Ondas e estruturación na natureza.
Autoría
T.L.I.
Grao en Física
T.L.I.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Fenómenos como o bombeo e circulación de sangue, a propagación de impulsos nerviosos, a dinámica de poboacións, a predición meteorolóxica, o análise dos mercados financeiros ou as reaccións químicas oscilantes como a de Belousov-Zhabotinsky, entre moitos outros, son sistemas moi distintos e complexos con múltiples variábeis actuando ó mesmo tempo, pero con algo en común: todos poden ser analizados dende a física non lineal. Esta disciplina encárgase de encontrar as ecuacións que gobernan o comportamento destos sistemas, coincidentes en moitos casos, e establecer relacións específicas entre os parámetros que as rixen. Neste sentido, no presente traballo faise unha aproximación dende esta rama da física ao primeiro sistema mencionado, o comportamento das células do corazón responsábeis do bombeo de sangue. Mediante métodos numéricos resólvense as ecuacións difusivas que o dirixen, establecendo as bases do seu comportamento e mostrando como este se traduce nas solucións do sistema.

Dirección
Pérez Muñuzuri, Alberto (Titoría)
Pérez Muñuzuri, Alberto (Titoría)
Tribunal
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
Dependencia angular do campo magnético crítico do supercondutor NbSe2
Autoría
E.A.S.
Grao en Física
E.A.S.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
NbSe2 é un supercondutor con Tc=7.2 K uniaxialmente anisotrópico que presenta varias bandas electrónicas supercondutoras. Nun monocristal deste material realizáronse medidas de resistencia eléctrica fronte á temperatura en presencia de campos magnéticos con diferentes orientacións respecto aos planos ab cristalográficos. Estas medidas permitiron determinar o campo magnético crítico Hc2 (a partir do cal o material deixa de estar en estado supercondutor). Observouse un comportamento anómalo que se puido interpretar en base á natureza multibanda deste material.

MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Titoría)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Titoría)
Tribunal
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
Diagnóstico precoz de Enfermidade de Alzheimer mediante cuantificación PET
Autoría
L.M.R.
Grao en Física
L.M.R.
Grao en Física
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
Coa chegada de novas terapias modificadoras da Enfermidade de Alzheimer (EA), xorde unha crecente necesidade dun diagnóstico preciso e temprano deste trastorno neurodexenerativo. Neste contexto, a Tomografía por Emisión de Positróns (PET) xoga un papel central xa que permite a detección in vivo do rasgo neutropatolóxico característico da enfermidade: a presenza de placas beta-amiloide. Non obstante, a análise destas imaxes non é trivial e require de modelos estadísticos avanzados para comprender as implicacións a longo prazo da acumulación de amiloide. Neste traballo, centrámonos en investigar o curso temporal da acumulación da proteína amiloide na EA, dende as etapas máis asintomáticas ata as estapas de demencia da enfermidade. Para elo, empregamos datos de imaxes PET de voluntarios en distintas etapas da EA e aplicamos diversas ferramentas matemáticas que nos permitirán reconstruir a evolución temporal dos agregados proteicos anormales ao longo do tempo.

GOMEZ RODRIGUEZ, FAUSTINO (Titoría)
Aguiar Fernández, Pablo Cotitoría
GOMEZ RODRIGUEZ, FAUSTINO (Titoría)
Aguiar Fernández, Pablo Cotitoría
Tribunal
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
Síntese e caracterización de nanopartículas magnéticas de estructura núcleo-coraza con potenciais aplicacións teragnósticas
Autoría
I.P.R.
Grao en Física
I.P.R.
Grao en Física
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
No presente TFG estúdanse as propiedades de nanopartículas magnéticas (MNPs) con estrutura núcleo-coraza en vista das súas potenciais aplicacións como axentes teranósticos. Con ese fin, primeiro constrúese un marco teórico para dar a coñecer a actualidade científica en nanomagnetismo e, concretamente, en propiedades da estrutura núcleo-coraza. Posteriormente, descríbese o desenvolvemento experimental. Sintetízanse as nanopartículas nun proceso de dúas etapas, logo lávanse e finalmente funcionalízanse para volvelas solubles. Estúdanse as súas propiedades físico-químicas a través de microscopía electrónica de transmisión (TEM), difracción de raios X (XRD) e dispersión dinámica da luz (DLS), obtendo parámetros básicos das MNPs como tamaño, forma, estrutura cristalina e estabilidade coloidal. Finalmente, compáranse os resultados obtidos para diferentes mostras entre si e con resultados doutros estudos.

PARDO MONTERO, ALBERTO (Titoría)
PARDO MONTERO, ALBERTO (Titoría)
Tribunal
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
Fonte de raios X xerada por láser
Autoría
J.R.M.
Grao en Física
J.R.M.
Grao en Física
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
Os detectores de radiación activos convencionais baseados en sistemas electrónicos presentan limitacións á hora de utilizarse para caracterizar fontes ultrarrápidas, como as xeradas por láser no Laboratorio Láser de Aceleración e Aplicacións (L2A2). Por este motivo, é habitual o uso de detectores pasivos, como as Imaging Plates, debido ao seu alto rango dinámico, sensibilidade e reutilizabilidade. Neste traballo preséntase un estudo de resolución espacial e calibración absoluta de seis tipos de IP (4IQ1, 4IQ2, 2IQ1, 2IQ2, 2IQ3 y 2IQ4), realizado mediante o uso de raios X, que proporcione un espectro limpo de pile-up. Todas as medicións de sensibilidade da IP realízanse cun tubo xerador de raios X. Finalmente, propóñense dúas funcións da resposta absoluta calibrada das IPs no rango de enerxía de 0 a 50 keV.

ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Titoría)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Titoría)
Tribunal
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
Estudo comparado da estructura electrónica de óxidos de níquel e óxidos de cobre superconductores.
Autoría
G.R.R.
Grao en Física
G.R.R.
Grao en Física
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
O obxectivo deste traballo de fin de grao é comparar os compostos superconductores laminares de alta temperatura CaCuO2 e LaNiO2. Os óxidos de cobre conteñen catións Cu2+ e os óxidos de níquel conteñen catións Ni+ e, pese a ter os mesmos electróns na banda d, as súas propiedades electrónicas son diferentes. A primeira parte do traballo consta dunha explicación do entorno cristalino que estaremos a estudar, considerando o entorno octaédrico, o efecto Jahn Teller e o entorno plano cadrado. A continuación, trato a teoría Density Functional Theory (DFT), a cal se usa para resolver o problema multielectrónico. Despois, describo o funcionamento do software WIEN2K co que se obteñen as simulacións electrónicas necesarias para as comparacións. Finalmente, presento e comparo as simulacións electrónicas obtidas para ambos compostos para os casos sen espín e con espín baseándome na Teoría do Campo Cristalino. Cabe destacar que no caso con espín contemplo as configuracións antiferromagnética e ferromagnética, mais só se presentan os resultados electrónicos para a antiferromagnética (a menos enerxética).

PARDO CASTRO, VICTOR (Titoría)
PARDO CASTRO, VICTOR (Titoría)
Tribunal
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
Innovación frugal aplicada á producción de manteca de karité en Burkina Faso
Autoría
R.S.M.
Grao en Física
R.S.M.
Grao en Física
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
Preséntase o deseño e dimensionado dun centro de transformación baseado nas técnicas de innovación frugal para unha asociación de mulleres produtoras de manteiga de karité na rexión de Bobo-Dioulasso en Burkina Faso. Preséntanse dous deseños, ambos baseados na tecnoloxía solar: un centrado en tecnoloxías socialmente apropiadas e outro en tecnoloxías intermedias. Para esto, realizouse unha estimación do consumo enerxético e dos procesos de simultaneidade que nos permita dimensionar unha instalación solar fotovoltaica adecuada ás necesidades. Da mesma forma, descríbese o deseño dun deshidratador, un forno e unha cociña todos eles solares realizados na filosofía da innovación frugal.

LOPEZ AGUERA, Ma ANGELES (Titoría)
LOPEZ AGUERA, Ma ANGELES (Titoría)
Tribunal
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
Estudo ab initio da anistropía magnetocristalina en metais de transición
Autoría
X.A.C.
Grao en Física
X.A.C.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
A anisotropía magnetocristalina é a diferenza de enerxía existente polo feito de orientar a magnetización dun material magnético ao longo dos distintos eixes cristalinos. O seu orixe está na interacción de espín-órbita e é un efecto moi pequeno para o que non existen modelos simples con capacidade predictiva. Neste traballo de fin de grao estudarase a maneira de calcular desde técnicas computacionais a anisotropía magnetocristalina en varios metais de transición. Para iso, é necesario realizar cálculos suficientemente precisos, que se levarán a cabo utilizando cálculos ab initio baseados na teoría do funcional da densidade (DFT) implementada no paquete comercial WIEN2k. Como a anisotropía magnetocristalina é moi pequena, da orde de micro-eV por átomo, será necesario utilizar superceldas nas que se comparará a diferenza de enerxía cando a magnetización se orienta ao longo dos distintos eixes do cristal. Analizarase se os funcionais estándar de correlación-intercambio teñen capacidade predictiva, tanto cuantitativa (orde de magnitude da enerxía) como cualitativa (predicción correcta dos eixes de fácil magnetización), para describir a anisotropía magnetocristalina.

ALVAREZ MUÑIZ, JAIME (Presidente/a)
BELIN , SAMUEL JULES (Secretario/a)
CARBALLEIRA ROMERO, CARLOS (Vogal)
ALVAREZ MUÑIZ, JAIME (Presidente/a)
BELIN , SAMUEL JULES (Secretario/a)
CARBALLEIRA ROMERO, CARLOS (Vogal)
Líquidos iónicos en aplicacións enerxéticas: efectos medioambientales
Autoría
A.D.C.
Grao en Física
A.D.C.
Grao en Física
Data da defensa
19.02.2024 15:00
19.02.2024 15:00
Resumo
Os líquidos iónicos están formados únicamente por ións, e teñen un punto de fusión moi baixo en comparación co resto de sales. Estes compostos gañaron un gran interese nos últimos anos polas súas interesantes propiedades que os fan especialmente aptos para o seu uso como disolventes, catalizadores, lubricantes ou electrólitos. Unha das principais características que lles dan tanto interese para distintas aplicacións é a súa baixa volatilidade, o que lles permite ser considerados líquidos verdes por non contaminaren a atmosfera. Non obstante, aínda é necesario un estudo da súa toxicidade xa que non é posible descartar un vertido destes compostos que poida afectar ao medio terrestre e/ou acuático. Para realizar este estudo escolleuse unha serie de líquidos iónicos de diferentes familias catiónicas (imidazolio, piridinio, pirrolidinio e amonio) e analizouse a súa toxicidade utilizando o test de toxicidade Microtox. Esta metodoloxía, ampliamente usada, baséase na redución da bioluminiscencia da bacteria mariña Aliivibrio Fischeri como consecuencia da adición, en diferentes doses, destes líquidos iónicos. O parámetro utilizado é o EC50, que corresponde coa dose que xenera unha redución do 50% da intensidade luminosa emitida. Ademáis, comprobouse como o aumento na lonxitude das cadeas alquilo da lugar a compostos máis tóxicos.

PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Titoría)
SALGADO CARBALLO, JOSEFA Cotitoría
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Titoría)
SALGADO CARBALLO, JOSEFA Cotitoría
Tribunal
MAS SOLE, JAVIER (Presidente/a)
PARDO MONTERO, ALBERTO (Secretario/a)
CALVO IGLESIAS, MARIA ENCINA (Vogal)
MAS SOLE, JAVIER (Presidente/a)
PARDO MONTERO, ALBERTO (Secretario/a)
CALVO IGLESIAS, MARIA ENCINA (Vogal)
Ondas de gravidade na atmosfera
Autoría
P.G.P.
Grao en Física
P.G.P.
Grao en Física
Data da defensa
19.02.2024 15:00
19.02.2024 15:00
Resumo
Estudo sobre a teoría lineal de ondas de gravidade na atmosfera. Realizarase o desenvolvemento matemático que permite obter unha ecuación lineal de ondas de gravidade a partir das ecuacións fundamentais da dinámica na atmosfera a través de certas aproximacións e un método que separa as variables nunha parte perturbada e outra estacionaria. A solución ondulatoria a esta ecuación proporciona información relevante sobre as propiedades xerais da propagación destas ondas, e aplicando condicións de contorno pódese analizar con maior detalle o caso concreto das ondas de montaña.

MIGUEZ MACHO, GONZALO (Titoría)
MIGUEZ MACHO, GONZALO (Titoría)
Tribunal
MAS SOLE, JAVIER (Presidente/a)
PARDO MONTERO, ALBERTO (Secretario/a)
CALVO IGLESIAS, MARIA ENCINA (Vogal)
MAS SOLE, JAVIER (Presidente/a)
PARDO MONTERO, ALBERTO (Secretario/a)
CALVO IGLESIAS, MARIA ENCINA (Vogal)
Efecto radiobiolóxico das incertezas da taxa de dose na modelaxe da resposta tumoral en radioterapia metabólica
Autoría
A.B.R.
Grao en Física
A.B.R.
Grao en Física
Data da defensa
20.02.2024 17:00
20.02.2024 17:00
Resumo
A radioterapia metabólica (MRT) é un tipo de tratamento contra o cancro utilizado en medicina nuclear que consiste na administración de fármacos radioactivos no organismo do paciente que se depositan preferentemente no tumor, irradiándoo cando decaen. A MRT presenta un gran potencial clínico, pero tamén importantes limitacións de cara ao seu pleno desenvolvemento: en particular, a dificultade de determinar con precisión a dose e a taxa de dose recibida polo tumor (froito da biocinética dos fármacos no organismo) impide facer unha planificación individualizada baseada en estudos de dose-efecto. No presente traballo estudarase como a incerteza na taxa de dose inflúe na probabilidade de control tumoral (TCP). Analizarase a dependencia da incerteza da TCP co tempo medio de reparación do dano subletal, o cociente alfa/beta e a vida media física do isótopo utilizado.

Pardo Montero, Juan Cotitoría
GOMEZ RODRIGUEZ, FAUSTINO (Titoría)
Pardo Montero, Juan Cotitoría
Tribunal
PARENTE BERMUDEZ, GONZALO (Presidente/a)
VAZQUEZ SIERRA, CARLOS (Secretario/a)
MONTERO ORILLE, CARLOS (Vogal)

Produción de barións Omega en colisións pPb a unha enerxía no centro de masa nucleón-nucleón de 5.02 TeV no experimento LHCb.
Autoría
M.I.M.
Grao en Física
M.I.M.
Grao en Física
Data da defensa
20.02.2024 17:00
20.02.2024 17:00
Resumo
O presente traballo céntrase no estudo de colisións nucleares a altas enerxías, con especial atención á producción de quarks estraños s como unha posible sinal da formación do Plasma de Quarks e Gluones (QGP). Utilízase o experimento LHCb do Gran Colisionador de Hadrones (LHC) para analizar as taxas de produción do barión multiestraño Omega en colisións protón-núcleo, concretamente, protón-plomo (pPb) a unha enerxía do sistema de centro de masa de 5.02 TeV. O obxectivo principal deste estudo é o barión multiextraño Omega, formado por tres quarks s de valencia, que constitúe unha sonda ideal para caracterizar as propideades do QGP. Ademais de abordar o aumento da producción de estrañeza en colisións de alta multiplicidade, explóranse as taxas de produción do barión Omega en diversas zonas de decaemento a través do espectro de masa invariante.

SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Titoría)
LANDESA GOMEZ, CLARA Cotitoría
SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Titoría)
LANDESA GOMEZ, CLARA Cotitoría
Tribunal
PARENTE BERMUDEZ, GONZALO (Presidente/a)
VAZQUEZ SIERRA, CARLOS (Secretario/a)
MONTERO ORILLE, CARLOS (Vogal)
PARENTE BERMUDEZ, GONZALO (Presidente/a)
VAZQUEZ SIERRA, CARLOS (Secretario/a)
MONTERO ORILLE, CARLOS (Vogal)
Eliminando sesgo intrínseco na medida da fase alfa de violación CP en desintegraciones B0 a (rho pi)0
Autoría
P.E.M.P.
Grao en Física
P.E.M.P.
Grao en Física
Data da defensa
20.02.2024 17:00
20.02.2024 17:00
Resumo
Dado que a cantidade de asimetría materia-antimateria medida actualmente no Modelo Estándar é demasiado pequena para producir o Universo dominado pola materia no que vivimos en polo menos 9 ordes de magnitude, é imperativo buscar novas fontes de violación CP a nivel microscópico, de cara a posibles contribucións fora da teoría de Kobayashi-Maskawa do Modelo Estándar. A fase alfa (tamén chamada phi2) desta teoría, dentro do triángulo de unitariedade mellor estudado (de ángulos alfa, beta, gamma), é actualmente a aportación menos coñecida ás restricións do mecanismo CKM que goberna as transicións de quarks na interacción débil, que é a principal fonte de asimetría materia-antimateria en dito Modelo. En última instancia, esto limita a sensibilidade a novos procesos de alta orde na oscilación do mesón B0-Bbarra0 que inducen a violación CP a través da interferencia coa fase das desintegracións b a u das que deriva alfa. A desintegración B0 a (rho pi)0 é unha das canles máis prometedoras para estudar alfa, xa que o nivel de incerteza da súa teoría está por debaixo do alcance experimental de calquera experimento actual ou futuro. Porén, sábese que a parametrización experimental mediante a cal extráese actualmente alfa en tales desintegracións está sesgada tendo en conta os numerosos compromisos nos que se basea. O obxectivo deste proxecto é cuantificar exactamente a magnitude do sesgo nas medicións actuais en relación coa incerteza teórica y propor un estimador alternativo non sesgado para alfa nas desintegracións B0 a (rho pi)0 no futuro.

ADEVA ANDANY, BERNARDO (Titoría)
DALSENO , JEREMY PETER Cotitoría
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Titoría)
DALSENO , JEREMY PETER Cotitoría
Tribunal
PARENTE BERMUDEZ, GONZALO (Presidente/a)
VAZQUEZ SIERRA, CARLOS (Secretario/a)
MONTERO ORILLE, CARLOS (Vogal)
PARENTE BERMUDEZ, GONZALO (Presidente/a)
VAZQUEZ SIERRA, CARLOS (Secretario/a)
MONTERO ORILLE, CARLOS (Vogal)
Fundamentos da radiación de freado dipolar en gases
Autoría
A.N.R.
Grao en Física
A.N.R.
Grao en Física
Data da defensa
20.02.2024 17:00
20.02.2024 17:00
Resumo
A recente medida da radiación de freado dipolar (ou neutro) en gases electrificados ten recibido grande atención, en particular no contexto da operación de cámaras de proxección temporais adicadas á detección directa de materia escura e decaemento dobre-beta sen neutrinos (https://journals.aps.org/prx/abstract/10.1103/PhysRevX.12.021005). Amosaremos neste traballo unha recompilación do marco teórico existente en gases nobres, así como exemplos experimentais recentes; ademais de realizar unha comparativa cos mecanismos máis significativos de radiación electromagnética existentes.

GONZALEZ DIAZ, DIEGO (Titoría)
GONZALEZ DIAZ, DIEGO (Titoría)
Tribunal
PARENTE BERMUDEZ, GONZALO (Presidente/a)
VAZQUEZ SIERRA, CARLOS (Secretario/a)
MONTERO ORILLE, CARLOS (Vogal)
PARENTE BERMUDEZ, GONZALO (Presidente/a)
VAZQUEZ SIERRA, CARLOS (Secretario/a)
MONTERO ORILLE, CARLOS (Vogal)
Máis alá das baterías de litio
Autoría
J.P.M.
Grao en Física
J.P.M.
Grao en Física
Data da defensa
20.02.2024 17:00
20.02.2024 17:00
Resumo
Neste traballo presentarase unha análise preliminar das baterías de litio, coas súas vantaxes e inconvintes actuáis. A continuación, presentarase unha análise sobre a potencial evolución tecnolóxica deste tipo de sistema de almacenamento enerxético, facendo especial énfase en como os novos tipos de materiáis para ánodos, cátodos e electrolitos e a súa integración nos dispositivos poden mellorar a capacidade de almacenamento enerxético e a durabilidade das baterías. Finalmente, realizarase unha reflexión crítica sobre a futura viabilidade destas potenciais novas tecnoloxías.

TABOADA ANTELO, PABLO (Titoría)
TABOADA ANTELO, PABLO (Titoría)
Tribunal
PARENTE BERMUDEZ, GONZALO (Presidente/a)
VAZQUEZ SIERRA, CARLOS (Secretario/a)
MONTERO ORILLE, CARLOS (Vogal)
PARENTE BERMUDEZ, GONZALO (Presidente/a)
VAZQUEZ SIERRA, CARLOS (Secretario/a)
MONTERO ORILLE, CARLOS (Vogal)
Implementación dun simulador Lagranxiano para o estudo do transporte de residuos plásticos na Ría de Arousa.
Autoría
M.R.O.
Grao en Física
M.R.O.
Grao en Física
Data da defensa
20.02.2024 17:00
20.02.2024 17:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao desenvólvese o proceso de implementación do modelo de circulación oceánica Lagranxiano OceanParcels. O obxectivo é levar a cabo un estudo do transporte dos residuos plásticos emitidos polos ríos Ulla e Umia na Ría de Arousa durante certo período de tempo. Estudos análogos foron feitos no Grupo de Física Non Liñal da USC, partindo dos mesmos datos hidrodinámicos para o campo de velocidades das augas da ría, e dos caudais dos ríos Ulla e Umia. As simulacións realizadas polo GFNL foron feitas co simulador MOHID-Lagrangian, baseado en Fortran. Un dos puntos máis interesantes deste traballo, é ver cómo se pode adaptar o simulador Lagranxiano OceanParcels, baseado en Python, para levar a cabo as mesmas simulacións que xa foron feitas nun simulador baseado nunha linguaxe compilada. Exemplifícase a eficiencia de Parcels á hora de levar a cabo simulacións de períodos longos e dun grande número de partículas, e preséntase a disxuntiva entre un simulador con maior facilidade de uso aínda que con maiores tempos de execución, fronte a outros simuladores máis complexos pero con tempos de execución máis curtos. Ao longo deste traballo comentaráse o proceso de adaptación; desde a lectura de datos, os algoritmos nos que se basea o código principal, ata a visualización de resultados. Estudaráse a variación das traxectorias das partículas en función do momento e do lugar onde sexan emitidas, o tempo que tardan as partículas en saír da nosa rexión de estudo, ou incluso un estudo da dependencia dos tempos de execución das simulacións con diferentes factore. Tamén se comentarán posibles futuras implementacións de cara a completar o estudo e obter un maior rango de resultados.

