Ir o contido principal

Programa de Doutoramento en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.enerxiasrenovables [at] usc.es

A enerxía é fundamental para a organización da sociedade, para o transporte, para manter a temperatura axeitada nos nosos fogares no inverno e no verán e para o funcionamento da industria, das explotacións agrícolas e das oficinas. A pesar de todo, moitos recursos enerxéticos son finitos e, a maiores, o consumo de enerxía é, en xeral, unha fonte de contaminación.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5600487
Número prazas: 15

Coordinador-a do título:
Pastora Maria Bello Bugallo
pastora.bello.bugallo [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
26/01/2022

Códigos ISCED:
(440) Ciencias Físicas, quimicas, geológicas
(522) Electricidad y energía
(0713) Electricidad y energía

A enerxía é o piar fundamental para a organización da sociedade do benestar tal e como a coñecemos, é o elemento crave para o transporte, para manter o confort adecuado nos nosos fogares no inverno ou no verán, ou para o funcionamento da industria, desde as explotacións agrícolas ás oficinas da administración. A pesar de todo, moitos recursos enerxéticos dos que actualmente facemos uso abusivo son finitos e, a maiores, o consumo de enerxía é en xeral a principal fonte de contaminación que está a actuar de forma decisiva no proceso do cambio climático, principal problema a escala planetaria que compromete de forma particular a supervivencia da especie humana, e de forma máis xeral a vida no planeta. A sustentabilidade do medio ambiente e a necesidade de asegurar a seguridade da subministración enerxética, esixen a eliminación dos combustibles fósiles da cadea produtiva, a procura de vectores enerxéticos máis adecuados e eficientes, e desenvolver alternativas que nos permitan a transición cara a un futuro digno e xusto para as xeracións vindeiras sen comprometer a súa supervivencia.
Este programa de doutoramento naceu cun espírito profundamente interdisciplinar partindo na súa orixe da colaboración entre catorce Departamentos da USC sendo un dos seus obxectivos básicos a integración no mesmo do resto de Departamentos, Institucións ou Empresas que estean implicadas no campo das enerxías renovables e a transición sostible na nosa Comunidade Autónoma, e por extensión a todo o territorio nacional.
Os obxectivos xerais deste programa de doutoramento consisten en formar profesionais especialistas altamente cualificados no ámbito das enerxías renovables e a sustentabilidade, para cubrir as necesidades dunha sociedade que cada vez demanda solucións máis eficaces e racionais neste ámbito. Os doutores egresados deste PD serán profesionais que poderán exercer un labor tanto empresarial como académico no campo do I+D+i. Simultaneamente, preténdese cubrir a necesidade de contar con investigadores especialistas en enerxías renovables e sustentabilidade que poidan exercer o seu labor investigador no campo da eficiencia enerxética, as distintas enerxías renovables, e entender de forma global e transversal o proceso de transición sostible que estamos a comezar a desenvolver como sociedade.
O programa de doutoramento será pois clave para formar investigadores altamente especializados que cubran os principais aspectos das enerxías renovables e a sustentabilidade para exercer o seu labor investigador no campo da eficiencia enerxética, a transición sostible e as distintas enerxías renovables. Esta preparación multidisciplinar céntrase en particular en temáticas como a transición xusta, a sustentabilidade, a economía circular, a enerxía solar, a biomasa, a agroenergía, a enerxía eólica ou a maremotriz, entre outras. Estaríase a expor un proxecto formativo global que incluiría desde o deseño técnico de instalacións mediante modelado de procesos realistas, a avaliación do tempo de retorno, o estudo da eficiencia enerxética e a viabilidade, a súa sustentabilidade enerxética e, se non hai máis remedio, a construción dun sistema enerxético e o seu posterior control de calidade e seguimento.
É de destacar que na actualidade temos incorporado ao noso programa de doutorado profesorado da University College Cork (UK) e colaboradores/as tanto de filiais estranxeiras de diferentes compañías multinacionais (Gamesa, ENEL, Siemens etc.) como de compañías nacionais como Naturgy ou Capital Energy. De forma paralela estamos a tratar de aumentar o número de docentes da USC para mellorar a calidade das liñas de investigación que propoñemos e afrontar a evolución das mesmas nun contexto social, económico e ambiental cambiante para axustarnos ás demandas dos nosos/as doutorandos/as. Así mesmo, trataremos de adherirnos a convenios de colaboración con institucións docentes e/o investigadoras de ámbito internacional.

