Condicións de terminación:
Obrigatorias: 27
Optativas: 18
Traballo fin de máster: 15
Total: 60
Non se contemplan mencións nin especialidades, porén, o máster prevé dous itinerarios dos cales o alumno debe elixir un obrigatoriamente. O itinerario cursado non figurará no título obtido, aínda que si no Suplemento Europeo ao Título:
1º Coñecemento e comprensión do mundo
2º Cidadanía e globalización
O módulo correspondente ao itinerario 1, denominado Coñecemento e comprensión do mundo, persegue ocuparse de problemas actuais relacionados co noso mundo, o modo en que solicitamos información dese contorno e e de como emitimos información que repercute nel, que tipos de coñecemento obtemos del, especialmente a través da ciencia e das humanidades, e como e con que repercusións o modificamos cos desenvolvementos tecnolóxicos.
O módulo correspondente ao itinerario 2, co título Cidadanía e globalización, oriéntase aos problemas relacionados co papel dos humanos en sociedades cambiantes en que hai que conciliar a diversidade étnica, e en xeral cultural, co novo fenómeno da globalización. Nesta orde de cousas recibe unha especial atención a problemática de xénero e a das identidades culturais.
Os alumnos deben cursar exclusivamente as materias vinculadas ao itinerario elixido (non poden cursar as materias do outro itinerario).