Pérez Muñuzuri, Vicente (Titoría)
BUÑUEL I MURISCOT, ARNAU Cotitoría
Pérez Muñuzuri, Vicente (Titoría)
BUÑUEL I MURISCOT, ARNAU Cotitoría
Tribunal
PARENTE BERMUDEZ, GONZALO (Presidente/a)
VAZQUEZ SIERRA, CARLOS (Secretario/a)
MONTERO ORILLE, CARLOS (Vogal)
PARENTE BERMUDEZ, GONZALO (Presidente/a)
VAZQUEZ SIERRA, CARLOS (Secretario/a)
MONTERO ORILLE, CARLOS (Vogal)
Implementación de métodos de Machine Learning para a predición de temperaturas máximas e mínimas diarias no territorio galego
Autoría
B.D.V.F.
Grao en Física
B.D.V.F.
Grao en Física
Data da defensa
20.02.2024 17:00
20.02.2024 17:00
Resumo
Neste TFG aplicaranse técnicas de Machine Learning ao ámbito da meteoroloxía, concretamente realizarase un postprocesado dos datos que se obteñen dos modelos numéricos antes de amosarse ao público, traballo que, de forma xeral, é realizado por meteorólogos formados. A ferramenta principal de traballo será Keras, unha libraría especialmente deseñada para crear redes de aprendizaxe profundo, esta executarase sobre TensorFlow. Con axuda desta libraría, construiranse distintas redes neuronais co obxectivo de acadar o mencionado postprocesado. Os diferentes modelos terán inputs similares (unha selección das distintas variables que nos ofrecen os modelos numéricos) e un mesmo output (temperaturas máximas e mínimas diarias). O obxectivo final deste proxecto sería converter esta ferramenta nun complemento funcional real que reforzase as necesarias correccións que deben facer, diariamente, os meteorólogos con respecto ás temperaturas.

Martinez Hernandez, Diego (Titoría)
VILLARROYA FERNANDEZ, SEBASTIAN Cotitoría
Martinez Hernandez, Diego (Titoría)
VILLARROYA FERNANDEZ, SEBASTIAN Cotitoría
Tribunal
PARENTE BERMUDEZ, GONZALO (Presidente/a)
VAZQUEZ SIERRA, CARLOS (Secretario/a)
MONTERO ORILLE, CARLOS (Vogal)
PARENTE BERMUDEZ, GONZALO (Presidente/a)
VAZQUEZ SIERRA, CARLOS (Secretario/a)
MONTERO ORILLE, CARLOS (Vogal)
Anomalías na Teoría Cuántica de Campos
Autoría
A.A.O.
Grao en Física
A.A.O.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
As anomalías son esenciais para o entendemento profundo da teoría cuántica de campos. Este estudo analiza detalladamente o seu papel crucial nas teorías modernas das interaccións fundamentais. Inicia cunha revisión meticulosa das simetrías nas teorías clásicas e cuánticas de campos, establecendo o marco teórico para comprender estes fenómenos. Posteriormente, concéntrase no estudo das anomalías globais, situando a anomalía quiral no centro da discusión. Explóranse tanto as implicacións experimentais como teóricas destas anomalías, enfatizando a súa relevancia en física de partículas. Ademais, abórdase o problema das anomalías gauge, que presentan desafíos para a consistencia das teorías. Examínanse teorías potencialmente anómalas, discútense as condicións esenciais para a cancelación das anomalías e ilústrase este proceso mediante o caso paradigmático do Modelo Estándar da física de partículas. Por último, estúdase o impacto das anomalías no contexto da gravitación, unha peza esencial para calquera teoría que aspire a acoplarse de maneira consistente á gravidade.

BORSATO , RICCARDO (Titoría)
BORSATO , RICCARDO (Titoría)
Tribunal
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
Caracterización dun sistema lubricante- surfactante mediante determinacións experimentais de tensión superficial
Autoría
M.B.G.
Grao en Física
M.B.G.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
Os lubricantes están gañando importancia na industria global xa que son unha alternativa para mellorar a eficiencia enerxética, a sostenibilidade e a redución de costos. Na actualidade, empréganse para os vehículos eléctricos, o que inclúe a aplicación de aceites de viscosidades reducidas para contrarrestar as altas velocidades do motor eléctrico. Así, o desenvolvemento de novas formulacións de lubricantes é imprescindible. Neste traballo estúdase o comportamento de distintas propiedades físicas: tensión superficial, densidade, velocidade do son, compresibilidade adiabática e presión superficial, nun sistema composto por un lubricante e un surfactante. O lubricante é unha polialfaolefina, a PAO4, e o surfactante é ácido oleico (OA). O que se quere conseguir neste estudo é ver como van variando estas propiedades físicas para distintas proporcións de PAO4 e OA. Para iso se prepararán varias mostras con distintas concentracións de cada substancia e se medirán experimentalmente a tensión superficial, a densidade e a velocidade do son. Logo, a partir destos valores, se obterán a compresibilidade adiabática e a presión superficial.

AMIGO POMBO, ALFREDO JOSE (Titoría)
GINER RAJALA, OSCAR VICENT Cotitoría
AMIGO POMBO, ALFREDO JOSE (Titoría)
GINER RAJALA, OSCAR VICENT Cotitoría
Tribunal
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
Uso de nanomateriais para a mellora das propiedades dos lubricantes de vehículos eléctricos
Autoría
I.C.A.
Grao en Física
I.C.A.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
Debido á necesidade de cambio cara un futuro máis sostible, este traballo ten como obxectivo o estudo termofísico e tribolóxico de nanolubricantes como fluídos de transmisión de vehículos eléctricos, procurando unha mellora da súa eficiencia. Para isto, seleccionouse como aceite base unha polialfaolefina (PAO6) e nanopartículas de óxido de grafeno funcionalizado (GO-F) como aditivos. Co obxectivo de comprobar a correcta funcionalización do GO, caracterizáronse tanto as nanopartículas de GO como as de GO-F a través de diferentes técnicas: espectroscopía Raman e infravermella, difracción de raios X de po, microscopía electrónica de varrido (SEM) e microscopía electrónica de transmisión (TEM). Formuláronse nanolubricantes de GO-F con diferentes concentracións de 0,05 %, 0,10 %, 0,15% e 0,20 %, co fin de obter a concentración óptima de nanolubricante. Para estos, analizouse a súa estabilidade así como a fricción, o desgaste e a rugosidade de superficies postas en contacto cos lubricantes de por medio, observando unha mellora notable con respecto ao aceite base sen aditivar. Para rematar, avaliamos a variación da densidade e a viscosidade das nanodispersións coa temperatura, observando pequenas variacións destas dúas propiedades con respecto ao aceite base.

FERNANDEZ PEREZ, JOSEFA (Titoría)
Liñeira del Río, José Manuel Cotitoría
FERNANDEZ PEREZ, JOSEFA (Titoría)
Liñeira del Río, José Manuel Cotitoría
Tribunal
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
Desenvolvemento de nanoestruturas magnéticas de vangarda para aplicacións biomédicas
Autoría
P.D.L.
Grao en Física
P.D.L.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
As nanopartículas magnéticas son materiais novidosos de considerable interese no ámbito biomédico debido á súa capacidade para xerar calor mediante hipertermia magnética e a súa utilidade como axentes de contraste na imaxe por resonancia magnética. No presente estudo, realizouse a síntese e caracterización fisicoquímica e magnética dunha serie de nanoestruturas magnéticas avanzadas con diversas cubertas de biopolímeros. Puidose comprobar que estas nanoestruturas presentan autofluorescencia, avaliándose ademais a súa resposta ante a aplicación de hipertermia, co obxectivo de explorar o seu potencial neste tratamento. Os resultados demostraron un comportamento superparamagnético e diferentes eficiencias térmicas en aplicacións de hipertermia, destacándose especialmente as nanopartículas con recubrimentos de lignina pola súa elevada resposta térmica.

MIRA PEREZ, JORGE (Titoría)
González Gómez, Manuel Antonio Cotitoría
MIRA PEREZ, JORGE (Titoría)
González Gómez, Manuel Antonio Cotitoría
Tribunal
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
Clústeres metálicos estabilizados con proteínas como axentes de contraste: síntese e caracterización
Autoría
G.F.S.
Grao en Física
G.F.S.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
Neste traballo propúxose a síntese de nanoclústeres de ferro embebidos en seroalbúmina bovina, que é biocompatible e moi similar á humana, co obxectivo de deseñar un nanosistema viable como axente de contraste T1 en resonancia magnética nuclear. Elixiuse un proceso de síntese verde similar ao empregado para nanoclústeres de ouro reducidos coa mesma proteína. Para a obtención dos nanoclústeres, usáronse sales de cloruro de ferro en proporción 2:1, e avaliouse a súa formación a catro concentracións distintas de ferro. Tres destas mostras resultaron ser estables en disolución e, nas dúas de maior concentración, observouse un claro comportamento magnético. Tras a purificación das mostras, procedeuse a realizar a caracterización dos sistemas obtidos, avaliando o tamaño, a forma e o peso molecular. Ademais, verificamos a formación de óxidos de ferro unidos covalentemente á proteína e estimouse o número de moléculas de magnetita e seroalbúmina en cada sistema. Tamén, estudamos a modificación da estrutura da proteína debido a esta unión e obtivemos as propiedades de absorbancia e fluorescencia. Finalmente, analizouse en profundidade o seu comportamento fronte a un campo magnético. Para todas as mostras verificamos a obtención de nanosistemas formados por óxidos de ferro e varias moléculas de proteína, observando que a morfoloxía dos sistemas varía segundo a concentración de ferro. Na mostra de menor concentración obtivemos mórulas de nanopartículas esféricas, mentres que nas mostras máis concentradas formáronse nanoclústeres embebidos en fibras, os cales presentan fluorescencia e propiedades superparamagnéticas. Polo tanto, o seu uso como axente de contraste sería factible

Ogando Cortés, Alejandro Cotitoría
PARDO MONTERO, ALBERTO (Titoría)
Ogando Cortés, Alejandro Cotitoría
Tribunal
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
Parametrización dun sistema de polimerización por dos fotones
Autoría
D.L.F.
Grao en Física
D.L.F.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
Neste traballo investigarase a viabilidade do sistema de polimerización por dous fotóns do laboratorio do grupo Photonics4life. Este sistema non é un sistema comercial senón que foi montado no laboratorio e atópase aínda en fase de proba. A polimerización por dous fotóns é unha técnica que permite realizar estruturas 3D micrométricas ou mesmo nanométricas facendo uso dun proceso de absorción non lineal, a absorción por dous fotóns. Así mesmo, buscarase caracterizar a montaxe realizando unha serie de estructuras 2D micrométricas de interese como toroides, redes de difracción ou postes mediante CAD. Para a caracterización das estructuras, ademáis do uso dun microscopio óptico, farase uso dun microscopio electrónico de barrido e dun perfilómetro óptico que permitiranos atopar información relevante sobre a morfoloxía das estructuras impresas así como sobre as súas dependencias fronte os parámetros experimentais dispoñibles.

Gómez Varela, Ana Isabel (Titoría)
BAO VARELA, Mª CARMEN Cotitoría
Gómez Varela, Ana Isabel (Titoría)
BAO VARELA, Mª CARMEN Cotitoría
Tribunal
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
Aplicación de técnicas de Interferometría Speckle para o estudo na biomecánica femoral
Autoría
J.M.M.
Grao en Física
J.M.M.
Grao en Física
Data da defensa
19.07.2024 10:00
19.07.2024 10:00
Resumo
Hoxe en día, a industria das próteses avanzadas atópase en pleno desenvolvemento tecnolóxico, impulsando a investigación na distribución de tensións en estruturas anatómicas fundamentais como os ósos. Este traballo explora as potentes calidades metrolóxicas do speckle, un fenómeno óptico común cando se emprega unha fonte de luz coherente e de gran aplicación en técnicas interferométricas. Preséntase un desenvolvemento teórico e experimental de tres técnicas de interferometría speckle de correlación: fóra de plano, en plano e shearing. Esta última utilizarase para iniciar un estudo da biomecánica femoral, xa que é a máis adecuada para a medición de deformacións en materiais.

MORENO DE LAS CUEVAS, VICENTE (Titoría)
MORENO DE LAS CUEVAS, VICENTE (Titoría)
Tribunal
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
Fenómenos Ópticos Atmosféricos: análise e recreación en laboratorio
Autoría
P.P.P.
Grao en Física
P.P.P.
Grao en Física
Data da defensa
19.07.2024 10:00
19.07.2024 10:00
Resumo
O presente traballo tratarase dun estudio acerca de tres dos máis coñecidos fenómenos ópticos que danse na atmosfera do noso planeta de forma natural. En primeiro lugar, expóñese de maneira breve os principais axentes responsables de tales eventos: a luz (definindo que é, como interactiva coa materia e cales poden ser súas fontes) e a atmosfera (dando unha descrición das súas capas e composición). Unha vez feito isto, emprégase esta información para analizar a orixe e mecanismos físicos detrás dos fenómenos do arco da vella, que xorden da interacción da luz que chega do sol coas gotas de auga en suspensión no aire; espellismos, que danse como resultado de gradientes de temperatura verticais anómalos na atmosfera e de seis dos tipos de halo, resultado da interacción da luz solar con cristais de xeo orixinados nun tipo de nubes concreto. Despois de cada análise teórica, intentarase recrear no laboratorio estes fenómenos completamente ou, en caso contrario, algunhas das súas características.

BAO VARELA, Mª CARMEN (Titoría)
Gómez Varela, Ana Isabel Cotitoría
BAO VARELA, Mª CARMEN (Titoría)
Gómez Varela, Ana Isabel Cotitoría
Tribunal
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
Interferometría espectral de banda ancha
Autoría
J.O.I.
Grao en Física
J.O.I.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
A interferometría espectral é unha técnica experimental na que non se detecta directamente a luz transmitida por un interferómetro, senón que se resolve o patrón de interferencia en función da lonxitude de onda coa axuda dun espectrómetro. Neste tipo de técnicas utilízase como fonte de iluminación ben un láser de pulsos ultracortos ou ben unha fonte de banda ancha ou luz branca. Neste Traballo de Fin de Grao considérase este último caso e lévase a cabo unha análise completa desta técnica. Introdúcense os fundamentos da interferometría espectral e o aparello matemático utilizado para describir e extraer información da mesma e obtéñense imaxes espectrales que mostran exemplos sinxelos do tipo de experimento que se pode levar a cabo neste contexto. Tamén se presentan e comentan resultados obtidos a partir de diferentes aplicacións científicas e tecnolóxicas desta técnica. Este traballo proporciona unha visión integral da técnica, desde os seus fundamentos teóricos ata as súas aplicacións, evidenciando a súa relevancia no avance da precisión en medicións ópticas mediante un enfoque eminentemente experimental

DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Titoría)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Titoría)
Tribunal
Varela Cabo, Luis Miguel (Presidente/a)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Secretario/a)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Vogal)
Varela Cabo, Luis Miguel (Presidente/a)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Secretario/a)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Vogal)
Ondas Gravitacionais dende Buracos Negros Binario Excéntricos
Autoría
R.R.D.
Grao en Física
R.R.D.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Binarias de obxectos compactos, xa sexan estrelas de neutróns ou buratos negros, son as únicas fontes de ondas gravitacionais detectadas ata agora pola rede LIGO-Virgo-KAGRA. Ata agora, asumíuse que as órbitas binarias son circulares ou teñen unha excentricidade desprezable, como se espera para a formación a grandes separacións. Porén, a detección de binarias excéntricas proporcionaría información nova e significativa sobre os canais de formación de binarias, favorecendo contornos astrofísicos extremadamente densos como os núcleos galácticos. Neste proxecto, estudarase o efecto da excentricidade nas formas de onda gravitacionais emitidas por binarias en fusión, utilizando os paquetes de software PyCBC e LALSimulation. As técnicas de busca actuais correlacionan os datos do detector con formas de onda modelo que non consideran a excentricidade. Polo tanto, investigarase a detectabilidade de posibles sinais binarias excéntricas con estas técnicas, utilizando os cálculos de formas de onda mencionados anteriormente. Os resultados indican que sinais con baixa excentricidade (e menor a 0.1) axústanse perfectamente a plantillas non excéntricas. De feito, obténse un factor de axuste de F maior a 0.95 para unha poboación de sinais excéntricas neste rango. Porén, para excentricidades e maior a 0.1, o factor de axuste diminúe rápidamente, o que require plantillas que consideren a excentricidade para optimizar os resultados de busca. Ademais, encontráron-se algunhas tendencias interesantes que relacionan os parámetros de masa da plantilla cos parámetros do sinal. Os resultados achegados subliñan a importancia de desenvolver modelos máis sofisticados para mellorar a detección de fontes de ondas gravitacionais excéntricas, avanzando así na nosa comprensión da súa formación e dinámica.

DENT , THOMAS (Titoría)
EDELSTEIN GLAUBACH, JOSE DANIEL Cotitoría
DENT , THOMAS (Titoría)
EDELSTEIN GLAUBACH, JOSE DANIEL Cotitoría
Tribunal
Varela Cabo, Luis Miguel (Presidente/a)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Secretario/a)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Vogal)
Varela Cabo, Luis Miguel (Presidente/a)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Secretario/a)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Vogal)
Obtención de acoplamentos non-mínimos para campos de Kalb-Ramond vía dualización.
Autoría
P.S.F.
Grao en Física
P.S.F.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
O obxectivo será obter teorías para 2-formas (tanto masivas como non masivas) con acoplamentos non mínimos mediante a dualización de teorías con interaccións tipo Horndeski para campos escalares e vectoriais. No caso dos duais de campos de Proca con acoplamentos non mínimos, comezarase estudando teorías onde as derivadas do campo só entren a través do tensor de campo, de xeito que sexan invariantes gauge (aínda que a teoría completa non o sexa). A dualización neste caso será como no caso estándar e o procedemento é coñecido.

EDELSTEIN GLAUBACH, JOSE DANIEL (Titoría)
Beltrán Jiménez, José Cotitoría
EDELSTEIN GLAUBACH, JOSE DANIEL (Titoría)
Beltrán Jiménez, José Cotitoría
Tribunal
Varela Cabo, Luis Miguel (Presidente/a)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Secretario/a)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Vogal)
Varela Cabo, Luis Miguel (Presidente/a)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Secretario/a)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Vogal)
Desenvolvemento e optimización de ferramentas de interese na interacción entre moléculas anfifílicas. Validación experimental en sistemas biofísicos
Autoría
A.V.B.
Grao en Física
A.V.B.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Neste traballo desenvolvemos unha rede neuronal co obxectivo de predecir a afinidade entre sustancias anfifílicas. En particular, estudamos a interacción de distintos compostos moleculares coa a albúmina, unha proteína que entre outras labores biolóxicas cumpre a función de distribuír fármacos e outras sustancias polo torrente sanguíneo. Tendo isto en conta, a ferramenta desenvolvida podería formar parte de plataformas destinadas ao descubrimento e deseño de novos fármacos. A partir de valores obtidos na base de datos BindingDB fomos capaces de adestrar un modelo cunha boa capacidade de predicción para resultados non incluídos no adestramento do modelo. Adicionalmente, mediante calorimetría ITC caracterizamos a interacción da albúmina con dúas sustancias non presentes na base de datos para validar os resultados da rede. Mediuse por primeira vez a afinidade do resveratrol e a melatonina coa albúmina bovina mediante ITC, o que representa unha novidade importante. Así mesmo, optimizouse o uso de redes neuronais cunha gran cantidade de descritores, o que permitiu identificar os descritores clave nas interaccións bioquímicas. Este avance é destacable xa que, aínda que inicialmente se podería pensar que as redes neuronais só indican o canto, demostrouse que poden proporcionar información valiosa sobre o como destas interaccións, abrindo novas posibilidades no estudo de procesos bioquímicos complexos.

DOMINGUEZ ARCA, VICENTE Cotitoría
Martinez Hernandez, Diego (Titoría)
DOMINGUEZ ARCA, VICENTE Cotitoría
Tribunal
Varela Cabo, Luis Miguel (Presidente/a)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Secretario/a)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Vogal)
Varela Cabo, Luis Miguel (Presidente/a)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Secretario/a)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Vogal)
Nanopartículas magnéticas e anisotropía: máis alá da función de Langevin.
Autoría
D.B.G.
Grao en Física
D.B.G.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
O obxectivo do traballo é estudar un sistema de nanopartículas magnéticas en función da súa resposta a un campo aplicado e á temperatura. Partindo da función de Langevin, que asume cero anisotropía, estudarase cómo ter en conta a mesma cambia as propidades dos sistemas. Comezarase con caso sinxelo de anisotropía uniaxial e colinearidade co campo aplicado, para despois considerar o caso desordeado. Finalmente, terase en conta a natureza intrínseca das partículas (anisotropía magnetocristalina cúbica e negativa), para ter unha visión xeral de cómo as propiedades do sistema son determinadas polos diferentes termos da anisotropía. O traballo contará cunha base analítica para os casos sinxelos, e será complementada por resultados computacionais para os casos máis complexos. O traballo computacional será levado a cabo no Centro de Supercomputación de Galicia, usando o sofware OOMMF (Object Oriented MicroMagnetic Framework).

SERANTES ABALO, DAVID (Titoría)
SERANTES ABALO, DAVID (Titoría)
Tribunal
MORENO DE LAS CUEVAS, VICENTE (Presidente/a)
Liñeira del Río, José Manuel (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)

Bioimpresión 4D e nanoestructuración de andamiaxes (scaffolds) para rexeneración tisular
Autoría
A.C.Y.
Grao en Física
A.C.Y.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
O desenvolvemento da tecnoloxía de impresión 3D fíxonos capaces de reproducir complexas e detalladas estruturas, o que abre unha porta a numerosas aplicacións, entre elas a medicina rexenerativa ao poder deseñar andamiaxes personalizados. A combinación das diferentes técnicas de impresión co uso de biotintas permite a fabricación de scaffolds cun alto potencial na rexeneración tisular ao presentar propiedades como unha maior compatibilidade biolóxica e facilidade de incorporación de células. Un paso adiante é a incorporación da dimensión temporal na bioimpresión 4D, que engade unha capa de funcionalidade permitindo que os scaffolds evolucionen en resposta a estímulos. Controlar as nanopropiedades das andamiaxes e a correcta sensibilización dos mesmos é fundamental para a obtención de implantes funcionais e eficientes. Ao longo deste traballo revísanse as diferentes técnicas de bioimpresión, a composición das biotintas máis empregadas e a estimulación das andamiaxes para finalmente condensar a información ao presentar algunhas aplicacións específicas na rexeneración de tecido óseo, cardiovascular e nervioso.

TOPETE CAMACHO, ANTONIO Cotitoría
TABOADA ANTELO, PABLO (Titoría)
TOPETE CAMACHO, ANTONIO Cotitoría
Tribunal
MORENO DE LAS CUEVAS, VICENTE (Presidente/a)
Liñeira del Río, José Manuel (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)
MORENO DE LAS CUEVAS, VICENTE (Presidente/a)
Liñeira del Río, José Manuel (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)
Caracterización computacional de pseudo-líquidos iónicos para transporte protónico.
Autoría
G.D.S.
Grao en Física
G.D.S.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao realízase unha caracterización computacional dunha mezcla de metil-imidazolio (HMIM) con acetato (ACET). Cando ambas especies reaccionan, o protón do HMIM pode transferirse á molécula de ACET, dando lugar a metil-imidazol (MIM) e ácido acético (CH3-COOH). Na práctica, suporemos que isto da lugar a unha mezcla de MIM e acetato de HMIM, o que se coñece como pseudo-liquido iónico. Recentemente, Watanabe et al. reportaron mecanismos de transporte protónico neste tipo de compostos. Previamente, introducimos a noción de líquido iónico (IL), a súa importancia e as súas subclases, así como o concepto de pseudo-líquido iónico prótico (pPIL). Posteriormente, presentamos a metodoloxía empregada, seguida dunha discusión das simulacións realizadas e os resultados obtidos, para acabar cunha pequena sección de conclusións.

