Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

TFM

O Traballo de fin de máster (TFM) consistirá na elaboración por parte do estudante dun proxecto, traballo, memoria ou estudo orixinal no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados nas titulacións de Máster.

O TFM estará orientado á avaliación das competencias asociadas á titulación como: capacitar para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes, normalmente da súa área de estudo; emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas destacados de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que faciliten o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.

O TFM do Máster en Filosofía. Coñecemento e Cidadanía será realizado baixo a dirección dun doutor ou doutora con docencia no título.

Traballos de Fin de Máster do centro
Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.11.2022.