Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

TFM

Os Másteres conclúen coa elaboración e defensa pública dun Traballo de fin de máster que deberá realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

O Traballo Fin de Máster (TFM) ten por obxectivo a elaboración dun exercicio integrador ou de síntese que permita aplicar os coñecementos adquiridos nas materias do Máster de modo que está vinculado ás súas áreas de coñecemento.

A defensa do TFM terá lugar unha vez se teñan superadas o resto de materias do Máster.

O TFM en Física ten asignados 12 créditos ECTS obrigatorios.

O TFM en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable ten asignados 15 créditos ECTS obrigatorios.

O TFM en Ciencia e Tecnoloxías de Información Cuántica ten asignados 15 crédtiso ECTS obrigatorios.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.02.2025.