Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Equipamentos

A Facultade de Física está constituída polos bloques I-V distribuídos entre o edificio principal (I-III) e o edificio Monte da Condesa (IV-V), separados uns 200 m.

Dispón de nove aulas para docencia equipadas con sistemas de videoproxección con capacidades entre 25 e 140 prazas e de dúas aulas de informática equipadas con 25 e 18 postos. Para a formación experimental hai habilitados oito laboratorios en constante modernización. Outros espazos de uso común son a biblioteca, a hemeroteca, a sala de estudo (141 postos), o local de alumnos, as dúas salas de xuntas e a aula magna (135 postos). En todo o edificio hai acceso á rede inalámbrica (wifi). O edificio principal dispón dunha cafetería.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.06.2023.