Montes Campos, Hadrián (Titoría)
Varela Cabo, Luis Miguel Cotitoría
Montes Campos, Hadrián (Titoría)
Varela Cabo, Luis Miguel Cotitoría
Tribunal
MORENO DE LAS CUEVAS, VICENTE (Presidente/a)
Liñeira del Río, José Manuel (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)
MORENO DE LAS CUEVAS, VICENTE (Presidente/a)
Liñeira del Río, José Manuel (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)
Estudo das curvas de luz en supernovas tipo Ia e as súas aplicacións en Cosmoloxía
Autoría
A.F.P.
Grao en Física
A.F.P.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Dende mediados do século pasado, as supernovas tipo Ia (SN Ia) ocuparon un lugar privilexiado na Cosmoloxía polo seu enorme potencial como candeas estándar na medida de distancias a gran escala, consecuencia das súas peculiares características observacionais. O presente traballo ten como obxectivo, por unha parte, realizar un estudo das curvas de luz das SN Ia e as propiedades que as converten en bos indicadores de distancia. Abordaranse a continuación os sistemas proxenitores capaces de orixinar SN Ia e os procesos físicos que orixinan este tipo de explosións. Por outra parte, realizarase unha revisión bibliográfica sobre a contribución destes eventos na Cosmoloxía dende os seus inicios. Particularmente, discutirase a súa aportación na determinación da constante de Hubble, H0, a caracterización da expansión do Universo e o descubrimento da aceleración da mesma. Analizaranse os avances na detección e medición de SN Ia ao longo das últimas décadas, destacando a súa importancia na redución da incerteza de H0 e na construción de diagramas de Hubble máis precisos. Finalmente, exploraranse os desafíos que enfronta a Cosmoloxía moderna na construción dun modelo cosmolóxico consistente coas medidas contraditorias da expansión cósmica entre o Universo temperán e o Universo tardío.

ALVAREZ POL, HECTOR (Titoría)
ALVAREZ POL, HECTOR (Titoría)
Tribunal
MORENO DE LAS CUEVAS, VICENTE (Presidente/a)
Liñeira del Río, José Manuel (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)
MORENO DE LAS CUEVAS, VICENTE (Presidente/a)
Liñeira del Río, José Manuel (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)
O universo construíbel de Gödel
Autoría
P.S.F.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
P.S.F.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
16.07.2024 18:30
16.07.2024 18:30
Resumo
A maioría das teorías matemáticas poden formalizarse no sistema ZFC, que é unha teoría da lóxica de primeira orde. O Segundo Teorema de Incompletitude de Gödel impídenos demostrar a súa consistencia na propia ZFC, pero non impón restricións ás probas de consistencia relativa. Isto significa que, asumindo que unha teoría formal é consistente, si podemos demostrar a consistencia doutra. No noso caso, asumiremos a consistencia dun subconxunto dos axiomas de ZFC, e iremos demostrando a consistencia relativa desa teoría ao engadirlle os axiomas restantes. De feito, tamén demostraremos a consistencia relativa de ZFC coa Hipótese do Continuo Xeneralizada. A ferramenta fundamental na obtención destes resultados é a teoría de modelos, que formaliza o concepto intuitivo de interpretación dunha linguaxe. Neste contexto, o universo construíbel de Gödel é unha interpretación posible da teoría de conxuntos ZFC.

FERNANDEZ TOJO, FERNANDO ADRIAN (Titoría)
FERNANDEZ TOJO, FERNANDO ADRIAN (Titoría)
Tribunal
FEBRERO BANDE, MANUEL (Presidente/a)
BUEDO FERNANDEZ, SEBASTIAN (Secretario/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JERONIMO (Vogal)

Elementos de criptografía cuántica
Autoría
R.A.R.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
R.A.R.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
12.09.2024 16:00
12.09.2024 16:00
Resumo
As comunicacións cuánticas xorden de maneira contemporánea á Teoría da Información clásica, cun maior potencial de computación pero tamén cunha maior desvantaxe de transmisión física. O presente traballo trata da comparación entre estas dúas formas de enviar información, do formalismo matemático detrás da mecánica cuántica, dos protocolos máis relevantes dunha nova criptografía adaptada a este fenómeno e dos primeiros códigos correctores de erros cuánticos.

GAGO COUSO, FELIPE (Titoría)
GAGO COUSO, FELIPE (Titoría)
Tribunal
OTERO ESPINAR, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
GONZALEZ DIAZ, JULIO (Secretario/a)
Jeremías López, Ana (Vogal)

Sumas de cadrados e formas modulares
Autoría
J.C.R.G.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
J.C.R.G.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
11.09.2024 16:45
11.09.2024 16:45
Resumo
O obxectivo deste Traballo Fin de Grao é responder algunhas das preguntas clásicas da teoría de números como que enteiros positivos se poden escribir como a suma de dous cadrados ou se todo enteiro positivo se pode expresar como a suma de cuatro cadrados. Estas preguntas se afrontan dende o punto de vista da análise complexa empregando a teoría de formas modulares. Estas son funcións definidas no semiplano superior que admiten diferentes simetrías. En concreto, emprégase a función theta de Jacobi. Primeiro, introdúcese definicións que resultan de interese para a comprensión dos argumentos posteriores e unha serie de resultados que se van empregar nas demostracións presentadas ao dar resposta ás preguntas. Logo, defínese a función theta de Jacobi e recóllense algunhas propiedades desta que serán de interese no desenvolvemento das respuestas ás cuestións. Por último, dessenvólvense as demostracións dos teoremas dos dous, dos catro e dos oito cadrados de acuerdo cos enunciados presentados por Jacobi, empregando a teoría de formas modulares e a función theta de Jacobi para probar a equivalencia das propiedades estructurales desta última coas de outras funcións definidas para demostrar os teoremas. Ademais, preséntase unha idea da demostración do teorema dos tres cadrados, que ten un tratamento máis complexo.

Cao Labora, Daniel (Titoría)
RIVERO SALGADO, OSCAR Cotitoría
Cao Labora, Daniel (Titoría)
RIVERO SALGADO, OSCAR Cotitoría
Tribunal
VIAÑO REY, JUAN MANUEL (Presidente/a)
Rodríguez López, Jorge (Secretario/a)
CARBALLES VAZQUEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
VIAÑO REY, JUAN MANUEL (Presidente/a)
Rodríguez López, Jorge (Secretario/a)
CARBALLES VAZQUEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
Deseño de nanopartículas magnéticas para MPI
Autoría
B.M.P.S.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
B.M.P.S.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar as propiedades das nanopartículas de magnetita e tratar de optimizar o seu comportamento en magnetic particle imaging (MPI), unha técnica de imaxe médica en desenvolvemento cuxo funcionamento se basea na non linealidade da magnetización das curvas de imanación das devanditas nanopartículas e na existencia dun campo de saturación nos materiais magnéticos. Examinaremos como a anisotropía magnética das partículas afecta á súa magnetización e compararemos os resultados coas predicións da teoría paramagnética de Langevin, que se usa a miúdo no estudo da MPI. Para iso, simularemos a evolución da magnetización de partículas de magnetita en diferentes escenarios utilizando os recursos computacionais do CESGA. En primeiro lugar, asumiremos que as partículas só teñen unha dirección de magnetización fácil, é dicir, só teñen anisotropía uniaxial. Posteriormente, consideraremos partículas máis próximas ás existentes na realidade, que presentarán unha anisotropía intrínseca pola súa estrutura cristalina, que no caso da magnetita é cúbica, e que terán forma asimétrica, o que introducirá unha contribución uniaxial de anisotropía. En ambos os casos asumiremos inicialmente que os eixes fáciles uniaxiais de anisotropía están distribuídos aleatoriamente. Pero dado que as partículas en MPI están nun medio viscoso no que poden xirar fisicamente debido ao campo magnético, tamén estudaremos como afectaría ao sinal MPI unha orientación específica destes eixes fáciles.

REY LOSADA, CARLOS (Presidente/a)
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Secretario/a)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Vogal)
REY LOSADA, CARLOS (Presidente/a)
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Secretario/a)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Vogal)
Estudo teórico-computacional de mesturas ternarias de líquidos iónicos con disolventes moleculares para almacenamento electroquímico
Autoría
P.T.M.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
P.T.M.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
No presente traballo de fin de grao (TFG) realizaranse simulacións mediante dinámica molecular de electrólitos baseados en mesturas ternarias de líquidos iónicos (EAN), sales de litio (LiNO3) e cosolvente molecular (acetonitrilo e auga) de interese en dispositivos electroquímicos. Despois dunha revisión dos fundamentos teóricos desta disciplina e a familiarización co software usado nas simulacións, analizaranse as propiedades estruturais e dinámicas do sistema anterior para distintas concentracións de disolvente. Estes resultados usaranse para comparar o comportamento do acetonitrilo fronte a auga, así como para contrastalos coas hipóteses teóricas previamente expostas baseadas na estrutura das moléculas da mestura.

MENDEZ MORALES, TRINIDAD Cotitoría
Montes Campos, Hadrián (Titoría)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD Cotitoría
Tribunal
REY LOSADA, CARLOS (Presidente/a)
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Secretario/a)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Vogal)
REY LOSADA, CARLOS (Presidente/a)
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Secretario/a)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Vogal)
Intelixencia Artificial en Entornos Meteorolóxicos
Autoría
C.F.P.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
C.F.P.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Neste traballo recabáronse datos meteorolóxicos reais de estacións de Meteogalicia, e se programou un modelo de Echo State Networks para intentar axustarse a eles. Os obxectivos foron a modelización e comprensión dos datos, a detección e reprodución de sucesos climatolóxicos extremos, e, en última instancia, estudar a capacidade do modelo para predecir datos futuros. As análises realizáronse, para poder ser abarcables e acorde ás características deste traballo, para soamente unha estación meteorolóxica situada en Ferrol, con datos correspondentes ao verán entre os anos 2001 e 2023, ambos incluídos. Atopouse que o modelo axustaba satisfactoriamente os datos, e que era capaz de atopar sucesos extremos con fiabilidade. Adestrando o modelo para esta estación, obtivéronse axustes aceptables para estacións correspondentes a lugares cun clima semellante, pero notablemente peores para localizacións con características diferentes. En canto á predición para tempos futuros, estableceuse que se obtiña unha predición aceptable para un tempo do 12.5 % do tempo de adestramento da rede, tempo a partir do cal o modelo deixaba de aportar resultados con sentido. Non se atoparon evidencias dunha evolución significativa cara a situacións de cada vez maior inestabilidade climática. Como futuras vías de estudo, preséntanse a análise para o resto de estacións do ano, así como para diferentes climas (para cada un dos cales sería axeitado tomar unha estación de adestramento). Para predicións máis lonxevas, se poderían considerar como válidos os datos preditos para o intervalo fiable, logo readestrar o modelo con eses datos incluídos, e así sucesivamente.

García Selfa, David Cotitoría
Pérez Muñuzuri, Alberto (Titoría)
García Selfa, David Cotitoría
Tribunal
Varela Cabo, Luis Miguel (Presidente/a)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Secretario/a)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Vogal)
Varela Cabo, Luis Miguel (Presidente/a)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Secretario/a)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Vogal)
Relación entre estrutura e propiedades de nanomateriais para aplicacións biomédicas: Biosensado
Autoría
J.C.R.G.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
J.C.R.G.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
O obxectivo deste Traballo Fin de Grao é facer unha revisión do estado da arte das nanopartículas metálicas como sistemas biosensores. Estas pódense sintetizar pola rotura de estruturas de maior escala (enfoque top-down) ou pola ensamblaxe de átomos e moléculas individuais (bottom-up). Explícanse de forma xeral algunhas das posibles formas de crear nanopartículas. Preséntanse as propiedades ópticas das nanopartículas metálicas que lles dan interese no biosensado, destacando a resonancia de plasmón superficial, que xera un campo electromagnético arredor da partícula ao ser irradiada por luz. A dispersión Raman de superficie mellorada é unha técnica de espectroscopía que amplifica o campo xerado polo plasmón para permitir a detección de baixas concentracións de analitos. Isto débese a que a plasmónica das nanopartículas de ouro amplifica o sinal Raman do analito adsorbido sobre ela e este sinal é característico de cada molécula e permite a súa identificación. Outra técnica de biosensado é a colorimetría, que permite identificar moléculas polo cambio na cor da solución na que se atopan ao enlazarse coas nanopartículas de ouro e agruparse. Finalmente, emprégase COMSOL Multiphysics para simular o comportamento do campo eléctrico arredor de nanopartículas de ouro de distintas morfoloxías, ademais de observar a amplificación do campo eléctrico nos ocos entre varias nanopartículas da mesma xeometría para distintos valores do gap.

Puntos cuánticos de carbono para a detección de contaminantes na auga
Autoría
R.S.G.
Dobre Grao en Física e en Química
R.S.G.
Dobre Grao en Física e en Química
Data da defensa
17.09.2024 10:30
17.09.2024 10:30
Resumo
Os carbon dots (CDs) constitúen unha clase de nanopartículas carbonadas amplamente utilizadas en distintos sectores debido ás súas propiedades ópticas e electrónicas. A súa aplicación estendeuse a diferentes sectores como o biomédico e o ambiental, grazas á súa destacada biocompatibilidade e estabilidade química. O grao de grafitización e a disposición espacial dos grupos funcionais superficiais determinan a funcionalidade destas partículas. Neste traballo, sintetizaranse puntos cuánticos de carbono (CQDs), un tipo específico de CDs caracterizado por unha intensa fluorescencia ligada ao confinamento cuántico. Xeralmente, a presenza dun analito provoca variacións na fluorescencia dos CDs debido a cambios no entorno químico. Baixo este contexto, analizarase o rendemento destas partículas como detectores de diversos contaminantes, monitorizando así a variación na súa emisión de fluorescencia. En concreto, realizarase un estudo detallado do 4-nitrofenol, un contaminante altamente tóxico e prexudicial para a saúde con gran presenza no medio acuático. En resumo, búscase establecer unha técnica sinxela e ecolóxica capaz de determinar con precisión a presenza e concentración de contaminantes na auga. Ademais, demostrarase que os resultados obtidos poden ser corroborados mediante técnicas complementarias

CAMBON FREIRE, ADRIANA Cotitoría
TABOADA ANTELO, PABLO (Titoría)
CAMBON FREIRE, ADRIANA Cotitoría
Tribunal
Pérez Muñuzuri, Alberto (Presidente/a)
BORSATO , RICCARDO (Secretario/a)
BARBOSA FERNANDEZ, SILVIA (Vogal)
Pérez Muñuzuri, Alberto (Presidente/a)
BORSATO , RICCARDO (Secretario/a)
BARBOSA FERNANDEZ, SILVIA (Vogal)
Revisión de Modelos para a Degradación de Plásticos en Entornos Mariños
Autoría
A.R.D.
Grao en Física
A.R.D.
Grao en Física
Data da defensa
19.07.2024 10:00
19.07.2024 10:00
Resumo
A presenza de plásticos na nosa vida diaria é cada vez maior, o que aumenta os problemas relacionados coa xestión dos seus residuos. Este fenómeno provoca que grandes cantidades de plásticos rematen no medio mariño cada ano; con todo, o seu destino final segue a ser unha incógnita. Para abordar este problema, estudaremos como diferentes factores provocan cambios químicos e físicos nos plásticos. Entre estes factores destacan a fotodegradación, a oxidación térmica, a degradación mecánica, a biodegradación e o biofouling. Cada un destes procesos ten impacto na vida útil e no destino final dos plásticos no medio mariño. Para comprender mellor estes procesos, apoiarémonos en diversos modelos matemáticos que explican as interaccións e mecanismos detrás de cada tipo de degradación. Estes modelos permítennos prever o comportamento dos plásticos baixo diferentes condicións ambientais, ofrecéndonos información sobre a vida do plástico unha vez se introduce no medio mariño.
A presenza de plásticos na nosa vida diaria é cada vez maior, o que aumenta os problemas relacionados coa xestión dos seus residuos. Este fenómeno provoca que grandes cantidades de plásticos rematen no medio mariño cada ano; con todo, o seu destino final segue a ser unha incógnita. Para abordar este problema, estudaremos como diferentes factores provocan cambios químicos e físicos nos plásticos. Entre estes factores destacan a fotodegradación, a oxidación térmica, a degradación mecánica, a biodegradación e o biofouling. Cada un destes procesos ten impacto na vida útil e no destino final dos plásticos no medio mariño. Para comprender mellor estes procesos, apoiarémonos en diversos modelos matemáticos que explican as interaccións e mecanismos detrás de cada tipo de degradación. Estes modelos permítennos prever o comportamento dos plásticos baixo diferentes condicións ambientais, ofrecéndonos información sobre a vida do plástico unha vez se introduce no medio mariño.
Dirección
Pérez Muñuzuri, Vicente (Titoría)
Pérez Muñuzuri, Vicente (Titoría)
Tribunal
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
Modelos de crecemento tumoral baixo radioterapia fraccionada
Autoría
R.R.L.
Grao en Física
R.R.L.
Grao en Física
Data da defensa
19.07.2024 10:00
19.07.2024 10:00
Resumo
Neste traballo estúdase o crecemento tumoral dende a óptica da dinámica non lineal das estruturas espacio temporais. Para isto, empregáronse modelos matemáticos, especialmente o modelo exponencial lixeiramente mellorado, que describe o crecemento dun tumor, e o modelo LQ, que modeliza a morte das células pola aplicación de radioterapia. No estudo temporal, impleméntase unha dinámica poblacional que establece unha competición entre dúas especies, as células sanas e as canceríxenas e, mediante o desenvolvemento de códigos de Python propios, obtéñense representacións gráficas claras que simulan diferentes esquemas de tratamento e verifican a validez dos modelos empregados. Na parte espacial, utilízanse métodos da dinámica non lineal para simular o crecemento das células no espazo, tanto para un tumor lonxitudinal como para un superficial.

Guiu Souto, Jacobo Cotitoría
Pérez Muñuzuri, Alberto (Titoría)
Guiu Souto, Jacobo Cotitoría
Tribunal
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
Imaxes hiperespectrais de microscopía de luz polarizada
Autoría
R.S.B.
Grao en Física
R.S.B.
Grao en Física
Data da defensa
19.07.2024 10:00
19.07.2024 10:00
Resumo
A microscopía de luz polarizada combina o uso dun microscopio óptico convencional con diversos dispositivos ópticos. Esta combinación permite facer un estudo detallado das propiedades ópticas dos materiais, en especial de materiais anisótropos. Este traballo recolle os modos principais de funcionamento dun microscopio de luz polarizada e que características fundamentais se poden obter mediante este tipo de análise. Aplícanse algunhas destas técnicas para o estudo de diversas mostras birrefrinxentes, entre as que se atopan algúns cristais líquidos iónicos. Adicionalmente disponse dunha cámara hiperespectral, que permite dividir as imaxes no seu espectro electromagnético para cada punto da mostra, afondando no coñecemento das propiedades ópticas dos materiais.

Estudo das estabilidades coloidal e térmica de dispersións de nanopartículas superparamagnéticas nun líquido iónico
Autoría
J.V.P.
Grao en Física
J.V.P.
Grao en Física
Data da defensa
19.07.2024 10:00
19.07.2024 10:00
Resumo
As dispersións de nanopartículas magnéticas (MNPs) en líquidos iónicos (LIs) están sendo estudadas con vistas a aplicacións industriais, polo que é importante analizar a estabilidade coloidal e a estabilidade térmica de ditas dispersións. Neste traballo seleccionáronse, dun grupo inicial de 10, aquelas 3 MNPs que puidesen presentar maior estabilidade coloidal e preparáronse dispersións nun LI en concreto, o nitrato de etilamonio (EAN). Posteriormente, utilizáronse técnicas experimentais como a dispersión dinámica de luz (DLS) e a análise termogravimétrica (TGA) para analizar a estabilidade coloidal e a estabilidade térmica, respectivamente, en función da concentración de MNPs nas dispersións.

VILLANUEVA LOPEZ, MARIA (Titoría)
González Gómez, Manuel Antonio Cotitoría
VILLANUEVA LOPEZ, MARIA (Titoría)
González Gómez, Manuel Antonio Cotitoría
Tribunal
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
ADEVA ANDANY, BERNARDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
ADAM , CHRISTOPH (Vogal)
Estados coherentes de spin
Autoría
E.B.S.
Grao en Física
E.B.S.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
En mecánica cuántica os estados coherentes do oscilador harmónico son os estados cuxa dinámica máis se asemella á do oscilador clásico. Estes estados saturan a desigualdade de Heisenberg para os operadores de posición e momento e poden ser definidos como o resultado de desprazar o estado fundamental mediante a exponencial dos operadores escaleira. Neste traballo estudaranse estes estados así como os estados coherentes xerados cos operadores escaleira da álxebra do momento angular. Estes últimos son coñecidos co nome de estados coherentes de spin (ou tamén estados coherentes atómicos) e teñen notables propiedades matemáticas de gran utilidade en diferentes problemas físicos, especialmente naqueles que involucran as interaccións dun gran número de spins. Neste traballo revisaranse estas propiedades e aplicacións.

Vázquez Ramallo, Alfonso (Titoría)
Vázquez Ramallo, Alfonso (Titoría)
Tribunal
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
Implementación dun algoritmo para a identificación de muons no experimento LHCb
Autoría
C.C.B.
Grao en Física
C.C.B.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
O experimento LHCb é un dos máis grandes experimentos do LHC (Large Hadron Collider) e o seu principal obxectivo é estudar as partículas que conteñen quarks bottom. O obxectivo deste traballo consiste na búsqueda dun método que permita diferenciar entre os muons e protóns obtidos a partir de colisións que teñen lugar no colisionador. Para iso impleméntase un algoritmo a partir dos datos do sinal de muons e do fondo, composto principalmente por protóns. O propósito deste algoritmo é calcular unha chi cadrada de corrección, tanto para os datos do sinal como para os do fondo, entre as trazas reconstruídas polo SciFi do LHCb para a traxectoria dos muons e as trazas construídas a partir das coordenadas dos hits detectados nas cámaras de muons do detector. Representando os valores da chi cadrada para cada unha das trazas nun histograma, tanto para os muons como para os protóns, poderase observar a separación desta variable entre estas dúas partículas. Esta separación funcionará como método para a identificación de muons. Ademais neste algoritmo tense en conta a dispersión múltiple que as partículas cargadas experimentan ao seu paso polo detector, polo que se implementa outro algoritmo exactamente igual ao anterior pero sen o termo de dispersión múltiple para comparar os resultados da execución de ambos. Para que isto poda observarse de maneira precisa, represéntanse as curvas ROC para cada algoritmo. Por último, estúdase tamén a eficiencia da execución de cada un destos dous algoritmos para diferentes intervalos de momento e de momento transverso. Desta maneira pódese estudar para que intervalos o algoritmo proporciona mellores resultados.

