- Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n, 15782Santiago de Compostela
- 881813952 (Conserxería)
- 881813954 (Decanato)
- fisica.decanato@usc.gal
A ciencia atópase inmersa nunha “segunda revolución cuántica” que procura aproveitar o control sobre os fenómenos cuánticos logrado nas últimas décadas para crear tecnoloxías efectivas en diferentes campos, particularmente na xestión da información. Esta nova revolución xerará importantes oportunidades nos próximos anos, asociadas ás tecnoloxías de simulación, sensores, computación, comunicacións e criptografía. As aplicacións esperadas inclúen o manexo eficiente de conxuntos de datos moi grandes, a solución de problemas combinatorios exponenciais (con aplicacións á loxística), o deseño por computador de moléculas e fármacos, a implementación de comunicacións secretas e xeración de claves seguras, ou a capacidade de medir cantidades físicas con moita maior precisión (metroloxía cuántica).