Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.enxenariaquimica@usc.gal

O Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental foi o primeiro dos ofertados pola USC nas área das ensinanzas técnicas, obtivo a Mención de Calidade dende a primeira convocatoria do Ministerio no curso 2003/04, manténdoa ininterrumpidamente ao longo de todos os cursos no que estivo vixente, obtendo igualmente a nova etiqueta de Mención de Excelencia dende o curso 2011/12, ano no que se implantou esta nova medida de calidade dos programas de doutoramento.

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600495
    Número prazas: 15

    Coordinador-a do título:
    Eva Rodil Rodriguez
    eva.rodil@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego, Inglés

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    05/12/2013

    Data de publicación no BOE:
    11/03/2014

    Data da última acreditación:
    18/05/2020

    Códigos ISCED:
    (524) Procesos químicos
    (851) Control y tecnología medioambiental
    (0711) Ingeniería y procesos químicos

    O Programa de Doutoramento en Enxeñería Química e Ambiental está adscrito á Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS). A EDIUS ten como obxecto a xestión e coordinación dos ensinos de doutoramento da USC, así como os procesos que conducen á obtención do título de doutor(a). Asume, así mesmo, a coordinación dos estudos avanzados da USC. A súa finalidade é concibir un modelo de formación doutoral flexible, interdisciplinar e de calidade, orientada a potenciar as liñas de investigación de maior interese e proxección da universidade
    O Programa de Doutoramento en Enxeñería Química e Ambiental parte das seguintes premisas:
    1. Manter a traxectoria formativa desenvolvida desde o primeiro doutor pola USC na nosa área no ano 1958.
    2. Promover unha formación avanzada dos/as actuais e futuros/as Enxeñeiros/as Químicos/as na fronteira do coñecemento nas áreas da Enxeñería Química e Ambiental dentro da estrutura do novo Espazo Europeo de Educación Superior.
    3. Formar ao novo persoal investigador pensando na súa futura incorporación nas áreas de I+D+i das empresas, o que resulta clave para o fortalecemento de sectores produtivos de valor engadido no noso país, fomentando ademais o desenvolvemento dunha estrutura de investigación sostible.
    4. Captar a posgraduadas/os estranxeiras/os, tanto europeas/os como doutras rexións do mundo. Preténdese moi especialmente manter e incrementar o número de estudantes iberoamericanas/os que, tradicionalmente, fixeron a tese nas diferentes versións históricas do noso programa de doutoramento.

    Os obxectivos específicos do programa son os seguintes:
    1.Formar doutores/as cuxa incorporación ao sector industrial favoreza a creación e implantación de equipos de I+D+i.
    2.Incorporar titulados/as ao mundo universitario, en particular aos grupos de investigación que participan no programa de doutoramento, promovendo a súa implicación non soamente na investigación propiamente dita, senón tamén na xestión de proxectos.
    3. Promover o intercambio de coñecemento con grupos de investigación doutros centros de I+D+i mediante a mobilidade do noso estudantado e profesorado.
    4. Aumentar o coñecemento científico e tecnolóxico a área de Enxeñería Química, potenciando a súa difusión tanto no sector específico da investigación (asistencia a congresos, publicacións científicas con alto índice de impacto, impartición de seminarios etc.)/ etc.) como á sociedade en xeral (mediante actividades tales como día da ciencia, G-Night, etc).
    5. Potenciar o doutoramento industrial, aliñándose especialmente coas necesidades do sector industrial galego.

    O novo programa, que mantén a súa denominación actual, parte das seguintes premisas:

    1. Manter a traxectoria formativa desenvolta dende o primeiro doutor pola USC na nosa área no ano 1958.
    2. Promover a formación en áreas avanzadas na fronteira do coñecemento da Enxeñaría Química, Ambiental e Biotecnolóxica dos actuais e futuros enxeñeiros químicos dentro da nova estrutura de Bolonia.
    3. Formación de novo persoal investigador, pensando na súa futura incorporación ás áreas de I+D das empresas, clave para o despegue da investigación no noso país, fomentando ademais o desenvolvemento dunha estrutura de investigación sustentable.
    4. Captación de posgraduados estranxeiros, tanto europeos como doutras rexións do mundo. Preténdese moi especialmente manter e incrementar o número de alumnos iberoamericanos que tradicionalmente fixeron as teses nos nosos anteriores programas de Doutoramento.