CID VIDAL, XABIER (Titoría)
Casais Vidal, Adrián Cotitoría
CID VIDAL, XABIER (Titoría)
Casais Vidal, Adrián Cotitoría
Tribunal
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
Optimización do espectro Ds+ gamma mediante técnicas de aprendizaxe automática no experimento LHCb do CERN
Autoría
J.D.M.
Grao en Física
J.D.M.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Neste traballo vaise estudar o espectro resultante da combinación de partículas D+s con fotóns. Esta combinación abre a porta ao estudo de varias resonancias, en especial do Ds1(2460) +, o cal é un hadrón candidato a tetraquark (hadrón formado por 4 quarks) debido a unha serie de calidades como a súa pequena anchura e a proximidade deste ao limiar D(excitado)K+. O experimento LHCb atópase nunha posición privilexiada no estudo deste hadrón debido á súa gran produción en colisións protón-protón no colisor LHC, pero a gran cantidade de fotóns producidos fai que os eventos de sinal Ds1(2460)+ en D+s + gamma queden enmascarados polo fondo. Neste traballo utilizaranse técnicas de aprendizaxe automática (machine learning) para crear unha selección que permita reducir os eventos de fondo sen unha perda significativa de sinal. Así, o traballo consistirá no desenvolvemento dun algoritmo de clasificación que, tras o seu adestramento con datos reais e simulados, poda ser aplicado nos datos para a súa selección. Finalmente, mediante un axuste comprobarase o rendemento que tivo o devandito clasificador.

SABORIDO SILVA, JUAN JOSE (Titoría)
Cambón Bouzas, José Iván Cotitoría
SABORIDO SILVA, JUAN JOSE (Titoría)
Cambón Bouzas, José Iván Cotitoría
Tribunal
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
Optimización baseada na evolución natural: Explorando Algoritmos Bioinspirados
Autoría
S.F.N.
Grao en Física
S.F.N.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda a aplicación de algoritmos bioinspirados, baseados na evolución biolóxica ou no comportamento de certas especies, como ferramenta na resolución de problemas de optimización. Buscarase a optimización da produción de biomasa e lípidos nun fotobiorreactor de ''Chlorella vulgaris''. O obxectivo principal da investigación será comparar e avaliar a eficiencia dos diferentes tipos de algoritmos bioinspirados dentro deste contexto particular. Esta avaliación permitirá identificar o algoritmo máis adecuado e eficiente para optimizar o rendemento do fotobiorreactor. O traballo reflicte o avance da biotecnoloxía, ao demostrar como os métodos de computación inspirados na natureza poden aplicarse para mellorar a eficiencia de procesos industriais.

RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Titoría)
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Titoría)
Tribunal
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
Obtención de imaxes reformateadas a partir de volumes de datos.
Autoría
N.A.L.P.
Grao en Física
N.A.L.P.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
O obxectivo de este traballo é desenrolar un método para a extracción imaxes 2D de volúmenes de datos, minimizando a pérdida de resolución e artefactos. Esta necesidade nace de que para o ollo humano é máis fácil traballar en 2D. Utilizaranse datos de tomografía computarizada (CT), almacenados en arquivos NPY que conteñen matrices tridimensionais de intensidades. Inicialmente, traballarase con imaxes 3D virtuales (Phantoms) creadas ao efecto para realizar probas intuitivas, de cara ao desenrolo do método. Para modelar o procedimiento, se define un plano en 3D mediante un vector normal e un punto no plano. Se busca una condición para implementar este plano no volumen de datos, identificando os puntos que verifiquen a ecuación do plano. Ademais, se usará el PSNR (Peak Signal-to-Noise Ratio) para evaluar a calidade das imaxes obtidas. O PSNR calcúlase a partir do promedio dos cadrados das diferencias (MSE) entre a imaxe obtida e unha imaxe de control. O desenrolo do programa consta de tres partes principais: i) obtención do volumen de datos, ii) definición do plano obxectivo e iii) xeración da imaxe 2D que representa o corte.\\ As imaxes se compararán tanto de forma cualitativa (visualmente) como de forma cuantitativa usando o software 3D Slicer. Os resultados preliminares alcanzados, permiten concluir que o método proposto é valido. Non obstante sería necesario realizar algunas melloras relativas a inclusión de técnicas de suavizado/interpolación e mellora do tempo de execucción, para poder utilizar o método proposto na práctica clínica diaria.

GARCIA TAHOCES, PABLO (Titoría)
GARCIA TAHOCES, PABLO (Titoría)
Tribunal
MORENO DE LAS CUEVAS, VICENTE (Presidente/a)
Liñeira del Río, José Manuel (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)
MORENO DE LAS CUEVAS, VICENTE (Presidente/a)
Liñeira del Río, José Manuel (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)
Estimación do número de interaccións partónico en colisións protón-protón de raíz cuadrada de s = 5 TeV con métodos máquina aprendizaxe
Autoría
R.M.G.
Grao en Física
R.M.G.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Os protóns son partículas compostas. O seu contido en partóns (quarks e gluóns) depende da súa enerxía. Nunha colisión entre dous protóns, pódese producir un número diferente de interaccións entre os partóns que os constitúen. Este traballo pretende inferir o número de interaccións partónicas nas colisións protón-protón no LHC do CERN, a enerxías de 5 TeV no centro de masas, a partir de observables experimentais obtidos co espectrómetro da colaboración LHCb. Para iso utilizaranse diferentes algoritmos de aprendizaxe automática e optimizaranse os seus hiperparámetros mediante datos simulados

GALLAS TORREIRA, ABRAHAM ANTONIO (Titoría)
CORREDOIRA FERNANDEZ, IMANOL Cotitoría
GALLAS TORREIRA, ABRAHAM ANTONIO (Titoría)
CORREDOIRA FERNANDEZ, IMANOL Cotitoría
Tribunal
MORENO DE LAS CUEVAS, VICENTE (Presidente/a)
Liñeira del Río, José Manuel (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)
MORENO DE LAS CUEVAS, VICENTE (Presidente/a)
Liñeira del Río, José Manuel (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)
Modelización Radiobiolóxica da toxicidade en radioterapia
Autoría
S.R.G.
Grao en Física
S.R.G.
Grao en Física
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
A radioterapia é un tipo de tratamento do cranco cuxo obxectivo é administrar unha dose alta de radiación no tumor e minimizar a dose recibida polos órganos circundantes, conseguindo así diminuír a toxicidade. A toxicidade son os efectos secundarios adversos que a radiación causa nos tecidos e órganos sans pretos ao tumor. Entender ben a dependencia da toxicidade coa dose recibida e cos parámetros que caracterizan a resposta dos órganos é importante para poder deseñar tratamentos que minimicen a toxicidade. No presente traballo desenvolveuse un modelo radiobiolóxico mecanicista de toxicidade, que caracteriza a probabilidade de toxicidade nun órgano a partires da dose que recibe e dos parámetros que condicionan a súa resposta, prestando especial atención ao chamado efecto volume dos órganos.

Principios físicos da impresión 3D e aplicacións en medicina
Autoría
M.R.R.
Grao en Física
M.R.R.
Grao en Física
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
Neste traballo, explóranse os avances recentes e as tendencias emerxentes na impresión 3D aplicado á medicina, con especial énfasis, aínda que non exclusivamente, na rexeneración tisular. Tamén proporciona unha visión das distintas tecnoloxías de impresión 3D utilizadas para a fabricación das estruturas, os materiais utilizados e as vantaxes e inconvenientes de cada unha das técnicas de impresión.
Neste traballo, explóranse os avances recentes e as tendencias emerxentes na impresión 3D aplicado á medicina, con especial énfasis, aínda que non exclusivamente, na rexeneración tisular. Tamén proporciona unha visión das distintas tecnoloxías de impresión 3D utilizadas para a fabricación das estruturas, os materiais utilizados e as vantaxes e inconvenientes de cada unha das técnicas de impresión.
Dirección
TABOADA ANTELO, PABLO (Titoría)
TABOADA ANTELO, PABLO (Titoría)
Tribunal
MORENO DE LAS CUEVAS, VICENTE (Presidente/a)
Liñeira del Río, José Manuel (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)
MORENO DE LAS CUEVAS, VICENTE (Presidente/a)
Liñeira del Río, José Manuel (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)
Estimación da multiplicidade en colisións protón-núcleo no experimento LHCb empregando algoritmos de aprendizaxe automática
Autoría
U.S.C.
Grao en Física
U.S.C.
Grao en Física
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
O obxectivo do presente traballo é estimar a multiplicidade en colisións de alta enerxía de protóns con núcleos de chumbo (pPb) usando datos procedentes do detector LHCb. Para cumprir este propósito empréganse dous algoritmos de aprendizaxe automática, regresión lineal e K veciños máis próximos (KNN, polas súas siglas en inglés), que estudan a relación entre a ocupación dos subdetectores e o número de partículas xeradas.

BELIN , SAMUEL JULES (Titoría)
Sellam , Sara Cotitoría
BELIN , SAMUEL JULES (Titoría)
Sellam , Sara Cotitoría
Tribunal
MORENO DE LAS CUEVAS, VICENTE (Presidente/a)
Liñeira del Río, José Manuel (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)
MORENO DE LAS CUEVAS, VICENTE (Presidente/a)
Liñeira del Río, José Manuel (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)
O modelo de Rabi cuántico e as súas xeneralizacións.
Autoría
P.V.C.
Grao en Física
P.V.C.
Grao en Física
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
O modelo de Rabi cuántico (QRM) describe a interacción entre un átomo de dous niveis e o campo electromagnético cuantizado cun só modo fotónico. Este modelo é unha extensión do modelo de Jaynes-Cummings, na que se inclúen os coñecidos como termos contra-rotantes. Ó longo deste traballo discútense as solucións deste modelo empregando os operadores de Bogoliubov ou recurrindo ao espazo de Bargmann-Fock, sendo o obxetivo principal a obtención do seu espectro de enerxías. Para rematar, estúdanse algunhas das xeneralizacións deste modelo, como son o modelo de Rabi cuántico asimétrico ou o modelo de Rabi cuántico anisotrópico.

Modelado de detectores gaseosos con protección resistiva
Autoría
L.A.B.
Grao en Física
L.A.B.
Grao en Física
Data da defensa
19.02.2024 15:00
19.02.2024 15:00
Resumo
O desenvolvemento do experimento DUNE está a provocar unha mellora substancial na tecnoloxía dos detectores gaseosos, co obxectivo de satisfacer os requirimentos técnicos do experimento. Os detectores con protección resistiva, RPC, xogan un papel importante pois permiten evitar que a multiplicación evolucione cara á ruptura dieléctrica do detector. Neste traballo describiranse os detectores gaseosos, o proceso de evolución da avalancha e as vantaxes e inconvenientes que xorden coa introdución da protección resistiva así como a descrición dalgunhas xeometrías. Finalmente, usase un circuíto equivalente para analizar algúns dos comportamentos explicados e estudar o tempo de recuperación de detector.
O desenvolvemento do experimento DUNE está a provocar unha mellora substancial na tecnoloxía dos detectores gaseosos, co obxectivo de satisfacer os requirimentos técnicos do experimento. Os detectores con protección resistiva, RPC, xogan un papel importante pois permiten evitar que a multiplicación evolucione cara á ruptura dieléctrica do detector. Neste traballo describiranse os detectores gaseosos, o proceso de evolución da avalancha e as vantaxes e inconvenientes que xorden coa introdución da protección resistiva así como a descrición dalgunhas xeometrías. Finalmente, usase un circuíto equivalente para analizar algúns dos comportamentos explicados e estudar o tempo de recuperación de detector.
Dirección
GONZALEZ DIAZ, DIEGO (Titoría)
GONZALEZ DIAZ, DIEGO (Titoría)
Tribunal
MAS SOLE, JAVIER (Presidente/a)
PARDO MONTERO, ALBERTO (Secretario/a)
CALVO IGLESIAS, MARIA ENCINA (Vogal)
MAS SOLE, JAVIER (Presidente/a)
PARDO MONTERO, ALBERTO (Secretario/a)
CALVO IGLESIAS, MARIA ENCINA (Vogal)
Desenvolvemento dun clasificador de imaxes de dermatoloxía mediante o uso de técnicas de Deep-Learning
Autoría
A.A.A.
Grao en Física
A.A.A.
Grao en Física
Data da defensa
19.02.2024 15:00
19.02.2024 15:00
Resumo
As técnicas de Machine Learning permiten realizar prediccións e calsificacións a partir de variables extraídas nun determinado proceso. Estas técnicas son amplamente utilizadas hoxe en día para abordar a resolución de problemas complexos en diferentes ámbitos científicos. Nos últimos anos, as redes neuronais foron protagonistas no avance no uso deste tipo de tecnoloxía. O obxectivo deste traballo será a aprendizaxe dos aspectos básicos do funcionamento deste tipo de redes, que serán empregadas para clasificar imaxes de dermatoloxía.
As técnicas de Machine Learning permiten realizar prediccións e calsificacións a partir de variables extraídas nun determinado proceso. Estas técnicas son amplamente utilizadas hoxe en día para abordar a resolución de problemas complexos en diferentes ámbitos científicos. Nos últimos anos, as redes neuronais foron protagonistas no avance no uso deste tipo de tecnoloxía. O obxectivo deste traballo será a aprendizaxe dos aspectos básicos do funcionamento deste tipo de redes, que serán empregadas para clasificar imaxes de dermatoloxía.
Dirección
GARCIA TAHOCES, PABLO (Titoría)
GARCIA TAHOCES, PABLO (Titoría)
Tribunal
MAS SOLE, JAVIER (Presidente/a)
PARDO MONTERO, ALBERTO (Secretario/a)
CALVO IGLESIAS, MARIA ENCINA (Vogal)
MAS SOLE, JAVIER (Presidente/a)
PARDO MONTERO, ALBERTO (Secretario/a)
CALVO IGLESIAS, MARIA ENCINA (Vogal)
Primeiras medidas experimentais cun microscopio de efecto túnel
Autoría
L.B.P.
Grao en Física
L.B.P.
Grao en Física
Data da defensa
19.02.2024 15:00
19.02.2024 15:00
Resumo
Realizamos a configuración inicial dun microscopio compacto de efecto túnel (STM) de nova adquisición na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, España (unha versión do modelo NaioSTM construído por Nanosurf AG) e implementamos varios experimentos apropiados para uso en contextos de demostración e ensino. Identificamos algunhas das principais dificultades experimentais e debilidades do dispositivo en uso real, para as que propoñemos algúns consellos operativos. As medicións realizadas son: i) obtención de imaxes da superficie de diversos materiais planos (de grafito, YBa2Cu3O7-x, ouro e NbSe) logrando resolucións de celda unidade e mesmo atómica nalgúns deles; e ii) espectroscopía voltaxe-corrente (VI) túnel sobre os devanditos materiais, discriminando, por exemplo, entre comportamentos locais metálico ou semiconductor. Tamén ofrecemos un breve resumo, orientado a uso docente, da teoría detrás do funcionamento dun STM.

VAZQUEZ RAMALLO, MANUEL (Titoría)
MARTINEZ BOTANA, JOSE MARTIN Cotitoría
VAZQUEZ RAMALLO, MANUEL (Titoría)
MARTINEZ BOTANA, JOSE MARTIN Cotitoría
Tribunal
MAS SOLE, JAVIER (Presidente/a)
PARDO MONTERO, ALBERTO (Secretario/a)
CALVO IGLESIAS, MARIA ENCINA (Vogal)
MAS SOLE, JAVIER (Presidente/a)
PARDO MONTERO, ALBERTO (Secretario/a)
CALVO IGLESIAS, MARIA ENCINA (Vogal)
Inestabilidades de viscosidade en fluidos: Estudo dos parámetros físicos.
Autoría
A.B.B.
Grao en Física
A.B.B.
Grao en Física
Data da defensa
19.02.2024 15:00
19.02.2024 15:00
Resumo
Este estudo céntrase nas inestabilidades que se producen cando dous fluídos con distintas viscosidades interactúan, coñecidas como inestabilidades de viscous fingering. Estas inestabilidades son de gran relevancia tanto na investigación científica como en aplicacións industriais, xa que revelan propiedades intrínsecas de ditos fluidos. Este traballo céntrase nunha descrición experimental deste fenómeno, utilizando unha célula de Hele-Shaw e variando os parámetros físicos que poden influír no seu comportamento. Os principais parámetros modificados son a velocidade de inxección do fluído e o grosor da celda. En tódolos casos examinados, avaliánse os indicadores que describen a inestabilidade e analizanse como afectan os parámetros físicos do sistema a ditos indicadores. Para levar a cabo esta investigación úsanse técnicas de adquisición de imaxes e utilízase software e ferramentas de procesado para analizar os datos obtidos. Este enfoque experimental permite comprender mellor as inestabilidades de viscous fingering e a súa relación cos parámetros físicos do sistema.

CARBALLIDO LANDEIRA, JORGE Cotitoría
Pérez Muñuzuri, Alberto (Titoría)
CARBALLIDO LANDEIRA, JORGE Cotitoría
Tribunal
MAS SOLE, JAVIER (Presidente/a)
PARDO MONTERO, ALBERTO (Secretario/a)
CALVO IGLESIAS, MARIA ENCINA (Vogal)
MAS SOLE, JAVIER (Presidente/a)
PARDO MONTERO, ALBERTO (Secretario/a)
CALVO IGLESIAS, MARIA ENCINA (Vogal)
Estudo e modelización do crecemento de tumores mediante modelos matemáticos e computacionais
Autoría
L.C.L.
Grao en Física
L.C.L.
Grao en Física
Data da defensa
19.02.2024 15:00
19.02.2024 15:00
Resumo
Este traballo estudiará como se desenvolven os tumores, analizando como poden evolucionar co paso do tempo e coa aplicación de diferentes tratamentos. Para iso, analizaranse varios modelos matemáticos, que se complementarán con técnicas computacionais, co obxectivo de tratar de cuantificar a viabilidade dos modelos.
Este traballo estudiará como se desenvolven os tumores, analizando como poden evolucionar co paso do tempo e coa aplicación de diferentes tratamentos. Para iso, analizaranse varios modelos matemáticos, que se complementarán con técnicas computacionais, co obxectivo de tratar de cuantificar a viabilidade dos modelos.
Dirección
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Titoría)
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Titoría)
Tribunal
MAS SOLE, JAVIER (Presidente/a)
PARDO MONTERO, ALBERTO (Secretario/a)
CALVO IGLESIAS, MARIA ENCINA (Vogal)
MAS SOLE, JAVIER (Presidente/a)
PARDO MONTERO, ALBERTO (Secretario/a)
CALVO IGLESIAS, MARIA ENCINA (Vogal)
Aspectos fundamentais da cromodinámica cuántica e da transición ao plasma de quarks e de gluóns
Autoría
V.D.G.
Grao en Física
V.D.G.
Grao en Física
Data da defensa
19.02.2024 15:00
19.02.2024 15:00
Resumo
Neste traballo preséntanse as características de confinamento e liberdade asintótica que xogan un papel esencial no entendemento da Cromoninámica Cuántica e axudarannos a comprender a existencia dunha nova fase da materia, o plasma de quarks e gluóns (QGP) cando as condicións son as axeitadas: ben que se acade unha temperatura crítica ou ben que a densidade bariónica sexa moi alta. Para obter estimacións das coordenadas termodinámicas na transición de fase estudarase o modelo da bolsa do MIT, que nos dará, a través de sinxelos argumentos da física estadística e da hidrodinámica, cales son os valores da temperatura a potencial químico nulo e da densidade bariónica a temperatura nula para que se produza deconfinamento. Contruiremos o diagrama de fase correspondente.

GONZALEZ FERREIRO, ELENA (Titoría)
GONZALEZ FERREIRO, ELENA (Titoría)
Tribunal
MAS SOLE, JAVIER (Presidente/a)
PARDO MONTERO, ALBERTO (Secretario/a)
CALVO IGLESIAS, MARIA ENCINA (Vogal)
MAS SOLE, JAVIER (Presidente/a)
PARDO MONTERO, ALBERTO (Secretario/a)
CALVO IGLESIAS, MARIA ENCINA (Vogal)
O papel do hidróxeno na transición enerxética
Autoría
P.R.S.C.
Dobre Grao en Física e en Química
P.R.S.C.
Dobre Grao en Física e en Química
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao mostra unha análise detallada do papel do hidróxeno na transición enerxética. O hidróxeno é un vector enerxético clave no marco da transición enerxética cara a sistemas sostibles. Este traballo estuda o papel do hidróxeno como alternativa para a descarbonización de varios sectores, incluíndo o transporte e a industria enerxética. Analízase a produción actual de hidróxeno e alternativas sostibles, así como as diferentes opcións para o seu transporte e almacenamento. Promover estes aspectos é crucial para o seu uso industrial, especialmente no sector do transporte, co obxectivo de reducir a dependencia dos combustibles fósiles. Este estudo enmárcase na folla de ruta do hidróxeno do goberno de España, que establece unha serie de accións para fomentar o uso do hidróxeno como parte do seu plan para a transición enerxética.

MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Titoría)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ MUÑIZ, JAIME (Presidente/a)
BELIN , SAMUEL JULES (Secretario/a)
CARBALLEIRA ROMERO, CARLOS (Vogal)
ALVAREZ MUÑIZ, JAIME (Presidente/a)
BELIN , SAMUEL JULES (Secretario/a)
CARBALLEIRA ROMERO, CARLOS (Vogal)
Novos materiais porosos para aplicacións enerxéticas e catalíticas
Autoría
P.D.C.
Dobre Grao en Física e en Química
P.D.C.
Dobre Grao en Física e en Química
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Neste traballo obtívose, mediante procesos de síntese no medio acuoso e temperatura ambiente, nanopartículas do tipo estrutura metal orgánica (MOF) que contén Cu na súa rede: CuMI. Ou MOF caracterizouse estrutural e funcionalmente mediante Microscopia Electrónica de Varrido, Difracción de Raios X, Análises Termogravimétrico e Análises de Absorción de N2. Tras a caracterización do produto estándar estudamos a influencia dos parámetros de sínteses sobre o MOF: a concentración de estabilizante, CTAB, e o tempo de reacción; e cal é o seu efecto sobre a estrutura e tamaño do MOF. Por último, analizamos a estabilidade coloidal do MOF disolto en acetona.

