Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencias polít
Centro(s)
Facultade de Relacións Laborais
Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881815125 (Conserxaría)
881815126 (Decanato)
relacionslaborais.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Silvia Fernandez Martinez
Contacto
master.xesdirlaboral@usc.gal

O máster, cun enfoque eminentemente práctico, prepara aos egresados en titulacións vinculadas coas relacións laborais para que acaden unha alta cualificación profesional no eido da auditoría sociolaboral, a dirección laboral e a xestión de recursos humanos na empresa. É un máster interuniversitario coas universidades de A Coruña e Vigo.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4312031
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 30

    Decano/a ou director/a do centro:
    JESUS FERNANDO SALGADO VELO

    Coordinador-a do título:
    Silvia Fernandez Martinez
    master.xesdirlaboral@usc.gal

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 13/2007 do 1 de febreiro (DOG 8/02/2007)

    Data de publicación no BOE:
    5/04/2017

    Data da última acreditación:
    08/07/2015

    Este máster de 60 créditos, ten como obxectivos:

    • Mellorar a profesionalidade e sumar formación académica aos egresados nas titulacións relacionadas coas relacións laborais e os recursos humanos.
    • Dar resposta a unha ampla demanda social entre os titulados da área de ciencias sociais e xurídicas.
    • Desenvolver un programa interuniversitario no que as tres universidades galegas se implican ao mesmo nivel, xerando, mediante a mobilidade do profesorado e alumnado, unha docencia de calidade.
    • Ofrecer ao seu alumnado unha formación integral, preparando a profesionais de alto nivel no eido da auditoría sociolaboral, dirección laboral e xestión dos recursos humanos na empresa.

    É un máster interuniversitario coas universidades de A Coruña e Vigo.

  • Créditos que deberá cursar o alumno para obter a titulación:
    Obrigatorios 24
    Optativos vinculados á especialidade 24
    Prácticas externas obrigatorias 6
    Traballo Fin de Máster 6
    Total 60

    1.Especialidad en Xestión Sociolaboral (USC)
    2.Especialidad en Dirección Laboral de Empresas (UVIGO)
    3.Especialidad en Recursos Humanos (UDC)

    O tronco común do máster impártese no primeiro semestre nas tres universidades. No segundo semestre cada universidade impartirá as materias da correspondente especialización.

    O alumno deberá matricularse nas materias optativas correspondentes vinculadas á especialidade que elixa. Non se poderá expedir o título se o estudante non ten completado algunha das especialidades. Se o estudante realiza todas as materias vinculadas a cada unha das especialidades poderá obter o título de Máster coas tres especialidades.

    Os estudantes poderán ser alumnos dunha universidade e matricularse en materias doutra universidade sen someterse a un traslado de expediente de acordo co que estableza o Convenio.

  • O máster, cun enfoque eminentemente práctico, prepara aos egresados en titulacións vinculadas coas relacións laborais para que acaden unha alta cualificación profesional no eido da auditoría sociolaboral, a dirección laboral e a xestión de recursos humanos na empresa. É un máster interuniversitario coas universidades de A Coruña e Vigo.

  • O Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral persigue os siguientes obxectivos:

    1º.- Mellorar a profesionalidade dos egresados/as en titulacións ou grados relacionados cas relacións laboráis e recursos humenos
    2º.- Incrementar a bagaxe académica das persoas procedentes do grao con un programa de especialización.
    3º.- Dar resposta a una ampla demanda social existente na Comunidade Autónoma de Galicia entre extensos colectivos, básicamente de graduados sociales, diplomados en relacións laboraos, licenciados en ciencias do traballo e graduados en relación s laboráis recursos humanos.
    4º.- Establecer un programa interuniversitario no que as tres Universidades gallegas se impliquen o mesmo nivel, sin perxuízo da necesidade de coordinación entre elas, y baixo o patrocinio e a colaboración estreita da Consellería de Traballo e Benestar. A dita coordinación facilitará, mediante a precisa mobilidade de profesorado e alumnado, una maior calidade nas docencia. De manera más concreta, se pretende que los alumnos obtengan las siguientes competencias xerais e específicas.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

    Prácticas

    As prácticas están orientadas a completar a formación dos alumnos e a facilitar o seu acceso ao mundo profesional e/ou ao labor académico e investigador. Os alumnos contan cun titor externo, pertencente á entidade en que realizan as prácticas, e cun titor académico que se coordina co titor externo para realizar as prácticas e que realiza a avaliación en función da memoria de prácticas que o alumno debe realizar e do informe emitido polo titor externo.

    Existen convenios con entidades externas, vinculados ao actual Máster en Xestión e Dirección Laboral, asinados a través do Vicerrectorado con competencias en Oferta Docente, para a realización das prácticas externas.

  • O alumno deberá realizar un Traballo Fin de Máster individual, cunha asignación de 6 créditos. Este suporá a realización dun proxecto ou estudo no que se apliquen e desenvolvan os coñecementos adquiridos no máster. Para presentar o Traballo Fin de Máster será requisito superar a totalidade dos créditos obligatorios establecidos no plan de estudos. O traballo deberá permitir avaliar os coñecementos e capacidades adquiridas polos estudantes nos ámbitos de coñecemento do Máster, e promover a iniciación en tarefas investigadoras. Será dirixido por un membro do equipo docente do máster, que exercerá como titor. Todas as continxencias derivadas do desenvolvemento e avaliación desta materia deberán guiarse pola normativa aplicable, e na súa falta, polas directrices que emanen da Comisión Interuniversitaria do Máster.

  • O cadro docente do máster está formado por profesores das universidades participantes cunha traxectoria docente e investigadora moi relevante e recoñecida profesionalmente.

    Trátase dun máster de orientación profesional polo que o contacto directo entre os estudantes e os profesionais de recoñecido prestixio que o imparten supón unha parte moi importante dos obxectivos do máster.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.05.2025.