Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Traballos presentados

Proxecto de deseño de sistema modular de camperización e suministro enerxético solar en furgonetas.
Autoría
P.A.T.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
17.02.2025 16:00
Resumo
Este proxecto ten como finalidade deseñar un sistema modular para a camperización de furgonetas iguais ou superiores en tamaño a unha de tipo L2H2. O obxectivo principal é dotar o vehículo de practicidade e funcionalidade, permitindo un uso cómodo e eficiente en viaxes ou acampadas. Isto lograrase mediante o deseño de dous módulos interiores destinados ás zonas de sala-dormitorio e cociña-baño, optimizando ao máximo o espazo dispoñible. Tamén se instalará un sistema de aproveitamento da enerxía solar, mediante a integración dun panel fotovoltaico que capta a enerxía do sol, almacénao nunha batería e distribúeo mediante un inversor co obxectivo de alimentar dispositivos persoais e luminarias de baixo consumo. Do mesmo xeito, o proxecto inclúe o deseño dun sistema de iluminación eficiente e a instalación dun sistema hidráulico de pequeno tamaño que permita abastecer unha ducha e un fregadeiro.
Dirección
JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
Tribunal
AMIAMA ARES, CARLOS (Presidente/a)
González Rodríguez, Jorge (Secretario/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Vogal)
Proxecto de Deseño de Instalación de Paneis Solares e Aerotermia para mellorar a eficiencia enerxética dun club de golf en Santiago de Compostela.
Autoría
C.S.A.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
17.02.2025 16:00
Resumo
No seguinte proxecto deséñase un sistema de mellora da eficiencia e do consumo enerxético mediante un sistema de aerotermia e unha instalación de paneis solares nun Club de Golf da provincia da Coruña. O obxectivo é conseguir un aforro económico mediante o uso de enerxías renovables, concretamente a partir da enerxía solar captada por paneis fotovoltaicas, que se colocarán nun ángulo ideal sobre soportes construídos con ese ángulo co fin de obter a maior captación de radiación. Tamén mediante o uso dun sistema de aerotermia que utiliza a enerxía almacenada en forma de calor para satisfacer a demanda de calefacción, refrixeración e ACS. Para a instalación fotovoltaica empregaranse dous inversores que se conectarán á rede eléctrica existente, e para a aerotermia utilizaranse tubos de aceiro galvanizado á vista. Por outra banda, elaborouse o orzamento correspondente ás instalacións do proxecto, ademais dunha avaliación económica que nos permite coñecer a rendibilidade do proxecto. Por último, este proxecto consta dunha Memoria cos seus Anexos específicos, Plans, Prego de Condicións, Estudo de Seguridade e Saúde, Xestión de Residuos e Orzamento. Todos eles son necesarios para realizar correctamente o traballo.
Dirección
JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
Tribunal
AMIAMA ARES, CARLOS (Presidente/a)
González Rodríguez, Jorge (Secretario/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Vogal)
Proxecto de climatización eficiente dun museo público situado en Galicia.
Autoría
C.P.D.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
17.02.2025 16:00
Resumo
No presente proxecto, preténdese resolver os problemas climáticos dun museo situado en Galicia (Lugo), ocasionados por un sistema de climatización inadecuado que emprega enerxías contaminantes e non cumpre as condicións específicas de temperatura e humidade relativa requiridas no ambiente. Xorde a necesidade de deseñar un sistema de climatización eficiente, utilizando enerxías limpas e respectuosas co medio ambiente. Por tanto, proxectarase un sistema aire-aire baseado na instalación dunha bomba de calor con diferentes accesorios para cumprir con todas as especificacións térmicas e cun sistema de dous recuperadores de calor en paralelo para potenciar a eficiencia da devandita climatización. Analizaranse as características construtivas do edificio exposto para o cálculo da demanda térmica, parámetro fundamental na correcta selección dos equipos para a climatización. O presente Proxecto consta dunha Memoria técnica cos seus respectivos Anexos, os Planos Pertinentes, un Prego de Condicións, o Estudo Básico de Seguridade e Saúde e a Xustificación de Prezos.
Dirección
Vázquez Vila, María José (Titoría)
JOVER RAMOS, AIDA Cotitoría
Tribunal
AMIAMA ARES, CARLOS (Presidente/a)
González Rodríguez, Jorge (Secretario/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Vogal)
Deseño estrutural e enerxético mediante placas solares fotovoltaicas dunha nave industrial dedicada á gandaría intensiva de vacún
Autoría
I.V.C.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
17.02.2025 16:00
Resumo
No presente proxecto realízase o deseño dunha instalación fotovoltaica para abastecer na medida do posible a demanda de electricidade requerida por unha nave que se construirá ca fin de desenrolar unha actividade de ganadaría intensiva. O propósito principal deste proxecto é lograr un aforro enerxético e económico mediante a implementación de enerxías renovables, específicamente utilizando enerxía solar a través de paneis fotovoltaicos. Estos paneis instaláranse de maneira coplanar, é dicir, ca mesma inclinación co teito, sobre a cuberta da nave que contén a sala de ordeño e de partos. Para isto, empleárase un inversor que se conectará á infraestructura eléctrica que se deseñará na nave. O proxecto inclúe unha Memoria, os Anexos correspondentes, Planos, un Pliego de condicións, un Estudio de Seguridade e Saúde, Medicións e Presuposto, Xustificación de Precios e Evaluación financieira. Todos estes documentos son esenciais para a correcta execución das obras.
Dirección
JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
Tribunal
AMIAMA ARES, CARLOS (Presidente/a)
González Rodríguez, Jorge (Secretario/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Vogal)
Proxecto de construción de nave para procesado de castañas
Autoría
A.R.F.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
17.02.2025 16:00
Resumo
Desenvólvese o presente proxecto co fin de deseñar unha nave para o procesado de castañas e poder transformar este produto único e saudable, moi arraigado en Galicia, rexión que contribúe significativamente á produción mundial de castañas. A demanda crecente de alimentos naturais e nutritivos fai que o procesado de castañas sexa unha oportunidade prometedora. Este proxecto busca capitalizar as vantaxes que nos ofrece este produto, establecendo unha nave equipada con tecnoloxía avanzada en Becerreá, porta dos Ancares, unha zona que alberga grandes cantidades desta materia prima. O proceso de produción inclúe varias etapas; recepción e selección de castañas crúas, limpeza e pelado, deshidratación e/o cocción, envasado e almacenado. Cada etapa está deseñada para preservar as propiedades nutricionais, asegurando que cumpre cos estándares máis altos de calidade. O proxecto, ademais de describir todos os aspectos do proceso, inclúe un orzamento detallado, cálculos estruturais, así como operativos e un estudo financeiro. En resumo, este proxecto non só promete ser financeiramente viable, senón que tamén posiciona a Galicia como un líder en produción e comercialización de castañas procesadas, aproveitando a súa herdanza e recursos naturais únicos
Dirección
FRAGA LOPEZ, FRANCISCO JOSE (Titoría)
Tribunal
AMIAMA ARES, CARLOS (Presidente/a)
González Rodríguez, Jorge (Secretario/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Vogal)