Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 98 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 31 Clase Interactiva: 18 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Adquirir o manexo, baixo un enfoque práctico, das diversas técnicas que permiten un correcto e rigorosa formulación, recollida, análise e interpretación de datos especialmente enfocado ao desenvolvemento de novos produtos e procesos así como ao perfeccionamento dos existentes.
Estes obxectivos céntranse nos fundamentos e modelos básicos dos métodos estatísticos e na análise exploratoria e inferencial dos datos especialmente dirixido a enxeñeiros químicos.
1. Estatística descritiva
Introdución á Estatística. Variables cualitativas e cuantitativas. Variables discretas e continuas. Distribución de frecuencias. Representacións gráficas. Medidas de posición. Medidas de dispersión e de forma.
2. Probabilidade
Evolución do Cálculo de probabilidades. Conceptos Básicos. Experimento aleatorio. Espazo mostral. Sucesos. Definición de probabilidade. Probabilidade condicionada. Independencia de sucesos. Teoremas clásicos: Regra do produto, Lei de probabilidades totais e Teorema de Bayes.
3. Variables aleatorias discretas
Definición de variable aleatoria. Variable aleatoria discreta: Distribución de probabilidade e función de distribución. Principais distribucións discretas: Bernoulli, Binomial e Poisson.
4. Variables aleatorias continuas
Variable aleatoria continua. Función de densidade e función de distribución. Medidas características dunha variable aleatoria: Esperanza matemática, varianza e desviación típica. Tipificación dunha variable aleatoria. A distribución Uniforme. A distribución Exponencial. A distribución Normal. Aproximación doutras distribucións pola distribución normal. Teorema Central do Límite.
5. Estimación e intervalos de confianza
Introducción á estimación. Propiedades dos estimadores. Concepto de Intervalo de confianza. Intervalo de confianza para unha proporción. Estimación e intervalos de confianza para a media e a varianza dunha poboación normal. Aplicacións é determinación do tamaño mostral.
6. Contraste de hipóteses
O problema do contraste de hipóteses: tipos de hipóteses, tipos de erros e as súas probabilidades asociadas. Nivel crítico ou p-valor. Contrastes de hipóteses sobre unha proporción. Contrastes sobre a media e a varianza dunha poboación normal.
7. Comparación de poboacións
Mostras emparelladas e mostras independentes. Comparación de dúas medias en mostras emparelladas e en mostras independentes. Contraste de dúas varianzas. Contraste de dúas proporcións.
8. Regresión lineal
El modelo lineal de regresión simple. Estimación dos coeficientes por mínimos cadrados. Covarianza e coeficiente de correlación. Estimación da varianza do erro. Propiedades dos estimadores. Inferencia sobre os parámetros. Predición.
9. Introducción á programación lineal
Formulación dos problemas de programación lineal. Solución gráfica do problema de programación lineal. Solución empregando o software R.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Apuntes da materia no campus virtual e os siguientes libros:
Dalgaard, P., 2008. Introductory Statistics with R. Springer (second edition). Accesible en https://link-springer-com.ezbusc.usc.gal/book/10.1007%2F978-0-387-79054… Holický, M., 2013. Introduction to Probability and Statistics for engineers. Springer. Accesible en https://link-springer-com.ezbusc.usc.gal/book/10.1007%2F978-3-642-38300…
Bazaraa, M.; Jarvis, J.; Sherali, H. (2010): “Linear Programming and Networks Flows”. Wiley. Disponible en línea a través de la USC.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
DEVORE J.L., 2005. Probabilidad y Estadística para Ingeniería y Ciencias. 6º edición. México: Thomson. ISBN 9789706864574 FREUND J.E., MILLER I., MILLER M., 2000. Estadística Matemática con Aplicaciones. 6ª edición. México: Pearson. ISBN 9701703898
MENDENHALL, W, SINCICH, T., 2016. Statistics for Engineering and the Sciences. 6ª edición. Boca Ratón: CRC Press. ISBN 9781498728850 MONTGOMERY D.C., RUNGER G.C., 1996. Probabilidad y Estadística aplicadas a la Ingeniería. 2ª edición. México: Limusa. ISBN 9789681859152 NAVIDI W., 2006. Estadística para ingenieros. México: McGraw-Hill. ISBN 9701056299
PEÑA, D., 2008. Fundamentos de Estadística. 2ª edición. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 9788420683805
QUESADA-PALOMA V., ISIDRO A., LÓPEZ L.J., 1982. Curso y Ejercicios de Estadística.2ª edición. Reimpresión. Madrid: Alhambra. ISBN 8420508780
(Segundo aparece na memoria de grao)
Competencias específicas
CB.1.Que os estudiantes teñan demostrado posuir e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se encontra a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamen alguns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguarda do seu campo de estudo.
Competencias xerais
CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para
a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e dótelles de versatilidade para
adaptarse a novas situacións.
CG.4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións,
creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos,
habilidades e destrezas no campo da enxeñería química industrial.
CG. 8 Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
CG.10 Capacidade de traballar nunha contorna multilingüe e multidisciplinar.
Competencias transversais
CT.1. Capacidade de análise e síntese
CT.2. Capacidade de organizar e planificar
CT.3. Comunicación oral e escrita
CT.4. Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas
CT.5. Capacidade de xestión da información
CT.6. Resolución de problemas
CT.8. Traballo en equipo
CT.11. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
CT.12. Razoamento crítico e compromiso ético
CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
CT.17. Creatividade
CT.19. Aprendizaxe autónoma
CT.20. Iniciativa e espírito emprendedor
Competencias específicas básicas
FB.1.4 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan
plantearse na enxeñeria.
Aptitude para aplicar os coñecementos sobre Estatística e Optimización
Trátase dunha materia que comeza a súa extinción neste curso 2024-2025, polo que se trata dunha materia sen docencia.
A avaliación se levará a cabo mediante a realización dun exame cuxa nota corresponderá ao 100% da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de probas ou exercicios será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Trátase dunha materia que comeza a súa extinción neste curso 2024-2025.
Trátase dunha materia que comeza a súa extinción neste curso 2024-2025.
Trátase dunha materia que comeza a súa extinción neste curso 2024-2025.
Julio Gonzalez Diaz
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881813207
- Correo electrónico
- julio.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
16.01.2025 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula Traballo |
28.05.2025 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A3 |
28.05.2025 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A4 |
08.07.2025 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A1 |