Ao tempo, as prácticas permiten a adquisición de competencias que lles preparan para o exercicio de actividades profesionais, facilitan a súa empregabilidade e fomentan a súa capacidade de emprendemento.
Prácticas de Grao
É unha materia de 9 créditos na que se poñen en práctica os coñecementos teóricos obtidos na materia de Dereito do Traballo e de Dereito da Seguridade Social a través da resolución nas clases de diversos supostos e casos prácticos de ambas as dúas materias.
O obxectivo principal consistirá en poñer a disposición dos alumnos os métodos necesarios para lograr os coñecementos esixibles no exercicio profesional do especialista en Relacións Laborais e facilitar así mesmo a súa inserción no mercado de traballo, buscando aqueles aspectos e materias que presentan maior litixiosidade en cada momento ou que se considera de maior transcendencia social.
Poderanse realizar prácticas externas de carácter optativo cunha asignación de 12 créditos. En función do perfil do alumnado e dos seus intereses particulares, asignaráselle unha entidade na que realizar as prácticas entre as distintas empresas, institucións e organismos cos que o centro ten convenio.
Os estudantes, en coordinación cos correspondentes titores e titoras de prácticas do Grao e da empresa ou institución que se lle asigne, realizarán aquelas labores que a entidade determine dentro do marco das competencias xerais e específicas que lles corresponden.
Prácticas de Máster
O desenvolvemento das Prácticas Externas ten como finalidade a posta en práctica polos/ as alumnos/ s dos coñecementos, destrezas e habilidades adquiridos ao longo do Máster. Consiste na realización de prácticas mediante un sistema de permanencia regrada nunha empresa, organismo ou institución administrativa, económica ou profesional, de carácter público ou privado así como na elaboración dunha memoria na que se plasme a experiencia da realización das mesmas.
As prácticas teñen como obxectivo fundamental complementar a formación teórica dos/ as estudantes e facilitar a súa inserción no mundo laboral. Permitirán a asimilación por parte dos/ as estudantes da realidade institucional e empresarial da súa contorna no ámbito das súas respectivas profesións futuras cos seguintes fins, en particular:
- Formación integral no ámbito de estudo do título, equilibrando a formación teórica e a práctica.
- Adquisición das competencias propias do título.
- Obtención de experiencia profesional que facilite a empleabilidade e a inserción máis adecuada no mercado laboral.
- Desenvolvemento da capacidade de decisión, do espírito crítico e da capacidade de traballo en equipo.
A carga total é de 6 créditos (ECTS) distribuídos dos seguinte xeito:
- Horas de prácticas presenciais na empresa / institución: 150 horas.
Son prácticas de carácter voluntario que non poden ter unha duración superior a 12 créditos (300 horas). Para a realización das prácticas é preciso o asinamento dun convenio de cooperación entre a USC e a entidade correspondente.
O estudante non pode manter ningunha relación contractual coa empresa, institución pública ou privada na que vai realizar as prácticas e quedan igualmente excluídas as entidades colaboradoras que estean participadas en máis dun 10% ou dirixidas ou administradas por un estudante solicitante. Débese elaborar unha memoria na que se plasme a experiencia da realización das prácticas.