Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Traballos presentados

La consideración moral de los seres sintientes
Autoría
V.R.O.
Grao en Filosofía
Data da defensa
14.02.2025 10:00
Resumo
Aínda que nas últimas décadas avanzouse considerablemente na cuestión da ética animal, esta segue sen resolver e non hai vista de que se resolva nun futuro próximo. Os filósofos activistas polos dereitos dos animais defenden a sintiencia como único requisito para poder ser suxeito de consideración moral. A sintiencia é a capacidade que teñen certos seres vivos de ter experiencias, de sentir emocións e de percibir o seu entorno de maneira subxectiva, e neste traballo defenderei esta idea da sintiencia como criterio de consideración moral. Para iso, primeiro darei unha explicación detallada sobre este termo; no punto seguinte tratarei a cuestión do sufrimento e por que o sufrimento dos seres humanos non é máis relevante que o dos animais non humanos; e para finalizar, expoñerei o tipo de discriminación que perpetúa esta idea de que certas especies son máis merecedoras de consideración que outras, o especismo, e máis concretamente a idea de que os humanos son superiores ao resto de especies, o especismo antropocéntrico.
Dirección
HORTA ALVAREZ, Óscar (Titoría)
Tribunal
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Presidente/a)
FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE (Secretario/a)
MARTINEZ VIDAL, MARIA DE LA CONCEPCION (Vogal)
Byung-Chul Han e a crítica marxista á sociedade capitalista contemporánea.
Autoría
H.B.C.
Grao en Filosofía
Data da defensa
14.02.2025 10:00
Resumo
Byung-Chul Han é un dos filósofos máis famosos dos inicios do século XXI, un autor vivo e aínda en activo de profunda orixinalidade e contemporaneidade. A súa filosofía céntrase principalmente na análese do individuo e a sociedade no contexto da sociedade no actual capitalismo. En este ensaio examinarase o pensamento de Byung-Chul Han vendo se os seus conceptos e análeses mostran e amplían as preocupacións de Karl Marx acerca da explotación e alienación na era neoliberal. Byung-Chul Han, a través da súa exploración da psicopolítica, a sociedade do cansancio e a autoexplotación, ofrece unha visión ampla das novas modalidades de control e dominación que caracterizan o capitalismo do século XXI. Así, mentres que pola súa parte Marx centrouse na explotación de clase e a alienación do traballador, Han destaca o xeito no capitalismo neoliberal asume estas mecánicas, transformando os individuos en autoexplotadores ca ilusión da libertade do individuo. Analizando a evolución do poder dende as técnicas máis disciplinarias cara a manipulación psicolóxica e emocional, veremos con este ensaio se a crítica de Han complementa e moderniza a proposta marxista e se se pode entender esta crítica que fai do capitalismo contemporáneo como marxista ou se non é o caso.
Dirección
POSE VARELA, CARLOS ALBERTO (Titoría)
Tribunal
CONDE SOTO, FRANCISCO (Presidente/a)
RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
Afectividade e relixión: o amor como elemento vertebrador da Ética de Spinoza
Autoría
A.U.C.
Grao en Filosofía
Data da defensa
14.02.2025 11:00
Resumo
Este traballo parte da tese de que o amor é o elemento central da Ética de Spinoza. Nel analízase como a procura da felicidade é indisolúbel da investigación acerca do obxecto de amor perfecto e de que xeito este proceso parte da afectividade do individuo, que vai descubrindo dende a súa singularidade, grazas á razón, a comunidade de tódalas cousas e atopa a súa perfección no amor Dei intellectualis. Ademais, mantense que as súas onoloxía, epistemoloxía e ética cobran verdadeiro sentido na medida en que se entenden en relación co amor.
Dirección
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Titoría)
Tribunal
CONDE SOTO, FRANCISCO (Presidente/a)
RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
Filosofía do amor no Colar da pomba en Ibn Hazm de Córdoba
Autoría
A.C.C.
Grao en Filosofía
Data da defensa
14.02.2025 10:00
Resumo
Este traballo é froito da lectura e o estudo da obra O colar da pomba de Ibn Hazm. En primeira instancia farase un repaso polas circunstancias filosóficas e históricas que deron lugar ó nacemento da filosofía árabe occidental e as particularidades dunha rama diferenciada da mesma, a filosofía andalusí. Posteriormente, se procederá a apuntar os fenómenos que envolven a complexa figura do autor cordobés, o que permitirá botar luz sobre a virtualidade desta obra súa en específico. Seguidamente explicaranse as particularidades do amor udrí, os efectos da súa transmisión no al-Andalus e a coroación literaria do mesmo a través do escrito que aquí nos ocupa. Finalmente, vaise salientar e explicar a metodoloxía seguida por Ibn Hazm para ver realizada a súa principal pretensión: explicar a esencia mesma do amor.
Dirección
AGIS VILLAVERDE, MARCELINO (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Presidente/a)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
BARCIA GONZALEZ, FRANCISCO JAVIER (Vogal)