Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Grao en Administración e Dirección de Empresas

  • En tramitación
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias económicas, administración y dirección de empresas, márquetin, comercio, contabilidad y tur
Centro(s)
Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Avda. Alfonso X O Sabio, s/n, 27002
Lugo
982824430 (Conserxaría)
982824403 (Decanato)
ade.decanato@usc.gal
Campus
Lugo

O obxectivo do Grao en Administración e Dirección de Empresas é que o estudantado adquira un coñecemento profundo e unha capacitación práctica acerca da natureza da empresa e a súa relación coa contorna socioeconómica, e dos métodos e técnicas de dirección e xestión nas diferentes áreas funcionais das empresas.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2501106
    Número de ECTS: 240
    Número prazas: 70

    Decano/a ou director/a do centro:
    ROBERTO BANDE RAMUDO
    roberto.bande@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Diana Fernandez Mendez
    di.fernandez.mendez@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    O programa académico do grao proporciona ao estudantado coñecementos e ferramentas para abordar problemas complexos aos que se deben enfrontar as empresas tanto a nivel local, como nacional ou internacional, derivados das implicacións xerais dunha realidade económica en continua transformación.
    O Grao en Administración e Dirección de Empresas capacita ao estudantado para xestionar e administrar unha empresa de acordo cos seus recursos co fin de maximizar o beneficio, integrarse en calquera área funcional da empresa e desempeñar con soltura calquera labor de xestión encomendada, sendo capaz de realizar diagnósticos e achegar propostas de mellora nos distintos departamentos (recursos humanos,  marketing, etc.).
    Poderá así mesmo, redactar e transmitir a información económico-financeira a través dos estados contables, identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido, así como valorar a situación e previsible evolución dunha empresa.
    En definitiva, o Grao en Administración e Dirección de Empresas faculta para resolver os problemas que poidan xurdir na creación e funcionamento das empresas.
     

    • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

    • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • Proporcionarlle ao estudantado os coñecementos que definen a Administración e dirección de empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación.
    • Capacitarlle ao estudantado para elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
    • Capacitarlle ó estudiantado para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas, as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
    • Dotar o estudantado de capacidade para comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso da linguaxe verbal e escrito como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na disciplina.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos estudantes propios e de acollida está regulada na USC polo Regulamento de intercambios interuniversitarios de estudiantes, aprobado polo Consello de Goberno do 26.10.2012, e modificado en 2019, cuxo contido se pode consultar no seguinte enderezo:
    https://www.usc.gal/es/institucional/goberno/area/normativa/alumnado

    Prácticas

    O plan de estudos para o Grao en Administración e Dirección de Empresas recolle a realización de prácticas externas como materia optativa de 9 ECTS. Ademais, o estudantado pode realizar prácticas extracurriculares (entre 7 e 30 créditos). O obxectivo fundamental das prácticas académicas externas é que o estudantado desenvolva os resultados do proceso de formación e aprendizaxe adquiridos nas materias do Grao a través da súa inmersión nun contorno laboral representativo do seu contexto profesional futuro.

  • Os centros organizan e xestionan os traballos de fin de grao do estudantado garantindo a súa calidade, recoñecemento académico e aproveitamento. A definición, realización, defensa, cualificación e tramitación administrativa dos TFG realízase conforme a normativa vixente na universidade e á normativa específica de cada centro. O Traballo Fin de Grao deseñouse cunha carga total de 6 créditos ECTS, ofertados no último semestre.

  • Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.03.2025.