Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia explicada nesta asignatura ten como obxectivo que os alumnos comprendan os aspectos funcionais da Fisioloxía sensorial en xeral e en particular do globo ocular, os seus anexos, as vías visuais centrais e o papel que xoga o sistema visual noutras función do organismo.
1. PÁLPEBRAS. Pestanas e cexas. Secrecións das pálpebras. Movementos normais das pálpebras. Vías neuronais para os moventos das pálpebras. Movementos asociados as pálpebras.
2. APARATO LACRIMAL. A glándula lacrimal. Inervación. A película lacrimal. Regulación da secreción lacrimal. Hipersecreción e hiposecreción lacrimal. Eliminación das bágoas. Probras de secreción lacrimal.
3. A CÓRNEA. Estructura da córnea e da esclera. Propiedades ópticas da córnea. Metabolismo da córnea. Fisioloxía do epitelio, estroma e endotelio corneal. Transporte de ions a través da membrana. Glicoproteínas.
4. O CRISTALINO. Estructura do cristalino. Propiedaded ópticas do cristalino. Metabolismo e fisioloxía do cristalino. A catarata. Acomodación: músculo ciliar. Fisioloxía da acomodación. A presbicia.
5. O HUMOR ACUOSO. O epitelio ciliar. Barrera hematoacuosa. Formación do humor acuoso. Composición do humor acuoso. Intercambio de sustancias co humor acuoso.
6. PRESIÓN INTRAOCULAR. Salida do humor acuoso. Fluxo trabecular. Fluxo uveoescleral. Efecto da presión venosa sobre a presión intraocular. Variación da presión intraocular. Medición da presión intraocular. Efecto de fármacos sobre a presión intraocular.
7. CIRCULACIÓN SANGUÍNEA OCULAR. Estructura microscópica e barreiras hematooculares. Control da circulación. Presión da perfusión. Efecto das drogas sobre o fluxo sanguíneo. Transporte a través da barreira hematoocular. A coroides. Función da coroides.
8. A PUPILA. Estructura do iris. Reacción pupilar á luz: reflexo pupilar. Acomodación: músculo constrictor e dilatador, mecanismos de contracción e a súa modulación. Vías centrais involucradas nos reflexos pupilares. Fármacos que afectan á pupila.
9. O VÍTREO. Estructura anatómica do vítreo. Estructura molecular do vítreo. Propiedades físicas do vítreo. Cambios de volume do vítreo. Composición química do vítreo. Metabolismo do vítreo. Substitutos.
10. MOTRICIDADE OCULAR. Fisioloxía da contracción muscular. Músculos extraoculares e as súas accións. Mecánica dos movementos oculares. Tipos de movementos oculares. Control nervioso dos movementos oculares.
11. RETINA. Propiedades sensoriais do sistema visual. Fotorrecepción. Arquitectura escructural e funcional da retina. Proceso da información visual da retina.
12. NERVIO ÓPTICO. Axóns, oligodendrocitos, células de Schewann, astrocitos. Irrigación. Transmisión sináptica das células ganglionares da retina. Excitotoxicidade. Condución axónica. Destino dos axóns no nervio óptico.
13. NEUROBIOLOXÍA CENTRAL DA VISIÓN. Transmisión da información a través da retina. Procesamento visual no corpo xeniculado lateral e na corteza vistual. Percepción da forma e do movemento
• Adler’s Physiology of the Eye. Editado por William M. Hart. Editorial Mosby Year Book.
• Physiology of the Eye. Editado por Hugh Davson. Editorial MacMillan Academic and
Professional.
• Principios de Neurociencia. Editado por E. R. Kandel, J. H. Schwartz, T. M. Jessell. Editorial
McGraw Hill.
Complementaria
• The Eye. Basic Sciences in Practice. Editado por J. V. Forrester, A. D. Dick, P. G. McMenamin,
W. R. Lee. Editorial W. B. Saunders.
• Fundamental Neuroscience. Editado por L. R. Squire et al. Editorial Elsevier.
