
Ampliado ata o 31 de marzo o prazo para pedir as bolsas ‘Retorna ao Rural’ dirixidas a estudantado de Ciencias, ADE e Humanidades
Coa intención de promover o retorno a territorios rurais e apoiar as empresas asentadas nel, o programa oferta prácticas cunha duración dun mes que poderán realizarse entre abril e xullo de 2025
Ler máis
O grupo Iacobus profundará nas pezas do Museo Provincial de Lugo os días 20 e 21 de marzo
A inscrición é gratuíta e aberta a toda a cidadanía ata completar as 60 prazas dispoñibles
Ler máisClaudio Rodríguez Fer, Premio Babel de Literatura 2025
A Universidade de Texas outorgoulle este galardón pola “calidade excepcional e a importante contribución do seu traballo” no campo literario
Ler máisOs conflitos por falsidades e falsificacións na Idade Moderna, obxecto de debate en Humanidades
A Facultade acollerá o 21 de marzo este foro cuxo prazo de inscrición permanece aberto de balde para o conxunto da cidadanía
Ler máisA rehabilitación dos cascos históricos abre as Xornadas de Nova Investigación que o Idega impulsa no Campus de Lugo
Desenvolveranse ao longo dos meses de marzo, abril e maio na Facultade de Humanidades da USC
Ler máisA mostra ‘Ritos e rituais de inverno’ exhibe en Lugo máis de oitenta máscaras do Entroido portugués de Trás-os-Montes
Á área de Antropoloxía Social e Cultural da Universidade de Santiago de Compostela participa na organización desta exposición que bota a andar este xoves 13 e que poderá visitarse ata o 15 de maio no Vello Cárcere
Ler máisO fulgor das Faíscas Culturais alumea o legado da Domus do Mitreo
O 25 aniversario do descubrimento do templo dedicado ao deus Mitra serve de punto de partida para unha serie de intervencións nas aulas nas que o estudantado conectará os contidos das súas titulacións co valor do patrimonio lucense
Ler máisMedalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes para Encarna Lago, docente do Mestrado en Servizos Culturais
É xerente da Rede Museística Provincial de Lugo e no seu labor nese eido prima os proxectos que promovan a inclusión, a accesibilidade e a participación comunitaria
Ler máisA actualidade da USC xa pode seguirse dende a rede social BlueSky
Esta nova canle de comunicación bota a andar logo da decisión, adoptada polo Claustro Universitario, de cesar a actividade en X
Ler máisO Campus Terra profunda no labor de innovación social no rural realizado polo emprendemento das mulleres que o habitan
A xornada 'Arredor do rural. Aprendizaxes dende as voces das mulleres' levarase a cabo o vindeiro 5 de decembro na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e na Facultade de Humanidades da USC
Ler máisMulleres á Fronte impulsa un diagnóstico sobre as eivas coas que se atopan as migrantes nas artes escénicas de Galicia
A antropóloga e profesora da Facultade de Humanidades Luzia Oca González lidera este proxecto no que se elaborou un ‘Directorio de mulleres migrantes artistas en Galicia’ e un ‘Arquivo Dixital do Batuko de Ribeira Grande de Santiago (Cabo Verde)’
Ler máisUnha nova labarada de Faíscas Culturais prende no Campus de Lugo grazas á chama do Centro Dramático Galego
O director do CDG Fran Núñez achegou ao estudantado das facultades de Formación do Profesorado, Administración e Dirección de Empresas e Humanidades as claves da produción e a creatividade teatral
Ler máisHumanidades reflexiona arredor do vínculo entre xestión cultural e disciplinas artísticas
O foro froito da colaboración entre USC e a EASD Ramón Falcón serviu de marco para conectar os traballos realizados polo estudantado coa sociedade lucense e a súa contorna
Ler máis