Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias sociales, trabajo social, relaciones laborales y recursos humanos, sociología, ciencia polí
Centro(s)
Facultade de Relacións Laborais
Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881815125 (Conserxaría)
881815126 (Decanato)
relacionslaborais.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Facultade de Relacións Laborais-entrada principal

O Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos ten como obxectivo a formación de expertos no ámbito do traballo e das súas relacións que lles permita exercer a profesión de Graduado Social, intervir no deseño e posta en práctica de políticas de recursos humanos, así como prestar apoio no ámbito sociolaboral.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2500975
    Número prazas: 90

    Decano/a ou director/a do centro:
    JESUS FERNANDO SALGADO VELO
    jesus.salgado@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Mario Antonio Lado Campelo

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)

    Data de publicación no BOE:
    05/03/2010(correc. de erros: 29/09/2011)

    Data da última acreditación:
    30/11/2017

    Os obxectivos xerais do título de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos pretenden que, tras a superación dun programa de formación multidisciplinar, o graduado, como experto que será no ámbito do traballo e das súas relacións, entendidas estas en sentido amplo (regulación legal das relacións traballador-empresario; organización do traballo; dirección e xestión de persoas e grupos nas organizacións…), adquira as competencias necesarias para exercer de xeito axeitado a profesión de Graduado Social, intervir no deseño e posta en práctica da estratexia e as políticas de recursos humanos, así como en materia de organización do traballo en todo tipo de organizacións, ademais de asesorar, prestar apoio e emitir dictames no ámbito sociolaboral.

  • Non se contempla

  • Non se contemplan mencións.

  • O centro conta 10 aulas destinadas á docencia, con distintas capacidades, 4 aulas de seminario, e dúas aulas de informática para a docencia equipadas con ordenadores.

    Entre os espazos habilitados para o alumnado, conta con dúas aulas de internet, dotadas con ordenadores, e unha sala de lectura con máis de 130 postos compartida coa Facultade de Ciencia Política.

    A Biblioteca do centro é a Biblioteca Concepción Arenal, compartida coa Facultade de Ciencia Política e Sociais e a Facultade de Dereito. Conta con máis de 900 postos de lectura e rede sen fíos en todas as súas instalacións.

  • 1. Os obxectivos xerais do título de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos pretenden que, tras a superación dun programa de formación multidisciplinar, o graduado, como experto que será no ámbito do traballo e das súas relacións, entendidas estas en sentido amplo (regulación legal das relacións traballador-empresario; organización do traballo; dirección e xestión de persoas e grupos nas organizacións), adquira as competencias necesarias para:
    2. Exercer de xeito axeitado a profesión de Graduado Social.
    3. Intervir no deseño e posta en práctica da estratexia e as políticas de recursos humanos, así como en materia de organización do traballo en todo tipo de organizacións.
    4. Asesorar, prestar apoio e emitir dictames no ámbito sociolaboral.

  • Mobilidade

    O Centro conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é autorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acollida. Nestes profesores recaen a responsabilidade de localizar e analizar titulaciones e plans de estudo doutras Universidades, co obxecto de descubrir similitudes que permitan realizar os intercambios só con aquelas titulacións cuxos contidos se axustan a esta.

    A mobilidade dos estudantes realízase a partir do segundo ano de estudos na titulación, en períodos cuadrimestrais ou anuais. A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha Comisión de Selección, composta polo director, a responsable da UAGCD (Unidade de apoio á xestión de centros e departamentos) e os/as coordinadores académicos, de acordo cos criterios de baremación, previamente establecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, no seu caso, as competencias en idiomas que esixe a Universidade de destino.

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Consonte o art. 12.8 do RD 1393/2007 poderán ser recoñecidos até un máximo de 6 ECTS.

  • Para poder inscribirse no Traballo de Fin de Grao o estudante deberá de superar 150 créditos de carácter obrigatorios. De acordo cos obxectivos establecidos nesta materia, de carácter obrigatoria, os estudantes deberán realizar e presentar un traballo no que demostren as competencias adquiridas ao longo dos catro anos de estudos. O Centro fará cada curso unha oferta de traballos/titores.

  • O curso ponte do Grao en Relacións Laborais e Recursos humanos terá unha duración dun curso académico e ofertarase de modo presencial, coa posibilidade de cursalo a tempo completo ou a tempo parcial.

    Poderán acceder os diplomados en Relacións Laborais, en Graduado Social ou os graduados sociais diplomados. Os titulados estranxeiros deberán ter o seu título convalidado en España.

    Na modalidade para diplomados en Relacións Laborais haberá que cursar as seguintes materias:

    • Dereito Administrativo II: procedemento e recursos administrativos. OB (6 créd.)
    • Comportamento organizacional. OB (6 créd.)
    • Dereito da Seguridade Social II. OB (6 créd.)
    • Selección, avaliación e desenvolvemento de persoal. OB (6 créd.)
    • Planificación e valoración de cadros de persoal. OB (6 créd.)
    • Traballo fin de grao. OB (10 créd.)

    Na modalidade para diplomados en Graduado Social e graduados sociais diplomados haberá que cursar as seguintes materias:

    • Dereito Administrativo II: procedemento e recursos administrativos. OB (6 créd.)
    • Comportamento organizacional. OB (6 créd.)
    • Selección, avaliación e desenvolvemento de persoal. OB (6 créd.)
    • Planificación e valoración de cadros de persoal. OB (6 créd.)
    • Dereito Societario. OB (6 créd.)
    • Dereito Tributario. OB (6 créd.)
    • Facenda pública: réxime fiscal da empresa. OB (6 créd.)
    • Dirección e xestión de recursos humanos. OB (6 créd.)
    • Prácticas de Dereito do Traballo. OB (9 créd.)
    • Traballo fin de grao. OB (6 créd.)
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2023.