Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionarlle ao alumnado unha aproximación comprensible dos procesos que teñen lugar durante o desenvolvemento ó nivel anatómico, celular, molecular e de expresión xénica.
PARTE 1 (2,5h)
INTRODUCIÓN Á BIOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO. Organismos modelo. Etapas do desenvolvemento. Conceptos chave. Principais métodos de estudio.
DESCUBRIMENTOS TRANSCENDENTES PARA A BIOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO.
o Descubrimento da indución e os fenómenos de regulación. Formación dos eixos corporais do embrión. Gradientes. Organizador e centros sinalizadores.
o Constancia xenómica e transplante nuclear. Especificación e diferenciación das células. Células nai e pluripotencia. Reversibilidade da diferenciación: células nai inducidas e reprogramación xénica.
o Control xénico do desenvolvemento do embrión. Xenes selectores homeóticos
PARTE 2 (3,5h)
DETERMINACIÓN DO SEXO. Determinación cromosómica do sexo e determinación por factores ambientais. Determinación dos carácteres sexuais primarios e secundarios nos mamíferos. Orixe das células xerminais.
GAMETOXÉNESE. Comparación entre espermatoxénese e ovoxénese.
FECUNDACIÓN. Capacitación do espermatozoide. Recoñecemento, contacto e fusión dos gametos nos mamíferos. Prevención da polispermia. Fusión de pronúcleos. Activación do ovocito e comezo da etapa de segmentación. Partenoxénese e partenotas.
EMBRIOXÉNESE TEMPERÁ. Segmentación. Blastocisto de mamíferos. Implantación do embrión. Gastrulación. Mapas de territorios presuntivos. Gastrulación en mamíferos: formación do embrión bilaminar e trilaminar.
PARTE 3 (4,5h)
ENVOLTAS EXTRAEMBRIONARIAS. Formación das envoltas extraembrionarias e da placenta en mamíferos.
DESENVOLVEMENTO DAS PARTES DO EMBRION. ECTODERMA NEURAL: neurulación, crestas neurais. Neuroxénese. Indución e especificación das partes do sistema nervioso central. Xenes e mecanismos implicados. A CRISTA NEURAL. Funcións organizadoras da crista. PLACODAS CEFÁLICAS. Derivados placodales. ECTODERMA CUTÁNEA. A pel e outros derivados cutáneos.
MESODERMA. Diferenciación e segmentación do mesoderma. Especificación e diferenciación dos somites. Placa mesodérmica lateral. Desenvolvemento do corazón, sistema vascular e sanguíneo. Mesoderma intermedio. Desenvolvemento do sistema uroxenital. ENDODERMA. Formación e diferenciación rexional do endoderma. Derivados endodérmicos.
DESENVOLVEMENTO DAS EXTREMIDADES. Interaccións entre derivados ectodérmicos e mesodérmicos. Establecemento do patrón da extremidade. Papel dos xenes de desenvolvemento. Morte celular programada na extremidade en desenvolvemento.
PARTE 4 (2,5h)
BASES CELULARES E MOLECULARES DA MORFOXÉNESE. Movementos morfoxenéticos. Migracións celulares. Interaccións celulares. Adhesión celular no desenvolvemento. Moléculas sinalizadoras, moléculas de superficie e efectores intracelulares. Redes moleculares e xenes implicados.
EXPRESIÓN XÉNICA DIFERENCIAL DURANTE O DESENVOLVEMENTO TEMPERÁN. Xenes do desenvolvemento en Drosophila e formación do patrón axial e dorsoventral. Xenes selectores homeóticos. Conservación do patrón xénico do desenvolvemento en animais.
Bibliografía básica:
- Carlson BM. Embriología Humana y Biología del Desarrollo. Elsevier. 2019 RECURSO ELECTRÓNICO EN http://sfx.bugalicia.org/san/ebooksearch/
- Gilbert SF, Barresi MJF. 2020. Developmental Biology, 12th ed., Sinauer. (E edicións anteriores). A edición do 2000, 6ª ed., está dispoñible en aberto https://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK9983/?term=
- Wolpert L, Tickle C, Martínez Arias A. 2019. Principles of Development, 6th ed., Oxford UP. https://global.oup.com/uk/orc/xedition/wolpert5exe/
- Müller, WA. Developmental biology New York, NY : Springer New York, 1997. RECURSO ELECTRÓNICO EN http://sfx.bugalicia.org/san/ebooksearch/
- Webster S. Embriología - Lo esencial de un vistazo. Editorial Médica Panamericana, 2013. RECURSO ELECTRÓNICO. http://sfx.bugalicia.org/san/ebooksearch/
Bibliografía complementaria:
- Moore KL, Persaud TVN , Torchia M G . Embriología Clínica. 2020, 11ª Ed. RECURSO ELECTRÓNICO EN http://sfx.bugalicia.org/san/ebooksearch/
- Dye, FJ. Dictionary of Developmental Biology and Embryology. Wiley‐Blackwell. 2012, Second Edition. RECURSO ELECTRÓNICO EN http://sfx.bugalicia.org/san/ebooksearch/
Recursos Web
- Recursos genéticos sobre el ratón, modelos de enfermedades humanas:
- Mouse Genome Informatics: http://www.informatics.jax.org/
- Whole Mouse Catalog – Genome: http://wmc.rodentia.com/domain_genome.html
- The Jackson Laboratory: https://www.jax.org/
- Three-Dimensional Digital Mouse Atlas Using High-Resolution MRI: https://authors.library.caltech.edu/63440/
- Society for Developmental Biology: http://www.sdbonline.org/
- Dynamic Development (U. de Calgary): http://people.ucalgary.ca/~browder/virtualembryo/dev_biol.html
- The Zebrafish Book http://zfin.org/zf_info/zfbook/zfbk.html
- PubMed: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/ http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books?term=embryo
Ao rematar o curso, espérase que o alumnado de esta materia
-Dispoña dunha aproximación comprensible dos procesos básicos que teñen lugar no desenvolvemento dun individuo ao nivel anatómico, celular, molecular e de expresión xénica, a través da análise dos resultados dos experimentos que foron cruciais para o avance da Bioloxía do Desenvolvemento.
