Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Traballos presentados

Os cambios estructurais do sector pesqueiro galego no período 2010-2022.
Autoría
R.D.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
21.02.2025 10:00
Resumo
Na realización deste traballo levouse a cabo unha análise sobre os cambios estructurais que atravesou o sector pesqueiro galego durante o período 2010 2022. O desenvolvemento deste traballo ten como obxectivo determinar en que punto se atopa o sector, cales son os seus principais problemas e como se adapta a eles. Para a correcta análise da pesca en Galicia foi esencial e de gran axuda obter información e datos do sector pesqueiro no conxunto de España. En primeiro lugar, exporanse os distintos tipos de actividades pesqueiras que se practican en Galicia para determinar cal delas é a máis practicada e importante dentro do sector. Seguido disto procederase a analizar e interpretar a información e os datos dos distintos cambios estructurais nos que se ve implicada a pesca e como estes afectan ao desenvolvemento da súa actividade. Finalmente, mostraranse as diferentes conclusións que se obtiveron en canto ás diversas trabas ás que se enfronta a pesca, que impacto produciron nela e a situación na que se atopa o sector, ademáis comentaranse as limitacións que xurdiron na realización do traballo. Este traballo consta de 8988 palabras.
Dirección
VILLASANTE LARRAMENDI, CARLOS SEBASTIAN (Titoría)
Tribunal
Campo Andión, Modesta (Presidente/a)
MIRAMONTES VIÑA, VANESSA (Secretario/a)
LOSADA PEREZ, FERNANDO (Vogal)
Análise económico financeira de Plásticos de Carballo S.A.
Autoría
M.I.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
21.02.2025 11:00
Resumo
Este traballo é unha análise económica financeira que trata de analizar a situación da empresa Placasa (Plásticos de Carballo S.A.), tratando de comprender en que situación se atopa a empresa e como foi a súa evolución nun rango de 5 anos. Placasa é unha empresa que se dedica fundamentalmente á produción de produtos plásticos, este sector é un sector en constante cambio e que varía en función de múltiples factores, sexan económicos, políticos ou legais, para iso trataremos de analizar as implicacións que isto ten. O traballo dividirase en varias partes: unha descrición da empresa, dos seus produtos e da súa historia que nos permitirá coñecer un pouco mellor a empresa, unha análise xeral do entorno no que se sitúa mediante unha valoración das oportunidades, ameazas, debilidades e fortalezas, unha análise do marco no que se sitúa a través da análise de factores políticos, dos factores económicos, dos factores xurídicos e dos factores sociais, despois mediante o uso de ratios analizaremos a situación económica e financeira a curto prazo. unha análise da rendibilidade e Por último, unha análise de risco, esta análise económica financeira de Plásticos de Carballo S.A. (Placasa) farase nun prazo de 5 anos, despois en función dos resultados e das interpretacións que se fixeron persoalmente dos datos, describiremos unha serie de conclusións, limitacións e posibles ampliacións. O sector do plástico é un sector con gran peso na economía española e mundial, que está presente en múltiples aspectos da nosa vida diaria. A nosa análise utilizará un grupo de comparación cuxas empresas están radicadas en España e teñen un volume similar ao da empresa en estudo Plásticos de Carballo S.A. (Placasa). Plásticos de Carballo S.A. (Placasa) é unha empresa con un gran potencial de crecemento, todos os factores anteriormente descritos amosan grandes cambios no sector, pero tamén amosan múltiples oportunidades de éxito para a empresa.