VILA FUNGUEIRIÑO, JOSE MANUEL Cotitoría
TABOADA ANTELO, PABLO (Titoría)
VILA FUNGUEIRIÑO, JOSE MANUEL Cotitoría
Tribunal
Varela Cabo, Luis Miguel (Presidente/a)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Secretario/a)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Vogal)
Varela Cabo, Luis Miguel (Presidente/a)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Secretario/a)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Vogal)
Materiais porosos a base de estruturas metal orgánicas (MOFs) para aplicacións enerxéticas e catalíticas
Autoría
P.D.C.
Dobre Grao en Física e en Química
P.D.C.
Dobre Grao en Física e en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:00
15.07.2024 09:00
Resumo
Neste traballo obtivéronse, a través de procesos de sínteses no medio acuoso e temperatura ambiente, nanopartículas de dous tipos de estruturas metal orgánicas (MOFs) que conteñen Cu na súa rede: Cu3(HITP)2 e CuMI. Ambos os tipos de MOFs caracterizáronse estrutural e funcionalmente mediante Microscopía Electrónica de Varrido, Difracción de Raios X, Espectroscopía UV Vis, Análise Termogravimétricos e Análise de Absorción de N2 de Brunauer Emmet Teller (BET). Ambos os MOF comparáronse para determinar o seu potencial en aplicacións catalíticas. No caso Cu3(HITP)2 obtivéronse nanopartículas dun tamaño inferior a 100nm mentres que para o CuMI o rango de tamaños é superior a 130nm. Ademais, a porcentaxe de masa correspondente ao ligando orgánico é superior (45 %) no Cu3(HITP)2 cun proceso de degradación máis gradual. En particular, para o MOF Cu3(HITP)2 púidose determinar unha estrutura ortorrómbica cun volume de cela de 4.83nm3. Aínda que ambos os MOFs presentan tamaños de poro moi similares, próximos a 2nm, a área superficial dispoñible no Cu3(HITP)2 é o dobre, o cal suxire que este composto tería un maior potencial en aplicacións de catálisis.

VILA FUNGUEIRIÑO, JOSE MANUEL (Titoría)
TABOADA ANTELO, PABLO Cotitoría
VILA FUNGUEIRIÑO, JOSE MANUEL (Titoría)
TABOADA ANTELO, PABLO Cotitoría
Tribunal
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)

Redución e inmobilización de nitrato e fosfato en sistemas acuáticos
Autoría
P.R.S.C.
Dobre Grao en Física e en Química
P.R.S.C.
Dobre Grao en Física e en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:00
15.07.2024 09:00
Resumo
A eutrofización é un grave problema ambiental a nivel global consecuencia dun aumento excesivo da concentración de nitrato e fosfato en sistemas acuáticos, resultando nunha proliferación de plantas e microorganismos. Este fenómeno carrexa unha diminución do osíxeno na auga, afectando gravemente a fauna acuática e a calidade da auga. Co obxectivo de deseñar unha metodoloxía que permita evitar os problemas ocasionados pola eutrofización, no presente traballo estúdase a capacidade de oxihidróxidos de ferro, como a ferrihidrita, para eliminar fosfato do medio acuático e o efecto que poden ter a presenza de materia orgánica (concentración e natureza), o pH ou a salinidade. Ademais, avaliouse a hipótese da Roda Ferrosa para propoñer unha metodoloxía que permita eliminar o nitrato do medio acuático reducíndoo a nitrito ou amonio en presenza de materia orgánica e ferrihidrita. Os resultados obtidos son prometedores e indican que a optimización do proceso en canto a concentracións e precursores de ferro e materia orgánica a utilizar permitirán deseñar un material adecuado para a eliminación simultánea de ambos os nutrientes.

FIOL LOPEZ, SARAH (Titoría)
ANTELO MARTINEZ, JUAN Cotitoría
FIOL LOPEZ, SARAH (Titoría)
ANTELO MARTINEZ, JUAN Cotitoría
Tribunal
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)
Descifrando o misterio dos átomos na molécula
Autoría
R.S.G.
Dobre Grao en Física e en Química
R.S.G.
Dobre Grao en Física e en Química
Data da defensa
11.09.2024 09:00
11.09.2024 09:00
Resumo
A teoría cuántica de átomos en moléculas (QTAIM), desenvolvida por Richard F.W. Bader, constitúe unha poderosa ferramenta no ámbito da química teórica. Destinada á realización de análises topolóxicas, esta teoría cuántica introduce a innovación do uso da densidade electrónica, a cal permite fragmenta o espazo molecular en rexións denominadas concas atómicas. A avaliación da densidade electrónica nos puntos críticos (CPs) e o cálculo de propiedades integradas en ditas concas proporcionan respostas a distintos interrogantes, como por exemplo, o porqué da transferibilidade de propiedades electrónicas asociadas a grupos funcionais entre distintos compostos. Neste traballo presentaranse os principios teóricos de QTAIM e analizaranse diferentes sistemas químicos para relacionar as propiedades QTAIM obtidas con magnitudes e fundamentos químicos. Os resultados, obtidos de maneira computacional, dependen do nivel de cálculo empregado, caracterizado polo método de análise e polo conxunto base. Ademais de moléculas illadas, analizarase tamén o transcurso dunha reacción sigmatrópica, detallando o estado de transición (TS) e o camiño de mínima enerxía (MEP) asociados.

FERNANDEZ RAMOS, ANTONIO (Titoría)
FERRO COSTAS, DAVID Cotitoría
FERNANDEZ RAMOS, ANTONIO (Titoría)
FERRO COSTAS, DAVID Cotitoría
Tribunal
Rodríguez Prieto, María de la Flor (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Vogal)

Estudo teórico-computacional do transporte en mesturas de líquidos iónicos con disolventes moleculares.
Autoría
M.A.B.F.
Grao en Física
M.A.B.F.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
No presente traballo de fin de grao (TFG) realizarase unha revisión bibliográfica do estado da arte actual do transporte anómalo en mesturas de líquidos iónicos con disolventes moleculares. Ademais, levaranse a cabo simulacións de dinámica molecular de mesturas de líquidos iónicos e alcoholes nas que se analizarán propiedades estruturais e dinámicas (single-particle) para a predición de propiedades de equilibrio macroscópicas e transporte nestes sistemas. En particular, calcularanse propiedades tales como funcións de distribución radial e coeficientes de autodifusión das diferentes especies da mestura.
No presente traballo de fin de grao (TFG) realizarase unha revisión bibliográfica do estado da arte actual do transporte anómalo en mesturas de líquidos iónicos con disolventes moleculares. Ademais, levaranse a cabo simulacións de dinámica molecular de mesturas de líquidos iónicos e alcoholes nas que se analizarán propiedades estruturais e dinámicas (single-particle) para a predición de propiedades de equilibrio macroscópicas e transporte nestes sistemas. En particular, calcularanse propiedades tales como funcións de distribución radial e coeficientes de autodifusión das diferentes especies da mestura.
Dirección
Montes Campos, Hadrián (Titoría)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD Cotitoría
Montes Campos, Hadrián (Titoría)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD Cotitoría
Tribunal
ALVAREZ MUÑIZ, JAIME (Presidente/a)
BELIN , SAMUEL JULES (Secretario/a)
CARBALLEIRA ROMERO, CARLOS (Vogal)
ALVAREZ MUÑIZ, JAIME (Presidente/a)
BELIN , SAMUEL JULES (Secretario/a)
CARBALLEIRA ROMERO, CARLOS (Vogal)
Estudo dos efectos do campo magnético galáctico na propagación dos UHECR co Observatorio Pierre Auger
Autoría
C.C.G.
Grao en Física
C.C.G.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Os raios cósmicos son partículas cargadas, aceleradas no espazo e que alcanzan a Terra nun cociente de 1000 partículas por quilómetro cadrado e por segundo. Entre estes, destacan aqueles de máis alta enerxía, denominados Ultra High Energy Cosmic Rays (UHECR), con enerxías superiores 1 EeV, e cunha taxa de chegada inferior a 1 por quilómetro cadrado por ano. Aínda que se sabe que debido ás súas elevadas enerxías, deben proceder de fontes coa suficiente potencia como para aceleralos a esas magnitudes (por exemplo, de núcleos activos galácticos), descoñécense estas fontes con exactitude. Un método para poder determinalas é conseguir discernir a súa dirección de procedencia, e aí o campo magnético galáctico xoga un papel crucial, debido a que ao tratarse de cargas en movemento, a forza de Lorentz desvía as súas traxectorias. O obxectivo do traballo é aprender como de influente é este campo e que implicacións ten, mediante a realización de distintos métodos de simulación que proporcionen unha distribución de direccións iniciais e finais de raios cósmicos, así como analizar estas desviacións. Estas simulacións usaranse posteriormente para comparalas con algún dos datos recolleitos polo Observatorio Pierra Auger, localizado en Arxentina, que conta co maior detector de UHECR que existe actualmente.

CAZON BOADO, LORENZO (Titoría)
CAZON BOADO, LORENZO (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ MUÑIZ, JAIME (Presidente/a)
BELIN , SAMUEL JULES (Secretario/a)
CARBALLEIRA ROMERO, CARLOS (Vogal)
ALVAREZ MUÑIZ, JAIME (Presidente/a)
BELIN , SAMUEL JULES (Secretario/a)
CARBALLEIRA ROMERO, CARLOS (Vogal)
Identificación de partículas con 'machine learning' no experimento WCTE.
Autoría
M.F.B.
Grao en Física
M.F.B.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
WatChMaL (Water Cherenkov Machine Learning) é unha plataforma deseñada para facilitar o adestramento e avaliación de modelos de Machine Learning na detección de partículas en experimentos con detectores Cherenkov de auga. A súa estrutura inclúe directorios específicos como 'analysis' para ferramentas de análise, 'watchmal' para o código fonte e 'config' para os arquivos de configuración. O modelo baséase nunha rede neuronal profunda con capas de convolución para a extracción de características, e capas densamente conectadas para a clasificación de partículas, as cales son distintas en función da estrutura ResNet que se desexe aplicar (ResNet-18 ou ResNet-34). Durante o adestramento, procesáronse 100 mil e 1 millón de eventos simulados xerados a partir dunha simulación de Monte Carlo. Realizouse unha análise das posicións espaciais e as direccións das partículas para entender a súa distribución no detector. Os resultados obtidos de 100 mil eventos para ResNet-18 melloraron en ResNet-34 pero foron insuficientes, indicando un rendemento non satisfactorio para a clasificación entre electróns e raios gamma. Un aumento das épocas de adestramento derivou nun sobreaxuste dos datos de adestramento, mentres que un aumento do número de eventos a 1 millón aportou resultados aceptables, indicando un rendemento apto para a realización de predicións por parte do modelo.

HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Titoría)
RENNER , JOSHUA EDWARD Cotitoría
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Titoría)
RENNER , JOSHUA EDWARD Cotitoría
Tribunal
ALVAREZ MUÑIZ, JAIME (Presidente/a)
BELIN , SAMUEL JULES (Secretario/a)
CARBALLEIRA ROMERO, CARLOS (Vogal)
ALVAREZ MUÑIZ, JAIME (Presidente/a)
BELIN , SAMUEL JULES (Secretario/a)
CARBALLEIRA ROMERO, CARLOS (Vogal)
Teoría Cuántica de Campos en espazo-tempo curvo
Autoría
A.N.H.
Grao en Física
A.N.H.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grado presento dous resultados da Teoría Cuántica de Campos en espazo-tempo curvo, o Efecto Unruh e a Radiación de Hawking. Estos fenómenos físicos aparecen como consecuencia de cambiar a métrica de Minkoswki a un espazo-tempo curvo, sendo presentados neste caso os espazo-tempos de Rindler e Schwarzschild. O principal resultado de ambos efectos é que tras escoller un estado de vacío, un pode detectar un espectro térmico á ora de calcular o número medio de partículas nese estado cuántico utilizando coeficientes de Bogolyubov. Como consecuencia do anterior, a termodinámica de buracos negros e a perda de informacíon debida aos horizontes son discutidas.

Simulación Monte Carlo dun escáner híbrido PET/RM
Autoría
E.L.M.
Grao en Física
E.L.M.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
A tecnoloxía híbrida PET/RM xoga un rol fundamental na investigación biomédica preclínica: a fusión dos mapas de distribución de compostos producidos con tomografía de emisión de positróns (PET) coas imaxes anatómicas creadas mediante resonancia magnética (RM) aporta información valiosa sobre a farmacocinética e biodistribución de novos fármacos. Porén, o proceso de creación destas imaxes está afectado por múltiples fontes de incerteza. Para estudar a influencia de variables e fenómenos físicos que teñen lugar no funcionamiento dun escáner PET empréganse simulacións Monte Carlo. Neste traballo validamos un modelo de simulación Monte Carlo do escáner híbrido Bruker PET/MR 3T. A ferramienta de simulación utilizada é SimPET e na validación compróbase que as imaxes obtidas con esta plataforma reproduzan as reais. Para iso, comparamos algunhas das magnitudes que caracterizan o funcionamiento do escáner simulado (resolución e sensibilidade) coas obtidas a partir de medidas experimentais.

A descrición de modelos fenomenolóxicos de QCD das colisións pA en LHC aplicada ao estudo da produción de partículas UHE en raios cósmicos
Autoría
A.N.C.
Grao en Física
A.N.C.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
O espectro enerxético dos raios cósmicos pode ser entendido a través da análise de colisións entre protóns ultraenerxéticos. O estudo destas interaccións hadrónicas é descrito mediante modelos fenomenolóxicos baseados en QCD, entre os que destaca o modelo fenomenolóxico de cordas de cor (QGSM), derivado da Teoría de Regge. Este modelo caracteriza as colisións de hadróns a partir do intercambio de resonancias cos número cuánticos do baleiro, chamadas Pomeróns, que controlan a amplitude dos procesos de máis alta enerxía. Analizando a dinámica do Pomerón, o QGSM logra predicir o espectro de produción de partículas secundarias en colisións protón-protón e protón-antiprotón. Por outro lado, os raios cósmicos presentan un espectro do fluxo detectado respecto á enerxía con cambios de tendencia en distintas rexións enerxéticas. A causa destes cambios atópase hoxe en día sen unha explicación xeralmente aceptada. Neste traballo presentarase pormenorizadamente o QGSM, así como o espectro enerxético de raios cósmicos, co obxectivo de servirse das predicións do QGSM para propoñer unha explicación para o espectro de raios cósmicos e as súas rexións características.

MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Titoría)
MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ MUÑIZ, JAIME (Presidente/a)
BELIN , SAMUEL JULES (Secretario/a)
CARBALLEIRA ROMERO, CARLOS (Vogal)
ALVAREZ MUÑIZ, JAIME (Presidente/a)
BELIN , SAMUEL JULES (Secretario/a)
CARBALLEIRA ROMERO, CARLOS (Vogal)
Medida do factor M2 dun feixe láser
Autoría
X.P.S.
Grao en Física
X.P.S.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
O factor M2 é unha medida empregada frecuentemente para estimar a calidade dun feixe láser. É a comparación entre o produto da diverxencia e da anchura mínima do feixe a estudar e o dun feixe gaussiano, sendo sempre un valor maior ou igual a 1. Neste traballo determinaremos experimentalmente o valor do factor de calidade dun láser He-Ne para diferentes lonxitudes da súa cavidade óptica, estudando a evolución do raio do feixe na súa dirección de propagación a través de imaxes capturadas a diferentes distancias.

Moldeado fluídico de lentes
Autoría
S.S.F.
Grao en Física
S.S.F.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
O moldeado fluídico é unha técnica novidosa para a fabricación de lentes que utiliza a dinámica de fluidos para obter resultados máis precisos. Proporciona acabados ópticos sen necesidade de tratamento posterior, ademais dun procedemento máis curto e económico que o método actual de fabricación de lentes. Neste traballo, investigáronse as condicións experimentais para a fabricación de lentes esféricas utilizando moldes circulares mergullados en líquidos inmiscibles. O obxectivo foi acadar a flotabilidade neutra, crucial para obter lentes con forma esférica sen restricións de tamaño. Mediante a inxección e o posterior curado de materiais base nos moldes mergullados, conseguiuse a produción de lentes que posteriormente foron caracterizadas. Estudáronse tres materiais base diferentes e avaliáronse varios protocolos de curado e líquidos inmiscibles segundo as súas propiedades específicas. Este traballo contribúe ao avance na tecnoloxía de fabricación de lentes, proporcionando unha base sólida para futuras investigacións na optimización de procesos e a mellora continua da calidade óptica das lentes producidas.

Clasificación de J/psi producidos a partir de pares charm-anticharm en singlete e octete de cor empregando métodos de Aprendizaxe Automática
Autoría
C.A.S.
Grao en Física
C.A.S.
Grao en Física
Data da defensa
19.06.2024 10:30
19.06.2024 10:30
Resumo
Estúdase a produción de pares charm-anticharm en configuración de cor octete e singlete en colisións protón-protón a sqrt(s) = 13 TeV a partir de simulacións Monte Carlo, emulando as condicións experimentais do detector LHCb. A NRQCD permite a produción de pares vía octete, con carga de cor non nula (COM), ademais daqueles con carga de cor neutra vía singlete (CSM). Proponse o emprego de técnicas de aprendizaxe automática, en concreto dunha rede neuronal artificial, para a clasificación da vía de produción dos mesóns J/psi observables a partir das variables cinemáticas da colisión xunto coas variables de multiplicidade. Os resultados da clasificación, malia non ser completamente satisfactorios, abren a porta á aplicación de ferramentas da mesma índole no problema da produción de quarkonio, perseguindo unha maior complexidade na arquitectura da rede e unha mellora das variables involucradas no proceso de clasificación.

VAZQUEZ RAMALLO, MANUEL (Presidente/a)
PARDO CASTRO, VICTOR (Secretario/a)
FERNANDEZ DOMINGUEZ, BEATRIZ (Vogal)
VAZQUEZ RAMALLO, MANUEL (Presidente/a)
PARDO CASTRO, VICTOR (Secretario/a)
FERNANDEZ DOMINGUEZ, BEATRIZ (Vogal)
As Pilas de Combustible como Sistemas de Transformación de Vectores Enerxéticos
Autoría
J.R.O.R.
Grao en Física
J.R.O.R.
Grao en Física
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
Este traballo de fin de grao centrarase nas pilas de combustible como tecnoloxía clave para a xeración eficiente e limpa de enerxía. Realizarase un estudo detallado sobre o seu funcionamento, centrado en gran medida, nos aspectos físicos do mesmo. Ademais, explorarase o almacenamento do combustible, incluíndo métodos físicos e métodos baseados en materiais e tecnoloxías de adsorción e absorción. Analizaranse os principais tipos de pilas, avaliando as súas vantaxes e desvantaxes en termos de eficiencia, temperatura de operación e aplicacións específicas entre outras. Neste proceso abordaranse aspectos como a estrutura das pilas, os seus componentes e os materiais que as compoñen. Revisarase o estado actual e as perspectivas futuras das pilas de combustible en aplicacións automotrices e de xeración de enerxía, destacando as virtudes actuais da tecnoloxía e os desafíos pendentes máis importantes. Finalmente, realizarase un análise crítico sobre a viabilidade desta tecnoloxía, tendo en conta o seu potencial para contribuír á transición cara a sistemas enerxéticos máis sostibles e o seu papel no futuro do sistema enerxético global.
Este traballo de fin de grao centrarase nas pilas de combustible como tecnoloxía clave para a xeración eficiente e limpa de enerxía. Realizarase un estudo detallado sobre o seu funcionamento, centrado en gran medida, nos aspectos físicos do mesmo. Ademais, explorarase o almacenamento do combustible, incluíndo métodos físicos e métodos baseados en materiais e tecnoloxías de adsorción e absorción. Analizaranse os principais tipos de pilas, avaliando as súas vantaxes e desvantaxes en termos de eficiencia, temperatura de operación e aplicacións específicas entre outras. Neste proceso abordaranse aspectos como a estrutura das pilas, os seus componentes e os materiais que as compoñen. Revisarase o estado actual e as perspectivas futuras das pilas de combustible en aplicacións automotrices e de xeración de enerxía, destacando as virtudes actuais da tecnoloxía e os desafíos pendentes máis importantes. Finalmente, realizarase un análise crítico sobre a viabilidade desta tecnoloxía, tendo en conta o seu potencial para contribuír á transición cara a sistemas enerxéticos máis sostibles e o seu papel no futuro do sistema enerxético global.
Dirección
TABOADA ANTELO, PABLO (Titoría)
TABOADA ANTELO, PABLO (Titoría)
Tribunal
REY LOSADA, CARLOS (Presidente/a)
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Secretario/a)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Vogal)
REY LOSADA, CARLOS (Presidente/a)
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Secretario/a)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Vogal)
Variacións Cúbicas no modelo inflacionario de Starobinsky
Autoría
A.R.T.
Grao en Física
A.R.T.
Grao en Física
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
Percorreranse os pasos que levan dende relatividad xeral ao modelo de inflación de Alekséi Starobinsky, que prescindirá da inclusión dun campo do inflatón específico, sendo este reemplazado por un termo cadrático da curvatura na acción de Einstein-Hilbert, con graos de liberdade escalares, da que se derivan as ecuacións de campo. O encontro, reciente, dunha familia de termos de orde superior na curvatura que resulten en ecuacións de Friedmann-Lemaître, e estudo da incorporación ao modelo de inflación do termo máis sinxelo, o cúbico, concretamente o establecido como Einstenian Cubic Gravity (ECG) será o seguinte paso. Rematando cunha comparativa entre prediccións dos modelo teóricos de orde superior e os valores experimentais,maiormente o telescopio Planck, do tensor to scalar ratio e o índice espectral.

Estratexias Computacionais e Experimentais para a Integración de Biomateriais en Dispositivos Microfluídicos
Autoría
J.M.R.V.
Grao en Física
J.M.R.V.
Grao en Física
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
A integración de biomateriais en dispositivos microfluídicos amosou un potencial significativo para avanzar en aplicacións de enxeñería de tecidos. O avance das microfibras de hidroxel con células neste campo depende de innovacións biotecnolóxicas, computacionais e unha profunda comprensión das leis físicas. Este proxecto céntrase nas estratexias computacionais e experimentais para optimizar a incorporación de microfibras formadas por células U-87 e astrocitos suspendidas en alginato dentro destes dispositivos. A investigación divídese en tres seccións principais. A primeira sección implica a modelaxe computacional do montaxe experimental, incorporando xeometrías, condicións físicas e condicións de contorno para replicar de cerca o entorno do mundo real. A segunda sección céntrase na discretización e ensamblaxe do método de elementos finitos (FEM) para resolver o modelo matemático. Por último, interpretaranse os resultados para avaliar a efectividade tanto do modelo como dos métodos computacionais. O estudo examina diversas taxas de fluxo (5, 10, 25 e 50 microL/min) e os seus efectos na formación e estabilidade das fibras. Os resultados destacan as diferenzas significativas entre os datos simulados e do mundo real, particularmente nas proporcións core/shell. A investigación demostra a escalabilidade e uniformidade da produción de fibras utilizando dispositivos microfluídicos. Os achados apoian a viabilidade destas microfibras para aplicacións clínicas e de investigación, abrindo novas posibilidades para a mellora continua e personalización dos deseños de fibras.

Rial Silva, Ramón (Titoría)
Rial Silva, Ramón (Titoría)
Tribunal
REY LOSADA, CARLOS (Presidente/a)
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Secretario/a)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Vogal)
REY LOSADA, CARLOS (Presidente/a)
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Secretario/a)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Vogal)
Utilización de redes neuronais na física de buracos negros
Autoría
J.A.R.
Grao en Física
J.A.R.
Grao en Física
Data da defensa
01.07.2024 10:30
01.07.2024 10:30
Resumo
Neste traballo comezaremos por introducir a gravidade como unha teoría xeométrica, iniciando coa relatividade xeral de Einstein e as súas propiedades fundamentais. Desenvolveremos entón teorías de orde superior, en particular, a teoría de gravidade de Lovelock. Faremos un pequeno inciso na relatividade numérica para proceder a introducir un marco de traballo innovador explorado neste proxecto, as redes neuronais. Explicaremos o funcionamento destas xunto á súa implementación na resolución de ecuacións diferenciais, considerando os puntos máis importantes baseados na experiencia. Mostraremos os resultados para diferentes solucións estáticas de varias teorías de gravidade modificada, comezando coa relatividade xeral como primeiro modelo, estudando entón a gravidade de Gauss-Bonnet, caso particular de Lovelock. Por último Einstenian Cubic Gravity, modelo de gravidade cúbica proposto en 2016 polas súas boas propiedades Einstenianas. Finalmente, proporemos varias aplicacións a explorar na que as redes neuronais poden ser beneficiosas.