    Os obxectivos específicos do programa son os seguintes:

    1. Incorporar titulados ao mundo universitario, en particular nas liñas de investigación do Departamento, promovendo a súa implicación non soamente na investigación propiamente dita, senón tamén na xestión de proxectos.
    2. Formar doutores cuxa incorporación ao sector industrial favoreza a creación e implantación de equipos de I+D.
    3. Promover o intercambio de coñecemento con grupos de investigación doutros centros de I+D mediante a mobilidade dos nosos alumnos e profesores.
    4. Aumentar o coñecemento científico e tecnolóxico nas áreas da Enxeñaría Química, Ambiental e de Bioprocesos, potenciando a súa difusión en publicacións científicas con alto índice de impacto.
  • Cursos de formación específicos da área de Ciencias e Enxeñería

    • E4021A13

    Cursos de formación transversais

    • E4021A14

    Presentación e defensa da investigación desenvolvida

    • E4021A15

    Realización de estancias de investigación

    • E4021A16

    Presentación de comunicacións en congresos científicos

    • E4021A17

    Publicacións de artigos científicos

    • E4021A18

    Publicacións de libros e capítulos de libros

    • E4021A19

    Patentes concedidas

    • E4021A20

    Colaboración en actividades docentes

    • E4021A21

    Participación en seminarios e/ou talleres

    • E4021A22
  • A CAPD do programa de doutoramento avaliará de forma individualizada aos/as candidatos/as. A aqueles/as con perfís que non se axusten aos indicados para o acceso directo ao programa de doutoramento propoñeráselles uns complementos de formación específicos adecuados ao seu perfil. Os complementos de formación que deberán cursar estableceranse en función da formación previa do/a estudante e serán tales que lle permitan alcanzar as competencias necesarias para o bo desenvolvemento da súa tese doutoral dentro do programa de doutoramento.
    Devanditos complementos de formación poderán ser adquiridos, ata un máximo de 15 créditos ECTS, cursando materias ou módulos de máster e/o de grao e deberán superarse no período inicial de desenvolvemento da tese, nun prazo máximo dun curso académico. A efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, terán a consideración de formación de nivel de doutoramento. Por norma, os mencionados complementos de formación estarán constituídos por materias pertencentes aos programas do Grao de Enxeñería Química (https://www.usc.gal/gl/estudos/graos/enxenaria-arquitectura/grao-enxena…), o Máster en Enxeñería Química e Bioprocesos (https://www.usc.gal/gl/estudos/masteres/enxenaria-arquitectura/master-u…) ou do Máster en Enxeñería Ambiental (https://www.usc.gal/gl/estudos/masteres/enxenaria-arquitectura/master-u…).
     

  • Os obxectivos específicso do programa son os seguintes: i) Incorporar titulados ao mundo universitario, en particular nas liñas de investigación do Departamento, promovendo a súa implicación non soamente na investigación propiamente dita, senon tamén na xestión de proxectos. ii) Formar doutores cuxa incorporación ao sector industrial favoreza a creación e implantación de equipos de I+D. iii) Promover o intercambio de coñecemento con grupos de investigación doutros centros de I+D mediante a mobilidade dos nosos alumnos e profesores. iV) Aumentar o coñecemento científico e tecnolóxico nas áreas da Enxeñaría Química, Ambiental e de Bioprocesos, potenciando a súa difusión en publicacións científicas con alto índice de impacto.

    O Programa de Doutoramento en Enxeñería Química e Ambiental está adscrito á Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS). A EDIUS ten como obxecto a xestión e coordinación dos ensinos de doutoramento da USC, así como os procesos que conducen á obtención do título de doutor(a). Asume, así mesmo, a coordinación dos estudos avanzados da USC. A súa finalidade é concibir un modelo de formación doutoral flexible, interdisciplinar e de calidade, orientada a potenciar as liñas de investigación de maior interese e proxección da universidade
    O Programa de Doutoramento en Enxeñería Química e Ambiental parte das seguintes premisas:
    1. Manter a traxectoria formativa desenvolvida desde o primeiro doutor pola USC na nosa área no ano 1958.
    2. Promover unha formación avanzada dos/as actuais e futuros/as Enxeñeiros/as Químicos/as na fronteira do coñecemento nas áreas da Enxeñería Química e Ambiental dentro da estrutura do novo Espazo Europeo de Educación Superior.
    3. Formar ao novo persoal investigador pensando na súa futura incorporación nas áreas de I+D+i das empresas, o que resulta clave para o fortalecemento de sectores produtivos de valor engadido no noso país, fomentando ademais o desenvolvemento dunha estrutura de investigación sostible.
    4. Captar a posgraduadas/os estranxeiras/os, tanto europeas/os como doutras rexións do mundo. Preténdese moi especialmente manter e incrementar o número de estudantes iberoamericanas/os que, tradicionalmente, fixeron a tese nas diferentes versións históricas do noso programa de doutoramento.