A sustentabilidade do medio natural e a necesidade de garantir a seguridade da subministración, esixen empregar menos combustibles fósiles, emprégalos dun xeito máis intelixente e desenvolver alternativas. Este Programa de Doutoramento naceu cun espírito profundamente interdisciplinar partindo na súa orixe da colaboración entre catorce departamentos desta Universidade sendo un dos seus obxectivos básicos a integración no mesmo do resto de departamentos ou institucións que estean implicados no eido das enerxías renovables da nosa Comunidade Autónoma. Os obxectivos xerais deste doutoramento consisten en formar profesionais especialistas no ámbito das enerxías renovables e a sustentabilidade para cubrir as necesidades da sociedade neste ámbito. Os doutores serán profesionais que poderán exercer un labor tanto empresarial como académico. Asemade preténdese cubrir a necesidade de contar con investigadores especialistas en enerxías renovables e sustentabilidade que podan exercer o seu labor investigador no eido da eficiencia enerxética e das distintas enerxías renovables. Esta preparación multidisciplinar céntrase en particular en temáticas como a enerxía solar, a biomasa, a agroenerxía e a enerxía eólica e maremotriz, entre outras. Estaríase formulando un proxecto global que incluiría dende o deseño técnico das instalacións mediante modelado de procesos realistas, a avaliación do tempo de retorno, o estudo da eficiencia enerxética e a viabilidade, a súa sustentabilidade enerxética e, no último caso, a construción dun sistema enerxético e o seu posterior control de calidade e seguimento.

É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe de viabilidade por parte do/a estudante: carta de referencia dun(ha) profesor(a) do programa que avale a viabilidade da futura tese no marco da liña de investigación á que se vincule.
Ademais, dadas as características e o nivel científico do programa de doutoramento, o/a alumno/a/ debe ter acreditado un nivel mínimo de coñecementos de inglés equivalente ao nivel B2 non soamente por ser a lingua franca de comunicación científica a nivel internacional na actualidade, senón porque parte dos cursos, tanto de formación específica como transversal, así como outras das actividades do programa poderían realizarse neste idioma. O nivel de idioma acreditarase coa correspondente certificación oficial das incluídas na listaxe de acreditacións recoñecidas polo Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC para os distintos niveis do Marco Común Europeo:
https://www.usc.gal/es/servizos/clm/acreditacion/index.html
Non se considera a inclusión do inglés como lingua de impartición xa que a maior parte da formación é en lingua castelá, pero si se aconsella o seu coñecemento básico. A inclusión do inglés como lingua de impartición podería ser unha variable non desexada por parte dos docentes da USC e de fóra da USC.
Perfís de ingreso específicos:
1. Perfil de ingreso sen complementos de formación. De forma xeral os estudos de máster que permitirán o ingreso a este programa de doutoramento sen complementos de formación serán:
a) Da Rama de Ciencias: Máster Universitario en Acuicultura; Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión; Máster Universitario en Bioloxía Mariña; Máster Universitario en Biotecnoloxía; Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfases; Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Materiais; Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible; Máster Universitario en Enxeñería Matemática; Máster Universitario en Física Nuclear e de Partículas e as súas Aplicacións Tecnolóxicas e Médicas; Máster Universitario en Fotónica e Tecnoloxías do Laser; Máster Universitario en Matemáticas; Máster Universitario no Medio Ambiente e Recursos naturais; Máster Universitario en Química Avanzada; Máster Universitario en Química Orgánica; Máster Universitario en Química Teórica e Modelización Computacional; Máster Universitario en Técnicas Estatísticas.
b) Da Rama de Ciencias da Saúde: Máster Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Ambiental.
c) Da Rama de Enxeñería e Arquitectura: Máster Universitario en Computación de Altas Prestacións; Máster Universitario en Dirección de Proxectos; Máster Universitario en Enxeñería Ambiental; Máster Universitario en Enxeñería de Procesos Químicos e Ambientais; Máster Universitario en Enxeñería para o Desenvolvemento Rural; Máster Universitario en Investigación Agraria e Forestal; Máster Universitario en Tecnoloxías da información; Máster Universitario en Xestión Sostible da Terra e do Territorio.
d) Da Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas: Máster Universitario en Dereito das Administracións e as Institucións Públicas; Máster Universitario en Dirección de Empresas; Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación.
e) Por analogía cos sinalados, calquera outros másteres oficiais impartidos por outras universidades españolas ou estranxeiras.
2. Outros perfís:
No caso de que o alumnado careza da formación previa completa esixida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos. De ser o caso, determinaranse os complementos de formación, que deberán ser concretados para cada alumno/a por a CAPD, sen que poidan superarse os 15 ECTS, e a realización destes complementos será previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa. Ademais, o/a alumno/a deberá realizar un traballo de investigación tutelado nunha temática que determinará a CAPD (3 ECTS) unha vez analizado o perfil do solicitante.
Alumnado con necesidades especiais: Para os estudantes con necesidades educativas especiais estableceranse sistemas e servizos de apoio e asesoramento adecuados, que poderán determinar a necesidade de posibles adaptacións curriculares, itinerarios ou estudos alternativos. En calquera caso, recibirán un sistema de titorías personalizadas a cargo do seu titor@/ director@, asignad@ para o efecto pola CAPD.