Garraffo , Cecilia Cotitoría
EDELSTEIN GLAUBACH, JOSE DANIEL (Titoría)
Garraffo , Cecilia Cotitoría
Tribunal
LOPEZ LAGO, MARIA ELENA (Presidente/a)
PARDO CASTRO, VICTOR (Secretario/a)
CASTRO PAREDES, FRANCISCO JAVIER (Vogal)

Astrofísica co Observatorio de Raios Cósmicos Pierre Auger
Autoría
B.G.H.
Grao en Física
B.G.H.
Grao en Física
Data da defensa
01.07.2024 10:30
01.07.2024 10:30
Resumo
Tomando Pierre Auger Collaboration (2022) como referencia, reprodúcense os resultados do artigo e analízase a anisotropía na distribución dos raios cósmicos con enerxías superiores a 32 EeV (1 EeV = 10 18 eV), minimizando así desviacións por campos magnéticos e proporcionando información máis precisa sobre as súas direccións de chegada. Faise un estudo máis detallado dos catálogos de eventos e de galaxias empregados, centrándonos nas galaxias starburst. Por outra banda, calcúlase o mapa de exposición temporal do Observatorio Pierre Auger e desenvólvese un algoritmo para comparar as distribucións observadas con ceos simulados isotropicamente mediante métodos Monte Carlo. Estúdanse dúas rexións: unha próxima a Centaurus A e outra centrada na galaxia starburst NGC 253. Os resultados revelan unha sobredensidade significativa en Centaurus A, mentres que NGC 253 presenta un exceso menor, coherente cos resultados da Colaboración Pierre Auger. Finalmente, estúdase a anisotropía a gran escala, a cal suxire unha orixe extragaláctica destas partículas e amósase máis pronunciada a maiores enerxías.

PARENTE BERMUDEZ, GONZALO (Titoría)
PARENTE BERMUDEZ, GONZALO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ LAGO, MARIA ELENA (Presidente/a)
PARDO CASTRO, VICTOR (Secretario/a)
CASTRO PAREDES, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
LOPEZ LAGO, MARIA ELENA (Presidente/a)
PARDO CASTRO, VICTOR (Secretario/a)
CASTRO PAREDES, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Síntese e caracterización de nanopartículas para a súa aplicación en terapia fototérmica.
Autoría
M.A.F.B.
Grao en Física
M.A.F.B.
Grao en Física
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
Este proxecto centrouse na procura dun sistema nanométrico capaz de combinar propiedades de fluorescencia e fototermia para ser potencialmente empregado en terapia combinada. Con este propósito escollénse como nanopartículas (NPs) a combinar os puntos cuánticos de carbono (CDs), debido á súa capacidade lumínica; e a polidopamina (PDA), pola súa capacidade de xeración de calor cando se irradia no infravermello. O traballo divídese en tres apartados basándose o primeiro na síntese e caracterización de diversos CDs, así como no exame do seu comportamento en outros solventes e a súa resposta a procesos de carbonización, baixo a premisa de escoller aqueles que presentan maior fluorescencia. No segundo apartado exploramos o proceso de polimerización da dopamina (DA), e eliximos aquel que proporciona maior cantidade de material nunha síntese mais rápida. Para ambas nanopartículas caracterizouse a súa absorbancia, fluorescencia, potencial zeta e o peso molecular. O obxectivo final, que corresponde ao terceiro apartado deste traballo, é a creación dun sistema híbrido empregando estas nanopartículas (PDA e CDs), e a exploración das súas propiedades intrínsecas para aplicacións potenciais en teragnóstica (a mesma plataforma encárgase do diagnóstico e do tratamento). Para iso engadimos distintas cantidades de CDs sobre a PDA (NPs de maior peso molecular) e analizamos os espectros de absorbancia e fluorescencia do sistema híbrido, así coma a súa capacidade de quentamento. Os resultados corroboran a esperada obtención dunha nanoplataforma fototérmica con propiedades fluorescentes, polo que esperamos que este traballo poda levar a enfoques innovadores na terapia contra o cancro.

TOPETE CAMACHO, ANTONIO (Titoría)
CAMBON FREIRE, ADRIANA Cotitoría
TOPETE CAMACHO, ANTONIO (Titoría)
CAMBON FREIRE, ADRIANA Cotitoría
Tribunal
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Presidente/a)
Montes Campos, Hadrián (Secretario/a)
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Vogal)
Código de simulación numérica para a corrección dos factores de saturación de cámaras de ionización para dosimetría en radioterapia.
Autoría
N.R.G.
Grao en Física
N.R.G.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
A terapia de ultra-alta taxa de dose (UHDR) cobrou un grande interese durante estes últimos anos debido á identificación de vantaxes no efecto radiobiolóxico deste tipo de irradiación (efecto FLASH). Neste traballo mediuse experimentalmente o efecto que produce a multiplicación de carga nas cámaras de ionización. Ademais, investigouse se estes resultados coincidían coa predición teórica utilizando un código de simulación numérica para a avaliación do efecto de multiplicación nas curvas de saturación. Tamén se estudou a dependencia dos factores de saturación nas cámaras de ionización coa presión absoluta en UHDR, aspecto non recollido en ningún dos protocolos internacionais actuais, tales como TRS398 TRS398 [1] ou TG51 [2].

Paz Martín, José Cotitoría
GOMEZ RODRIGUEZ, FAUSTINO (Titoría)
Paz Martín, José Cotitoría
Tribunal
ALVAREZ MUÑIZ, JAIME (Presidente/a)
BELIN , SAMUEL JULES (Secretario/a)
CARBALLEIRA ROMERO, CARLOS (Vogal)
ALVAREZ MUÑIZ, JAIME (Presidente/a)
BELIN , SAMUEL JULES (Secretario/a)
CARBALLEIRA ROMERO, CARLOS (Vogal)
Óptica adaptativa en astronomía
Autoría
P.P.L.
Grao en Física
P.P.L.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Este traballo céntrase na óptica adaptativa en astronomía, unha tecnoloxía que mellora a calidade das imaxes astronómicas mediante a corrección en tempo real das distorsións atmosféricas utilizando sensores de fronte de onda e espellos deformables. Discútense en detalle os principios da óptica adaptativa, incluíndo diversas técnicas para medir aberracións. Explórase a implementación de estrelas guía láser para extender o rango de ceo observable. Ademais, o traballo tamén destaca outras aplicacións da óptica adaptativa.

VAZQUEZ REGUEIRO, PABLO (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)

Estrelas de Bosóns
Autoría
M.G.F.
Grao en Física
M.G.F.
Grao en Física
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
Neste documento explícase que son, en xeral, as estrelas de bosóns. Introdúcese a teoría de Einstein-Klein-Gordon, en concreto para un modelo estático e esférico, que representa solucións viables astrofísicamente, describindo sistemas compactos no réxime da relatividade xeral. Obteranse as ecuacións de equilibrio para o modelo presentado. Finalmente, realizarase o cálculo numérico de ditos obxectos mediante un método de shooting, coa finalidade de estudar as súas principais características: masa, radio e compacidade.

ADAM , CHRISTOPH (Titoría)
CASTELO MOURELLE, JORGE Cotitoría
ADAM , CHRISTOPH (Titoría)
CASTELO MOURELLE, JORGE Cotitoría
Tribunal
REY LOSADA, CARLOS (Presidente/a)
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Secretario/a)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Vogal)
REY LOSADA, CARLOS (Presidente/a)
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Secretario/a)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Vogal)
Modelado e simulación da Transparencia Inducida Electromagneticamente (EIT) en átomos de Rydberg para a detección de campos electromagnéticos de RF.
Autoría
J.A.A.
Grao en Física
J.A.A.
Grao en Física
Data da defensa
16.09.2024 17:00
16.09.2024 17:00
Resumo
Este traballo explora a Transparencia Inducida Electromagneticamente (EIT) en sistemas atómicos multinivel, un efecto de interferencia cuántica que fai que un medio opaco se volva transparente acertas frecuencias electromagnéticas baixo certas condicións. Comeza coa interacción entre luz e átomos en sistemas de dous niveis, ampliando o análise a sistemas máis complexos e utilizando o formalismo do operador de densidade para describir estados cuánticos e a súa evolución. Destácase a aplicación da EIT na detección de sinais de radiofrecuencia (RF) mediante átomos de Rydberg, e estúdanse sistemas de tres niveis, onde ocorre a división de Autler-Townes. Finalmente, analízase un sistema de catro niveis onde os campos de RF inducen interferencia construtiva. A través de simulacións e teoría, demóstrase o potencial destes sistemas cuánticos para medicións precisas de campos eléctricos de RF e o seu uso en novas tecnoloxías de detección.

AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Titoría)
Ferreira Cao, Miguel Cotitoría
AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Titoría)
Ferreira Cao, Miguel Cotitoría
Tribunal
MIGUEZ MACHO, GONZALO (Presidente/a)
González Fernández, Rosa María (Secretario/a)
BROCOS FERNANDEZ, MARIA DEL PILAR (Vogal)

Análise da toxicidade de nanopartículas con alto interese no campo da lubricación e biomedicina
Autoría
A.A.P.
Grao en Física
A.A.P.
Grao en Física
Data da defensa
16.09.2024 17:00
16.09.2024 17:00
Resumo
As nanopartículas son materiais con todas as súas dimensións externas na nanoescala. Debido, principalmente, á maior área superficial e efectos cuánticos, posúen propiedades físicas e químicas diferenciadas respecto ao seu homólogo macroscópico. Isto fai que sexan empregadas en numerosas aplicacións e en áreas moi diversas como a medicina, a lubricación e a industria alimentaria, aínda que en moitos casos os mecanismos polos que producen toxicidade e os efectos que xera a exposición a longo prazo non sexan completamente comprendidos na actualidade. Mediante técnicas como os ensaios MTT e MTS, a proba do vermello neutro e a proba da lactato deshidroxenasa, pódese avaliar como as nanopartículas xeran citotoxicidade, aínda que a interacción co sistema biolóxico é complexa e dinámica. Outro dos métodos que permite analizar os seus efectos medioambientais e para a saúde é o test Microtox, empregado neste traballo. Con el pódese relacionar a toxicidade de nanopartículas coa inhibición da bioluminiscencia que presenta a bacteria mariña Aliivibrio fischeri.

GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS (Titoría)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE Cotitoría
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS (Titoría)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE Cotitoría
Tribunal
MIGUEZ MACHO, GONZALO (Presidente/a)
González Fernández, Rosa María (Secretario/a)
BROCOS FERNANDEZ, MARIA DEL PILAR (Vogal)
MIGUEZ MACHO, GONZALO (Presidente/a)
González Fernández, Rosa María (Secretario/a)
BROCOS FERNANDEZ, MARIA DEL PILAR (Vogal)
Procesamento de información cuántica con estados dun fotón de alta dimensión
Autoría
C.A.G.
Grao en Física
C.A.G.
Grao en Física
Data da defensa
16.09.2024 17:00
16.09.2024 17:00
Resumo
O obxectivo principal deste traballo é proporcionar unha introdución ao procesamento de información cuántica mediante estados dun fotón de dimensión d ou 1-qudits. Esta alta dimensionalidade conséguese excitando fotóns en diferentes modos ópticos, como os modos de polarización ou momento de espín, modos de vórtice ou momento angular e modos de camiño ou momento lineal, entre outros. O acoplamento entre estes modos permite realizar transformacións opto-cuánticas nos estados dun fotón, que é aplicable ao procesamento de información cuántica cun número reducido de 1-qudits. A xeración, transformación e detección destes estados realizarase mediante dispositivos fotónicos integrados, é dicir, chips ópticos que confinan e guían modos ópticos. Estes dispositivos, altamente compatibles coas fibras ópticas, que son elementos clave na moderna tecnoloxía cuántica fotónica, permitirán a implementación de conxuntos universais de portas de lóxica cuántica, esenciais para executar algoritmos cuánticos sinxelos como o algoritmo de Deutsch. Ademais, estes dispositivos facilitarán a creación de proxectores de medida opto-cuántica, fundamentais para aplicacións en criptografía cuántica. Neste traballo empregaranse estados con dimensións d=4 (1-ququart) e d=8 (1-quoctat), suficientes para ilustrar o dito anteriormente.

LIÑARES BEIRAS, JESUS (Titoría)
LIÑARES BEIRAS, JESUS (Titoría)
Tribunal
MIGUEZ MACHO, GONZALO (Presidente/a)
González Fernández, Rosa María (Secretario/a)
BROCOS FERNANDEZ, MARIA DEL PILAR (Vogal)
MIGUEZ MACHO, GONZALO (Presidente/a)
González Fernández, Rosa María (Secretario/a)
BROCOS FERNANDEZ, MARIA DEL PILAR (Vogal)
Estudo numérico dos vórtices de von Kármán xerados por un cilindro en movemento no interior dun fluxo.
Autoría
D.G.C.
Grao en Física
D.G.C.
Grao en Física
Data da defensa
16.09.2024 17:00
16.09.2024 17:00
Resumo
Los vórtices de von Kármán generados por un fluido que circula alrededor de un cilindro que oscila desplazándose perpendicularmente respecto a la dirección inicial del movimiento del fluido fueron objeto de estudio. Con este fin, se empleó el método de Lattice Boltzmann, que permite resolver de forma más rápida las ecuaciones de Navier-Stokes de un fluido. Se simularon distintas frecuencias y amplitudes de forzamiento, observándose comportamientos cuasi-periódicos y caóticos en la generación de los vórtices. Se obtuvo la variación temporal de la velocidad en un punto del espacio. Se llevó a cabo un análisis del espectro de potencias de las frecuencias de generación de vórtices producidas para cada una de las frecuencias de forzamiento del cilindro, así como la construcción de diagramas de bifurcación de los máximos locales de la velocidad en función de las frecuencias de forzamiento para las tres amplitudes. Para frecuencias de forzamiento próximas a la frecuencia de oscilación de los vórtices en el caso sin forzamiento, se observó un fenómeno de frequency locking, recogido en la literatura para osciladores no lineales forzados periódicamente. Los resultados fueron comparados con otros casos estudiados en la literatura científica en los que el cilindro rota periódicamente respecto a su eje principal.

Sondas Raman ultrasensibles para a detección de biomarcadores
Autoría
D.P.A.
Grao en Física
D.P.A.
Grao en Física
Data da defensa
16.09.2024 17:00
16.09.2024 17:00
Resumo
Nos últimos anos estánse a facer importantes esforzos dende o punto de vista científico na búsqueda de novos métodos de (bio)detección e bioimaxe, tanto para aplicacións alimentarias como médicas. En particular, é importante a detección e cuantificación de pesticidas, bacterias ou medicamentos presentes nos alimentos que se consomen, así como a mellora no diagnóstico temperá de enfermidades como o cancro ou enfermidades cardiovasculares a través dunha detección de proteínas, ácidos nucleicos, enzimas e outras biomoléculas por métodos pouco invasivos e que ademais permitan unha elevada precisión, sensibilidade e reproducibilidade no diagnóstico. Entre os diferentes métodos ópticos, os baseados en espectroscopía Raman aumentada en superficie, SERS, permiten análisis cuantitativos e cualitativos de moléculas a concentracións moi baixas, do orden de ata nano molar (nM). Neste traballo de recopilación bibliográfico, preténdense amosar os principios básicos e fundamentos da espectroscopía Raman aumentada en superficie, describindo os diferentes elementos que compoñen as sondas Raman e a súa función, así como as aplicacións máis innovadoras publicadas e as perspectivas de futuro que presenta esta técnica de detección.

BARBOSA FERNANDEZ, SILVIA (Titoría)
BARBOSA FERNANDEZ, SILVIA (Titoría)
Tribunal
MIGUEZ MACHO, GONZALO (Presidente/a)
González Fernández, Rosa María (Secretario/a)
BROCOS FERNANDEZ, MARIA DEL PILAR (Vogal)
MIGUEZ MACHO, GONZALO (Presidente/a)
González Fernández, Rosa María (Secretario/a)
BROCOS FERNANDEZ, MARIA DEL PILAR (Vogal)
Propiedades tribolóxicas de fluídos de transmisión modificados con nanopartículas
Autoría
F.G.B.
Grao en Física
F.G.B.
Grao en Física
Data da defensa
17.09.2024 10:30
17.09.2024 10:30
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao estudouse o rendemento tribolóxico dunha serie de nanolubricantes preparados a partir dun aceite formulado comercial aditivado con dous tipos diferentes de nanopartículas de SiO2: tanto comerciais como funcionalizadas superficialmente con ácido oleico (SiO2-OA). Estas nanopartículas caracterizáronse mediante unha Análise Termogravimétrica (TGA) e espectroscopía infravermella de Transformada de Fourier (FTIR). Para o estudo das capacidades antifricción e antidesgaste dos nanolubricantes realizáronse test de fricción cun tribómetro, en configuración bóla sobre placa e en condicións de deslizamento puro. Pese a non conseguir melloras na capacidade antifricción dos nanolubricantes con respecto ó aceite formulado, sí se logrou un incremento na capacidade antidesgaste. O mellor resultado conseguiuse coa concentración de 0.5 wt% de nanopartículas funcionalizadas (SiO2-OA), que chegou a reducir a área de desgaste nun 35%. O mecanismo antidesgaste realizado polas nanopartículas analizouse a partir da espectroscopía Raman das superficies desgastadas.

GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS Cotitoría
AMIGO POMBO, ALFREDO JOSE (Titoría)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS Cotitoría
Tribunal
Pérez Muñuzuri, Alberto (Presidente/a)
BORSATO , RICCARDO (Secretario/a)
BARBOSA FERNANDEZ, SILVIA (Vogal)
Pérez Muñuzuri, Alberto (Presidente/a)
BORSATO , RICCARDO (Secretario/a)
BARBOSA FERNANDEZ, SILVIA (Vogal)
Estudo de diferentes propiedades termofísicas e eléctricas dun lubricante comercial en presenza de nanoaditivos
Autoría
L.L.P.
Grao en Física
L.L.P.
Grao en Física
Data da defensa
17.09.2024 10:30
17.09.2024 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao enmárcase nun proxecto de investigación sobre a caracterización tribolóxica de nanolubricantes como posibles fluídos de transmisión automática para vehículos eléctricos. Estudáronse as propiedades termofísicas e eléctricas dun aceite formulado (Matic DCT) dopado con nanopartículas de óxido de silicio SiO2 de diferentes tamaños e en diferentes concentracións, cuxa composición química foi caracterizada mediante espectometría FTIR. Observouse unha diminución da densidade e da viscosidade co aumento da temperatura, pero un aumento relativo das mesmas fronte ao aumento da concentración en mostras aditivadas con nanopartículas do mesmo tamaño. A variación con respecto ao aceite formulado é maior ao aumentar a temperatura e a concentración, pero non supera en ningún caso o 1.2%. Coa viscosidade observouse algo semellante, pois tamén aumenta a variación con respecto ao aceite formulado a medida que aumentamos a temperatura e a concentración de nanoaditivos. Neste caso, a variación acada ata un 3%. O Índice de Viscosidade aumenta tamén fronte á introducción de nanopartículas. Todos os casos mostran un comportamento anómalo no cal as nanopartículas de menor tamaño producen unha maior variación que as de maior tamaño, probablemente debido á presenza de humidade nas mostras, polo que se optou por repetir a preparación dos nanolubricantes incluíndo un paso de secado para medir as seguintes propiedades. En canto á condutividade eléctrica, non parece observarse unha norma ante á introdución de SiO2 de maior ou menor tamaño, e a variación máxima está por debaixo do 4%, polo que pode enmarcarse dentro do erro de medida experimental. Observouse asimesmo un aumento do ángulo de contacto ante a introdución de nanoaditivos, proporcional ao aumento da concentración, coherente co aumento da tensión superficial, proporcionando desta volta unha maior variación as nanopartículas de maior tamaño.

Propostas de deseño e estudo da correspondente dinámica térmica de sensores supercondutores non suspendidos con sensibilidade a un e varios fotóns.
Autoría
C.L.A.
Grao en Física
C.L.A.
Grao en Física
Data da defensa
17.09.2024 10:30
17.09.2024 10:30
Resumo
Os sensores TES (transition-edge superconductor) son capaces de detectar radiación de intensidades moi baixas, ata un só fotón, pero presentan dificultades relacionadas coa rápida disipación da calor cando se fabrican en substratos convencionais. Por iso, neste traballo explóranse materiais laminares con capacidade para canalizar a calor na dirección planar, ralentizando a disipación térmica. Proponse e analízanse tres configuracións: A: NbSe2 sobre un substrato de 2M-WS2; B: YBCO sobre 2M-WS2, e C: un sensor composto completamente por 2M-WS2. Determinamos as temperaturas óptimas de operación e aplicamos un modelo teórico de dinámica térmica a cada caso. O caso A amosa resultados prometedores pola súa detección de fotóns individuais, mentres que o caso B acada unha sensibilidade de ata 15 fotóns, demostrando o potencial dos sensores TES baseados neste tipo de materiais.
Os sensores TES (transition-edge superconductor) son capaces de detectar radiación de intensidades moi baixas, ata un só fotón, pero presentan dificultades relacionadas coa rápida disipación da calor cando se fabrican en substratos convencionais. Por iso, neste traballo explóranse materiais laminares con capacidade para canalizar a calor na dirección planar, ralentizando a disipación térmica. Proponse e analízanse tres configuracións: A: NbSe2 sobre un substrato de 2M-WS2; B: YBCO sobre 2M-WS2, e C: un sensor composto completamente por 2M-WS2. Determinamos as temperaturas óptimas de operación e aplicamos un modelo teórico de dinámica térmica a cada caso. O caso A amosa resultados prometedores pola súa detección de fotóns individuais, mentres que o caso B acada unha sensibilidade de ata 15 fotóns, demostrando o potencial dos sensores TES baseados neste tipo de materiais.
Dirección
VAZQUEZ RAMALLO, MANUEL (Titoría)
MARTINEZ BOTANA, JOSE MARTIN Cotitoría
VAZQUEZ RAMALLO, MANUEL (Titoría)
MARTINEZ BOTANA, JOSE MARTIN Cotitoría
Tribunal
Pérez Muñuzuri, Alberto (Presidente/a)
BORSATO , RICCARDO (Secretario/a)
BARBOSA FERNANDEZ, SILVIA (Vogal)
Pérez Muñuzuri, Alberto (Presidente/a)
BORSATO , RICCARDO (Secretario/a)
BARBOSA FERNANDEZ, SILVIA (Vogal)
Estudo experimental de propiedades eléctricas de sistemas iónicos con interese enerxético.
Autoría
M.J.O.C.
Grao en Física
M.J.O.C.
Grao en Física
Data da defensa
17.09.2024 10:30
17.09.2024 10:30
Resumo
Na actualidade, a transición enerxética é un dos principais obxectivos a nivel mundial. Esta é impensable sen un amplio coñecemento sobre os sistemas de almacenamento de enerxía. Os máis empregados, as baterías, posúen varios inconvenientes, especialmente a altas temperaturas. Isto débese a que os electrólitos que as forman son inflamables e volátiles. Deste xeito, os líquidos iónicos preséntanse como unha excelente alternativa, debido a súa gran versatilidade e propiedades características. Neste traballo realízase un estudo da conductividade iónica coa temperatura e a concentración para as mezclas de BMIM-TFSI con DEC, BMPyrr-TFSI con DEC e BMPyrr-TFSI con etanol. Para iso, empregamos espectroscopía de impedancia electroquímica (EIE), mediante a cal obtemos medidas da conductancia (G) e susceptancia (B) da mostra. A partir delas, podemos calcular a constante dieléctrica e, con esta última, a conductividade. O comportamento da conductividade coa temperatura analízase mediante o modelo VFT e coa concentración de líquido iónico facendo uso da teoría Bahe-Varela. A importancia e motivo desde traballo reside en comparar os nosos sistemas entre sí, entendendo as causas das súas diferenzas co obxectivo de adquirir información para posibles aplicacións.

