Ir o contido principal

Programa de Doutoramento en Procesos Psicolóxicos e Comportamento Social

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.procesospsicoloxicos [at] usc.es

A implantación dun programa de Doutoramento en Psicoloxía xorde como unha proposta do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da USC á necesidade de dispoñer dun mecanismo para a formación de doutores en Ciencias Sociais e do Comportamento dentro do Sistema Universitario Galego.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5600522
Número prazas: 10

Coordinador-a do título:
Isabel Fraga Carou
isabel.fraga [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
28/09/2021

Códigos ISCED:
(310) Ciencias sociales y del comportamiento
(311) Psicología
(0313) Psicología

A implantación dun programa de Doutoramento en Psicoloxía xorde como unha proposta do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da USC da necesidade de dispoñer dun mecanismo para a formación de doutores en Ciencias Sociais e do Comportamento dentro do Sistema Universitario Galego.

O grupo de investigadores implicados na presente proposta está en disposición de ofrecer recursos adecuados para garantir o cumprimento dos obxectivos de formación de novos investigadores competentes dentro do campo xeral da Psicoloxía, con perfís diversos que abarcan tanto a investigación dos procesos psicolóxicos básicos desde unha perspectiva experimental, como o estudo dos procesos psicolóxicos en contextos sociais.

O Programa contempla a posibilidade de cursar os estudos de doutoramento tanto a tempo completo (modalidade preferente) como a tempo parcial, de modo que os psicólogos que traballan neses ámbitos teñan tamén a oportunidade de formarse como doutores.

O grupo de investigadores implicados na presente proposta está en disposición de ofrecer recursos adecuados para garantir o cumprimento dos obxectivos de formación de novos investigadores competentes dentro do campo xeral da Psicoloxía, con perfís diversos que abarcan tanto a investigación dos procesos psicolóxicos básicos desde unha perspectiva experimental, como o estudo dos procesos psicolóxicos en contextos sociais.

O Programa contempla a posibilidade de cursar os estudos de doutoramento tanto a tempo completo (modalidade preferente) como a tempo parcial, de modo que os psicólogos que traballan neses ámbitos teñan tamén a oportunidade de formarse como doutores.

Requisitos de acceso específicos
É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe de viabilidade por parte do/a estudante: carta de referencia dun/ha profesor/a do programa que avale a viabilidade da futura tese no marco da liña de investigación á que se vincule.
Perfil de ingreso:
O perfil de ingreso determina as titulacións de acceso ao programa máis idóneas para a admisión e, no seu caso, a necesidade ou non de realizar complementos formativos por parte dos/as doutorandos/as.
De forma xeral, poderán acceder a este programa de doutoramento, sen necesidade de realizar complementos de formación, alumnos que cursasen algún máster adscrito á/s rama/s de coñecemento de ciencias sociais e xurídicas e ao/aos ámbitos/s de coñecemento da psicoloxía e as ciencias do comportamento.
Tamén terán acceso ao programa sen cursar complementos os estudantes co título de DEA obtido a través dos antigos programas de doutoramento do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da USC.
Para calquera outro perfil a CAPD estudará os casos individualmente, podendo admitir ou non aos/as alumnos/as e establecendo complementos formativos en caso de ser necesario. No caso de que o alumnado careza da formación previa esixida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación dos complementos de formación que estableza a Comisión Académica. Estes complementos non poderán superar os 15 ECTS. A realización destes complementos será previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa de doutoramento. No caso de ser previa, a súa realización non computará para os efectos dos prazos mínimos e máximos marcados para a realización dos estudos de doutoramento. Os complementos de formación deberán superarse no prazo máximo de catro cuadrimestres académicos consecutivos; en caso contrario, o/a doutorando/a causará baixa no correspondente programa de doutoramento. Devanditos complementos de formación poderán ser materias de máster e terán, para os efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento.

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se teñan cursado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivera a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función dos seguintes criterios:
- Expediente académico (50%): o criterio será as cualificacións obtidas no máster (ou DEA, ou suficiencia investigadora).
- Experiencia investigadora previa e os seus resultados (5%): neste apartado valoraranse publicacións, comunicacións e outras contribucións científicas a congresos e a súa adecuación ás liñas de investigación do programa de doutoramento. Os/as candidatos/as deberán presentar documentación xustificativa.
- Experiencia profesional (5%): neste apartado valorarase experiencia profesional relacionada coas liñas de investigación do programa de doutoramento. Os/as candidatos/as deberán presentar documentación xustificativa (certificación de vida laboral, copia de contratos, bolsas, etc.).
- Outros aspectos acreditados no currículo do candidato (10%): neste apartado valoraranse as estancias de investigación, cursos realizados e cursos impartidos relacionados coas liñas de investigación do programa; coñecemento de inglés de nivel B2 ou superior e coñecemento doutros idiomas distintos da lingua materna, etc. Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa.
- Entrevista persoal (30%): neste apartado valoraranse a motivación para a realización dunha tese de calidade, a aptitude para levala a cabo, a capacidade de comunicación etc.
Aplicaranse os mesmos criterios para admitir a todos/as os/as estudantes independentemente de que a súa dedicación sexa a tempo completo ou parcial. Ademais dos requisitos de acceso e criterios de admisión recollidos no Regulamento de Estudos de Doutoramento da USC, a solicitude de admisión no programa deberá ir acompañada dunha declaración por parte do solicitante de que ten capacidade para seguir as actividades programadas polo menos en español e inglés.

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Cursos de formación específicos da área de Ciencias Sociais

  • E3091A10

Cursos de formación transversais

  • E3091A11

Presentación e defensa da investigación desenvolvida

  • E3091A12

Publicacións de artigos científicos

  • E3091A13

Realización de estancias de investigación

  • E3091A14

Presentación de comunicacións en congresos científicos

  • E3091A15

Publicacións de libros e capítulos de libros

  • E3091A16

Participación en seminarios e/ou talleres

  • E3091A17

A CAPD do programa de doutoramento avaliará de forma individualizada aos/ás candidatos/as e a aqueles con perfís que non se axusten aos indicados para o acceso directo ao programa de doutoramento propoñeralles uns complementos de formación específicos adecuados ao seu perfil. Os complementos de formación que deberán cursar estableceranse en función da formación previa do/a alumno/a e serán tales que lle permitan alcanzar as competencias necesarias para o bo desenvolvemento da súa tese doutoral dentro do programa de doutoramento. Estes créditos non computarán para os efectos dos requisitos comúns de acceso ao programa de doutoramento. As competencias requiridas adquiriranse cursando algunha/s das materias do Máster Universitario en Psicoloxía ata un máximo de 15 créditos ECTS. A realización dos complementos será previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa. No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa. No caso de ser previa só se matriculará destes complementos, non se asinará o Compromiso de Supervisión de Doutoramento nin se abrirá o Documento de Actividades do doutorando ata a súa superación.

Profesores Área
Isabel Fraga Carou
Psicoloxía Básica
Dolores Ponte Fernández
Psicoloxía Básica
Luis Miguel Jimenez Garcia
Psicoloxía Básica
Jaime Mauro Redondo Lago
Psicoloxía Básica
José Fernández Rey
Psicoloxía Básica
Monserrat Comesaña Vila
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Constantino Arce Fernandez
Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
María Lourdes Mirón Redondo
Psicoloxía Social
Elena Maria Andrade Fernandez
Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Jose Manuel Sabucedo Cameselle
Psicoloxía Social
Cristina Gómez Roman
Psicoloxía Social
Carlos Montes Piñeiro
Psicoloxía Social
Monica Alzate Garcia
Psicoloxía Social
Marcos Dono Martin
Psicoloxía Social

O grupo de investigadores implicados na presente proposta está en disposición de ofrecer recursos adecuados para garantir o cumprimento dos obxectivos de formación de novos investigadores competentes dentro do campo xeral da Psicoloxía, con perfís diversos que abarcan tanto a investigación dos procesos psicolóxicos básicos desde unha perspectiva experimental, como o estudo dos procesos psicolóxicos en contextos sociais.

A implantación dun programa de Doutoramento en Psicoloxía xorde como unha proposta do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da USC da necesidade de dispoñer dun mecanismo para a formación de doutores en Ciencias Sociais e do Comportamento dentro do Sistema Universitario Galego.

O grupo de investigadores implicados na presente proposta está en disposición de ofrecer recursos adecuados para garantir o cumprimento dos obxectivos de formación de novos investigadores competentes dentro do campo xeral da Psicoloxía, con perfís diversos que abarcan tanto a investigación dos procesos psicolóxicos básicos desde unha perspectiva experimental, como o estudo dos procesos psicolóxicos en contextos sociais.

O Programa contempla a posibilidade de cursar os estudos de doutoramento tanto a tempo completo (modalidade preferente) como a tempo parcial, de modo que os psicólogos que traballan neses ámbitos teñan tamén a oportunidade de formarse como doutores.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo

• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas

• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional

• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento

  • Capacidade para desenvolver a investigación no ámbito da Psicoloxía desde unha perspectiva experimental e social
  • Capacidade para transferir coñecemento e difundir os resultados de investigación alcanzados nos principais medios científicos do ámbito de coñecemento do Programa

• Capacidade para desenvolver a investigación no ámbito da Psicoloxía desde unha perspectiva experimental e social

• Capacidade para transferir coñecemento e difundir os resultados de investigación alcanzados nos principais medios científicos do ámbito de coñecemento do Programa

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Isabel Fraga Carou

Secretario/a
Carlos Montes Piñeiro

Vogais
Luis Miguel Jimenez Garcia
María Lourdes Mirón Redondo
Jose Manuel Sabucedo Cameselle
Monica Alzate Garcia

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

13,0

10,0

10,0

10,0

10,0

10,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta de prazas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

123,08

80,0

70,0

110,0

120,0

110,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

5,0

1,0

1,0

3,0

4,0

3,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de estudantes matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

19,0

17,0

14,0

14,0

14,0

12,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

60,0

0,0

100,0

33,33

75,0

33,33

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

100,0

0,0

50,0

0,0

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

100,0

0,0

50,0

0,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

26,32

17,65

14,29

28,57

35,71

41,67

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

10,53

5,88

0,0

14,29

14,29

16,67

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

57,89

58,82

64,29

71,43

78,57

66,67

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual do número de estudantes a tempo parcial sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo parcial aqueles que teñen a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

26,32

11,76

7,14

7,14

7,14

8,33

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

15,79

29,41

28,57

21,43

14,29

25,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

27,27

10,0

33,33

30,0

9,09

12,5

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

9,09

0,0

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

20,0

22,22

30,0

16,67

37,5

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

1,0

0,5

1,0

1,0

1,0

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

48,0

38,0

40,0

40,0

44,0

45,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

2,6667

2,375

2,5

2,5

2,5882

2,6471

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

94,44

93,75

93,75

93,75

88,24

94,12

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

44,44

43,75

37,5

37,5

41,18

41,18

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

8,7

8,7

8,33

12,5

33,33

33,33

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

33,33

16,67

16,67

22,22

16,99

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

1,0

1,0

2,0

2,0

3,0

3,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas  a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo parcial sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

1,0

1,0

2,0

1,0

2,0

3,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

1,0

1,0

0,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

-

2,9589

4,9315

4,0685

4,5836

4,9315

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

1,0027

-

5,2685

5,0548

-

5,1219

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de “cum laude”

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación de “cum laude” sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

66,67

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

100,0

50,0

50,0

66,67

33,33

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

16,67

53,33

125,0

16,67

0,0

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.09.2023.