Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Prácticas

As prácticas académicas son unha actividade formativa realizada polos estudantes universitarios e supervisada pola USC que ten por obxectivo permitirlles aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica.

Ao tempo, as prácticas permiten a adquisición de competencias que lles preparan para o exercicio de actividades profesionais, facilitan a súa empregabilidade e fomentan a súa capacidade de emprendemento.

A superación das prácticas supón o recoñecemento académico de 6 créditos optativos na titulación de Grao en Filosofía, o que equivale a 150 horas de traballo persoal do alumno. Delas 135 corresponderán ao traballo efectivo na entidade colaboradora e 15 á redacción da Memoria final das actividades realizadas durante o período de prácticas. A memoria remitirase ao seu titor para ser obxecto de avaliación.

Documentación sobre as prácticas externas

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.06.2023.