Mobilidade
A selección de candidatos/as, nas convocatorias de intercambio académico en que a asignación de destinos sexa realizada polo Centro, desenvolverase de acordo coa normativa. Así, será presidida polo responsable académico de movilidad do Centro e integrado polos coordinadores académicos e por o/a responsable da Unidade de xestión de centro e departamento, que actuará como secretario/a.
A Facultade, ademais dos\/as responsables citados arriba, conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é tutorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acolleita.
A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Prácticas
O plan de estudos do Grado en Xestión Cultural contempla a realización de prácticas externas no primeiro semestre do último curso cunha extensión de 6 ECTS. O obxectivo fundamental é oferecer ao estudante a oportunidade de efectuar unha inmersión no mundo profesional e, así mesmo, de aplicar de xeito integrado e consolidar o conxunto de competencias e aprendizaxes que traballou ao longo do itinerario formativo.
Durante a realización das prácticas, o/a estudante dispón dun seguimento docente personalizado mediante un profesional que actúa como titor/a de centro de prácticas e un membro do profesorado que exerce como titor/a académico/a, os cales garanten que as prácticas se levan a cabo respeitando o proxecto formativo acordado, seguindo os principios de inclusión, igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal.
Poderán realizarse en entidades colaboradoras tales como empresas, institucións e entidades públicas e privadas, relacionadas co ámbito da xestión cultural tanto nacionais como internacionais, oferecendo aos estudantes a posibilidade de realizar prácticas formativas en países europeos participantes no programa Erasmus co obxectivo de contribuír a os estudantes se adaptaren ás esixencias do mercado laboral a nivel europeo e a desenvolveren competencias de tipo lingüístico, cultural e profesional.
Estableceranse procedementos de configuración da oferta, difusión, solicitude e adxudicación das prácticas externas tanto na modalidade presencial como na semipresencial.