Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Equipamentos

O centro conta con seis aulas de propósito xeral, con capacidades entre 32 e 88 postos, e cinco seminarios para 20 persoas.

Todos os espazos de docencia están equipados con ordenador e canón videoproxector. Disponse dun salón de actos para 188 persoas totalmente equipado e dun salón de graos para 55 persoas.

A Facultade conta cunha aula de informática con 25 postos, unha sala de lecturas e un estudo de TV (e-Terra) para a gravación das clases. Conta cun espazo de lactación na segunda planta do edificio.

A cafetería ten comedor para 200 persoas. Ademais, o centro dispón de local de alumnos, sala de investigadores e laboratorio de idiomas. Todas as instalacións dispoñen de acceso wifi e están adaptadas para persoas con diversidade funcional.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.09.2023.