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se teñan cursado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivera a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

· Expediente académico (10 %): O criterio será as cualificacións obtidas no máster (DEA, suficiencia investigadora, ou equivalente).
· Experiencia investigadora previa e os seus resultados (10 %): neste apartado valoraranse publicacións, comunicacións e outras contribucións científicas a congresos e a súa adecuación ás liñas de investigación do programa de doutoramento. Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa.
· Experiencia profesional (10 %): neste apartado valorarase experiencia profesional relacionada coas liñas de investigación do programa de doutoramento. Os/as candidatos/as deberán presentar documentación xustificativa (certificación de vida laboral, copia de contratos, bolsas etc.)
· Outros aspectos acreditados no currículo do candidato (10 %): neste apartado valoraranse as estancias de investigación, cursos realizados e cursos impartidos relacionados coas liñas de investigación do programa. Coñecemento de lingua estranxeira de nivel B2 ou superior e coñecemento doutros idiomas distintos da lingua materna etc. Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa.
· Outros (10 %): Terase en conta a orixinalidade e a temporalización do proxecto proposto polo/a estudante para desenvolver a súa tese, a adaptación deste ás liñas, necesidades e obxectivos do programa, e a carta de referencia dun(ha) profesor(a) do programa avalando a viabilidade do proxecto.
· Entrevista persoal (50 %): Neste apartado valoraranse a motivación e a aptitude do/da candidato/a (como considera que a súa formación anterior axudaralle a alcanzar o éxito na liña de investigación relacionada coa solicitude), capacidade de comunicación (facilidade á hora de expresarse e transmitir a intención da súa solicitude e as razóns da elección do PDERSE e a USC), coñecemento e manexo do idioma castelán, e solidez da súa proposta de investigación (expoñer con claridade a temática de interese que propón para a súa tese, transmitir a adecuación á liña de investigación solicitada, propoñer o desenvolvemento temporal razoable da súa proposta en base a uns obxectivos definidos e as súas posibilidades, capacidade de dedicación, proxectos ad futurum etc.)/ etc.). A entrevista realizarana tres docentes da liña de investigación solicitada polo/a aspirante, e que serán potenciais titores. De forma xeral, tratarase de contextualizar todo o avaliado sobre os informes recibidos e transmitido en persoa polo/a candidato/a.
Aplicaranse os mesmos criterios para admitir a todos/as os/as estudantes independentemente de que a súa dedicación sexa a tempo completo ou parcial.

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Participación en cursos de verán

  • E1051A01

Participación en congresos

  • E1051A02

Publicación de artigos de investigación

  • E1051A03

Participación en seminarios formativos e/ou empresariais

  • E1051A04

Estancia en centros de investigación

  • E1051A06

Actividades transversais ofertadas pola EDIUS ou PFID da USC

  • E1051A07

Actividades transversais ofertadas pola EDIUS ou PFID da USC

  • E1051A08

De ser o caso, os programas, a través da súa memoria, determinarán os complementos de formación, que deberán ser concretados para cada alumno pola CAPD, sen que poidan superarse os 15 ECTS. A realización destes complementos será previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no Programa:

· No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa.

