Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Programa de Doutoramento en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.medicamentos@usc.es

A investigación no campo da biomedicina e a farmacia proporciona unha base sólida para o progreso da medicina. A introdución no mercado de novos medicamentos de forma rápida e continua, as novas substancias activas ou as novas formas farmacéuticas están a permitir alongar a vida das patentes (e con isto o retorno do investimento que, para os laboratorios farmacéuticos, representa o lanzamento de novos medicamentos ao mercado). Estes son algúns dos principais desafíos que enfronta a industria farmacéutica. Esta situación xustifica a necesidade de capacitar a médicos no campo da Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos que sexan capaces de levar a cabo a súa actividade futura en centros de investigación ou de converterse en profesionais que se unan a compañías farmacéuticas e similares.

Información do curso académico 25-26:

a información predeterminada das titulacións cambiou para o curso académico 2025-2026

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600524
    Número prazas: 25

    Coordinador-a do título:
    Maria Dolores Ramona Torres Lopez
    dolores.torres@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego, Inglés

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    05/12/2013

    Data de publicación no BOE:
    11/03/2014

    Data da última acreditación:
    22/06/2021

    Códigos ISCED:
    (727) Farmacia
    (721) Medicina
    (0916) Farmacia

    O Programa de Doutoramento en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos foi verificado positivamente polo Consello de Universidades (o 15 de xullo de 2009) e obtivo a Mención cara á Excelencia (MEE) á que puideron optar os programas de doutoramento que cumpran uns estándares de calidade moi esixentes, os cales o Programa de Doutoramento en I+D de Medicamentos logrou superar con éxito (MEE2011-0097), recibindo ademais a puntuación máis elevada de todos os programas de doutoramento da USC (puntuación obtida 93/100). Esta circunstancia fixo que a demanda de alumnos neste Programa haxa aumentado nos últimos anos o que demostra o seu interese para a sociedade.

    Así mesmo, como índice da calidade do programa, pódese destacar tamén o feito de que o doutoramento en I+D de Medicamentos contou cun número estable e elevado de alumnos matriculados, sendo igualmente moi elevado o número de Teses Doutorais defendidas con niveis de calidade moi altos. Igualmente, débese sinalar o incremento paulatino no número de teses defendidas como Doutoramentos Europeos, o que loxicamente leva implícito por unha banda a realización de estancias de investigación en laboratorios doutras universidades europeas de recoñecido prestixio por parte dos alumnos de doutoramento pero, ademais, a necesidade tanto de someter o traballo realizado a un proceso de avaliación previo á defensa por parte de expertos internacionais, como de contar con expertos doutros países no Tribunal encargado de xulgar o traballo realizado, sen esquecer que o acto de defensa debe facerse noutro idioma ademais do español.

    Durante todos estes anos, para elevar o nivel de calidade das actividades desenvolvidas no programa, foi habitual contar coa colaboración de destacados profesores e investigadores externos, tanto de universidades como de laboratorios farmacéuticos, nacionais e estranxeiros e que, nalgúns casos, colaboran estreitamente cos profesores e investigadores integrados nos grupos de investigación encargados do desenvolvemento do programa de doutoramento . Para iso contouse tanto con financiamento procedente das axudas propias da USC así como coas establecidas polo MEC para favorecer a mobilidade de profesores e alumnos en Programas de Doutoramento con Mención de Calidade . Tras a concesión da Mención cara á Excelencia, o MEC ha subvencionado a participación diversos profesores europeos en actividades do doutoramento e o desprazamento de varios estudantes de doutoramento a outras universidades, a maioría delas europeas, para realizar estancias de investigación relacionadas cos seus proxectos de teses.

    O programa conta cunha ampla aceptación internacional, do que é proba a elevada porcentaxe de alumnos estranxeiros, en a súa maioría procedentes de países europeos e suramericanos, que realizaron o seu doutoramento dentro do mesmo .

    Durante todos estes anos, para elevar o nivel de calidade das actividades desenvolvidas no programa, foi habitual contar coa colaboración de destacados profesores e investigadores externos, tanto de universidades como de laboratorios farmacéuticos, nacionais e estranxeiros e que, nalgúns casos, colaboran estreitamente cos profesores e investigadores integrados nos grupos de investigación encargados do desenvolvemento do programa de doutoramento. Para iso contouse tanto con financiamento procedente das axudas propias da USC así como coas establecidas polo MEC para favorecer a mobilidade de profesores e alumnos en Programas de Doutoramento con Mención de Calidade. Tras a concesión da Mención cara á Excelencia, o MEC subvencionou a participación diversos profesores europeos en actividades do doutoramento e o desprazamento de varios estudantes de doutoramento a outras universidades, a maioría delas europeas, para realizar estancias de investigación relacionadas cos seus proxectos de teses.

    O programa conta cunha ampla aceptación internacional, do que é proba a elevada porcentaxe de alumnos estranxeiros, en a súa maioría procedentes de países europeos e suramericanos, que realizaron o seu doutoramento dentro do mesmo.

  • Asistencia e participación en cursos e seminarios relacionados coas liñas de investigación desenvoltas no programa

    • E2071A01

    Difusión dos resultados de investigación a través da participación en congresos

    • E2071A02

    Publicación de resultados de investigación (artigos e/ou capítulos)

    • E2071A03

    Realización de estancias de investigación en laboratorios de centros nacionais ou estranxeiros

    • E2071A04
  • Se o estudantado carece da formación previa completa esixida no programa de doutoramento, a admisión poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos. Os complementos de formación deberán ser concretados para cada estudante pola CAPD, sen que poidan superarse o 15 ECTS. Os complementos de formación específica poderán ser materias ou módulos de máster e grao e terán, a efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento.

    Procurarase en todo caso, adecuar os complementos de formación ás materias obrigatorias do Máster que dá acceso directo a este doutoramento e mellor se se desenvolven no primeiro trimestre do curso académico, como é o caso de todas as materias obrigatorias. Ademais, e sempre que sexa posible, tratarase de que estes complementos se realicen previamente á matrícula do alumno na etapa de tese. Excepcionalmente, para os casos nos que esta posibilidade non exista, a Comisión Académica estudará as posibles solucións de maneira individualizada, o que impide absolutamente facer unha previsión de antemán.

  • O Programa de Doutoramento en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos foi verificado positivamente polo Consello de Universidades (o 15 de xullo de 2009) e obtivo a Mención cara á Excelencia (MEE) á que puideron optar os programas de doutoramento que cumpran uns estándares de calidade moi esixentes, os cales o Programa de Doutoramento en I+D de Medicamentos logrou superar con éxito (MEE2011-0097), recibindo ademais a puntuación máis elevada de todos os programas de doutoramento da USC (puntuación obtida 93/100). Esta circunstancia fixo que a demanda de alumnos neste Programa haxa aumentado nos últimos anos o que demostra o seu interese para a sociedade.

    Así mesmo, como índice da calidade do programa, pódese destacar tamén o feito de que o doutoramento en I+D de Medicamentos contou cun número estable e elevado de alumnos matriculados, sendo igualmente moi elevado o número de Teses Doutorais defendidas con niveis de calidade moi altos. Igualmente, débese sinalar o incremento paulatino no número de teses defendidas como Doutoramentos Europeos, o que loxicamente leva implícito por unha banda a realización de estancias de investigación en laboratorios doutras universidades europeas de recoñecido prestixio por parte dos alumnos de doutoramento pero, ademais, a necesidade tanto de someter o traballo realizado a un proceso de avaliación previo á defensa por parte de expertos internacionais, como de contar con expertos doutros países no Tribunal encargado de xulgar o traballo realizado, sen esquecer que o acto de defensa debe facerse noutro idioma ademais do español.

    Durante todos estes anos, para elevar o nivel de calidade das actividades desenvolvidas no programa, foi habitual contar coa colaboración de destacados profesores e investigadores externos, tanto de universidades como de laboratorios farmacéuticos, nacionais e estranxeiros e que, nalgúns casos, colaboran estreitamente cos profesores e investigadores integrados nos grupos de investigación encargados do desenvolvemento do programa de doutoramento . Para iso contouse tanto con financiamento procedente das axudas propias da USC así como coas establecidas polo MEC para favorecer a mobilidade de profesores e alumnos en Programas de Doutoramento con Mención de Calidade . Tras a concesión da Mención cara á Excelencia, o MEC ha subvencionado a participación diversos profesores europeos en actividades do doutoramento e o desprazamento de varios estudantes de doutoramento a outras universidades, a maioría delas europeas, para realizar estancias de investigación relacionadas cos seus proxectos de teses.

    O programa conta cunha ampla aceptación internacional, do que é proba a elevada porcentaxe de alumnos estranxeiros, en a súa maioría procedentes de países europeos e suramericanos, que realizaron o seu doutoramento dentro do mesmo .

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado 7 da Memoria do Título

  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • Coordinador/a
    Maria Dolores Ramona Torres Lopez

    Secretario/a
    Ezequiel Alvarez Castro

    Vogais
    Francisco Javier Otero Espinar
    Carmen Isabel Alvarez Lorenzo
    Manuel Campos Toimil
    Angel Joaquin Concheiro Nine
    Maria Isabel Loza Garcia
    María De Los Reyes Laguna Francia
    Maria Del Carmen Remuñan Lopez

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.08.2023.