Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Ámbito de coñecemento
Ingeniería industrial, ingeniería mecánica, ingeniería automática, ingeniería de la organización ind
Centro(s)
Facultade de Ciencias
Avda. Alfonso X O Sabio, s/n, 27002
Lugo
982824095 (Conserxaría)
982824009 (Decanato)
ciencias.decanato@usc.gal
Campus
Lugo
enxeñería química

Esta titulación capacita para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial, e ten como obxectivo a formación de persoas capaces de dar resposta ás necesidades no ámbito da transformación de materias primas, produtos naturais e da actividade industrial, así como o desenvolvemento de proxectos

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2502236
    Número prazas: 45

    Decano/a ou director/a do centro:
    ASTERIA MARIA LUZARDO ALVAREZ
    asteriam.luzardo@usc.es

    Coordinador-a do título:
    María José Vázquez Vila
    mariaj.vazquez.vila@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 150/2010 do 16 de setembro (DOG 23/09/10

    Data de publicación no BOE:
    22/02/2011 (mod. 11/10/2017)

    Data da última acreditación:
    15/07/2015

    Habilitación profesional:
    Este título habilita en España para o exercicio da profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Industrial.

    Esta titulación capacita para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.

    A titulación persegue como obxectivo xeral a formación de persoas capaces de daren resposta ás necesidades reais da sociedade no ámbito da transformación de materias primas, produtos naturais e da actividade industrial no sentido máis amplo, na que se inclúen a industria química e petroquímica, farmacéutica, alimentaria, téxtil, ambiental e outras afíns.

  • Non se contempla

  • 2ª edición do grao

    A 2ªed do Grao en Procesos Químicos Industriais contempla as seguintes mencións:

    -Mención en Tecnoloxía en Química Sustentable
    -Mención en Tecnoloxía en Procesado de Alimentos
    -Mención en Tecnoloxía en Transformación de Materias Primas
    -Mención en Tecnoloxía Enerxética

    Para obter calquera das mencións indicadas o alumno deberá cursar as dúas materias optativas correspondentes á dita mención. No entanto, poderá obter o título sen mención se completa o plan de estudos sen cumprir este requisito.

    1ª edición

    Non se contemplan especialidades, pero si ámbitos competenciais relacionados coas seguintes tecnoloxías específicas:

    -Tecnoloxía específica de Química Industrial
    -Tecnoloxía específica de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais

  • A Facultade conta con 11 aulas de propósito xeral. Así mesmo, conta con 3 aulas de informática, e laboratorios con diversas capacidades.

    Existen tamén espazos habilitados para o alumnado, como unha sala de lectura con máis de 70 postos, equipada con ordenadores.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

    O servizo de Biblioteca do Campus universitario de Lugo atópase centralizado nun único edificio denominado Biblioteca Intercentros. A Biblioteca conta con máis de 1600 postos de consulta repartidos en 9 salas, incluíndo unha sala de traballo en grupo.

  • 1. Esta titulación capacita para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
    2. A titulación persegue como obxectivo xeral a formación de persoas capaces de daren resposta ás necesidades reais da sociedade no ámbito da transformación de materias primas, produtos naturais e da actividade industrial no sentido máis amplo, na que se inclúen a industria química e petroquímica, farmacéutica, alimentaria, téxtil, ambiental e outras afíns.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Prácticas Externas Optativas

    A 2ª edición do grao contempla unha materia de 12 ECTS de prácticas externas. Os estudantes poderán realizar as prácticas nunha empresa coa que a USC teña asinado previamente un convenio.

    O obxectivo das prácticas é completar a formación académica do estudante mediante a interrelación co mundo laboral e empresarial, mellorando así tanto a capacitación científica e técnica adquirida nas materias obrigatorias do título como as súas competencias transversais e habilidades persoais, así como saber incorporar os valores profesionais e competencias propias do ámbito da enxeñaría técnica industrial.

    Durante a realización das prácticas, os estudantes terán un titor académico da universidade, que deberá ser profesorado da titulación e un titor externo da entidade colaboradora con experiencia profesional e coñecementos necesarios para unha tutela efectiva. Ao finalizar o período de prácticas, o titor externo remitirá ao titor académico un informe final e o estudante elaborará unha memoria de prácticas. O titor académico, á vista do informe do titor externo e da memoria, avaliará as prácticas desenvolvidas emitindo un informe de valoración.

  • Exercicio orixinal que se debe realizar individualmente, presentar e defender perante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Industrial de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas.O traballo Fin de Grao poderase realizar unha vez superados os 204 créditos obrigatorios. No momento da presentación do proxecto o alumno deberá ter superado todos os demais créditos necesarios para a obtención do título (228 ECTS).

  • Os titulados en Enxeñaría Técnica Industrial pola USC poden acadar este título de Grao realizando o correspondente Curso Ponte.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2023.