· No caso de ser previa só se matriculará destes complementos e non se asinará o Compromiso de Supervisión nin se abrirá o Documento de Actividades do doutorando ata a súa superación.

Os complementos de formación deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa. Devanditos complementos de formación específica poderán ser de materias ou módulos de máster e/ou grao e terán, a efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento. No caso de realizarse con carácter previo, o seu desenvolvemento non computará a efectos do límite temporal establecido para a realización da tese. Estes créditos non computarán para os efectos dos requisitos comúns de acceso ao programa de doutoramento.

A CAPD do programa de doutoramento avaliará de forma individualizada aos/ás candidatos/as e a aqueles/as con perfís que non se axusten aos indicados para o acceso directo ao programa de doutoramento propoñeralles uns complementos de formación específicos adecuados ao seu perfil. Os complementos de formación que deberán cursar estableceranse en función da formación previa do/a alumno/a e serán tales que lle permitan alcanzar as competencias necesarias para o bo desenvolvemento da súa tese doutoral dentro do programa de doutoramento.

Estas competencias adquiriranse cursando materias, ata un máximo de 15 créditos ECTS, da cuarta edición do Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible (MERYCSE) e un traballo de investigación tutelado (3 ECTS) onde os contidos sobre os que versarán as memorias centraranse sobre algún aspecto relacionado coas liñas de investigación asignadas ao programa de doutoramento.

As materias en cuestión son:

· Fundamentos de enerxética e equipos de transferencia de enerxía (4,5 ECTS).

· Eficiencia enerxética e construción sostible (3 ECTS).

· Economía e Enerxía (3 ECTS).

· Xestión de Proxectos de Enerxías Renovables (3 ECTS).

Os resultados de aprendizaxe desta materia son diversos e moi dependentes da temática elixida polo alumno. É de resaltar que o alumno que supere exitosamente a materia adquirirá as competencias transversais, xerais e específicas do seu ámbito temático, ademais de competencias en metodoloxía investigadora que lle serán de gran axuda para o desenvolvemento da futura tese doutoral. A materia entenderase superada mediante a defensa pública do traballo de investigación tutelado #ante a Comisión de Valoración que para ese efecto nomee a CAPD. Este compromiso incorporaríase ao Documento de Actividades do doutorando, documento que tampouco se abrirá ata a superación dos referidos complementos.

O alumno dispoñerá dun prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos para superalos e en caso contrario, causará baixa no programa de doutoramento.

Profesores Área
Roque Rodríguez Soalleiro
Produción Vexetal
Antonio Jesus Garcia Loureiro
Electrónica
Luis Miguel Varela Cabo
Física da Materia Condensada
Jose Antonio Rodriguez Añon
Física Aplicada
Jorge Proupin Castiñeiras
Física Aplicada
Josefa Salgado Carballo
Física Aplicada
Ma Angeles Lopez Aguera
Física Atómica, Molecular e Nuclear
Maria Villanueva Lopez
Física Aplicada
Alvaro Gil Gonzalez
Edafoloxía e Química Agrícola
Gonzalo Miguez Macho
Física da Materia Condensada
Ivan Lopez Moreira
Enxeñaría Hidráulica
Rodrigo Carballo Sanchez
Enxeñaría Hidráulica
Natalia Seoane Iglesias
Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
Jose Gregorio Iglesias Rodriguez
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Vicente Pérez Muñuzuri
Física da Materia Condensada
Jose Antonio Souto Gonzalez
Enxeñaría Química
Antonio Jesus Garcia Loureiro
Electrónica
Jose Antonio Rodriguez Añon
Física Aplicada
Nieves Barros Pena
Física Aplicada
Jorge Proupin Castiñeiras
Física Aplicada
Noelia Maria Romero Castro
Economía Financeira e Contabilidade
Ma Angeles Lopez Aguera
Física Atómica, Molecular e Nuclear
Otilia Reyes Ferreira
Ecoloxía
Pastora Maria Bello Bugallo
Enxeñaría Química
Alvaro Gil Gonzalez
Edafoloxía e Química Agrícola
Gonzalo Miguez Macho
Física da Materia Condensada
Ivan Lopez Moreira
Enxeñaría Hidráulica
Rodrigo Carballo Sanchez
Enxeñaría Hidráulica
Jose Gregorio Iglesias Rodriguez
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Luis Miguel Varela Cabo
Física da Materia Condensada
Jose Antonio Rodriguez Añon
Física Aplicada
Nieves Barros Pena
Física Aplicada
Jorge Proupin Castiñeiras
Física Aplicada
Noelia Maria Romero Castro
Economía Financeira e Contabilidade
Francisco Jose Fraga Lopez
Física Aplicada
Eugenio Anselmo Rodriguez Nuñez
Física Aplicada
Ma Angeles Lopez Aguera
Física Atómica, Molecular e Nuclear
Otilia Reyes Ferreira
Ecoloxía
Maria Villanueva Lopez
Física Aplicada
Gonzalo Miguez Macho
Física da Materia Condensada
Jose Gregorio Iglesias Rodriguez
Escola de Doutoramento Internacional