    Os obxectivos específicos do programa son os seguintes:
    1.Formar doutores/as cuxa incorporación ao sector industrial favoreza a creación e implantación de equipos de I+D+i.
    2.Incorporar titulados/as ao mundo universitario, en particular aos grupos de investigación que participan no programa de doutoramento, promovendo a súa implicación non soamente na investigación propiamente dita, senón tamén na xestión de proxectos.
    3. Promover o intercambio de coñecemento con grupos de investigación doutros centros de I+D+i mediante a mobilidade do noso estudantado e profesorado.
    4. Aumentar o coñecemento científico e tecnolóxico a área de Enxeñería Química, potenciando a súa difusión tanto no sector específico da investigación (asistencia a congresos, publicacións científicas con alto índice de impacto, impartición de seminarios etc.)/ etc.) como á sociedade en xeral (mediante actividades tales como día da ciencia, G-Night, etc).
    5. Potenciar o doutoramento industrial, aliñándose especialmente coas necesidades do sector industrial galego.

  • O Programa de Doutorado Enxeñería Química e Ambiental ofrece formación que permite ao/a estudante adquirir a capacidade para traballar no ámbito da investigación científica e aplicada, relacionada co desenvolvemento de procesos e produtos químicos de forma respectuosa co medio ambiente e cun consumo sostible de enerxía.
    O/A egresado/a de o programa de doutoramento en Enxeñería Química e Ambiental será un(a) investigador(a) autónomo/a de alto nivel capaz de propoñer, realizar e levar a cabo investigacións e innovacións que conduzan á xeración de novos coñecementos no campo da enxeñería química e as súas ciencias transversais. Tamén conectará o traballo, a investigación e os resultados académicos cos intereses nacionais e rexionais, avanzando en proxectos de investigación que, desde unha base científica e tecnolóxica, satisfagan as necesidades e prioridades da industria. O/A egresado/a pode xerar desenvolvemento e innovación desde unha perspectiva que mellore a calidade de vida da sociedade.
    Os/as doutores/as do Programa en Enxeñería Química e Ambiental traballan en centros de Investigación públicos e probados (centros I+D+i), en universidades e nunha porcentaxe moi elevada (máis do 50%) en empresas privadas abarcando desde a propia industria química ata outros sectores relacionados, tales como o farmacéutico, biotecnolóxico, alimentario ou o ambiental. Os postos para desempeñar serán:
    • Xestores de proxectos
    • Técnicos de I+D+i
    • Consultores de I+D+i
    • Investigadores Senior
    • Docente Universitario
    • Directivos e técnicos na industria, enxeñerías, administración e servizos

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:
    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:
    • Bases de datos reunidas
    • Revistas electrónicas
    • Sumarios electrónicos
    • Servizo de préstamo interbibliotecario
    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.
    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha maior unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.
    O Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.
    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. Para ese efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.
    Outros recursos:
    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)
    Redes de aulas de informática
    Área de xestión de infraestruturas
    Servizo de medios audiovisuais
    Servizo de prevención de riscos

  • Título Data de lectura Autoría Dirección
    Reoloxía e dixestibilidade de sistemas de amidón sen glute con diferentes biopolímeros de algas pardas Ascophylum nodosum Tese por compendio de publicacións 14/02/2025 Leticia Montes Martínez Ramon Felipe Moreira Martinez
    Jorge Sineiro Torres
    o trilema das sociedades avanzadas: saúde, medio ambiente e dieta Mención doutoramento internacional 12/02/2025 Cristina Cambeses Franco
  • Coordinador/a
    Eva Rodil Rodriguez

    Secretario/a
    Diego Gomez Diaz

    Vogais
    Gumersindo Feijoo Costa
    Maria Sonia Freire Leira
    Juan Manuel Garrido Fernandez
    Julia González Álvarez
    Hector Rodriguez Martinez

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.03.2025.