Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Ampliado ata o 31 de marzo o prazo para pedir as bolsas ‘Retorna ao Rural’ dirixidas a estudantado de Ciencias, ADE e Humanidades

Edificio CACTUS do Campus de Lugo. FOTO: Santi Alvite
Edificio CACTUS do Campus de Lugo. FOTO: Santi Alvite
Coa intención de promover o retorno a territorios rurais e apoiar as empresas asentadas nel, o programa oferta prácticas cunha duración dun mes que poderán realizarse entre abril e xullo de 2025

O programa ‘Retorna ao Rural con Campus Terra’ dá pulo á realización de prácticas en empresas ou entidades situadas no rural de Galicia. O estudantado das facultades de Ciencias, Administración e Dirección de Empresas e Humanidades aínda pode concorrer a esta convocatoria cuxo prazo acaba de ser ampliado ata o luns, 31 de marzo. 

Dirixidas a estudantado vinculado ao Campus Terra da USC, as bolsas, financiadas polo convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Consellaría de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, diríxense a estudantado de grao (último ano) ou mestrado. Coa intención de promover o retorno a territorios rurais e apoiar as empresas asentadas nel, o programa oferta prácticas cunha duración dun mes que poderán realizarse entre abril e xullo de 2025. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.03.2025.