Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Ámbito de coñecemento
Interdisciplinar.
Centro(s)
Facultade de Física
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813952 (Conserxería)
881813954 (Decanato)
fisica.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Antonio Jesus Garcia Loureiro
Contacto
antonio.garcia.loureiro@usc.es

A orientación da presente Titulación é dobre, investigadora e profesional. Unha orientación profesional vinculada ao interese e compromiso de numerosas empresas do sector, e una orientación investigadora vencellada á existencia dun doutoramento en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética, único no Sistema Universitario de Galicia.

  • Código RUCT: 4316632
    Número de ECTS: 90
    Número prazas: 25

    Decano/a ou director/a do centro:
    MARIA ELENA LOPEZ LAGO

    Coordinador-a do título:
    Antonio Jesus Garcia Loureiro
    antonio.garcia.loureiro@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 13/06/2018 (DOG do 29/06/2018)

    Data de publicación no BOE:
    4/01/2019

    Data da última acreditación:
    12/12/2024

    O obxectivo xeral é a formación de técnicos capacitados para planificar, proxectar, organizar e dirixir proxectos globais no campo das enerxías renovables e a sostibilidade dentro do complexo marco do cambio climático. Cando falamos de proxecto global estamos a expor desde o deseño técnico da instalación mediante modelado de procesos realistas, a avaliación do tempo de retorno, o estudo da eficiencia enerxética e viabilidade, a súa sustentabilidade, o desempeño de tarefas de xestoría enerxética en diversos ámbitos, emitir certificacións de eficiencia enerxética, a de impartición de cursos de formación continua para egresados ou persoal de Empresas e Institucións e, no último caso, a construción do sistema enerxético e o seu posterior control de calidade e seguimento.

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 51
    Optativas: 12
    Prácticas externas 12
    Traballo fin de máster: 15
    Total: 90

    Non se contemplan

  • A orientación da presente Titulación é dobre, investigadora e profesional. Unha orientación profesional vinculada ao interese e compromiso de numerosas empresas do sector, e una orientación investigadora vencellada á existencia dun doutoramento en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética, único no Sistema Universitario de Galicia.

  • Este novo mestrado aposta pola innovación en medioambiente e enerxía como base para mellorar a taxa de abastecemento e situar a Galicia como provedor de servizos e produtos de alto valor engadido, e calidade contrastada e diferenciada, nos sectores enerxético e do medio ambiente, co obxectivo claro de mellorar a súa comercialización e trazabilidade como elemento chave para desenvolver un estado de benestar global.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    A facultade de Física conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é titorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acollida.

    A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha Comisión de Selección, composta polo decano ou decana, o vicedecano ou vicedecana responsable de programas de intercambio, o/a responsable da UAGCD e os/as coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación, previamente establecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, de ser o caso, as competencias en idiomas que esixe a Universidade de destino.

    Prácticas

    As prácticas externas en empresas, organismos públicos ou privados ou laboratorios de investigación relacionados coa temática do novo Máster constitúen unha actividade de natureza formativa realizada polos estudantes cuxo obxectivo é permitirlles aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica, favorecendo a adquisición de competencias en distintos aspectos das enerxías renovables e a sustentabilidade enerxética. Deste modo, o alumno incorporará coñecementos prácticos aos xa adquiridos na aula e/ou laboratorio.

    Desde a Comisión Académica do Máster en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable desenvolveuse un ambicioso proxecto de contacto con empresas e institucións para a realización de prácticas externas que estaban vinculadas á elaboración futura do Traballo de Fin de Máster nelas, resultado do cal asináronse convenios de colaboración que foron básicos para a incorporación dos alumnos ao mercado laboral.

  • Despois de ter cursado un ano do máster de enerxías renovables o alumno terá coñecementos suficientes para poder realizar un traballo sobre algún aspecto destas enerxías e a sustentabilidade. Tamén coincidirá no tempo coa realización das prácticas en empresas, departamentos universitarios ou centros de investigación, polo que o traballo poderá estar relacionado coas prácticas

    A presentación e defensa do Traballo Fin de Máster poderase realizar cando o alumno teña superado todos os créditos correspondentes ao resto de materias do plan de estudos, de acordo coa normativa vixente.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.10.2024.