Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 39 Clase Interactiva: 10 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
* Capacidade de xerar alternativas para a creación dun novo proceso.
* O coñecemento das técnicas de síntese de procesos, que se basea na eliminación das diferenzas de tipo molecular, de composición e de temperatura, presión e de fase entre as materias primas e produtos.
* Coñecer os distintos tipos de procesos, comparando o uso de diferentes operacións en cada caso en función da utilización de materias primas e á optimización do proceso para a obtención dun produto.
* Interpretación de planos e diagramas de fluxo identificando os seus elementos e analizando os valores fundamentais das variables de proceso.
* Propoñer alternativas para a realización do mesmo proceso, comparalas e seleccionar a mellor delas.
* Bloque I. - Análise e deseño de procesos químicos.
-Diagramas de fluxo.
-Estratexia en enxeñaría de procesos.
-Síntese de procesos químicos.
-Heurísticas para a síntese de procesos.
-Introdución á integración de procesos.
*Bloque II.
- Aproveitamento químico-industrial de materias primas e recursos enerxéticos:
-Combustibles fósiles.
-Hidrosfera e Atmosfera
-Biosfera
-Sustitución, reutilización e reciclado de materias primas.
*Básica:
-JIMÉNEZ GUTIERREZ, A. Diseño de procesos en ingeniería química. Barcelona ; México, D.F. Reverté. 2006. ISBN: 968-6708-51-0. (Sinaturas USC: QUT 404, 151 8)
-TURTON, RICHARD, SHAEIWITZ J. A., BHATTACHARYYA D., WHITING W. B., Analysis, synthesis, and design of chemical processes, Fifth edition, Boston : Prentice Hall, 2018. ISBN: 978-0-13-417740-3, (Sinaturas USC: QUT 444, QUT 220, A 151 9)
*Complementaria:
-RAMOS CARPIO, M. A., Refino de petróleo, gas natural y petroquímica. Madrid. Fundación Fomento e Innovación Industrial, D.L. 1997. ISBN: 84-605-6755-9. (Sinaturas USC: QUT 212, QUT 213, QUT 214, A131.1 2)
-SINNOT R. y TOWLER G., Diseño en ingeniería Química. Barcelona. Ed. Reverté D.L. 2012. . ISBN: 9788429171990. (Sinaturas USC: QUT 398, QUT 399, QUT 400, QUT 401, QUT 410, A140 11 C, A140 11 D, A140 11 E, 140 16 B)
-SMITH, R. Chemical Process Design and Integration. Chichester, West Sussex, England. John Wiley & Sons. 2010. ISBN: 9780471486817. (Sinaturas USC: A151 13)
-SEIDER, W.D. et al. Product and Process Design Principles. Synthesis, Analysis, and Evaluation. 3ª Ed. New York. John Wiley & Sons cop. 2010. ISBN: 9780470414415. (Sinaturas USC: QUT 356, QUT 405, A150 10 C, A150 10 D)
-DOUGLAS, J.M. Conceptual Design of Chemicals Processes. New York. Ed. McGraw-Hill cop. 1988. ISBN: 0-07-017762-7. (Sinaturas USC:151 5C, 151 5 A)
Das incluidas na Memoria do título, as que se traballarán de xeito mais intenso nesta materia son:
*Básicas:
-CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posuan as competencias que adoitan mostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas na súa área de estudo.
-CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de xuntar e interpretar datos relevantes (normalmente na súa área de estudo) para emitir xuicios que incluan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
-CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
*Xerais:
-CG1: Capacidade para a redacción, firma e desenvolvemento de proxectos no ámbito da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial que teñan por obxeto, de acordo cos coñecementos adquiridos, segundo o establecido no apartado 5 da Orde CIN/351/2009, a construcción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de: estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais e procesos de fabricación e automatización.
-CG4: Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisions, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no eido da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial.
-CG6: Capacidade para manexar especificacións, reglamentos e normas de obrigado cumplimento.
-CG7: Capacidade para analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas.
*Transversais:
-CT1: Capacidade de análese e síntesis.
-CT3: Capacidade para xestionar a información.
-CT4: Capacidade para traballar en equipo.
-CT8: Capacidade para empregar tecnoloxías da información e comunicación.
-CT13: Capacidade para transmitir coñecementos (incluida en CG4).
-CT14: Demostrar razoamento crítico (incluida en CG4).
-CT15 - Capacidade para a comunicación oral e escrita
*Específicas:
-CE20: coñecementos sobre balances de materia, biotecnoloxía, transferencia de materia, operacións de separación, enxeñaría da reacción química, deseño dereactores, e valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
-CE21 - Capacidade para a análise, diseño, simulación e optimización de procesos e productos.
A metodoloxía empregada para o ensino-aprendizaxe desta materia e a súa evolución temporal estruturase en: docencia maxistral, seminarios, traballos individuais e en grupo, titorías e exames.
A consecución da formación básica do alumno baséase en 39 horas de clase teórica expositiva, pero coa participación activa dos alumnos que serán incentivados a intervir de forma continua. Nestas horas, o alumno recibe explicacións de conceptos, ideas, descrición de procesos, interpretación de planos, etc. Moitas veces, se lle pedirá a lectura previa de materiais relacionados cos contidos a expoñer na clase para telos traballados con antelación.