• Tratado de Fisiología Médica. Editado por A. C. Guyton. Editorial Elsevier.
Coñecer a fisioloxía xeral e do sistema visual.
• O estudante incrementará a súa capacidade de análise e síntese para resolver
problemas fisiolóxicos concretos.
• O estudante deberá comprender e saber o funcionamento dos distintos sistemas
sensoriais (excluindo o auditivo que se estudará nunha asignatura independente) e
extraer e resumir os mecanismos común a todos eles e os específcos para cada un en
particular; incluindo os mecanismos de funcionamento dos diferentes tipos de
receptores periféricos, os fenómenos iniciais da transducción e intergración periférica,
a condución e os procesos de procesamento e integración ao longo dos distintos
estadíos centrais.
• O estudante comprenderá e coñecerá en profundidade o funcionamento dos distingos
compoñentes do globo ocular.
Competencias básicas
CB1. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a o seu traballo ou
vocación dunha forma profesional e posúan as compentencia que solen demostrarse
por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro
da área de estudo.
CB2. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes
(normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha
reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB3. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a
un público tanto especializado como non especializado.
CB4. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias
para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencias transversais
CT1. Que adquiren a capacidade de análise e de síntese.
CT2. Que adquiren a capacidade de organización e planificación
CT3. Que adquiren o coñecemento dunha língua estranxeira.
CT4. Que adquiren coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
CT5. Que adquiren a capacidade de xestión da información.
CT6. Que adquiren a capacidade de resolución de problemas.
CT7. Que saiban traballar en equipo.
CT8. Que adquiren habilidades nas relación interpersonais
CT9. Que o estudante adquira habilidades para a emisión dun razoamento crítico.
CT10. Que o alumno manteña un compromiso ético.
CT11. Que o estudante sexa capaz de realizar un aprendizaxe autónomo.
CT12. Que sexan capaces de adaptarse a novas situacións.
Competencias específicas
CE1. Que o alumno sexa capaz de reflexionar críticamente sobre cuestións clínicas, científicas,
éticas e sociais implicadas no exercicio profesional da Optometría, comprendendo os
fundamentos científicos da Óptica-optometría e aprendendo a valorar de forma crítica a
terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada coa Ópticaoptometría.
CE2. Que o alumno sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
CE3. Que o estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o
correcto desenvolvemento da súa actividade profesional.
CE4. Que o estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional
mediante a formación continuada.
CE5. Que o estudante saiba situar a información nova e a interpretación desta no seu contexto.
Metodoloxía
Clases expositivas: Presenciais durante segundo cuatrimestre. Nas clases teóricas fomentarase
a participación estudiantil, así como o su espíritu crítico.
Clases Prácticas/Seminarios/Interactivas: Estas clases serán obrigatorias.
Estes criterios de avaliación serán válidos tanto para a oportunidade ordinaria do cuatrimestre
como para a extraordinaria de recuperación.
O exame de Fisioloxía Ocular realizarase na data e hora previamente fixada pola Facultade de
Óptica e Optometría.
O exame final será presencial. Consistirá nun tipo test. O exame constituirá o
80% da nota final. Será necesario obter o 60% de acertos totais no exame para poder sumar a nota obtida na
evaluación continua.
A asistencia a clase presencial e a realización de actividades académicas propostas, suporá un 20% da nota final, sempre que se acaden os mínimos esixidos no exame final.
Traballo persoal do alumno (estudo, lecturas recomendadas, asistencia a charlas
recomendadas).
• Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas
• Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 10 horas
• Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 10 horas
• Asistencia a charlas, exposicións ou outras actividades recomendadas: 5 horas
• Total de horas de traballo persoal do alumno: 90 horas.
• Asistencia a clase.
• Consultar a bibliografía recomendada relacionada con cada tema.
• Facer uso das titorías.
Titorías
As titorías solicitaranse durante as clases, ou a través do correo electrónico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Alba Vieites Prado
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- alba.vieites.prado [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
22.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
22.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
08.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
08.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |