Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Programa de Doutoramento en Endocrinoloxía

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.endocrinoloxia@usc.es

O principal obxectivo do Programa é contribuír ao aumento tanto do número de investigadores en endocrinoloxía cun forte compoñente translacional, incluíndo tanto a médicos como a graduados noutras ramas biosanitarias tales como Bioloxía, Farmacia, Veterinaria etc. Os Profesores do Programa abarcan practicamente todas as ramas da Endocrinoloxía das máis básicas ás máis clínicas.

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600536
    Número prazas: 15

    Coordinador-a do título:
    Miguel Antonio Lopez Perez
    m.lopez@usc.es

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    05/12/2013

    Data de publicación no BOE:
    11/03/2014

    Data da última acreditación:
    22/06/2021

    Códigos ISCED:
    (721) Medicina
    (420) Ciencias de la vida
    (0912) Medicina

    O principal obxectivo do Programa é contribuír ao aumento tanto do número de investigadores en endocrinoloxía cun forte compoñente translacional, incluíndo tanto a médicos como a graduados noutras ramas biosanitarias tales como Bioloxía, Farmacia, Veterinaria etc.

    O Programa conta con Mención de Excelencia que se mantivo durante todos os anos ofertados.

    Os Profesores do Programa abarcan prácticamente todas as ramas da Endocrinoloxía das máis básicas ás máis clínicas. Tratarase de facilitar a incorporación dos candidatos a aqueles Grupos que mellor se adapten ao seu perfil e ás súas aspiracións profesionais (investigación clínica, investigación básica, oncoloxía endocrinolóxica, neurobioloxía da homeostasis enerxética etc)

    O programa pretende familiarizar aos estudantes en formación coas diferentes técnicas dispoñibles para o estudo da patoloxía endocrinolóxica, facilitando así mesmo a interacción dos grupos básicos e clínicos de forma que os estudantes reciban unha formación do máis alto nivel.

    A aceptación no Programa incluirá a asistencia ás Actividades de formación que inclúen seminarios, discusións científicas, e asistencia a cursos e congresos, así como vivir o ambiente dun Centro de Investigación translacional e clínica.

    O Programa pretende incorporar estudantes altamente motivados en recibir unha ampla formación transdisciplinar utilizando as máis avanzadas técnicas de investigación dispoñibles.

    O Programa está aberto a candidatos de calquera nacionalidade e de feito nel están/formáronse estudantes de máis 10 países distintos. Os Profesores do Programa manexan o inglés científico de forma habitual e moitas das Actividades do programa son neste idioma, polo que os estudantes doutros países séntense confortables.

    Os estudantes seleccionados dispoñerán dun titor/Director de Tese que se encargará de facilitarlles a súa incorporación ao Grupo de investigación e da súa supervisión directa durante a súa etapa de formación

    Tratarase de facilitar a incorporación dos candidatos a aqueles Grupos que mellor se adapten ao seu perfil e ás súas aspiracións profesionais (investigación clínica, investigación básica, oncoloxía endocrinolóxica, neurobioloxía da homeostasis enerxética etc) O programa pretende familiarizar aos estudantes en formación coas diferentes técnicas dispoñibles para o estudo da patoloxía endocrinolóxica, facilitando así mesmo a interacción dos grupos básicos e clínicos de forma que os estudantes reciban unha formación do máis alto nivel. A aceptación no Programa incluirá a asistencia ás Actividades de formación que inclúen seminarios, discusións científicas, e asistencia a cursos e congresos, así como vivir o ambiente dun Centro de Investigación translacional e clínica. O Programa pretende incorporar estudantes altamente motivados en recibir unha ampla formación transdisciplinar utilizando as máis avanzadas técnicas de investigación dispoñibles.

  • Seminarios semanais de investigación das institucións

    • E2031A01

    Participación nos eventos organizados polas sociedades de endocrinoloxía ou consorcios internacionais

    • E2031A02

    Seminarios de novas tecnoloxías e/ou novos fármacos organizados en colaboración coa industria

    • E2031A03

    Discusión semanal dos seus resultados de investigación dentro do seu grupo de investigación

    • E2031A04

    Presentación anual dos seus resultados de investigación

    • E2031A05

    Cursos acreditados de formación complementaria

    • E2031A06
  • Aqueles graduados con título oficial en áreas de ciencia da saúde ou áreas afíns con 300 créditos ECTS realizarán os complementos específicos equivalentes aos créditos nivel máster que decida a Comisión Académica (CAPD) do programa de Endocrinoloxía, dentro dos Másteres oficiais da USC ou da UVIGO relacionados co programa de Endocrinoloxía, fundamentalmente: o Máster en Investigación Biomédica (USC) ou o Máster en Nutrición (UVIGO) para que obteñan o necesario nivel de créditos oficiais que lles permitan obter o título de Doutoramento en Medicina.

