Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

TFG

Os Grao conclúen coa elaboración e defensa dun Traballo de fin de grao (TFG) que debe realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

O Traballo de fin de grao constitúe por si só un bloque formativo, cursado unha vez que o resto dos bloques foron superados.

O TFG consistirá na elaboración, por parte do alumnado, de forma individual, dun traballo orixinal cunha carga lectiva de 7,5 ECTS no que se acrediten os coñecementos, competencias e destrezas adquiridas durante os estudos realizados na titulación de Grao en Filosofía. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación e defensa pública ante un tribunal.

O tema concreto do TFG debe adecuarse á oferta de liñas temáticas ofertadas no centro no curso académico da súa realización. A cada alumno adxudícaselle, previa solicitude, unha liña temática e un titor ou titora. Posteriormente, el alumno ou alumna e o titor ou titora delimitarán o título do TFG.