Santiago Alonso, Antía Cotitoría
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Titoría)
Santiago Alonso, Antía Cotitoría
Tribunal
Pérez Muñuzuri, Alberto (Presidente/a)
BORSATO , RICCARDO (Secretario/a)
BARBOSA FERNANDEZ, SILVIA (Vogal)
Pérez Muñuzuri, Alberto (Presidente/a)
BORSATO , RICCARDO (Secretario/a)
BARBOSA FERNANDEZ, SILVIA (Vogal)
Revisión do estado da arte das baterías de gravidade
Autoría
L.P.N.
Grao en Física
L.P.N.
Grao en Física
Data da defensa
17.09.2024 10:30
17.09.2024 10:30
Resumo
A transición enerxética cara a fontes renovables supón un reto para a estabilidade da rede eléctrica. Os sistemas de almacenamento enerxético (os SAE) son unha ferramenta que permite xestionar a natureza variable das enerxías solar ou eólica, desvinculando a xeración do consumo. As baterías de gravidade ou GES, polas súas siglas en inglés (Gravity Energy Storage), son un SAE mecánico que transforma a enerxía eléctrica en enerxía potencial gravitacional mediante a elevación de sólidos. Neste traballo levouse a cabo unha revisión do estado da arte das distintas modalidades de baterías de gravidade presentes na literatura. Primeiro, estúdanse os compoñentes comúns a tódalas rutas, subliñando a posibilidade de introducir conceptos de economía circular ao empregar materiais reciclados nas masas. Proponse unha nomenclatura unificada para as diferentes tecnoloxías, ademais dunha dobre clasificación que atende á localización do sistema e ao tipo de peso empregado. Existe unha tendencia cara ás opcións que utilizan múltiples pesos máis pequenos (modulares) en lugar dunha única gran masa (monolíticas). Por último, avalíase o grao de madurez actual (TRL) dos diferentes sistemas e analízanse os seus principais parámetros tecno-económicos. As baterías de gravidade ofrecen amplos rangos de capacidade e potencia, eficiencias do 80 por cento, tempos de resposta da orde de segundos, unha boa adaptabilidade xeográfica e baixo custo, representado polo LCOS (Levelized Cost of Storage). É unha tecnoloxía cun potencial prometedor, pero o seu desenvolvemento está en curso.

BROCOS FERNANDEZ, MARIA DEL PILAR (Titoría)
BROCOS FERNANDEZ, MARIA DEL PILAR (Titoría)
Tribunal
Pérez Muñuzuri, Alberto (Presidente/a)
BORSATO , RICCARDO (Secretario/a)
BARBOSA FERNANDEZ, SILVIA (Vogal)
Pérez Muñuzuri, Alberto (Presidente/a)
BORSATO , RICCARDO (Secretario/a)
BARBOSA FERNANDEZ, SILVIA (Vogal)
Física fundamental e partículas cósmicas
Autoría
T.T.R.
Grao en Física
T.T.R.
Grao en Física
Data da defensa
17.09.2024 10:30
17.09.2024 10:30
Resumo
Aínda que o obxectivo primordial do Observatorio Pierre Auger é determinar a orixe e natureza dos raios cósmicos de ultra-alta enerxía, existe tamén a oportunidade de comprobar aspectos de física fundamental a enerxías inacadables en aceleradores como o LHC. Este traballo comezará cunha revisión sobre o que son os raios cósmicos, como se propagan pola atmosfera as cascadas que xeran e como se detectan, describindo en particular o funcionamento do Observatorio Pierre Auger. A continuación, centrarémonos en explicar como a partir dos datos do Observatorio se extrae información sobre unha das simetrías fundamentais da natureza: a invariancia Lorentz, xunto coa súa posible violación, e presentaremos tamén a información que se pode obter sobre a materia escura do Universo na súa versión súper-pesada.

Clasificación multiclase con Machine Learning do orixen de estado finais K-pi+K+pi- na selección de desintegracións B0 a D0(a K-pi+)K+pi- no experimento do LHCb do CERN.
Autoría
V.A.G.
Grao en Física
V.A.G.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
O traballo céntrase no análisis da desintegración B0 a D0(a K-pi+)K+pi- do mesón B0 facendo uso de datos do experimento LHCb do Gran Colisionador de Hadrons (LHC). O estudo consta de métodos de selección de datos, comezando con cortes rectangulares e avanzando cara técnicas de clasificación binaria e multiclase no contexto de Machine Learning. Estas técnicas utilízanse para clasificar eventos do estado final K-pi+K+pi-, e de eventos con similar estado final para mellorar a precisión na identificación de violaciones CP.

BROSSA GONZALO, ARNAU Cotitoría
SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Titoría)
BROSSA GONZALO, ARNAU Cotitoría
Tribunal
REY LOSADA, CARLOS (Presidente/a)
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Secretario/a)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Vogal)
REY LOSADA, CARLOS (Presidente/a)
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Secretario/a)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Vogal)
Fisión multi-oportunidade en reaccións de fusión a alta enerxía
Autoría
A.B.B.
Grao en Física
A.B.B.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
A fisión nuclear é un proceso físico altamente complexo, e o coñecemento sobre el ten aumentado moito desde o seu descubrimento fai algo menos dun siglo. A día de hoxe disponse de modelos teóricos como da gota líquida ou o de Strutinsky, así como modelos fenomenolóxicos como o GEF que, en conxunto, predicen correctamente o comportamento da maioría dos sistemas fisionantes. Non obstante, estos modelos siguen tendo discrepancias cos datos empíricos en certos sistemas. A determinación de cáles son esos sistemas e o seu estudio permite mellorar os modelos disponibles, así como entender mellor o proceso da fisión e as súas características. Neste traballo estudiarase un de esos casos, a fisión do berkelio (249Bk) a alta enerxía de excitación (47.7 MeV). Disponse de datos experimentais de este sistema gracias aos experimentos VAMOS no laboratorio GANIL. Mediante o modelo GEF e os datos experimentais de VAMOS, tratarase de explicar o comportamiento de este sistema fisionante, determinando os seus principais modos de fisión e a súa tendencia a evaporar neutróns antes de fisionar; mostrando no proceso posibles fallas no modelo GEF.

CAAMAÑO FRESCO, MANUEL (Titoría)
CAAMAÑO FRESCO, MANUEL (Titoría)
Tribunal
REY LOSADA, CARLOS (Presidente/a)
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Secretario/a)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Vogal)
REY LOSADA, CARLOS (Presidente/a)
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Secretario/a)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Vogal)
Caracterización, simulación e optimización de un dispositivo fotovoltaico
Autoría
J.C.R.
Grao en Física
J.C.R.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
A enerxía fotovoltaica representa unha das principais fontes de enerxía renovable e tamén unha das máis consolidadas do mercado. O presente traballo explora os fundamentos que gobernan o funcionamento dun dispositivo fotovoltaico, así como os parámetros que inflúen no seu rendemento. Ademais, inclúe unha breve revisión do estado actual de esta tecnoloxía. A segunda parte do traballo consiste nun estudo experimental de un dispositivo fotovoltaico deseñado para o aproveitamento de luz monocromática, coñecido como power converter. O estudo inclúe a caracterización do dispositivo e a simulación do seu comportamento ao ser iluminado con luz monocromática de 808 nm. Os resultados experimentais compáranse con estudos de referencia e, finalmente, realízase unha optimización do dispositivo para lograr a máxima eficiencia.

GARCIA LOUREIRO, ANTONIO JESUS (Titoría)
GARCIA LOUREIRO, ANTONIO JESUS (Titoría)
Tribunal
REY LOSADA, CARLOS (Presidente/a)
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Secretario/a)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Vogal)
REY LOSADA, CARLOS (Presidente/a)
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Secretario/a)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Vogal)
Aplicación de redes neuronais á identificación de trazas no detector NEXT-100.
Autoría
X.I.M.
Grao en Física
X.I.M.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
NEXT é unha colaboración internacional que busca a desintegración dobre beta sen neutrinos (0nubetabeta) no isótopo 136Xe. No detector NEXT-100, os eventos de sinal posúen unha forma característica que consiste en dous electróns deixando unha traza en direccións opostas, e os de fondo correspóndense a un só electrón. Neste traballo demóstrase a capacidade de discriminación topolóxica entre eventos de sinal e fondo a distintas presións no detector con bos resultados. Para iso, desenvolvéronse dúas redes neuronais de grafos (GNNs) de clasificación que se adestraron con eventos simulados de Monte Carlo. As próximas etapas deste estudo consistirán en introducir progresivamente os efectos do detector a estes datos e observar como varía a capacidade de discriminación con estes cambios.

PEREZ MANEIRO, MARTIN Cotitoría
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Titoría)
PEREZ MANEIRO, MARTIN Cotitoría
Tribunal
REY LOSADA, CARLOS (Presidente/a)
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Secretario/a)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Vogal)
REY LOSADA, CARLOS (Presidente/a)
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Secretario/a)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Vogal)
(Nano)superbolas magnéticas: competición entre forma, tamaño, e anisotropía
Autoría
I.L.V.
Grao en Física
I.L.V.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Investigación detallada das propiedades das nanopartículas magnéticas (MNPs, polas siglas en inglés) en función da súa forma, tamaño e anisotropía. Empregando simulacións micromagnéticas co software OOMMF, analízanse diferentes configuracións de MNPs con xeometría de superbola, é dicir, dende a esfera ata o cubo pasando por formas intermedias. O obxectivo principal é observar como estas variables inflúen na magnetización espontánea e na estabilidade dos momentos magnéticos. A investigación presenta unha introdución teórica dos conceptos fundamentais e segue coa descrición detallada do procedemento empregado, que inclúe a definición do modelo físico e computacional empregado nas simulacións. A análise céntrase nas contribucións enerxéticas que afectan o comportamento magnético das MNPs, destacando a importancia da xeometría e da anisotropía na determinación das súas propiedades.

Estudio computacional de electrolitos water-in-salt híbridos
Autoría
D.A.F.
Grao en Física
D.A.F.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
No presente traballo de fin de grao levarase a cabo unha revisión bibliográfica do estado do arte das simulacións da dinámica molecular e a súa aplicación á modelización das propiedades físicas de sistemas como os electrolitos water-in-salt (WiS). Estudiaranse diversos electrolitos WiS híbridos obtidos engadindo un disolvente orgánico (acetonitrilo) a diversos electrolitos WiS (LiTFSI+H20, 21m; NaTFSI+H20, 8m; y NaOTF+H20, 9m) e analizarase tanto o efecto da concentración de disolvente como a influencia do catión e o anión da sal. En particular, acometeranse cálculos da estrutura e dinámica monoparticular destas mesturas e procederase á evaluación/comparación do seu rendemento para un posible uso en aplicacións de almacenamento enerxético. Realizarase un estudo das funcións de distribución radial das diferentes especies da mestura, así como fracción de auga libre e números de coordinación, ademais das principais magnitudes da dinámica monoparticular.
No presente traballo de fin de grao levarase a cabo unha revisión bibliográfica do estado do arte das simulacións da dinámica molecular e a súa aplicación á modelización das propiedades físicas de sistemas como os electrolitos water-in-salt (WiS). Estudiaranse diversos electrolitos WiS híbridos obtidos engadindo un disolvente orgánico (acetonitrilo) a diversos electrolitos WiS (LiTFSI+H20, 21m; NaTFSI+H20, 8m; y NaOTF+H20, 9m) e analizarase tanto o efecto da concentración de disolvente como a influencia do catión e o anión da sal. En particular, acometeranse cálculos da estrutura e dinámica monoparticular destas mesturas e procederase á evaluación/comparación do seu rendemento para un posible uso en aplicacións de almacenamento enerxético. Realizarase un estudo das funcións de distribución radial das diferentes especies da mestura, así como fracción de auga libre e números de coordinación, ademais das principais magnitudes da dinámica monoparticular.
Dirección
Montes Campos, Hadrián (Titoría)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD Cotitoría
Montes Campos, Hadrián (Titoría)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ REGUEIRO, PABLO (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
VAZQUEZ REGUEIRO, PABLO (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
Análise dos efectos estatísticos no ’muon puzzle’ en raios cósmicos de ultra-alta enerxía
Autoría
S.B.L.
Grao en Física
S.B.L.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Os raios cósmicos son capaces de alcanzar enerxías totalmente inaccesibles nos aceleradores de partículas actuais, chegando á orde de 1021 eV. A colisión na atmosfera dun raio cósmico de ultra-alta enerxía cos núcleos presentes no aire dá lugar a unha cascada de partículas secundarias, entre elas muóns, que son detectadas por distintos observatorios de raios cósmicos. Numerosos experimentos sinalaron un déficit no número de muóns simulado mediante modelos de interación hadrónica elaborados a través dos datos do Large Hadron Collider (LHC), fronte ao número de muóns observado experimentalmente. Esto recibe o nome de ’muon puzzle’, e constitúe un dos enigmas actuais na física de partículas a ultra-altas enerxías. Pola contra, outros experimentos non detectaron este déficit, o que aumenta a complexidade do asunto. Este estudo ten como obxectivo analizar o impacto de efectos estatísticos na predición do número de muóns presentes nas cascadas, ca finalidade de esclarecer os posibles motivos da discrepancias entre distintos experimentos de raios cósmicos.

Scrambling e caos cuánticos
Autoría
M.D.U.
Grao en Física
M.D.U.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
No contexto da computación cuántica, o caos pode ser unha ferramenta moi útil para o entendemento de certos fenómenos. Neste traballo estúdase un sistema caótico cuántico de moitos corpos sometido a un protocolo de teleportación inspirado na correspondencia AdS/CFT, implementándoo nun circuíto cuántico. Para iso, introduciranse observables coma os OTOCs ou as distribucións de tamaño xa que, debido á natureza cuántica do sistema, as ferramentas de análise para o caos clásico non son suficientes. Ditos observables darán conta de como se difunde unha información ao ser introducida nun sistema caótico cuántico. Estúdianse dous réximes temporais claramente diferenciados no comportamento do sistema, cada un co seu propio tipo de teleportación. Finalmente, explórase o protocolo cando se saca ao modelo dos seus parámetros ideais co obxectivo de xustificar experimentalmente dita elección das variables.

MAS SOLE, JAVIER (Titoría)
SANTOS SUAREZ, JUAN Cotitoría
MAS SOLE, JAVIER (Titoría)
SANTOS SUAREZ, JUAN Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ REGUEIRO, PABLO (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
VAZQUEZ REGUEIRO, PABLO (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
Potencial de mitigación do impacto ambiental coa implementación de distintas tecnoloxías de produción na Unión Europea
Autoría
A.P.P.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
A.P.P.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
Este estudo examina a robustez da metodoloxía estática para avaliar o Potencial de Mitigación do Impacto Ambiental (IMPcc), un indicador clave de sostibilidade ambiental. Analízase a necesidade de considerar este indicador como dinámico ao deseñar axendas de transición enerxética sostible a medio e longo prazo, especialmente cando a participación de tecnoloxías renovables aumenta. Utilizando a ferramenta de simulación OSeMOSYS, que optimiza os custos globais do sistema enerxético, modélase un sistema de referencia simplificado para Galicia desde 2022 ata 2050. A metodoloxía inclúe a definición de varios escenarios de transición, incrementando en catro pasos (0.5, 1, 2 e 3 GW) a capacidade tecnolóxica implementada de tres tecnoloxías clave: solar fotovoltaica, eólica e ciclo combinado. Analízanse as emisións anuais e calcúlase o IMPcc para avaliar se este indicador pode manterse constante e independente do peso da tecnoloxía na matriz enerxética. Os resultados indican comportamentos diverxentes entre as tecnoloxías. A enerxía eólica mostra robustez, permitindo que o IMPcc se considere constante. En contraste, a solar fotovoltaica presenta un IMPcc crecente linealmente, mentres que o ciclo combinado non mostra variacións significativas. Isto débese á produción estacional das tecnoloxías: a eólica e a hidráulica xeran máis no inverno, e a solar fotovoltaica no verán, necesitando o ciclo combinado máis no verán para cubrir a demanda enerxética. Ademais, analizáronse os custos de implementación e operación, así como a evolución das capacidades de nova implementación e a súa contribución á produción dentro da matriz enerxética.

Optimización de Nanopartículas Magnéticas para o Tratamento do Cancro Mediante Hipertermia
Autoría
V.O.Z.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
V.O.Z.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
O tratamento do cancro mediante hipertermia magnética xerou grandes expectativas nos últimos anos. Neste traballo revisaremos o marco teórico e aproximacións que nos permiten comprender como a aplicación dun campo magnético alterno a un sistema formado por nanopartículas magnéticas da lugar a unha disipación de calor que, en última instancia, provoca a apoptose celular. Tomando como referencia o criterio de Brezovich (que considera condicións de campo seguras para a aplicación in vivo), realizarase un estudo computacional das formas e tamaños que optimizan a calor disipada, supoñendo en primeiro lugar un sistema de nanopartículas que non interactúan entre si e, posteriormente, un sistema con interacción. En ambos casos, chegouse a unha clara dependencia no ratio da partícula, así como un maior rendemento para partículas-cubo de lado preto a 20 nm. Ademais, mostrarase a incapacidade da aproximación de anisotropía uniaxial para modelar correctamente dito sistema, en favor dun balance entre esta e a anisotropía magnetocristalina cúbica. As simulacións baseáronse na resolución da ecuación de Landau-Lifshitz-Gilbert co software OOMMF desenvolvido polo NIST, grazas aos recursos proporcionados polo CESGA.
O tratamento do cancro mediante hipertermia magnética xerou grandes expectativas nos últimos anos. Neste traballo revisaremos o marco teórico e aproximacións que nos permiten comprender como a aplicación dun campo magnético alterno a un sistema formado por nanopartículas magnéticas da lugar a unha disipación de calor que, en última instancia, provoca a apoptose celular. Tomando como referencia o criterio de Brezovich (que considera condicións de campo seguras para a aplicación in vivo), realizarase un estudo computacional das formas e tamaños que optimizan a calor disipada, supoñendo en primeiro lugar un sistema de nanopartículas que non interactúan entre si e, posteriormente, un sistema con interacción. En ambos casos, chegouse a unha clara dependencia no ratio da partícula, así como un maior rendemento para partículas-cubo de lado preto a 20 nm. Ademais, mostrarase a incapacidade da aproximación de anisotropía uniaxial para modelar correctamente dito sistema, en favor dun balance entre esta e a anisotropía magnetocristalina cúbica. As simulacións baseáronse na resolución da ecuación de Landau-Lifshitz-Gilbert co software OOMMF desenvolvido polo NIST, grazas aos recursos proporcionados polo CESGA.
Dirección
SERANTES ABALO, DAVID (Titoría)
SERANTES ABALO, DAVID (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ REGUEIRO, PABLO (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
VAZQUEZ REGUEIRO, PABLO (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
Propiedades electrónicas de pentacapas de grafeno
Autoría
P.S.F.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
P.S.F.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
As correlacións electrónicas son un tipo de interacción necesario para explicar algunhas propiedades e estados exóticos da materia, pero que non se teñen en conta na teoría de bandas. As multicapas de grafeno foron un bo material no que estudar ditos estados, e en concreto a pentacapa resulta ser un sistema moi interesante para este fin. Neste traballo presentaremos as ferramentas necesarias para o estudo das bandas destes materiais, así como a información derivada delas, como a densidade de estados ou as superficies de Fermi. Centrarémonos en realizar modelos para a pentacapa de grafeno, e intentar asociar os estados correlacionados que experimentalmente se atoparon nela, con rexións de alta densidade de estados nas súas bandas. Construíronse modelos con parámetros para o hamiltoniano extraídos da literatura, construíronse outros modificando ditos parámetros, e mesmo se intentou conseguir un modelo efectivo para a busca dun conxunto de parámetros óptimo. Aínda que, finalmente, non atopásemos sinais claramente relacionadas cos estados correlacionados, realizouse un estudo bastante exhaustivo que, de complementarse, podería dar resultados máis concluíntes.

Bascones Fernández de Velasco, Elena Cotitoría
PARDO CASTRO, VICTOR (Titoría)
Bascones Fernández de Velasco, Elena Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ REGUEIRO, PABLO (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
VAZQUEZ REGUEIRO, PABLO (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
Busca de potenciais sexaquarks a través do experimento LHCb
Autoría
B.F.R.
Grao en Física
B.F.R.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Os sexaquarks (estados fortemente ligados uuddss) poderían ser candidatos prometedores a materia escura (Dark Matter/DM), e a súa existencia podería resolver a anomalía no experimento muon g-2. No presente proxecto exploro, a través de aprendizaxe automática, un posible decaemento (barión Xi b decaendo a un sexaquark e un barión Lambda c) que podería conducir á síntese de sexquarks, explicando a DM parcial ou totalmente. O obxectivo é verificar se é viable buscar sexaquarks (S) como enerxía perdida nos decaementos producidos no experimento LHCb.

VIEITES DIAZ, MARIA Cotitoría
CID VIDAL, XABIER (Titoría)
VIEITES DIAZ, MARIA Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ REGUEIRO, PABLO (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
VAZQUEZ REGUEIRO, PABLO (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
Estudo de desintegracións B0 a D*-pi+pi-pi+ no experimento LHCb do CERN
Autoría
C.L.A.
Grao en Física
C.L.A.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
O estudo de desintegracións semileptónicas de hadróns B goza actualmente de grande interese porque podería revelar contribucións de nova física. Existe unha tensión persistente entre as medidas experimentais e as predicións do Modelo Estándar para os cocientes de taxas de desintegracións R(D) e R(D*). Esta discrepancia podería levar a confirmar ou rexeitar a universalidade de sabor leptónico e abrir as portas a unha nova física máis alá do modelo actual. Neste traballo investigamos a desintegración B0 a D*-pi+pi-pi+ a partir de datos experimentais de LHCb de 2018 e de datos de Monte Carlo do período 2016-2018. O obxectivo é facer unha selección de sucesos intentando manter unha alta eficiencia de reconstrución, á vez que se rexeitan eventos de ruído, para atopar o número de sucesos reconstruídos. Como propósito secundario, constrastamos o valor obtido para a masa do mesón B0 coas medidas experimentais existentes. Os resultados deste traballo serán relevantes en futuros estudos no marco da universalidade de sabor leptónico con leptóns tau en LHCb. Tras introducir o Modelo Estándar e o experimento LHCb, estudamos dous algoritmos de análise multivariada para optimizar a discriminación entre sinal e fondo. O modelo co mellor rendemento, combinado coa estimación de corte óptimo, ofrece unha relación sinal-fondo de S/B = 905 +/- 16, que supón unha mellora relativa do 75 por cento. A eficiencia de selección para esta técnica estímase en (98,54 +/- 0,49) por cento. A medida presentada da masa do mesón B0, m(B0)=(5279,760 +/- 0,052) MeV/c2, resulta consistente cos valores experimentais existentes.