Por ser aplicados, as 10 horas de seminario, de asistencia obrigatoria, son unha parte fundamental da materia, e esta actividade dividese principalmente en tres tipos distintos: seminarios de debate e discusión, talleres de interpretación de planos e problemas de procesos, e exposición de traballos. Así, nos traballos e seminarios reflíctese a evolución do alumno respecto da adquisición das competencias sinaladas e dos obxectivos que se perseguen. Relacionado con esta metodoloxía, os estudantes realizarán un traballo en grupo consistente na busca de información, elaboración de una memoria e presentación da mesma , sobre un tema relacionado coa materia.
Realizarase titorías individuais para aclarar as cuestións particulares de cada alumno e dúas horas de titorías en pequenos grupos para traballar temas específicos.
Prácticas de campo: de ser posible, realizaranse visitas a instalacións de proceso para observar in situ as aplicacións dos coñecementos adquiridos. Estas visitas ou prácticas de campo estarán suxeitas á dispoñibilidade de financiamento e posibilidade de realización tanto por parte das empresas/instalacións visitadas como da USC.
Como apoio ao desenvolvemento da docencia empregarase o Campus Virtual da USC.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O sistema de avaliación é continuo con probas parciais específicas e seguimento da aprendizaxe coa formulación de casos prácticos e actividades a resolver, individualmente ou por grupos, principalmente nas horas de seminario.
A cualificación final do alumno considerará tanto o resultado das probas específicas parciais (50%) como da avaliación continua (50%). Nesta avaliación continua inclúense tanto os traballos realizados polo estudante (25%), como as actividades desenvolvidas na aula (25%).
Soamente os estudantes que non realizaran ningunha das actividades avaliables poderán obter a cualificación final de Non Presentado.
A)-PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación realizarase mediante Avaliación Continua (50%) e probas parciais específicas (50%).
*A1)Avaliación Continua, a cualificación mínima esixida será do 50% (2,5 puntos) e constará de dous apartados:
1º) Traballos : realizados de modo asíncrono. Cualificación: 25% (ata 2,5 puntos), cualificación mínima esixida: 1,25 puntos. Valorarase a iniciativa persoal, a capacidade para traballar en equipo e para afrontar e resolver os problemas que podan propoñerse, así como os resultados conseguidos e a crítica dos mesmos. Terase en conta a calidade dos traballos presentados e da súa exposición. Competencias avaliadas: CG4 (10%), CG7 (10%), CT3 (10%), CT4 (10%), CT15 (20%), CT8 (10%), CE20 (15%), CE21 (15%).
2º) Actividades en Aula: realizadas de modo síncrono. Cualificación:25% (ata 2,5 puntos), cualificación mínima esixida: 1,25 puntos. Nas actividades en aula valorarase as intervencións do estudante e a resolución dos problemas e cuestións que selle propoñan. Competencias avaliadas: CB2 (5%), CB3 (10%), CB4 (10%), CG1 (10%), CG6 (10%), CG7 (10%), CT1 (15%), CE20 (15%), CE21 (15%).
Os estudantes que non acaden a cualificación mínima esixida en calquera destes dous apartados, recibirán unha cualificación final de Suspenso e serán avaliados na Segunda Oportunidade tal e como se detalla no apartado (B2).
*A2)- Probas parciais específicas:: síncronas. Tratase de probas teórico-prácticas sobre os contidos da materia.. Cualificación 50% (ata 5 puntos), cualificación mínima esixida: 2,5 puntos. Competencias avaliadas: CE20 (50%), CE21 (50%).
É obrigatorio acadar a cualificación mínima esixida en cada unha das partes para poder obter unha nota media. É necesario obter, como mínimo, unha nota media de 5 puntos para superar a materia.
B)-SEGUNDA OPORTUNIDAD:
*B1)-Os estudantes que acadaron a cualificación mínima esixida na Avaliación Continua conservarán esa cualificación e realizarán un Exame Final coas mesmas características das probas parciais específicas (A2).
*B2)-Os estudantes que non acadaron a cualificación mínima esixida na Avaliación Continua perderán esa cualificación e deberán realizar un Exame final, de carácter síncrono coas seguintes características:
Exame final: proba teórico-práctica sobre todos os contidos da materia. Cualificación 100%, cualificación mínima esixida 5 puntos. Competencias avaliadas: CE20 (50%), CE21 (50%).
Para o seguimento, estudo e comprensión dos contidos considérase que o alumno debe adicar, ademáis das horas presenciais, 42 horas para a docencia expositiva, 10 horas para os seminarios, 15 horas para os traballos e 2 horas para as titorías en grupo.
Ademais, serán necesarias 26 horas para a preparación e realización dos exames.
É aconsellable ter cursado as materias "Operacións básicas", "Transporte de fluídos", "Transferencia de materia", "Transmisión de calor", "Enxeñaría da reacción química" e "Tecnoloxía Medioambiental".
A materia impártese nas dúas linguas oficiais da comunidade autónoma: galego e castelan.
Jose Manuel Martinez Ageitos
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- josemanuel.martinez.ageitos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
10.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |