Ir o contido principal

Programa de Doutoramento en Estudos da Literatura e a Cultura

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.literaturaecultura [at] usc.es

O Programa de Doutoramento en Estudos da Literatura e a Cultura caracterízase polo énfase nos estudos literarios dende diferentes perspectivas metodolóxicas e lingüísticas, cunha apertura cara a análise cultural. Entre os programas anteriores que se inscriben nesta nova proposta figuran o de Teoría da Literatura e Literatura Comparada, vencellado orixinalmente a un Máster Mundus, e o de Estudo e Anotación de Textos Literarios Españois. Así mesmo incorpóranse outros programas que se inscriben nos ámbitos da filoloxía latina, grega, italiana, francesa, galega, portuguesa e alemá.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5600497
Número prazas: 20

Coordinador-a do título:
Maria Soledad Perez-Abadin Barro
msoledad.perez-abadin [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
03/06/2022

Códigos ISCED:
(220) Humanidades
(210) Artes
(0229) Humanidades (otros estudios)

O Programa de Doutoramento en Estudos da Literatura e da Cultura caracterízase polo énfase nos estudos literarios dende diferentes perspectivas metodolóxicas e lingüísticas, cunha apertura cara á análise cultural.

Entre os programas anteriores que se inscriben nesta nova proposta figuran o de Teoría da Literatura e Literatura Comparada, vencellado orixinalmente a un Máster Mundus, e o de Estudo e Anotación de Textos Literarios Españois. Asi mesmo incorpóranse outros programas que se inscriben nos ámbitos da filoloxía latina, grega, italiana, francesa, galega, portuguesa e alemá.

O obxectivo é consolidar un programa de carácter competitivo a nivel español e internacional, baseándose nunha longa e exitosa traxectoría previa no ámbito específico dos estudos literarios e da análise cultural. O Programa proponse, por outra banda, afianzar un intenso labor de internacionalización que redunde en beneficio da formación dos estudantes e da competitividade investigadora da USC.

O obxectivo é consolidar un programa de carácter competitivo a nivel español e internacional, baseándose nunha longa e exitosa traxectoria previa no ámbito específico dos estudos literarios e da análise cultural. O Programa proponse, por outra banda, afianzar un intenso labor de internacionalización que redunde en beneficio da formación dos estudantes e da competitividade investigadora da USC.

Terán acceso directo, sen necesidade de cursar complementos de formación, os alumnos que cursaran os seguintes másteres oficiais:

  • Máster de Estudo e Edición de Textos Literarios Españois e Latinoamericanos.
  • Máster de Estudos Ingleses: Tendencias Actuais e Aplicacións
  • Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos.
  • Máster Universitario en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura.
  • Máster Universitario en Servizos Culturais.
  • Máster Erasmus Mundus Crossways in Cultural Narratives.
  • Máster en Estudos da lingua e da cultura
  • Outros másteres ou DEAs do ámbito das Humanidades e das Ciencias Sociais, que a xuízo da CA, non precisen de complementos formativos.

Polo que se refire á realización das actividades formativas, unha vez lograda a admisión no PD, poderá requirirse a acreditación de determinados niveis de idioma para a súa realización. Será preciso documentar un nivel B2 para poder optar á participación no Seminario Hermes.

A comisión académica decidirá, no momento de aceptar o ingreso de novos estudantes, quen precisan de complementos de formación. Están previsiblemente en tal situación os estudantes procedentes do ámbito das ciencias sociais e, con toda probabilidade, os que puidesen solicitar o ingreso cunha formación noutros campos. Os solicitantes procedentes do ámbito das humanidades e, desde logo, os que cursasen os másteres aos que se recoñece acceso directo non necesitarán ningunha formación adicional. Os complementos de formación específicos tomaranse das materias comúns do Máster en Estudos da literatura e da cultura.

As puntuacións por cada mérito serán valoradas polas comisións do xeito seguinte:

  1. Expediente académico: 55%
  2. Coñecementos de linguas (terase en conta o ámbito no que se pretenda facer a tese). Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (First Certificate, etc.): 15%
  3. Experiencia profesional (os candidatos deberán presentar documentación xustificativa): 5%
  4. Experiencia investigadora (os candidatos deberán presentar documentación xustificativa): 20%
  5. Outras titulación e méritos formativos: 5%

Sen complementos de formación:

De forma xeral, poderán acceder a este programa de doutoramento, os alumnos que cursasen unha licenciatura ou ben un grao e un máster investigador adscritos ao ámbito de coñecemento de Arte e Humanidades. Dentro da oferta de másteres da USC, dan acceso directo ao programa de doutoramento os seguintes:

1. Máster de Estudo e Edición de Textos Literarios Españois e Latinoamericanos.
2. Máster de Estudos Ingleses: Tendencias Actuais e Aplicacións.
3. Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos.
4. Máster Universitario en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura.
5. Máster Universitario en Servizos Culturais.
6. Máster Erasmus Mundus Crossways in Cultural Narratives.
7. Máster en Estudos da literatura e da cultura.