-Sexa capaz de identificar as principais etapas de desenvolvemento embrionario características dos principais organismos modelo.
-Coñeza os métodos de estudio na investigación en desenvolvemento e a súa aplicación á resolución de problemas específicos.
-Sexa capaz de aplicar os principios teóricos aprendidos á práctica mediante a interpretación de evidencias experimentais.
-Manexe as fontes de información e a bibliografía xeral e especializada relacionada coa materia.
-Coñeza a terminoloxía específica da materia e a utilice de forma fluída e con propiedade na comunicación escrita e oral.
Utilizaranse:
- Clases expositivas sobre o programa de teoría impartidas polo profesorado con apoio de medios audiovisuais. Terán asociados varios cuestionarios que se facilitarán ao alumnado a través do Campus Virtual da USC (Aula Virtual). A resolución destes cuestionario deberá facerse a través do Aula Virtual dentro do prazo habilitado. A cualificación destes cuestionarios contribúe á avaliación continua.
- Clase interactivas (seminarios).
• Seminarios tipo A: Resolución e debate sobre temas específicos propostos polo profesorado. Levan asociados cuestionarios específicos que deberán ser resoltos de xeito individual a través da Aula Virtual dentro do prazo habilitado. A súa cualificación contribúe á avaliación continua.
• Seminarios tipo B: seminarios impartidos polo alumnado. Cada persoa poderá expoñer e defender un traballo sobre algún tema específico relacionado coa investigación en bioloxía do desenvolvemento que deberá presentar tamén por escrito en forma de resumo. A cualificación destes seminarios contribúe á avaliación continua.
- Titorías (unha titoría de 1 h). Orientación e apoio para explicar as tarefas do alumnado (estudo, preparación dos seminarios, resolución de cuestionarios, etc.).
- A Aula Virtual será utilizada para facilitar o acceso ás presentación do profesorado nas clases expositivas, para a resolución dos cuestionarios sobre os contidos temáticos, para compartir bibliografía específica, así como para a entrega dos resumos das presentacións do alumnado nos seminarios.
O alumnado será obrigatoriamente cualificado mediante avaliación continua.
A avaliación continua será feita sobre a resolución a través do Aula Virtual e dentro dos prazos habilitados, de 6 cuestionarios (4 sobre os contidos do programa de teoría e 2 sobre os dos seminarios de tipo A) e sobre a presentación oral e por escrito dun traballo individual sobre un tema específico. A cualificación de cada cuestionario de teoría suporá o 1% da cualificación final e a de cada cuestionario de seminarios tipo A, o 2%. A suma das cualificacións da avaliación continua por resolución de cuestionarios suporá o 80% da cualificación final. A avaliación do traballo presentado dentro da actividade de seminario tipo B suporá un 20% da avaliación final.
Horas presenciais: 24h
- Teoría: 13 horas
- Seminarios: 10 horas
- Titoría: 1 hora
Horas de traballo persoal: 50 horas
- Estudo: 25 horas
- Resolución de cuestionarios e preparación de seminarios: 25 horas
- Asistencia e participación activa na clase.
- Estudo utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida nas clase (é fundamental que o estudo sexa o máis próximo posible á hora de clase).
- Estudo e revisión semanal da materia dada, utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida nas clases.
- Aclaración coa profesora de posibles dúbidas.
O Campus Virtual proporciona unha vía de comunicación directa e continua co alumnado para facilitar medios audiovisuais sobre os contidos de teoría, seminarios e prácticas, para a proposta e recollida de cuestionarios, resolución de dúbidas e difusión de calquera outra información que resulte de interese para o alumnado. Haberá operativa unha aula virtual na plataforma Moodle a disposición do alumnado. A comunicación tamén poderá realizarse a través de canles de comunicación directa como a aplicación MS-teams cando a situación o requira.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso) sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
Maria Isabel Rodriguez-Moldes Rey
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816950
- Correo electrónico
- isabel.rodriguez-moldes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | R.N.S.-Aula 10 |