Dirección
RODRIGUEZ GIL, LUIS IGNACIO (Titoría)
Tribunal
Campo Andión, Modesta (Presidente/a)
MIRAMONTES VIÑA, VANESSA (Secretario/a)
LOSADA PEREZ, FERNANDO (Vogal)
A Xestión da Cadea de Suministro de Adolfo Domínguez
Autoría
P.G.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
21.02.2025 10:30
Resumo
Este traballo aborda a análise da cadea de suministro de Adolfo Domínguez, unha empresa galega do sector téxtil recoñecida polo seu enfoque en prácticas sostibles. A través dunha comparativa con empresas competidoras como Inditex, Mango e HyM, identifícanse fortalezas e áreas de mellora. Ademais, propoñen estratexias innovadoras para optimizar os procesos loxísticos e reforzar a súa posición no mercado. O estudo baseouse en revisión bibliográfica e análise documental, destacando a importancia de aliñar a cadea de suministro coas demandas actuais do mercado e os obxectivos empresariais.
Dirección
BECERRA DIAZ, ALEJO (Titoría)
Tribunal
Campo Andión, Modesta (Presidente/a)
MIRAMONTES VIÑA, VANESSA (Secretario/a)
LOSADA PEREZ, FERNANDO (Vogal)
Optimización matemática aplicada á empresa
Autoría
A.M.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
21.02.2025 10:30
Resumo
As matemáticas son unha ferramenta universal que non só estuda números, senón que mellora as habilidades cognitivas e a resolución de problemas na vida cotiá. Unha das súas ramas é a optimización, que, aunque tuvo o seu ‘boom’ nos años corenta, leva sendo utilizada dende fai varios siglos. Esta teoría pódese definir como a capacidade de facer ou resolver algo da manera máis eficiente posible e, no mellor dos casos, utilizando a menor cantidade de recursos. Dada a diversidade de opcións nas que a optimización se usa para resolver problemas, as características son moi diferentes en cada unha delas. Ademais, aínda que se asocia normalmente con ámbitos científicos e académicos, a súa aplicación no mundo empresarial gañou moita importancia.
Dirección
Campo Andión, Modesta (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ RODRIGUEZ, PAULA (Presidente/a)
RIEIRO GARCIA, MANUEL (Secretario/a)
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Vogal)
Análise econométrico da evolución das débedas de Empresas: Liga de ACB
Autoría
J.D.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
21.02.2025 11:00
Resumo
O desenvolvemento deste traballo consiste na realización de análise econométricos da evolución das débedas das empresas pertencentes á liga de ACB. A través do programa econométrico GRETL púidose observar e analizar a situación da débeda das diferentes empresas mencionadas. Isto axudou a coñecer a situación na que se atopan as empresas. Este traballo está dividido en duas partes. A primeira parte refírese a un plano teórico, onde se explican os obxectivos do traballo e a metodoloxía, realízase unha explicación do que son as sociedades anónimas deportivas, os datos e os programas informáticos que utilizan xunto a unha breve definición das variables que estudan nos modelos. A segunda parte fai referencia a un plano máis práctico, onde se analiza a débeda na liga ACB, tamén se realiza unha análise da evolución das variables que se estudan en 5 clubs de baloncesto, e por último realízase unha análise de datos de panel. Unha vez realizado este traballo, obtivéronse unhas conclusións para finalizar o Traballo de Fin de Grao. O traballo está composto por 7.494 palabras.
Dirección
ESTEVEZ NUÑEZ, JUAN CARLOS (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ RODRIGUEZ, PAULA (Presidente/a)
RIEIRO GARCIA, MANUEL (Secretario/a)
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Vogal)
Transformación dixital do análise financiero. Integración da IA e a automatización de procesos
Autoría
D.P.N.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
21.02.2025 12:30
Resumo
Desenvolvemento dunha aplicación que ofrece unha solución integral para a análise financeira, combinando a automatización do tratamento de datos con ferramentas avanzadas de visualización e a xeración dun informe de estados financeiros, creando así unha experiencia fluida e eficiente para os usuarios, reducindo significativamente os tempos de análise e mellorando a calidade das decisións empresariais baseadas en datos.
Dirección
PORTELA MASEDA, MARTA (Titoría)
Tribunal
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Presidente/a)
RODRIGUEZ GIL, LUIS IGNACIO (Secretario/a)
GARCIA LORENZO, OSCAR (Vogal)