Outros perfís:

Para os perfís que non se adecúan plenamente ás condicións de acceso directo, a CAPD determina a realización de complementos de formación a partir das seguintes materias do Máster en Estudos da Literatura e da Cultura:

- Métodos de investigación en literatura e cultura (3 créditos)
- Bibliografía material, codicoloxía e historia do libro (3 créditos)
- Bases metodolóxicas da edición e da historia dos textos literarios (6 créditos)
- Crítica literaria e análise dá cultura (6 créditos)
- Estudos literarios comparados (6 créditos)

Acceso

1) Con carácter xeral, para o acceso a un programa de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos españois de grao, ou equivalente, e de máster universitario.

2) Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 18 do R.D. 822/2021 e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios, dos que, polo menos 60, haberán de ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme a normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Devanditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, previa obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme a sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, previa comprobación pola universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente ao do título español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento a outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme ás anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario que obtivese a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo con o procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, do 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3) Os doutorandos que iniciarán o seu programa de doutoramento conforme a anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento previa admisión, de acordo con o establecido no Regulamento de Estudos de Doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral na devandita lexislación para acceso a estudos de doutoramento.

4) Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que estivesen en posesión do Diploma de Estudos Avanzados obtido de acordo con o disposto no Real Decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcanzasen a suficiencia investigadora regulada no Real Decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5) Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que estivesen en posesión dun título de máster conforme ao Real Decreto 56/2005 ou do Real Decreto 822/2021, ou superasen 60 ECTS de estudos de máster .

6) Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios, dos que polo menos 60 haberán de ser de nivel de máster.

1) A acreditación de competencia idiomática en galego, castelán ou na lingua común de comunicación no ámbito de coñecemento da tese, con vistas á asignación do director adecuado e á realización de actividades formativas. O nivel indicarase coa correspondente certificación oficial das incluídas na listaxe de acreditacións recoñecidas polo Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC para os distintos niveis do Marco Común Europeo: https://www.usc.gal/es/servizos/clm/acreditacion/index.html.

1. Expediente académico (licenciatura 100% /grado 60%+máster 40%) = 50%.
2. Informe da viabilidade da tese e da idoneidade do candidato emitido por un/unha profesor/a do programa. = 30%.
3. Outros méritos (idiomas, cursos, becas e contratos, congresos, publicacións, outras titulacións, etc.) = 20%.

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Seminario anual do Consorcio Hermes para os estudos literarios e culturais

  • E5011A01

Seminarios de investigación

  • E5011A02

Participación en congresos

  • E5011A03

Mobilidade

  • E5011A04

Seminarios de formación transversal

  • E5011A05

Publicación

  • E5011A06

Encontros da Rede Galabra

  • E5011A07

Xornadas internacionais de iniciación á investigación en estudos dá literatura

  • E5011A08

Publicación na colección dixital Estudos da Literatura e da Cultura

  • E5011A09

Publicación de artigos, capítulos ou libros e coordinación de volumes colectivos

  • E5011A10

Impartición ou realización de cursos de formación e de idiomas

  • E5011A11
Profesores Área
Helena Rosa De Carlos Villamarin
Filoloxía Latina
Jose Carlos Quiroga Diaz
Filoloxías Galega e Portuguesa
Arturo Casas Vales
Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Angel Eugenio Abuin Gonzalez
Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Elias Jose Feijo Torres
Filoloxías Galega e Portuguesa
Antonio Jesus Gil Gonzalez
Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Ma Del Carmen Villarino Pardo
Filoloxías Galega e Portuguesa
Maria Teresa Vilariño Picos
Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Manuel Garcia Martinez
Filoloxía Francesa
Maria Felisa Rodriguez Prado
Filoloxías Galega e Portuguesa
Fernando Cabo Aseguinolaza
Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Maria Consuelo De Frutos Martinez
Filoloxía Italiana
Cristina Marchisio
Filoloxía Italiana
Cesar Pablo Dominguez Prieto
Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Laurence Malingret
Filoloxía Francesa
Paulo Gatica Cote
Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Profesores Área
Santiago Fernandez Mosquera
Literatura Española
Helena Rosa De Carlos Villamarin
Filoloxía Latina
Maria Soledad Perez-Abadin Barro
Literatura Española
Antonio Azaustre Galiana
Literatura Española
Dolores Vilavedra Fernandez
Filoloxías Galega e Portuguesa
Cristina Patiño Eirin
Literatura Española
Maria Dolores Sabate Planes
Filoloxía Alemá
Angel Eugenio Abuin Gonzalez
Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Javier Gutierrez Carou
Filoloxía Italiana
Elias Jose Feijo Torres
Filoloxías Galega e Portuguesa
Cecilia Criado Boado
Filoloxía Latina
Ma Del Carmen Villarino Pardo
Filoloxías Galega e Portuguesa
Jose Manuel Antonio Salgado Rodriguez
Filoloxías Galega e Portuguesa
Manuel Garcia Martinez
Filoloxía Francesa
Maria Xesus Nogueira Pereira
Filoloxías Galega e Portuguesa
Rosa Marta Gomez Pato
Filoloxía Alemá
Maria Felisa Rodriguez Prado
Filoloxías Galega e Portuguesa
Claudio Rodriguez Fernandez
Literatura Española
Mª De Los Desamparados Juan Bolufer
Literatura Española
Alejandra Ulla Lorenzo
Literatura Española
Maria Jose Alonso Veloso
Literatura Española
Profesores Área
Arturo Casas Vales
Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Maria Dolores Sabate Planes
Filoloxía Alemá
Angel Eugenio Abuin Gonzalez
Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Elias Jose Feijo Torres
Filoloxías Galega e Portuguesa
Ma Del Carmen Villarino Pardo
Filoloxías Galega e Portuguesa
Maria Isabel Moran Cabanas
Filoloxías Galega e Portuguesa
Maria Xesus Nogueira Pereira
Filoloxías Galega e Portuguesa
Rosa Marta Gomez Pato
Filoloxía Alemá
Maria Felisa Rodriguez Prado
Filoloxías Galega e Portuguesa
Fernando Cabo Aseguinolaza
Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Maria Consuelo De Frutos Martinez
Filoloxía Italiana
Laurence Malingret
Filoloxía Francesa
Maria Do Cebreiro Rabade Villar
Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Paulo Gatica Cote
Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Profesores Área
Santiago Fernandez Mosquera
Literatura Española
Angel Eugenio Abuin Gonzalez
Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Javier Gutierrez Carou
Filoloxía Italiana
Manuel Garcia Martinez
Filoloxía Francesa
Maria Consuelo De Frutos Martinez
Filoloxía Italiana
Laurence Malingret
Filoloxía Francesa
Maria Jose Alonso Veloso
Literatura Española

O Programa de Doutoramento en Estudos da Literatura e da Cultura caracterízase polo énfase nos estudos literarios dende diferentes perspectivas metodolóxicas e lingüísticas, cunha apertura cara á análise cultural.

Entre os programas anteriores que se inscriben nesta nova proposta figuran o de Teoría da Literatura e Literatura Comparada, vencellado orixinalmente a un Máster Mundus, e o de Estudo e Anotación de Textos Literarios Españois. Asi mesmo incorpóranse outros programas que se inscriben nos ámbitos da filoloxía latina, grega, italiana, francesa, galega, portuguesa e alemá.

O obxectivo é consolidar un programa de carácter competitivo a nivel español e internacional, baseándose nunha longa e exitosa traxectoría previa no ámbito específico dos estudos literarios e da análise cultural. O Programa proponse, por outra banda, afianzar un intenso labor de internacionalización que redunde en beneficio da formación dos estudantes e da competitividade investigadora da USC.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

• Coñecemento activo e crítico, cunha perspectiva interdisciplinar e internacional, da contorna metodolóxica e intelectual do ámbito contemporáneo dos estudos da literatura e a cultura.
• Competencia na comprensión conceptual e realización práctica de edicións críticas anotadas que sirva de referente textual dunha obra literaria.
• Competencia no coñecemento da teoría literaria e cultural contemporánea e na súa plasmación nunha investigación innovadora.
• Competencia no dominio das metodoloxías, crítica e teórica, dos estudos literarios e na capacidade para achegar novas perspectivas.

A información acerca dos estudantes egresados do programa revela unha alta porcentaxe de dedicación ao ensino secundario ou universitaria. Con respecto á primeira, os dous anos posteriores á finalización da tese dedícanse á preparación de oposicións para o ensino público, nalgún caso previa realización do máster requirido. Tamén se constatan doutores do programa que acceden ao ensino secundario privado. Con frecuencia, o doutor egresado xa dispoñía dun posto de traballo neste ámbito na súa etapa académica. Os doutores con docencia estable neste nivel desenvolven unha actividade investigadora a tempo parcial, reflectida en publicacións, conferencias e participación en eventos relacionados coa súa especialidade. Algunhas das súas actividades relacionadas coa súa investigación posdoutoral adoitan decantarse cara a un nivel máis divulgativo e pedagóxico.