ROMERO VIDAL, ANTONIO (Titoría)
NÓVOA FERNÁNDEZ, JULIO Cotitoría
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Titoría)
NÓVOA FERNÁNDEZ, JULIO Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ REGUEIRO, PABLO (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
VAZQUEZ REGUEIRO, PABLO (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
Procura de partículas de longa vida usando o sistema de muóns do experimento LHCb
Autoría
A.M.A.
Grao en Física
A.M.A.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Neste traballo explórase un novo método para a detección de partículas de longa vida (LLPs, polas súas siglas en inglés) que decaen nas proximidades ou dentro do Sistema de Muóns (MS) do experimento LHCb. Desenvolveuse dende cero un algoritmo orixinal para a reconstrución dos vértices desprazados de desintegración (DVs) destas LLPs. Utilizando como modelo unha hipotética partícula neutra alén do Modelo Estándar (BSM), que denominaremos S, con varias vidas medias (1, 5, 10 e 50 ns) que provén do decaemento dun mesón B. Esta partícula S decae a dúas partículas tau, as cales, ao seu tempo, decaen a múltiples pións. O algoritmo comeza seleccionando eventos que conteñen un pión que impacta en polo menos tres estacións do MS e outro en polo menos dúas estacións. Os impactos (hits) do pión que atravesa tres estacións agrúpanse en clústers por estación, e estes combínanse (usando un único clúster por estación) e axustan a unha recta en 3D. Buscando o conxunto que minimice o chi2, acadase o mellor axuste, é dicir, a potencial traxectoria do pión. Para o pión con hits en dúas estacións, o método é similar pero aplicando unha restrición baseada na menor distancia de aproximación (DOCA) en relación coa outra traxectoria reconstruída. Unha vez establecidas ambas traxectorias, pódese calcular facilmente o vértice desprazado (DV). Os nosos resultados amosan eficiencias de detección que varían entre o 30% e o 50%, dependendo da vida media da S. A resolución espacial acadada é de aproximadamente un 10% nos eixos transversais e un 3% no eixo lonxitudinal.

VAZQUEZ SIERRA, CARLOS Cotitoría
CID VIDAL, XABIER (Titoría)
VAZQUEZ SIERRA, CARLOS Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ REGUEIRO, PABLO (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
VAZQUEZ REGUEIRO, PABLO (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
Identificación de partículas (PID) na TPC presurizada do detector ND-GAr do experimento DUNE
Autoría
D.R.R.
Grao en Física
D.R.R.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Neste traballo estúdase a capacidade de identificación de partículas nunha TPC con lectura óptica proposta como detector en ND-GAr dentro do experimento DUNE. Lévase a cabo o desarrollo dun \textit{Framework} de simulación independente que simule a ionización primaria no medio de forma realista e a formación de imaxe da traza no detector. Isto nos permite caracterizar o rango de momento $p$ (GeV/c) no que podemos distinguir as partículas cargadas de interese para a próxima xeración de experimentos de Física de Neutrinos.
Neste traballo estúdase a capacidade de identificación de partículas nunha TPC con lectura óptica proposta como detector en ND-GAr dentro do experimento DUNE. Lévase a cabo o desarrollo dun \textit{Framework} de simulación independente que simule a ionización primaria no medio de forma realista e a formación de imaxe da traza no detector. Isto nos permite caracterizar o rango de momento $p$ (GeV/c) no que podemos distinguir as partículas cargadas de interese para a próxima xeración de experimentos de Física de Neutrinos.
Dirección
GONZALEZ DIAZ, DIEGO (Titoría)
GONZALEZ DIAZ, DIEGO (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ REGUEIRO, PABLO (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
VAZQUEZ REGUEIRO, PABLO (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
Análise do fluxo endolinfático baixo diferentes estímulos rotatorios mediante técnicas de CFD
Autoría
S.T.R.
Grao en Física
S.T.R.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao, investigouse a dinámica do fluxo endolinfático baixo estímulos rotacionais, enfocándonos na resposta do utrículo, modelado como un elipsoide ríxido para simplificar o seu estudo. Utilizando o software Simcenter STAR CCM+, recoñecido pola súa capacidade para ofrecer solucións robustas na dinámica de fluídos computacional, coñecida en inglés como Computer Fluid Dynamics (CFD), levouse a cabo unha análise que complementa as observacións recentes sobre a presenza e o papel determinante dos vórtices na percepción do equilibrio. O obxectivo principal é simular o comportamento da endolinfa en resposta a diferentes estímulos rotatorios, similares aos aplicados en probas de diagnóstico da función vestibular. Desta forma, poderase identificar e caracterizar os vórtices que aparecen durante estes estímulos, achegando información que non pode ser obtida de forma clínica. Para alcanzar estes obxectivos, analizáronse dous parámetros clave: as velocidades e as vorticidades dentro do utrículo. Ademais, investigouse como estes parámetros se correlacionan coa velocidade angular da cabeza durante a rotación.

ARAN TAPIA, ISMAEL Cotitoría
Pérez Muñuzuri, Alberto (Titoría)
ARAN TAPIA, ISMAEL Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ REGUEIRO, PABLO (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
VAZQUEZ REGUEIRO, PABLO (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
Estudo dos sistemas de corrección cuántica de erros e avaliación dos efectos dos raios cósmicos
Autoría
J.B.B.
Grao en Física
J.B.B.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Os ordenadores cuánticos prometen unha revolución computacional con capacidades sen precedentes na resolución de problemas que non poden ser tratados con superordenadores convencionais. Para iso, precisan escalar o número de cubits e manter tempos de coherencia de ordes de magnitude superiores aos tempos que son quen de manter na actualidade, na orde dos microsegundos. As interacción co medio (campos electromagnéticos, fonones do sustrato, …) poden producir a ruptura da coherencia e inducir erros nos estados dos cubits. Existen procedementos de corrección cuántica de erros axeitados para recuperar a información dos cubits que sufriran variacións pola sua interacción co medio, como por exemplo a creación de cubits lóxicos a partires de varios cubits físicos. Estos procedementos funcionan para casos de pequeno número de erros non correlacionados. Recentemente, o equipo de computación cuántica de Google (Google Quantum AI), traballando no procesador Sycamore, foi quen de demostrar que estes procesos de corrección cuántica escalan da maneira axeitada para reducir a cantidades ínfimas (un erro en 106 ou en 109 operacións) en grandes volumes de cubits, de forma que funcionarían para os futuros procesadores cuánticos. Porén, os erros altamente correlacionados, como os que producen os raios cósmicos que atravesan o sustrato do procesador, non poden corrixirse utilizando estos procedementos. Estes erros indúcense pola creación de carga na ionización dos muóns incidentes, o movemento desas cargas dentro dos medios e a xeración de fonóns que rompen os pares de Cooper superconductores, inducindo transicións masivas e correlacionadas dos cubits dos procesadores cuánticos. Neste traballo estudiaremos os procedementos reportados para a corrección cuántica de erros, e os procesos que conducen a estos erros nos procesadores cuánticos, con especial detalle no que respecta á interacción dos raios cósmicos.

Estudio computacional e teórico da produción de hidróxeno mediante electrólise
Autoría
S.C.S.
Grao en Física
S.C.S.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
No presente traballo de fin de grao (TFG) realízase unha revisión bibliográfica do estado da arte en simulación por computadora para procesos electrolíticos, en particular para a produción de hidróxeno. Ademáis, lévanse a cabo simulacións de dinámica molecular para analizar as propiedades estructurais de mesturas de auga con NaCl e con KOH. A partir destes cálculos analizaranse as funcións de distribución de partículas, a difusión das distintas especies na mestura e outras magnitudes de relevancia. Tamén se realiza unha introdución á teoría do funcional de densidade.

Modelizacións matemáticas de enfermidades infecciosas: aplicación á Enfermidade polo Virus do Ébola
Autoría
F.L.F.
Grao en Física
F.L.F.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Este traballo céntrase no estudo e aplicación de modelos matemáticos para entender a dinámica das enfermedades infeccionas, en concreto, da Enfermidade polo Virus do Ébola (EVE). Ao longo do estudo, revisamos e aplicamos modelos epidemiolóxicos compartimentais de diferentes características (determinísticos e estocásticos). Como base para o noso estudo, empregamos datos rexistrados durante a epidemia de EVE en África Occidental en 2014. Ao aplicar distintos modelos que describan a propagación desta enfermidade de diversos xeitos, agardamos comprender os mecanismos e as vantaxes de cada modelo, así como valorar a calidade dos resultados que obteñamos con eles e das partes implicadas no proceso de modelización.
Este traballo céntrase no estudo e aplicación de modelos matemáticos para entender a dinámica das enfermedades infeccionas, en concreto, da Enfermidade polo Virus do Ébola (EVE). Ao longo do estudo, revisamos e aplicamos modelos epidemiolóxicos compartimentais de diferentes características (determinísticos e estocásticos). Como base para o noso estudo, empregamos datos rexistrados durante a epidemia de EVE en África Occidental en 2014. Ao aplicar distintos modelos que describan a propagación desta enfermidade de diversos xeitos, agardamos comprender os mecanismos e as vantaxes de cada modelo, así como valorar a calidade dos resultados que obteñamos con eles e das partes implicadas no proceso de modelización.
Dirección
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Titoría)
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Titoría)
Tribunal
Varela Cabo, Luis Miguel (Presidente/a)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Secretario/a)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Vogal)
Varela Cabo, Luis Miguel (Presidente/a)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Secretario/a)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Vogal)
Minimización do modelo de Hubbard co Variational Quantum Eigensolver
Autoría
M.L.E.
Grao en Física
M.L.E.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo a búsqueda do estado fundamental do modelo de Hubbard usando o Variational Quantum Eigensolver, un dos algoritmos cuánticos máis prometedores para obter unha vantaxe cuántica con ordenadores cuánticos actuais. Tras un primeiro paso de mapeo das interacións electrónicas a operadores de Pauli, como require a computación cuántica en qubits, implementaremos un algoritmo variacional baseado na evolución adiabática: Hamiltonian Variational Ansatz. Esta práctica comeza pola construcción dun estado inicial, solución da parte non interactuante do sistema, para posteriormente implementar un circuito parametrizado que use o propio Hamiltoniano de Hubbard para elaborar a solución ao problema minimizando a enerxía. No marco do deseño do ansatz, estudaremos a profundidade que precisa o circuito para conseguir achegarse de forma eficiente á solución, sen que a optimización se vexa comprometida. Para a minimización, usarase o optimizador evolutivo Differential Evolution, aplicando os criterios de inicialización e converxencia adecuados ao noso problema. Tras unha simulación exacta medindo o valor esperado do Hamiltoniano respecto da solución obtida para a función de onda do estado fundamental, avaliaremos os resultados analizando o error relativo da enerxía estimada e a fidelidade do estado fundamental respecto da solución por diagonalización do Hamiltoniano. Finalmente prepararemos un código para simulación cuántica por shots, co obxectivo de lanzalo nun ordenador cuántico real.

FAILDE BALEA, DANIEL Cotitoría
PARDO CASTRO, VICTOR (Titoría)
FAILDE BALEA, DANIEL Cotitoría
Tribunal
Varela Cabo, Luis Miguel (Presidente/a)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Secretario/a)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Vogal)
Varela Cabo, Luis Miguel (Presidente/a)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Secretario/a)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Vogal)
Programación de computadores cuánticos a través de pulsos
Autoría
C.F.L.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
C.F.L.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
A computación cuántica baséase nas leis da física cuántica para resolver problemas numéricos. A súa unidade mínima de información é o qubit, sobre o cal se aplican portas para conseguir o estado buscado. Estas portas son abstraccións de pulsos subxacentes que provocan a evolución temporal do sistema físico que representa os qubits. Neste traballo presentaremos distintos métodos para encontrar os pulsos correspondentes a unha porta determinada. Por un lado, empregaremos métodos de optimización, os cales buscan minimizar unha función de custo, modificando certos parámetros relacionados co hamiltoniano do sistema. Por outro lado, usaremos métodos que se basean na realización de álxebra sobre os hamiltonianos para obter os seus resultados. Tamén executaremos un QAOA, algoritmo variacional moi usado na computación cuántica, e compararemos os resultados da computación mediante pulsos fronte á computación cuántica baseada en portas.

SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Titoría)
Mussa Juane, Mariamo Cotitoría
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Titoría)
Mussa Juane, Mariamo Cotitoría
Tribunal
REY LOSADA, CARLOS (Presidente/a)
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Secretario/a)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Vogal)
REY LOSADA, CARLOS (Presidente/a)
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Secretario/a)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Vogal)
Aprendizaxe máquina cuántico de problemas variacionais
Autoría
R.A.R.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
R.A.R.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
16.09.2024 17:00
16.09.2024 17:00
Resumo
O hamiltoniano de Heisenberg-Ising ou XXZ modeliza o magnetismo en materiais, onde o efecto dominante é a interacción entre os espíns. As compoñenentes máis interesantes deste hamiltoniano son o seu parámetro de anisotropía Delta e o seu campo magnético lambda, os cales modifican o perfil de enerxía do estado fundamental e a súa fase cuántica. Presentaremos dous algoritmos variacionais para aproximar o rango de Delta comprendido entre -1 e 1: o primeiro deles será un tipo de VQE (Variational Quantum Eigensolver) cun enfoque novidoso no que o parámetro de anisotropía forma parte das variables a optimizar; o segundo será un HVA (Hamiltonian Variational Ansatz), un modelo basado na programación cuántica adiabática que terá en conta a física do hamiltoniano XXZ para chegar ao seu estado fundamental.

Gómez Tato, Andrés Cotitoría
MAS SOLE, JAVIER (Titoría)
Gómez Tato, Andrés Cotitoría
Tribunal
MIGUEZ MACHO, GONZALO (Presidente/a)
González Fernández, Rosa María (Secretario/a)
BROCOS FERNANDEZ, MARIA DEL PILAR (Vogal)
MIGUEZ MACHO, GONZALO (Presidente/a)
González Fernández, Rosa María (Secretario/a)
BROCOS FERNANDEZ, MARIA DEL PILAR (Vogal)
Redes Neuronais: Fundamentos e Aplicación ao Recoñecemento de Imaxes
Autoría
C.F.P.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
C.F.P.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
16.07.2024 11:30
16.07.2024 11:30
Resumo
Neste traballo estúdanse as redes neuronais, partindo desde os seus fundamentos e expoñendo algúns dos seus modelos principais, para rematar explorando un modelo específico para o tratamento de imaxes. Primeiramente, expóñese unha definición xeral das redes neuronais a partir dos seus elementos, e tamén se tratan desde a teoría de grafos. A continuación, explórase o modelo orixinal das redes neuronais, o perceptrón simple, e a súa extensión natural, os perceptróns multicapa. En ambos casos se proporcionan a súa definición e resultados teóricos importantes sobre a súa capacidade e rendemento. Finalmente, explícanse as redes neuronais convolucionais, e se expón un exemplo práctico xunto a un código para un problema de clasificación de imaxes, para o cal se estuda como a variación de diferentes parámetros afecta ao rendemento do modelo.

CRUJEIRAS CASAIS, ROSA MARÍA (Titoría)
CRUJEIRAS CASAIS, ROSA MARÍA (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ MANTEIGA, WENCESLAO (Presidente/a)
PAEZ GUILLAN, MARIA PILAR (Secretario/a)
ALVAREZ DIOS, JOSE ANTONIO (Vogal)

Introdución á optimización estocástica
Autoría
A.P.P.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
A.P.P.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
17.07.2024 11:30
17.07.2024 11:30
Resumo
No presente traballo introducimos a optimización estocástica, a cal estuda problemas de programación matemática con datos incertos. No primeiro capítulo, preséntanse conceptos fundamentais de estatística, probabilidade e programación matemática, necesarios para entender e explicar os fundamentos deste tema. A continuación, abórdanse os problemas estocásticos de dúas etapas, analizando as súas principais propiedades. Este estudo divídese en dúas partes, atendendo ás componentes estocásticas do problema, que poden ser discretas ou continuas. Finalmente, preséntase un método de solución para estes problemas coñecido como L-Shaped Method. Analízase o seu algoritmo en detalle, centrando o seu estudo en dúas das súas componentes fundamentais, os cortes de optimalidade e os cortes de factibilidade. Ademais, inclúense exemplos prácticos utilizando o software estatístico R para ilustrar a súa resolución e aplicación.

CASARES DE CAL, MARIA ANGELES (Titoría)
CASARES DE CAL, MARIA ANGELES (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ MANTEIGA, WENCESLAO (Presidente/a)
PAEZ GUILLAN, MARIA PILAR (Secretario/a)
ALVAREZ DIOS, JOSE ANTONIO (Vogal)
GONZALEZ MANTEIGA, WENCESLAO (Presidente/a)
PAEZ GUILLAN, MARIA PILAR (Secretario/a)
ALVAREZ DIOS, JOSE ANTONIO (Vogal)
Homoloxía persistente en 3-variedades
Autoría
P.T.M.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
P.T.M.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
17.07.2024 12:15
17.07.2024 12:15
Resumo
Comézase cunha introdución á análise topolóxica de datos, presentando as ferramentas básicas desta disciplina: homoloxía persistente, diagramas de persistencia e landscapes, teorema de estabilidade, entre outras. En particular, interesaranos a aplicación da homoloxía persistente sobre mostras finitas de puntos sobre unha variedade, a partir das construcións de complexos simpliciais sobre ditas mostras, debido ao seu potencial para xerar invariantes métricos. Continúase cos fundamentos da xeometría hiperbólica, estudando algúns dos modelos clásicos do espazo hiperbólico, o cal é cuberta universal de calquera variedade hiperbólica, particularizando o caso de dimensión 3. O obxectivo principal desta sección é demostrar o Teorema de Rixidez de Mostow no caso compacto; para iso, móstranse previamente algúns conceptos e resultados usados na demostración. Como consecuencia deste teorema, no caso de 3-variedades hiperbólicas, a métrica é un invariante topolóxico e polo tanto, variedades hiperbólicas non homeomorfas poden ser distinguidas usando invariantes métricos como os que nos proporcionará a homoloxía persistente. Finalmente, levaranse as técnicas anteriores á práctica, coa realización dun programa que mostree puntos aleatorios sobre 3-variedades hiperbólicas compactas orientables, calcule os correspondentes diagramas de persistencia e landscapes, e compare mediante contrastes de hipótese os resultados obtidos para calquera par de variedades hiperbólicas dadas, co obxectivo de distinguilas topoloxicamente con certo grao de confianza.

Álvarez López, Jesús Antonio (Titoría)
Meniño Cotón, Carlos Cotitoría
Álvarez López, Jesús Antonio (Titoría)
Meniño Cotón, Carlos Cotitoría
Tribunal
TORRES LOPERA, JUAN FRANCISCO (Presidente/a)
CONDE AMBOAGE, MERCEDES (Secretario/a)
López Pouso, Óscar (Vogal)

A xeometría das superficies regradas e a súa aplicación na arquitectura
Autoría
B.M.P.S.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
B.M.P.S.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
16.07.2024 12:15
16.07.2024 12:15
Resumo
Unha superficie dise que é regrada se por todos os seus puntos pasa polo menos unha recta que estea contida nela. O obxectivo deste traballo é o estudo deste tipo de superficies e as súas propiedades dentro da teoría da xeometría diferencial. Ademais, veremos unha clase particular de superficies regradas cuxa curvatura é nula, as chamadas superficies desenvolvibles. Por último, examinaremos a súa aplicación na arquitectura, centrándonos na análise da obra dos mestres Antoni Gaudí, Félix Candela, Santiago Calatrava e Frank Gehry.

Vázquez Abal, María Elena (Titoría)
Vázquez Abal, María Elena (Titoría)
Tribunal
TORRES LOPERA, JUAN FRANCISCO (Presidente/a)
CONDE AMBOAGE, MERCEDES (Secretario/a)
López Pouso, Óscar (Vogal)
TORRES LOPERA, JUAN FRANCISCO (Presidente/a)
CONDE AMBOAGE, MERCEDES (Secretario/a)
López Pouso, Óscar (Vogal)
O espazo de Kalton-Peck
Autoría
C.F.L.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
C.F.L.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
16.07.2024 11:00
16.07.2024 11:00
Resumo
Este traballo consistirá en presentar o espazo de Kalton-Peck, unha solución do problema de Palais. Este problema pregúntase se existe un espazo de Banach X, o cal non sexa Hilbert, tal que conteña un subespazo isomorfo a un espazo de Hilbert H, de forma que X/H tamén sexa isomorfo a un espazo de Hilbert. Para iso, definiranse as sumas torcidas, as cales son o ámbito ideal para a resolución deste problema. Ademais, tamén se introducirán diversos conceptos relacionados co análise funcional como, por exemplo, os espazos quasi-normados, a B-convexidade ou a convexidade uniforme. Estes serán necesarios para probar que o espazo de Kalton-Peck é realmente unha solución a este problema. Por último, tamén se estudarán algunhas das propiedades que presenta este espazo. Concretamente, verase que admite unha base de Schauder e a forma do seu espazo dual.

LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Titoría)
LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Titoría)
Tribunal
FEBRERO BANDE, MANUEL (Presidente/a)
BUEDO FERNANDEZ, SEBASTIAN (Secretario/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JERONIMO (Vogal)
FEBRERO BANDE, MANUEL (Presidente/a)
BUEDO FERNANDEZ, SEBASTIAN (Secretario/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JERONIMO (Vogal)
Métodos Matemáticos da Intelixencia Artificial
Autoría
V.O.Z.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
V.O.Z.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
16.07.2024 12:30
16.07.2024 12:30
Resumo
A intelixencia artificial (IA) foi un dos grandes avances tecnolóxicos dos últimos anos. Neste traballo, veremos como as matemáticas desempeñan un papel crucial no seu desenvolvemento. Comezaremos presentando formalmente as neuronas e redes neuronais artificiais, partindo da súa analoxía coas neuronas biolóxicas. Demostrarase o Teorema de Aproximación Universal e a súa posterior xeneralización, que nos indica como unha rede neuronal pode aproximar calquera función continua baixo condicións minimamente restritivas sobre a súa arquitectura. Ademais, introdúcese o algoritmo de retropropagación. Finalmente, veremos algúns exemplos de aplicacións da IA en distintos ámbitos.

Nieto Roig, Juan José (Titoría)