación e Revisión.
As/os alumnas/os que teñan que ir á segunda oportunidade serán avaliados nos mesmos términos indicados anteriormente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O Traballo Fin de Grao ten asignados 24 créditos obrigatorios segundo se recolle na memoria do título. Estes créditos están distribuídos nun total de 600 h.
Recoméndase ter seguido a estrutura curricular do título, dado que no Traballo Fin de Grao os/as alumnos/as deberán plasmar os contidos e competencias adquiridos nas mesmas.
Recomendase a adquisición de equipos con entorno MS Windows, xa que outras plataformas, por exemplo, non soportan o programa informático ASPEN HYSYS.
Na páxina Web da Escola está recollida toda a información sobre o Traballo Fin de Grao.
Disporase tamén de información a través da aula de Coordinación de Traballo Fin de Grao no Campus Virtual da USC.