Predición de condutas negativas entre estudantes de Universidade e a súa relación con variables académicas de interese
Autoría
L.A.G.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense

Data da defensa
11.07.2025 12:30
11.07.2025 12:30
Resumo
Tradicionalmente, os estudos sobre as condutas negativas entre estudantes concentráronse na ensinanza primaria e secundaria. Neste artigo preséntanse os resultados dun estudo feito con alumnos do grao en Relacións Laborais da Universidade de Santiago de Compostela. Co fin de ter unha maior comprensión acerca das condutas negativas, analizouse a frecuencia con que 217 estudantes indicaron experimentalas. Así mesmo, analizáronse dous factores de personalidade (estabilidade emocional e extraversión) e a satisfacción e rendemento académicos, co obxectivo de establecer unha relación entre as condutas negativas e estas variables. Conclúese que, no ámbito universitario, as condutas máis experimentadas polos estudantes son as que se encontran dentro da dimensión “Desprecio e Ridiculización”. Se nos referimos aos predictores, o curso dos estudantes e a súa estabilidade emocional prevén significativamente o feito de experimentar condutas negativas. Ademais, podemos afirmar que as condutas negativas teñen influencia sobre a satisfacción académica, sendo os resultados relativos ao rendemento inconsistentes.

Dirección
SALGADO VELO, JESUS FERNANDO (Titoría)
CUADRADO GONZALEZ, DAMARIS Cotitoría
SALGADO VELO, JESUS FERNANDO (Titoría)
CUADRADO GONZALEZ, DAMARIS Cotitoría
Tribunal
Sobral Fernández, Jorge (Presidente/a)
MARTINEZ GOMEZ, ALEXANDRA (Secretario/a)
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Vogal)