Outra parte representativa dos doutores egresados prosegue a súa traxectoria académica en centros universitarios, nacionais e estranxeiros, pola vía dos contratos posdoutorales, os concursos de acceso a prazas e distintos postos e contratos en universidades españolas ou estranxeiras. Tras haberse doutoramento, o paso seguinte consiste en obter a acreditación como axudante doutor. Nas universidades estranxeiras esa traxectoria adoita comezar co posto de lector de español, ás veces simultáneo á realización de programas para homologar o seu título académico. Os doutores egresados que se incorporan a centros universitarios manteñen un alto nivel investigador, que nos seus primeiros anos garda relación directa coas súas investigacións doutorais.

Segundo os datos dispoñibles, estas son as saídas máis habituais:

1. A docencia no ensino superior universitario, en centros públicos e privados, nacionais e estranxeiros.
2. A docencia no ensino secundario, en centros públicos e privados.
3. Os contratos con centros de investigación, nacionais e estranxeiros.
4. Os contratos con revistas e editoriais especializadas nas publicacións literarias.
5. Os contratos con academias e centros privados de tradución e docencia.

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

A Universidade de Vigo conta cunha infraestrutura similar.

Especificamente, os doutorandos dispoñen de infraestruturas e servizos necesarios (laboratorios, biblioteca, recursos informáticos, etc) para realizar a súa investigación nos propios centros donde desenvolven o seu traballo (Facultade Química da USC e Facultade de Química da Universidade de Vigo.

Pode encontrarse máis información sobre recursos materiais e servizos dipoñibles, na páxina web do Programa.

O Programa conta ademais con financiamento procedente dun número elevado de Proxectos I+D de ámbito nacional, autonómica e europeo, así como con convenios de colaboración con empresas ou centros da administración pública. Este financiamento permite aos doutorandos, non só levar a cabo a súa investigación senón tamén dispoñer, dispoñer de axudas para a asistencia a congresos e estancias noutros centros nacionais e estranxeiros que serán de gran axuda na súa formación.

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado 7 de Memoria do Título.

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Maria Soledad Perez-Abadin Barro

Secretario/a
Maria Jose Alonso Veloso

Vogais
Rosa Marta Gomez Pato
Laurence Malingret
Ma Del Carmen Villarino Pardo
Cesar Pablo Dominguez Prieto
Maria Teresa Vilariño Picos
Maria Isabel Moran Cabanas

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

19,0

20,0

20,0

20,0

20,0

20,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta de prazas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

136,84

85,0

115,0

90,0

165,0

170,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

13,0

8,0

10,0

7,0

20,0

17,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de estudantes matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

85,0

77,0

76,0

65,0

61,0

52,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

53,85

62,5

90,0

71,43

55,0

64,71

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

23,08

12,5

30,0

14,29

15,0

5,88

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

15,38

12,5

30,0

14,29

15,0

5,88

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

7,69

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

27,06

25,97

23,68

24,62

31,15

30,77

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

10,59

9,09

7,89

9,23

9,84

13,46

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

15,38

0,0

20,0

14,29

20,0

5,88

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

56,47

54,55

52,63

52,31

62,3

69,23

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual do número de estudantes a tempo parcial sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo parcial aqueles que teñen a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

14,12

16,88

21,05

18,46

16,39

19,23

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

29,41

28,57

26,32

29,23

21,31

11,54

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

12,5

4,76

10,0

11,76

2,63

5,56

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

2,38

5,0

0,0

2,63

0,0

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

28,57

20,0

20,59

18,42

33,33

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

0,1667

0,5714

0,2857

0,2

0,0

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

102,0

105,0

121,0

112,0

111,0

113,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

2,6154

2,6923

3,025

2,9474

3,0

3,1389

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

92,31

92,31

92,5

92,11

91,89

91,67

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

79,49

84,62

75,0

73,68

72,97

72,22

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

2,22

6,25

6,12

6,06

3,23

12,9

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

9,09

45,0

19,05

-

6,67

17,12

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

4,0

6,0

7,0

7,0

10,0

7,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

75,0

100,0

85,71

85,71

90,0

85,71

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas  a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo parcial sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

25,0

0,0

14,29

14,29

10,0

14,29

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

1,0

0,0

1,0

2,0

3,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

3,0

5,0

5,0

5,0

7,0

6,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

0,0

1,0

1,0

0,0

0,0

1,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

2,9589

4,5304

4,3397

3,9918

4,8187

4,3393

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

2,9589

2,589

4,8849

4,0027

4,8671

5,5863

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

33,33

14,29

42,86

0,0

14,29

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de “cum laude”

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación de “cum laude” sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

75,0

83,33

100,0

71,43

80,0

85,71

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

25,0

33,33

71,43

14,29

30,0

42,86

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

22,78

48,57

50,72

33,33

43,24

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.08.2024.