Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Básica
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
• Familiarizarse co estudo científico das distorsións da memoria desde a perspectiva da psicoloxía básica.
• Adquirir unha mellor comprensión acerca do complexo e dinámico proceso de “construcción” da memoria a partires dos datos empíricos.
• Aprender a deseñar traballos de investigación ou replicar experimentos clásicos co propósito de familiarizarse coa experimentación básica nesta materia.
• Comprender a importancia que ten a investigación acerca dos falsos recordos para áreas aplicadas como a Criminoloxía, a Psicoloxía clínica e a Psicoloxía social.
- A fraxilidade e maleabilidade da memoria: unha perspectiva adaptativa.
- O control das fontes da memoria: tipos de monitorización e erros de atribución da fonte.
- Creación de falsos recordos: implantación de recordos autobiográficos falsos e o paradigma DRM.
- Alteracións dos recordos: o efecto da información engañosa e alteracións a partires do uso normal da memoria.
- Implicacións na memoria de testemuñas e a psicoterapia. Falsos recordos e memoria colectiva.
Bibliografía básica:
Diges, M. (2016). Testigos, sospechosos y recuerdos falsos. Estudios de psicología forense. Trotta.
Otgaar, H., Houben, S. T. L., & Howe,. L. (2019). Methods of studying false memory. En H. Otani, & B. L. Schwartz (Eds.), Handbook of Research Methods in Human Memory (pp. 238-252). Routledge.
Radvansky, G. A. (2021). Human memory (4th ed, Chap. 13). Routledge.
Ruíz-Vargas, J. M. (2010). Manual de psicología de la memoria (Cap. 9). Síntesis.
Bibliografía complementaria:
Brainerd, C. J., & Reyna, V. F. (2005). The Science of False Memory. Oxford University Press.
Fernández-Rey, J. y Pardo-Vázquez, J. L. (2010). Falsos recuerdos: el paradigma Deese- Roediger- McDermott. En J. Fernández-Rey et al. (Eds.), Procesos psicológicos básicos II. (2ª ed., pp. 151-170). Pirámide.
Gallo, D. A. (2010). False memories and fantastic beliefs: 15 years of the DRM illusion. Memory & Cognition, 38(7), 833-848.
Johnson, M. K., Hashtroudi, S., & Lindsay, S. (1993). Source monitoring. Psychological Bulletin, 114, 3- 28.
Loftus, E. F. (2005). Planting misinformation in the human mind: A 30-year investigation of the malleability of memory. Learning & Memory, 12(4), 361-366.
Luna, K., & Migueles, M. (2007). Acciones y detalles en la aceptación de información postsuceso falsa y en la confianza. Estudios de Psicología, 28(1), 69-81.
Roediger, H. L., & McDermott, K. B. (1995). Creating false memories: Remembering words not presented in lists. Joumal of Experimental Psychology: Learning, Memory & Cognition, 21, 803- 814.
Schacter, D. L. (1999). En busca de la memoria. El cerebro, la mente y el pasado (Cap. 4). Ediciones B
Schacter, D. L. (2003). Los siete pecados de la memoria (Caps. 4 y 5). Ariel.
Schacter, D. L., Kenan, W. R., Carpenter, A. C., Devitt, A. L., and Thakral, P. P. (2024). Memory errors and distortion. En M. J. Kahana & A. D. Wagner (Eds.), The Oxford Handbook of Human Memory. Oxford University Press.
Zaragoza, M. S., Hyman, I., & Chrobak, Q. M. (2019). False memory. En N. Brewer & A. B. Douglass (Eds.), Psychological science and the law (pp. 182–207). The Guilford Press.
BÁSICAS E XERAIS
• Posuir e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a cotío nun contexto de investigación.
• Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos e de empregar a capacidade de resolución de problemas en entornas novos ou poco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa área de estudo.
• Saber comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e os motivos finais que os sustentan- a públicos
especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
• Ser capaz de realizar unha análise da realidade a partir dos criterios e coñecementos científicos da Psicoloxía.
• Ser capaz de establecer obxectivos de rendemento que sexan éticamente aceptables, susceptibles de ser avaliados posteriormente.
• Saber formular propostas de investigación pertinentes e actualizadas documentalmente, baseadas no coñecemento da disciplina, a práctica profesional e as necesidades sociais, e leva-las a cabo desde un punto de vista científico e innovador
TRANSVERSÁIS
• Demostrar capacidade para xestionar fontes documentais, seleccionar, analizar e sintetizar información relevante a partir de textos ou documentos científicos.
• Demostrar capacidade de reflexión e razoamento crítico.
• Demostrar capacidade para traballar en equipo e colaborar efectivamente con outras persoas.
ESPECÍFICAS
• Saber identificar e seleccionar técnicas e instrumentos propios dos ámbitos de especialización do máster de acordo cos obxectivos suscitados.
• Ser capaz de analizar e liquidar situacións complexas, nos ámbitos específicos do máster, mediante o deseño, a programación e a implementación de estratexias para a solución de problemas.
Desenvolveranse sesións presenciales que se dedicarán á exposición dos contidos fundamentais do programa por parte do profesorado, incluíndo algunhas técnicas para a redución dos falsos recordos.
Os alumnos deberán realizar e expoñer un traballo de carácter empírico no que se desenvolva un breve proxecto de investigación en relación con algún dos contidos do programa. Todos os traballos, antes da súa exposición, serán supervisados polo profesorado.
A participación activa nas sesións presenciais valorarase ata un 40 % do total da cualificación. A realización e exposición do traballo computará sobre o 60% restante, no que se terán en conta a expresión e coherencia do documento, a precisión da linguaxe científica, o deseño da investigación, a competencia na presentación oral e a capacidade de argumentar e responder ás cuestións suscitadas nas sesións de exposición.
Horas presenciais: 20,5
- Clases expositivas: 6,5
- Clases interactivas de seminario: 8,5
- Exposición de traballos: 5
- Titorías individuais e/ou en grupos reducidos: 0,5
Horas non presenciais: 54,5
- Traballo persoal do/a alumno/a: 30
- Realización de traballos: 24
- Titorías: 0,5
Total carga de traballo para o estudante: 75 horas (3 créditos ECTS)
Para lograr un bo aprovechamiento desta materia, recoméndase ter un bo coñecemento dos contidos de psicoloxía da memoria e da metodoloxía de investigación experimental no ámbito dos procesos psicolóxicos.
María José Sampedro Vizcaya
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813794
- Correo electrónico
- mariajose.sampedro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
José Fernández Rey
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813703
- Correo electrónico
- jose.fernandez.rey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade