Ademais, é unha facultade comprometida coa investigación para mellorar a comprensión da realidade económica e favorecer o progreso da sociedade.
O principal obxectivo da política de calidade da Facultade é o desenvolvemento de programas formativos que estean avalados por unha formación de máxima calidade e que estean integrados nunha oferta de estudos adaptada ás necesidades do tecido empresarial e da sociedade en xeral. Todos os seus esforzos están dirixidos cara á satisfacción das necesidades e expectativas dos diferentes grupos de interese.
A política de calidade da Facultade está establecida baixo os seguintes principios:
- Promoción dun entorno de traballo respectuoso cos/coas empregados/as da Facultade.
- Desenvolvemento do traballo con responsabilidade.
- Respecto aos dereitos de todas as persoas e, en particular, do noso alumnado e dos/das traballadores/as.
- Procura permanente da excelencia en todas as actividades do centro.
- Compromiso coa transparencia, a eficiencia e a eficacia na xestión dos recursos.
- Compromiso cunha xestión baseada no diálogo, a participación, a confianza e a responsabilidade compartida.
- Compromiso cun desenvolvemento sostible e respectuoso co medio ambiente.
- Compromiso coa transferencia de coñecemento á sociedade como contribución ao desenvolvemento social e económico de Galicia.
- Promoción do traballo en equipo e en base a proxectos.
- Contacto continuo co tecido empresarial máis próximo.
- Compromiso de servizo á sociedade.
- Impulso á igualdade de xénero na Facultade e eliminación de todo comportamento discriminatorio.