  • O principal obxectivo do Programa é contribuír ao aumento tanto do número de investigadores en endocrinoloxía cun forte compoñente translacional, incluíndo tanto a médicos como a graduados noutras ramas biosanitarias tales como Bioloxía, Farmacia, Veterinaria etc.

    O principal obxectivo do Programa é contribuír ao aumento tanto do número de investigadores en endocrinoloxía cun forte compoñente translacional, incluíndo tanto a médicos como a graduados noutras ramas biosanitarias tales como Bioloxía, Farmacia, Veterinaria etc.

    O Programa conta con Mención de Excelencia que se mantivo durante todos os anos ofertados.

    Os Profesores do Programa abarcan prácticamente todas as ramas da Endocrinoloxía das máis básicas ás máis clínicas. Tratarase de facilitar a incorporación dos candidatos a aqueles Grupos que mellor se adapten ao seu perfil e ás súas aspiracións profesionais (investigación clínica, investigación básica, oncoloxía endocrinolóxica, neurobioloxía da homeostasis enerxética etc)

    O programa pretende familiarizar aos estudantes en formación coas diferentes técnicas dispoñibles para o estudo da patoloxía endocrinolóxica, facilitando así mesmo a interacción dos grupos básicos e clínicos de forma que os estudantes reciban unha formación do máis alto nivel.

    A aceptación no Programa incluirá a asistencia ás Actividades de formación que inclúen seminarios, discusións científicas, e asistencia a cursos e congresos, así como vivir o ambiente dun Centro de Investigación translacional e clínica.

    O Programa pretende incorporar estudantes altamente motivados en recibir unha ampla formación transdisciplinar utilizando as máis avanzadas técnicas de investigación dispoñibles.

    O Programa está aberto a candidatos de calquera nacionalidade e de feito nel están/formáronse estudantes de máis 10 países distintos. Os Profesores do Programa manexan o inglés científico de forma habitual e moitas das Actividades do programa son neste idioma, polo que os estudantes doutros países séntense confortables.

    Os estudantes seleccionados dispoñerán dun titor/Director de Tese que se encargará de facilitarlles a súa incorporación ao Grupo de investigación e da súa supervisión directa durante a súa etapa de formación

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

  • Título Data de lectura Autoría Dirección
    Desentrañando a patoxénese da Encefalopatía de Celia (PELD): O papel da seipina na neurodexeneración, lipodistrofia e outros danos tisulares nun modelo murino humanizado Mención doutoramento internacional 07/02/2025 Silvia Cobelo Gómez David Araujo Vilar
    Sofia Sanchez Iglesias
    Identificación de novas dianas metabólicas da lactancia prolongada. 28/03/2025 Raquel Pérez Lois Omar Al-Massadi Iglesias
    Luísa María Seoane Camino
    Rol do factor de transcrición p63 na fibrose hepática 12/03/2025 Eva María Nóvoa Deaño Carlos Dieguez Gonzalez
    Ruben Nogueiras Pozo
    POU1F1 como Regulador da Plasticidade Celular no Cancro de Mama 24/02/2025 Leandro Ávila Concepción Roman Perez Fernandez
    Regulación da distrofia muscular de Duchenne a través do sistema obestatin/GPR39. 09/05/2025 Fátima Fernández Barreiro Jesús Perez Camiña
    Icía Santos Zas
    ESTUDO DAS VESÍCULAS EXTRACELULARES NA COMUNICACIÓN ENTRE TECIDOS NA OBESIDADE: ANÁLISE FUNCIONAL E IDENTIFICACIÓN DE BIOMARCADORES VESICULARES CIRCULANTES PARA A PRÁCTICA CLÍNICA Mención doutoramento internacional 04/04/2025 Nerea Lago Baameiro Maria Pardo Perez
    Efectos metabólicos da inhibición hepática de p107 na comunicación fígado-tecido adiposo 11/04/2025 Tadeu De Oliveira Diz Carlos Dieguez Gonzalez
    Sulay Amparo Tovar Carro
  • Coordinador/a
    Miguel Antonio Lopez Perez

    Vogais
    Ana Belen Crujeiras Martinez
    Miguel Angel Martinez Olmos
    Yolanda Pazos Randulfe
    Sulay Amparo Tovar Carro
    Rosa Maria Señaris Rodriguez

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2023.