Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Programa de Doutoramento en Medicina e Sanidade Veterinaria

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Lugo
Contacto
pd.medicinaveterinaria@usc.es

O Programa de Doutoramento en Medicina e Sanidade Veterinaria provén da actualización daquel primeiro Programa de Doutoramento no Campus de Lugo denominado Introdución á Investigación en Patoloxía Animal (1989) ás distintas lexislacións estatais e autonómicas dos estudos de doutoramento, e que o seu fin fundamental foi formar doutores que puideran desenvolver os máis altos postos académicos, administrativos e profesionais; esta afirmación a confirman os excelentes currículos dos doutorandos egresados no noso Departamento.

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600508
    Número prazas: 16

    Coordinador-a do título:
    Ceferino Manuel Lopez Sandez
    c.lopez@usc.es

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    05/12/2013

    Data de publicación no BOE:
    11/03/2014

    Data da última acreditación:
    22/06/2021

    Códigos ISCED:
    (641) Veterinaria
    (420) Ciencias de la vida
    (0841) Veterinaria

    O Programa de Doutoramento en Medicina e Sanidade Veterinaria provén da actualización daquel primeiro Programa de Doutoramento no Campus de Lugo denominado Introdución á Investigación en Patoloxía Animal (1989) ás distintas lexislacións estatais e autonómicas dos estudos de doutoramento, e que o seu fin fundamental foi formar doutores que puideran desenvolver os máis altos postos académicos, administrativos e profesionais; esta afirmación a confirman os excelentes currículos dos doutorandos egresados no noso Departamento.

    O Programa forma doutores pero tamén persoas, que saiban desenvolverse no amplo eido da Veterinaria, para desenvolver os seus coñecementos así como para obter no futuro outros novos, que permitan a estes doutores ser líderes e persoas de confianza nas grandes empresas, administración e educación. Todo iso conséguese facendo atrainte a busca do coñecemento xeral e específico, estimular a crítica e o buscar as solucións ao problema formulado.

    Todo isto baseado na comunicación e no respecto mutuo profesor - doutorando, e como é normal no currículo de cada un dos profesores que forman o claustro docente do doutoramento, recoñecido polos seus amplos méritos investigadores, docentes e asistenciais.

    O Programa forma doutores pero tamén persoas, que saiban desenvolverse no amplo eido da Veterinaria, para desenvolver os seus coñecementos así como para obter no futuro outros novos, que permitan a estes doutores ser líderes e persoas de confianza nas grandes empresas, administración e educación. Todo iso conséguese facendo atraínte a busca do coñecemento xeral e específico, estimular a crítica e o buscar as solucións ao problema formulado. Todo isto baseado na comunicación e no respecto mutuo profesor - doutorando, e como é normal no currículo de cada un dos profesores que forman o claustro docente do doutoramento, recoñecido polos seus amplos méritos investigadores, docentes e asistenciais.

    Grupos de investigación:

    GI-1702 Investigación en Sanidade Animal: Galicia.

    GI-1705 Metabolismo y Patología Animal.  

    GI-1704 Reproducción y Obstetricia.  

    GI-2120 Control de los parásitos en animales y personas: diagnóstico, prevención y tratamiento.

    GI-1628 Higiene, Inspección y Control de Alimentos.

    GI-1735 Toxicología-Lugo.  

    GI-1729 Recursos zoogenéticos y sus producciones.  

    GI-1682 Toxinas marinas: mecanismos de transducción, usos terapéuticos y métodos de detección.

  • Estatística científica con algoritmos R

    • E2091A11

    Introdución á análise de redes utilizando R. Aplicación á epidemioloxía veterinaria

    • E2091A12

    Ferramentas dixitais de apoio para desenvolver artigos científicos

    • E2091A13

    Deseño e preparación de presentacións

    • E2091A14
  • O Programa forma doutores pero tamén persoas, que saiban desenvolverse no amplo eido da Veterinaria, para desenvolver os seus coñecementos así como para obter no futuro outros novos, que permitan a estes doutores ser líderes e persoas de confianza nas grandes empresas, administración e educación.

    O Programa de Doutoramento en Medicina e Sanidade Veterinaria provén da actualización daquel primeiro Programa de Doutoramento no Campus de Lugo denominado Introdución á Investigación en Patoloxía Animal (1989) ás distintas lexislacións estatais e autonómicas dos estudos de doutoramento, e que o seu fin fundamental foi formar doutores que puideran desenvolver os máis altos postos académicos, administrativos e profesionais; esta afirmación a confirman os excelentes currículos dos doutorandos egresados no noso Departamento.

    O Programa forma doutores pero tamén persoas, que saiban desenvolverse no amplo eido da Veterinaria, para desenvolver os seus coñecementos así como para obter no futuro outros novos, que permitan a estes doutores ser líderes e persoas de confianza nas grandes empresas, administración e educación. Todo iso conséguese facendo atrainte a busca do coñecemento xeral e específico, estimular a crítica e o buscar as solucións ao problema formulado.

    Todo isto baseado na comunicación e no respecto mutuo profesor - doutorando, e como é normal no currículo de cada un dos profesores que forman o claustro docente do doutoramento, recoñecido polos seus amplos méritos investigadores, docentes e asistenciais.

  • Este programa de doutoramento permite formar profesionais altamente cualificados, cun perfil demandado por distintos sectores da sociedade. Un elevado número dos titulados atopan colocación no campo da docencia e a investigación, sobre todo como profesores de distintas universidades. Tamén podemos destacar a demanda do sector industrial polos alumnos formados neste programa de doutoramento, co fin de achegar a investigación e innovación ás empresas agrogandeiras que lles permiten mellorar a súa competitividade. Finalmente, tamén é interesante apuntar a creación de empresas tecnolóxicas e Start-Ups por parte dalgúns alumnos que realizaron o seu doutoramento dentro do Programa de Medicina e Sanidade Veterinaria.

    En resumo, este programa de doutoramento permite abrir novas portas laborais, máis especializadas e con maior proxección aos futuros alumnos egresados.

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

  • Título Data de lectura Autoría Dirección
    Detección de micotoxinas reguladas, emerxentes e modificadas na cadea alimentaria. Tese por compendio de publicacións 16/12/2024 Inés Rodríguez Cañas Maria Amparo Alfonso Rancaño
    Jesús María González Jartín
    Síndrome de repetición de celos bovino: incidencia, etioloxía e tratamento. 07/03/2025 Sofía Lara Villar Fernández
  • Coordinador/a
    Ceferino Manuel Lopez Sandez

    Secretario/a
    Juan José Becerra González

    Vogais
    Jose Luis Benedito Castellote
    Alberto Prieto Lago
    Jose Manuel Miranda Lopez
    Maria Amparo Alfonso Rancaño
    Cristiana Filipa Cazapal Monteiro
    Victor Pereira Lestayo

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2023.