A enerxía é o piar fundamental para a organización da sociedade do benestar tal e como a coñecemos, é o elemento crave para o transporte, para manter o confort adecuado nos nosos fogares no inverno ou no verán, ou para o funcionamento da industria, desde as explotacións agrícolas ás oficinas da administración. A pesar de todo, moitos recursos enerxéticos dos que actualmente facemos uso abusivo son finitos e, a maiores, o consumo de enerxía é en xeral a principal fonte de contaminación que está a actuar de forma decisiva no proceso do cambio climático, principal problema a escala planetaria que compromete de forma particular a supervivencia da especie humana, e de forma máis xeral a vida no planeta. A sustentabilidade do medio ambiente e a necesidade de asegurar a seguridade da subministración enerxética, esixen a eliminación dos combustibles fósiles da cadea produtiva, a procura de vectores enerxéticos máis adecuados e eficientes, e desenvolver alternativas que nos permitan a transición cara a un futuro digno e xusto para as xeracións vindeiras sen comprometer a súa supervivencia.

Este programa de doutoramento naceu cun espírito profundamente interdisciplinar partindo na súa orixe da colaboración entre catorce Departamentos da USC sendo un dos seus obxectivos básicos a integración no mesmo do resto de Departamentos, Institucións ou Empresas que estean implicadas no campo das enerxías renovables e a transición sostible na nosa Comunidade Autónoma, e por extensión a todo o territorio nacional.

Os obxectivos xerais deste programa de doutoramento consisten en formar profesionais especialistas altamente cualificados no ámbito das enerxías renovables e a sustentabilidade, para cubrir as necesidades dunha sociedade que cada vez demanda solucións máis eficaces e racionais neste ámbito. Os doutores egresados deste PD serán profesionais que poderán exercer un labor tanto empresarial como académico no campo do I+D+i. Simultaneamente, preténdese cubrir a necesidade de contar con investigadores especialistas en enerxías renovables e sustentabilidade que poidan exercer o seu labor investigador no campo da eficiencia enerxética, as distintas enerxías renovables, e entender de forma global e transversal o proceso de transición sostible que estamos a comezar a desenvolver como sociedade.

O programa de doutoramento será pois clave para formar investigadores altamente especializados que cubran os principais aspectos das enerxías renovables e a sustentabilidade para exercer o seu labor investigador no campo da eficiencia enerxética, a transición sostible e as distintas enerxías renovables. Esta preparación multidisciplinar céntrase en particular en temáticas como a transición xusta, a sustentabilidade, a economía circular, a enerxía solar, a biomasa, a agroenergía, a enerxía eólica ou a maremotriz, entre outras. Estaríase a expor un proxecto formativo global que incluiría desde o deseño técnico de instalacións mediante modelado de procesos realistas, a avaliación do tempo de retorno, o estudo da eficiencia enerxética e a viabilidade, a súa sustentabilidade enerxética e, se non hai máis remedio, a construción dun sistema enerxético e o seu posterior control de calidade e seguimento.

É de destacar que na actualidade temos incorporado ao noso programa de doutorado profesorado da University College Cork (UK) e colaboradores/as tanto de filiais estranxeiras de diferentes compañías multinacionais (Gamesa, ENEL, Siemens etc.) como de compañías nacionais como Naturgy ou Capital Energy. De forma paralela estamos a tratar de aumentar o número de docentes da USC para mellorar a calidade das liñas de investigación que propoñemos e afrontar a evolución das mesmas nun contexto social, económico e ambiental cambiante para axustarnos ás demandas dos nosos/as doutorandos/as. Así mesmo, trataremos de adherirnos a convenios de colaboración con institucións docentes e/o investigadoras de ámbito internacional.

A enerxía é o piar fundamental para a organización da sociedade do benestar tal e como a coñecemos, é o elemento crave para o transporte, para manter o confort adecuado nos nosos fogares no inverno ou no verán, ou para o funcionamento da industria, desde as explotacións agrícolas ás oficinas da administración. A pesar de todo, moitos recursos enerxéticos dos que actualmente facemos uso abusivo son finitos e, a maiores, o consumo de enerxía é en xeral a principal fonte de contaminación que está a actuar de forma decisiva no proceso do cambio climático, principal problema a escala planetaria que compromete de forma particular a supervivencia da especie humana, e de forma máis xeral a vida no planeta. A sustentabilidade do medio ambiente e a necesidade de asegurar a seguridade da subministración enerxética, esixen a eliminación dos combustibles fósiles da cadea produtiva, a procura de vectores enerxéticos máis adecuados e eficientes, e desenvolver alternativas que nos permitan a transición cara a un futuro digno e xusto para as xeracións vindeiras sen comprometer a súa supervivencia.
Este programa de doutoramento naceu cun espírito profundamente interdisciplinar partindo na súa orixe da colaboración entre catorce Departamentos da USC sendo un dos seus obxectivos básicos a integración no mesmo do resto de Departamentos, Institucións ou Empresas que estean implicadas no campo das enerxías renovables e a transición sostible na nosa Comunidade Autónoma, e por extensión a todo o territorio nacional.
Os obxectivos xerais deste programa de doutoramento consisten en formar profesionais especialistas altamente cualificados no ámbito das enerxías renovables e a sustentabilidade, para cubrir as necesidades dunha sociedade que cada vez demanda solucións máis eficaces e racionais neste ámbito. Os doutores egresados deste PD serán profesionais que poderán exercer un labor tanto empresarial como académico no campo do I+D+i. Simultaneamente, preténdese cubrir a necesidade de contar con investigadores especialistas en enerxías renovables e sustentabilidade que poidan exercer o seu labor investigador no campo da eficiencia enerxética, as distintas enerxías renovables, e entender de forma global e transversal o proceso de transición sostible que estamos a comezar a desenvolver como sociedade.
O programa de doutoramento será pois clave para formar investigadores altamente especializados que cubran os principais aspectos das enerxías renovables e a sustentabilidade para exercer o seu labor investigador no campo da eficiencia enerxética, a transición sostible e as distintas enerxías renovables. Esta preparación multidisciplinar céntrase en particular en temáticas como a transición xusta, a sustentabilidade, a economía circular, a enerxía solar, a biomasa, a agroenergía, a enerxía eólica ou a maremotriz, entre outras. Estaríase a expor un proxecto formativo global que incluiría desde o deseño técnico de instalacións mediante modelado de procesos realistas, a avaliación do tempo de retorno, o estudo da eficiencia enerxética e a viabilidade, a súa sustentabilidade enerxética e, se non hai máis remedio, a construción dun sistema enerxético e o seu posterior control de calidade e seguimento.
É de destacar que na actualidade temos incorporado ao noso programa de doutorado profesorado da University College Cork (UK) e colaboradores/as tanto de filiais estranxeiras de diferentes compañías multinacionais (Gamesa, ENEL, Siemens etc.) como de compañías nacionais como Naturgy ou Capital Energy. De forma paralela estamos a tratar de aumentar o número de docentes da USC para mellorar a calidade das liñas de investigación que propoñemos e afrontar a evolución das mesmas nun contexto social, económico e ambiental cambiante para axustarnos ás demandas dos nosos/as doutorandos/as. Así mesmo, trataremos de adherirnos a convenios de colaboración con institucións docentes e/o investigadoras de ámbito internacional.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo

• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas

• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional

• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

  • Terá capacidade de innovación nos recursos enerxéticos, fomentando o desenvolvemento e uso de enerxías renovables
  • Deseño e implementación da xestión eficiente de novas técnicas de produción, transporte e acumulación de enerxía
  • Organizar, planificar e dirixir servizos ambientais
  • Coñecer a fronteira do coñecemento e ser quen de xerar novas achegas nas bases científicas, técnicas e socioeconómicas aplicables no campo da enerxía solar e os sistemas de acumulación
  • Coñecer a fronteira do coñecemento e ser quen de xerar novas achegas nas bases científicas, técnicas e socioeconómicas aplicables no campo da enerxía distribuída e as aplicacións enerxéticas sostibles
  • Coñecer a fronteira do coñecemento e ser quen de xerar novas achegas nas bases científicas, técnicas e socioeconómicas aplicables no campo das enerxías undimotriz, maremotriz e eólica offshore
  • Coñecer a fronteira do coñecemento e ser quen de xerar novas achegas nos procedementos de avaliación e dimensionado de sistemas enerxéticos así como os seus tempos de retorno
  • Terá capacidade de análise e innovación nos factores sociais, xurídicos e económicos que interveñen na implantación das enerxías renovables
  • Coñecer a fronteira do coñecemento e ser quen de xerar novas achegas nas bases científicas, técnicas e socioeconómicas aplicables no campo da caracterización e a valorización de biocombustibles e biolubricantes biomásicos
  • Coñecer a fronteira do coñecemento e ser quen de xerar novas achegas nas bases científicas, técnicas e socieconómicas aplicables no campo da xestión enerxética sostible de sistemas agroforestais
  • Coñecer a fronteira do coñecemento e ser quen de xerar novas achegas nas bases científicas, técnicas e socieconómicas aplicables no campo da modelización e o estudo da dinámica de sistemas xeofísicos (atmosfera, océano, chan-vexetación e augas subterráneas e superficiais).

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Pastora Maria Bello Bugallo

Secretario/a
Noelia Maria Romero Castro

Vogais
Gonzalo Miguez Macho
Maria Villanueva Lopez
Jorge Proupin Castiñeiras
Antonio Jesus Garcia Loureiro
Jose Antonio Rodriguez Añon

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

15,0

15,0

15,0

15,0

15,0

15,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta de prazas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

80,0

46,67

53,33

100,0

106,67

120,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

7,0

4,0

5,0

8,0

7,0

6,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de estudantes matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

25,0

26,0

24,0

25,0

23,0

20,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

71,43

25,0

20,0

50,0

14,29

50,0

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

25,0

20,0

12,5

0,0

16,67

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

25,0

20,0

12,5

0,0

16,67

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

32,00

38,46

54,17

48,00

56,52

60,00

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

4,0

3,85

4,17

4,0

4,35

0,0

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

48,0

46,15

62,5

68,0

69,57

75,0

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual do número de estudantes a tempo parcial sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo parcial aqueles que teñen a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

16,0

7,69

8,33

12,0

0,0

5,0

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

36,0

46,15

29,17

20,0

30,43

20,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

8,33

8,33

6,67

0,0

0,0

6,67

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

8,33

0,0

13,33

0,0

0,0

0,0

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

18,18

15,38

13,33

14,29

25,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

0,0

0,0

0,6667

0,0

0,8

-

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

62,0

64,0

64,0

64,0

66,0

79,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

3,2632

3,3684

3,5556

3,5556

3,6667

3,7619

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

94,44

100,0

100,0

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

89,47

89,47

88,89

83,33

94,44

95,24

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

5,26

5,0

4,55

0,0

0,0

0,0

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

33,33

40,0

11,11

0,0

6,67

17,02

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

1,0

2,0

3,0

1,0

5,0

0,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

-

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas  a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo parcial sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

-

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

-

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

1,0

0,0

2,0

1,0

0,0

0,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

0,0

2,0

1,0

0,0

5,0

0,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

2,9589

3,9452

-

2,9589

4,9295

-

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

-

-

5,2767

-

5,3918

-

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

0,0

0,0

0,0

0,0

-

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de “cum laude”

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación de “cum laude” sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

66,67

100,0

80,0

-

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

50,0

33,33

0,0

0,0

-

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

56,52

39,13

39,13

35,71

42,86

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.09.2023.